Episodes
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - PROGRAMA 32 - 13/03/2020
Hoxe falamos do cruceiro de Ribadeume. E analizamos a situación do patrimonio cultural de Galicia, a través de varias novas publicadas nas últimas semanas. Con Don Enrique conoceremos unha fonte da nosa vila. Na sección adicada ao arte descubriremos representacións pictóricas de meigas ao longo…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - PROGRAMA 31 - 14/02/2020
Hoxe falamos do Cruceiro da parroquia da Vilavella de As Pontes, do reloxo do apocalipse, dunhas pedras misteriosas de Romanía e da declaración como Ben de Interese Cultural do Parque do Pasatempo de Betanzos. E na sección adicada á pintura falaremos de pintores asasinos. Rematamos coa axenda...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - PROGRAMA 30 - 17/01/2020
Hoxe falamos do Cruceiro da Capela do Carme de As Pontes, da capacidade de comunicarse das plantas e vexetais, dunha nova ferramenta para a creación do mapa toponímico de Galicia e da xestión dos bens arqueológicos en Galicia. Coñeceremos tamén a historia dunha ponte viaxeira do noso concello. E…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - PROGRAMA 29 - 13/12/2019
Hoxe falamos do Cruceiro do Poboado de As Pontes, do cambio climático, do modelo de xestión cultural en Galicia, e da figura do Nadal galego do Apalpador. Coñeceremos tamén as vicisitudes da construción da cheminea da central térmica de Endesa nas Pontes, na década dos 70. E falaremos das…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - PROGRAMA 28 - 15/11/2019
Inauguramos unha nova tempada da Lareira das Mouras, con contidos actuais e amenos, para tódolos públicos. Falamos do Cristo de Prada, os petróglifos da Pena do Golpe, o Magosto, a Cruz das Cabezas, os cadros malditos dos Nenos Choróns, coñecemos a Axenda Cultural do concello de As Pontes para o...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - VI Cita coa Historia das Pontes 29/08/2019
Benvid@s á terceira tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a sexta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na nosa...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Que non me roa nin cobra nin can 21/06/2019
Derradeiro programa da segunda tempada da Lareira das Mouras, no que falamos sobre a orixe e características da festividade que da inicio ao verán, a noite de San Xoán. Unha noite cargada de superstición e maxia, na que persoas e animais danse cita arredor dos tradicionais foleóns. Dende o equipo...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - A lenda da Lagoa de Carracedo 7/06/2019
Hoxe centramos o noso programa nun mito fundacional. En concreto da ermida de Santa Eulalia do Portorroibo. Falamos tamén co profesor da USC Pedro López Barja de Quiroga, sobre os achádegos arqueolóxicos atopados nas escavacións deste santuario na década de 1970 e en concreto dunha estela romana...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O xabarín megalítico da Toca 24/05/2019
Neste novo programa coñecemos unha lenda do veciño concello das Somozas, onde se atopa un zoomorfo en pedra con forma de xabarín. Coñecemos a simboloxía asociada a este animal mítico da nosa mitoloxía e analizaremos a súa simboloxía na cultura celta atlántica. Con Cristina Arias seguiremos...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Vedoiros e aparecidos 10/05/2019
Hoxe centramos o noso programa na figura dos vedoiros, personas cunha capacidade sobrenatural que son quen de comunicarse co mundo dos mortos. Falamos tamén de cómo a ciencia trata de explicar esta capacidade, a través da disciplina científica da parapsicoloxía. Descubrimos temas musicais que…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Vai de morto, quen non foi de vivo... 26/04/2019
Neste novo programa falamos dun camiño que conduce a un santuario milenario emprazado na serra da Capelada. Trátase de Santo André de Teixido, tamén coñecido como Santo André de Lonxe, un lugar máxico ao que durante séculos acudiron milleiros de galegos e galegas ofrecidos ao Santo por ter curado...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Augas máxicas: a Fonte das Buliqueiras 22/02/2019
Nesta nova edición da Lareira das Mouras, falamos do poder curativo da auga e en concreto do manancial mineiromediciñal do noso concello, coñecido como a Fonte das Buliqueiras. Falaremos tamén das novas acontecidas no noso concello durante o ano 1902 e coñeceremos a Axenda Cultural para este...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O Camiño dos Arrieiros: de As Pontes a Bares 1/02/2019
Neste novo programa centrarémonos no elemento cultural denominado Camiño dos Arrieiros, que vai dende Bares ata As Pontes, ao longo de preto de 50 quilómetros. Falaremos con Manuel Camba Gayoso, presidente da Liga Céltiga Galaica que ten estudado este camiño milenario. Na sección de Atril e...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O libro das invasións, ou de como os galegos conquistaron Irlanda 18/01/2019
Neste novo programa da Lareira das Mouras centrémonos nun fito da historia de Galicia, do que non nos contaron moito ou nada no colexio. Un fito histórico que contextualiza o feito de porque cando cantamos o noso himno, dicimos: Fogar de Breogán. Coñeceremos tamén novas acontecidas no noso…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - De lavandeiras e outros mitos 9/11/2018
Neste novo programa da Lareira das Mouras, coñeceremos unha figura mitolóxica con paralelismos en toda a rexión atlántica e indoeuropea. Descubriremos outros seres que están fondamente vencellados a espazos fluviais no Faladoiro, así como algunha que outra lenda do noso concello e bisbarra. Con...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - A maxia dos lugares 26/10/2018
Hoxe falamos sobre a maxia que agochan os lugares, nos que o paso do tempo deixou unha fonda pegada na súa paisaxe, na súa arquitectura, ou na súa enerxía. Entrevistaremos a Felipe Senén López Gómez, arqueólogo e técnico de xestión cultural, para falar do genius loci e de etnoarqueoloxía. E...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - A Santa Compaña do Freixo 12/10/2018
Iniciamos nova tempada do noso programa con novas voces e novas seccións. Hoxe falaremos dunha lenda local, a da Santa Compaña do Freixo. Coñeceremos os paralelismos desta figura mitolóxica alén das nosas fronteiras e outros exemplos de procesións fúnebres. Con Cristina Arias descubriremos como…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - V Cita coa Historia das Pontes 10/09/2018
Benvid@s a unha nova tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a quinta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Prisciliano, santo ou herexe? 08/06/2018
No derradeiro programa da primeira tempada da Lareira das Mouras, falamos sobre a figura de Prisciliano, co teólogo e filósofo e escritor galego Victorino Pérez Prieto. Da man de López Ferro coñeceremos unha lenda local sobre un "santo" que viviu no noso concello en auténtica comunión con Deus e…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Unha noite no museo 25/05/2018
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, adicamos o noso programa de hoxe a eles. Falaremos con José María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado, que nos falará do proxecto de traslado deste museo senlleiro da nosa vila.
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Habelas hainas 10/05/2018
Hoxe falaremos de meigas e meigallos. Da man do mestre López Ferro coñeceremos a historia dunha familia de meigas. De cómo éstas eran percibidas pola sociedade. Dos seus poderes e capacidades. Unhas veces para facer o ben, e outras para danar, ás persoas, ás súas pertenzas e aos animais.…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Os cantares de cego 27/04/2018
Nas feiras e festas dalgún tempo era frecuente escoitar a algún cego cantando romances sobre sucesos acontecidos no país. Eran os telexornais da época. Hoxe no noso programa coñeceremos unha vella historia recollida a un deses últimos cegos que visitou a nosa vila. Falaremos tamén co luthier e...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O cabalo mouro das Fragas 13/04/2018
Conta a lenda que un cabalo mouro cun só corno pula polas Fragas do Eume ata submerxirse no río. Hoxe falaremos con Lois Gómez Souto a respecto desta lenda e as súas similitudes con outras figuras mitolóxicas do arco atlántico. Coñeceremos tamén como serán as motos do futuro e descubriremos a...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O sartego de Pontoibo 16/03/2018
Hoxe arredor da lareira descubriremos a lenda do sartego de Pontoibo (As Pontes). Falaremos con Juan Carlos Sánchez Pardo, profesor e arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a orixe deste tipo de enterramentos pétreos. Coñeceremos tamén outros tipos de soterramentos por todo o...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Os trasnos do río Eume 2/03/2018
No programa de hoxe falamos da figura mitolóxica do trasno, un ser que non fai máis que enredar nas nosas casas día a día, agochándonos o mando da tele, mudando de lugar o móbil, ou remexendo os caixóns da roupa. Coñeceremos tamén unha lenda local que fai referencia ao trasno e falaremos co...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - IA: Intelixencia Artificial 9/02/2018
Hoxe falaremos sobre intelixencia artificial e de que forma está xa a mudar as nosas vidas. Conversaremos tamén con Pachi Cartelle, experto no vehículo autónomo e coñecedor dos avances que se están producindo xa a este respecto. Falaremos tamén de cómo percibimos os cambios tecnolóxicos e de qué...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Luces no ceo de As Pontes 26/1/2018
Logo do parón navideño retomamos o noso programa, nesta ocasión para falar dos avistamentos OVNI que tiveron lugar no concello de As Pontes na década dos 90. Entrevistamos a dúas veciñas que foron testemuña directa deste fenómeno. Falamos tamén co investigador galego especialista no fenómeno…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - A lenda do río Eume 22/12/2017
Hoxe contamos coa presenza do catedrático de Historia Antiga da UDC e profesor na Facultade de Humanidades de Ferrol, Victor Alonso Troncoso, autor do traballo "El relato eumés de las tres fuentes hermanas: ¿un antiguo mito fluvial?". Falaremos tamén cos nosos expertos sobre as mortes que se…
more -
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - A fundación da vila de As Pontes de García Rodríguez 8/12/2017
Un novo programa no que falaremos con César Candelas, historiador que nos falará de cómo e porqué se fundou a vila de As Pontes de García Rodríguez. Veremos tamén cómo era a relación entre a plebe e a nobreza no medievo e cómo poderá ser a nosa vila dentro de 100 ou 200 anos. Descubriremos tamén...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Mitoloxía dos mouros en Galicia 24/11/2017
Neste novo programa descubriremos que son os mouros e como aparecen descritos na nosa tradición oral. Descubriremos cómo se transmiten as lendas de xeración en xeración e cómo seremos nós no futuro e cómo seremos vistos dentro de 3.000 ou 4.000 anos. Tamén poderemos coñecer que eventos culturais...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O bandoleiro Toribio Mamed Casanova 10/11/2017
Nesta nova edición da Lareira das Mouras, centrarémonos na figura dos bandoleiros galegos de finais do século XIX. En concreto as andanzas de Toribio, alcume polo que era coñecido o mañonés Mamed Casanova, que a finais do século XIX puxo en xaque ás forzas da lei. Falaremos tamén de cómo eran...
-
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - Rituais da morte en Galicia 27/10/2017
Neste primeiro programa, tocaremos un tema un tanto escuro: os rituais asociados á morte en Galicia. Un deles é o coñecido como “abellón”. Unha especie de danza que os achegados do defunto facían arredor do cadaleito e do que tivemos noticia se practicou ata mediados do século pasado en moitos...
About this show
Programa da emisora local Radio Eume sobre mitoloxía, folclore, misterio, tecnoloxía, arte e humanides.
Hosted by
alareiradasmouras.radioeume
Categories