EPISODE · Sep 24, 2025 · 8 MIN
Valdoviño celebra o Día da Bicicleta este domingo 28 de setembro con percorrido familiar no entorno das Forcadas
from Voces de Ferrol - RadioVoz
Valdoviño prepárase para acoller o próximo domingo 28 de setembro unha nova edición do Día da Bicicleta, organizado por RadioVoz Ferrol. A saída e a meta estarán situadas no campo de fútbol Juan Sabín – O Lameiro (Vilaboa). O percorrido, de 11 quilómetros, transcorre polas parroquias de Loira e Vilaboa, en paralelo ao encoro das Forcadas, e está deseñado para ser disfrutado en familia, promovendo a actividade física e hábitos saudables entre a veciñanza. A participación é gratuíta, aínda que require inscrición previa. Os interesados poderán rexistrarse na casa consistorial (de luns a venres, de 9 a 14 h), na delegación de La Voz de Galicia e RadioVoz Ferrol (rúa Manuel de Cal 4, Ferrol), ou directamente o día do evento, entre as 11:00 e as 11:30 h no punto de saída. Como novidade, realizarase un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes. A actividade conta co patrocinio de Cooperativa de Vilaboa, Cándido Hermida, Proymel e Eroski, e coa colaboración de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil para garantir a seguridade do evento. O Día da Bicicleta de Valdoviño forma parte da nova temporada dos Días da Bicicleta de RadioVoz Ferrol, un programa destinado a promover o deporte, a vida saudable e a participación cidadá en actividades ao aire libre.
Embed this episode
NOW PLAYING
Valdoviño celebra o Día da Bicicleta este domingo 28 de setembro con percorrido familiar no entorno das Forcadas
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.