Un día de cans-Noa
from Podcast 5º B
Un día de cans-Noa Érase unha vez unha cadela branca chamada Lúa que vivía nunha casa enorme. Era a noite de Samaín e facía un día horroroso, chovía e facía moito frío. Aínda así, como todas as noites, os cans saían a dar un paseo polo parque. Nun momento, dúas nenas que estaban paseando colleron a Lúa e levárona para a súa casa. A pobre Lúa estaba moi asustada, non sabía adonde ían, nin quen eran esas nenas. -A verdade…, son un pouco raras-pensaba Lúa. Ían directas a unha casa que daba moito medo. A casa estaba chea de cabazas, velas e outros adornos típicos do Samaín. Tan decorada e con tantas cousas parece a casa dunha bruxa, pensou Lúa. Cando entraron dentro, a Lúa todo aquilo pareceulle algo familiar. Era a súa casa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! E as nenas, unha era a súa dona e outra a amiga, solo que estaban disfrazadas.
Embed this episode
No transcript yet.