EPISODE · Jul 25, 2025 · 3H 56M
A tarde 25-07-2025
from Skagit Storytellers
No día grande de Galicia pulsamos con Kike Magdalena o ambiente que se vive nas rúas de Compostela; repasamos as cifras de peregrinos deste ano e as irmás divulgadoras María e Laura Lara Martínez axúdannos a entender a importancia histórica do Camiño de Santiago. Dolores Vázquez explícanos como Curtis evoca as feiras que se desenvolvían na vila hai un século. Emilio Mosquera desvélanos como é o oficio de taxista. O analista de datos Fran Camba cóntanos como a tecnoloxía está revolucionando o deporte. Facemos unha excursión en barco dende Viveiro ata o Fuciño do Porco, no Vicedo. Eva Fernández preséntanos "Rebelico", a revista dixital dedicada á cultura tradicional. Begoña Vázquez lembra ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño trala incorporación da súa biografía ao album do Consello da Cultura Galega. Falamos de telescopios con Borja Tosar e coñecemos as cancións favoritas do escritor Francisco Narla.
Embed this episode
Ready to play
A tarde 25-07-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.