EPISODE · Mar 31, 2026 · 3H 55M
A tarde 31-03-2026
from Le Basket Lab - Extraits (NBA Podcast)
Neste programa soa moita percusión tradicional galega. Visitamos o obradoiro de Pablo Seoane, un gaiteiro que fabrica artesanalmente pandeiretas en Teo, e visítannos Davide Leira e Serxio Pérez, dous dos compoñentes de Maghúa, para presentarnos o seu disco "Tribo". Falamos dos "piratas" do sector do taxi con Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatróns do Taxi de Vigo. Beatriz Pérez fainos de guía polo mosteiro de Ferreira de Pantón. Abrimos a tempada de chiringuitos na praia viguesa de Samil. O presidente da Asociación de Queixeiros San Simón da Costa, Javier Piñeiro, convídanos á festa que celebran en Vilalba. Conchi Hernáiz cóntanos a historia do carrusel de Padrón. Conversamos coa cantante Lucía Pérez. Mónica Maneiro comenta a exposición de árte galega contemporánea "As estacións do ano". José Antonio Ferreiro recíbenos no Corgo na súa explotación de vaca ruibia galega "Finca Viladangos". Maximino Pérez cóntanos como inflúe o cambio horario na conducción.
Embed this episode
NOW PLAYING
A tarde 31-03-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.