Skip to content
SG 18 xaneiro 2014 episode artwork

Mar 10, 2014 1 hr 54 min

SG 18 xaneiro 2014

from Sempre en Galicia 2013-14

Un sábado máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programiña. Hoxe co equipo completo, aínda que temos que disculpar as participacións dos nosos correspondentes en Galicia. Temos alternativas para ofrecervos e como os estudios da radio enchéronse de visitas, aproveitaremos para departir con eles e vosoutros estas dúas horas de comunicación e novidades interesantes. Comezamos dándolle a ben-vinda a "O VAL DAS MOURAS", un terceto musical que nos ven a presentar unha das súas composicións musicáis, adicada a Rosalía de Castro, e comentamos un chisco a súa creación. Recibimos a don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, membro da Junta Directiva de ASOBECAT (Amigos del Bierzo en Cataluña), que nos ven a presentar a XI FIESTA del BOTILLO en CATALUÑA, que se realizará o día 25 deste mes de Enero en el Hotel Campus de Bellaterra. Como o "personaxe" homenaxeado deste ano é a "Sociedad Deportiva Ponferadina", aproveitamos para saudar e falar co seu Presidente, don José Fernández Nieto, a quen lle agradecemos a súa atención e participación no noso programa. Seguimos mantendo esta conversa-entrevista cos Amigos do Bierzo, e amósannos cómo será a celebración do Festival do Botillo en Cataluña, este ano. A segunda hora poñémonos en contacto con XOAN EIRIZ, un cantautor galego que acaba de publicar o seu treceavo disco con 18 cancións galegas e universais. Saudámolo con afecto e fálanos da súa traxectoria musical. Prometémonos volver a falar con el para que nos informe das novidades que se vaian producindo. Continuamos perfilando e concretando un bocado máis a celebración dese evento para o próximo día 25 polo serán, no Hotel Campus de Bellaterra e propoñémoslles escoitar otra peza músical. Volvemos a conectar con Galicia, para falar con CARMEN PENIN, compoñente do grupo musical 2naFRONTEIRA, que nos fala da presentación do seu ultimo traballo dedicado a Díaz CASTRO. Unha conversa moi agradable e prometémonos volver a incomodala para que nos guíe e oriente sobre o seu traballo musical, tan feiticeiro. Antes de rematar o programa de hoxe, danos tempo para chamar novamente a Galicia e falarmos con RUBEN, xerente da CASA CASTELAO, de A Fonsagrada, que nos informa da "Feira-Festa do Butelo" nesa localidade, prevista para o vindeiro mes que ven, concretamente para a ultima fin de semana: 22 e 23 de febreiro. Desexamos que pasen unha feliz semana e, agardámolos. Ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

SG 18 xaneiro 2014

0:00 1:54:04

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Sempre en Galicia 2013-14?

This episode is 1 hour and 54 minutes long.

When was this Sempre en Galicia 2013-14 episode published?

This episode was published on March 10, 2014.

Can I download this Sempre en Galicia 2013-14 episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.