EPISODE · Feb 27, 2019 · 7 MIN
Verdegaio Lilá
from Praza.gal | Novas e opinión
Canta que cadramos bene, canta que cadramos bene Moitas almas se condean, porque nos levamos bene Ai a lala lala laaaaaa, ai a lala lal lalaaaaaa Porque nos levamos bene, temo-lo mundo contrario Habemonos de levare, anque pasemos traballo Ai a lala lala laaaaaa, ai a lala lala lalaaaaaa As regras do patriarcado, son ruíns e retorcidas. Non me mandes que non calo, Aquí comeza a cantiga. Contra o patriarcado temos que loitar, xuntas as mulleres imos arrasar. Iste 8 de marzo non vaias currar, coa greve feminista o mundo vai parar. Vai ti, vou eu, vai ela, pra racha-lo sistema. Vai ti, vou eu, vai ela, polas que xa non berran. As penurias que pasaron, as nosas antepasadas. Non as imos aguantar-e, esta loita está gañada. Fóra o patriarcado da nosa nación, se loitamos xuntas na erradicación. Iste 8 de marzo non vaias currar, secunda esta folga, faite respectar. Vai ti, vou eu, vai ela, pra racha-lo sistema. Vai ti, vou eu, vai ela, polas que xa non berran. O meu corpo só é meu-e, cando digo non é non-e. Non quero oír máis piropos, nin máis cousificación-e. Se a publicidade faiche dubidar, se ti tes un corpo de muller real. Se queres ser ceibe, fuxir da opresión, tira pola fiestra o teu televisor. Vai ti, vou eu, vai ela, pra racha-lo sistema. Vai ti, vou eu, vai ela, polas que xa non berran. Na vida hai que aguantar-e, aguanta ti se che peta. O amor que eu quero non mata, o amor que eu quero respecta. Se ao chegar a casa preparo o xantar, se saio do curro para traballar. Se coido da avoa, se vou á reunión, non me vendas fume coa conciliación. Vai ti, vou eu, vai ela, pra racha-lo sistema. Vai ti, vou eu, vai ela, polas que xa non berran.
Embed this episode
Ready to play
Verdegaio Lilá
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.