Skip to content
Tiruleque en Radiofusión 09-2009 episode artwork

May 6, 2016 13 min

Tiruleque en Radiofusión 09-2009

from Tiruleque

Radiofusiòn é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas desde unha perspectiva local, con vocación pluralista e comprometida con Galiza, que pode ser difundida polas emisoras asociadas a e por calquera entidade ou asociación galega na emigración que estea dentro da zona de cobertura do satélite Hispasat 1C Europa que serve o noso sinal. Radiofusiòn espreme as posibilidades da radio, o medio máis áxil, inmediato e económico. A forza da palabra e da comunicación oral convérteno no máis próximo á xente. A radio contribúe como ningún outro medio á construción e fortalecemento da consciencia cívica da poboación, do seu espírito crítico e da condición de cidadanía. A radio tamén é o medio de comunicación que goza de maior credibilidade entre a poboación. Radiofusiòn completa a súa preseza territorial cunha rede de correspondentes nas cidades galegas. Achegamos contidos temáticos abordándoos desde o punto de vista o interese local, e procuramos informacións interesantes e complementarias de ámbito comarcal e galego. Reflectimos a actualidade como é: plural, concedendo voz a todas as opcións políticas e a todos os axentes e grupos sociais. Radiofusiòn está pensada para todos os públicos e para todas as idades. Elaboramos espazos que prestan atención a temas como o cine, as novas tecnoloxías, a ecoloxía, a sexualidade, as viaxes, a moda, o deporte... Recollemos ofertas para o tempo de lecer nunha sociedade que cada vez presenta máis mobilidade. Radiofusiòn é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo: sociais, culturais, deportivos, sindicais, empresariais... Tamén pon o seu grao de area na procura da igualdade de xénero e da integración social de colectivos desfavorecidos, tamén da inmigración. Radiofusiòn quer axudar a cubrir as demandas de amplos sectores da poboación en favor dunha maior pluralidade informativa e de contidos en clave galega. Tamén quer atender á demanda de 1 de cada 3 ouvintes diarios galegos de radio que consideran escasa a presenza do galego neste medio.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Tiruleque en Radiofusión 09-2009

0:00 13:44

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Tiruleque?

This episode is 13 minutes long.

When was this Tiruleque episode published?

This episode was published on May 6, 2016.

Can I download this Tiruleque episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.