EPISODE · Feb 10, 2017 · 1H
1x10 Steampunk
from Living Hope Christian Fellowship
Un océano de vapor levounos ao universo Steampunk, esa ambientación que tanto nos gusta chea de engranaxes, tecnoloxía retrofuturista, roupa victoriana e chisteiras, moitas chisteiras. Izamos o periscopio coas novedades máis interesantes da semana, coma esa adaptación ao cómic da secuela de "O Cristal Escuro" ou a cita roleira do colectivo Drako. Escoitamos a The Muse co tema "Psycho" e ese riff de guitarra tan pegañento, adentrámonos na biblioteca para ler un fragmento de "A Máquina Diferencial", un clasicazo escrito por William Gibson e Bruce Sterling, e abrimos a escotilla para vestirnos de Steampunk coa presencia de Marcia Efímera, costureira infinita que fai roupa chea de maxia, e tamén falamos coa gran promesa da literatura fantástica galega, o lexendario Manuel Moledius. Fixemos unha mergulladura intensa falando de Arcanum, Thief, Things to Come, Portas de Anubie e algunha cousiña máis. A música a puxeron Claw Finger, con "Do What I Say", Maxence Cyrin, coa versión dos Pixies a piano "Where is My Mind" e a banda sonora de Arcanum Viaxa con nós a un mundo de engranaxes soviéticos
NOW PLAYING
1x10 Steampunk
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Mar 3, 2026 ·44m
Feb 21, 2026 ·30m
Jan 2, 2026 ·47m