Skip to content
Vivenda: desafíos e solucións episode artwork

May 19, 2026 56 min

Vivenda: desafíos e solucións

from Onda Ciencia

A falta de acceso a un fogar digno converteuse nunha das maiores preocupacións sociais en España. No terceiro episodio da cuarta tempada de Onda Ciencia, analizamos as causas estruturais, o papel do urbanismo e as novas alternativas de convivencia da man de tres expertos da Universidade da Coruña: Natalia Álvarez Lata. Catedrática no departamento de Dereito Civil da Facultade de Dereito. Membro do Grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito. Desenvolve gran parte da súa actividade investigadora no campo da responsabilidade civil. Plácido Lizancos Mora. Profesor titular no departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica, na ETSA. Membro do Grupo de investigación Grupo de Estudos Territoriais. Investiga sobre Hábitat básico, vivenda e procesos habitados. Nieves Rodríguez Brisaboa. Catedrática emérita do Departamento de Informática da UDC. Premio Nacional de informática na categoría Angela Ruiz Robles (2019). Medalla Enrique Vidal Abascal 2025, outorgada pola Real Academia Galega de Ciencias. Presidenta da Asociación LarLilás, que promove un novo modelo de envellecemento activo baseado na autoxestión. Este episodio de Onda Ciencia explora aborda a crise habitacional en España analizando os factores que converten a vivenda nun obxecto de conflito e as causas de que o parque inmobiliario actual non responda ás necesidades das novas estruturas familiares. A través do diálogo cos expertos, o programa explora o impacto da planificación urbana na calidade de vida, os mecanismos xurídicos para mobilizar as millóns de vivendas baleiras cara ao mercado de alugueiro e a urxencia de superar as barreiras burocráticas e financeiras que frean alternativas como o co-housing ou o cooperativismo autoxestionado en Galicia. O episodio non só buscou identificar os problemas, senón tamén explorar solucións. Desde a intervención estatal no mercado ata os exemplos de éxito noutros países europeos, os nosos invitados propoñen medidas concretas para garantir que a vivenda sexa un ben accesible para a cidadanía.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Vivenda: desafíos e solucións

0:00 56:36

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Onda Ciencia?

This episode is 56 minutes long.

When was this Onda Ciencia episode published?

This episode was published on May 19, 2026.

Can I download this Onda Ciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.