Sintonía das Barriografías
from Barriografías
Xurxo Souto recupera un vello jingle d'A Tropa da Tralla, o seu espazo en Radio Coruña nos anos noventa, para a sintonía das Barriografías, un programa de radio itinerante dentro de 'Música en Branco: memoria da Agra do Orzán', un proxecto da Concellaría de Cultura da Coruña cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Urbana-C. En efecto, todo fica no barrio. A sintonía gravouse na Grela con Fran Amil na batería, a voz, os mandos do estudio e as mesturas; Mangüi Martín no baixo, a guitarra e as voces; e Xurxo Souto, claro, tamén nas voces.
Embed this episode
No transcript yet.