PODCAST · news
Alegría Cuac FM
by Alegría
Canle do programa de radio Alegría, da radio comunitaria da Coruña CUAC FM.
Episodes
-
Alegría en CUAC FM 20 de outubro de 2015 T13X03
Hoxe, entre Isa Lema e Tomi Desastre (culpable da realización técnica) realizamos este terceiro programa da 13ª tempada. Comezamos falando sobre as Marchas da Dignidade (a galega cara ao Obradoiro) do sábado 24 de outubro. Tamén tivemos tempo para comentar unhas xornadas sobre movementos sociais…
more -
Alegría en CUAC FM 23 xuño de 2015 T12X36
Hoxe comezamos falando da piscina municipal descuberta que temos na Coruña pero que non está operativa, despedimos a Combo dinamo que onte anunciaban a sua disolución. Falamos con Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. Comentounos que hai que visitar a Illa de San Simón, si ou si. Buscade na web de...
-
Alegría en CUAC FM 16 xuño de 2015 T12X35
2015 é o Ano Internacional do solo e hoxe adicamos un minutos interesantes a falar cun dos maiores expertos galegos sobre a materia. O programa comezaba brindando polos 20 anos que cumplira a nosa asocación cultural, o Colectivo de Universitarios Activos o día antes do programa, o 15 de xuño....
-
Alegría en CUAC FM 9 6 2015 T12X34
Hoxe despertabamos coa nova do falecemento de Pedro Zerolo e fixemos un breve comentario para comezar o programa. A entrevista do día foi con María Seijo de CIGA Saúde. Explicounos as consecuencias do peche de case un 20% das camas nos catro hospitais que temos na cidade e o seu entorno e como se...
-
Alegria en CUAC FM 2 xuño 2015 T12X33
Hoxe falamos con Carlos Iglesias, un dos vocais de Alcer (http://www.alcercoruna.org/) e aprendimos da importancia de que todo o mundo doe órganos pero sobre todo de que a familia saiba que queres doar e non cambie de opinión no último momento. Tamén tivemos econova, unha idea sobre…
more -
Alegría en CUAC FM 26 maio 2015 T12X32
Hoxe, segundo día dunha nova etapa na cidade cun governo municipal formado por persoas que ata hai pouco non estaban na política activa, falamos con María García Gómez e Daniel Díaz Grandío, novos concelleiros dende o pasado domingo pola Marea Atlántica e que ían nos números 9 e 10 da…
more -
Entrevista a Xulio Ferreiro futuro alcalde A Coruña en Alegría CUAC FM
Entrevista realizada no programa do 19 de maio, 5 días antes de que a Marea Atlántica gañase as eleccións na cidade da Coruña por 4 votos ao partido popular. Non se falou demasiado de política, pero cremos que pode resultarvos interesante coñecer a quen vai governar a cidade co seu equipo nos...
-
Alegría en CUAC FM 19 maio 2015 T12X31
Hoxe, con todo o equipo de Alegría, falamos con Xulio Ferreiro candidato da Marea Atlántica á alcaldía da nosa cidade. Tamén tivemos uns minutos para a Econova de Bea Ulalume e un par de cancións. E animamos a que o día 24 todo o mundo vaia a votar!!
-
Alegria en CUAC FM 12 maio 2015 T12X30
Alegría adicou este programa en gran parte a entrevistar (por teléfono por un asunto de última hora) a Yoya Neira, candidata do PSOE (nº5) ás eleccións municipais. Por suposto, comentamos outros asuntos de actualidade. Tiñámos a Mariano e Bea de vacacións así que contamos coa colaboración de…
more -
Alegría en CUAC FM do 5 maio 2015 T12X29
Programa adicado a falar con María Xosé Bravo, concelleira do BNG na cidade da Coruña. Unha entrevista na que tocamos moitos temas comezando pola importancia dunha boa educación. Tamén comentamos un "detalle" que tivo La Voz de Galicia con Carlos Negreira (antigo traballador do xornal) o pasado...
-
Alegría en CUAC FM 28 abril 2015 T12X28
Programón! Con todo o equipo no estudio e comezando como se tivesemos comido algo raro, falamos con calma con Carlos Villar, director de Ecos do Sur sobre un proxecto no que están a traballar no Agra do Orzán. Tamén comentamos o problema dos tipos de interés en préstamos exprés. Por último...
-
Alegría en CUAC FM 21 abril 2015 T12X27
Hoxe entrevistamos á xente de AGARESO que nos falou dun proxecto educativo moi chulo que teñen con 600 rapaces neste curso, utilizando a radio como unha das técnicas educativas. Tamén comentamos o proceso que viviu a formación política Ciudadanos dende febreiro ata a elección do seu candidato á...
-
Alegría en CUAC FM 14 abril 2015 T12X26
No Alegría de hoxe falamos sobre a privatización da sanidade pública co médico Pablo Vaamonde co-autor do libro A saude como negocio. Non perdas a entrevista. Comentamos uns whatsups enviados pola posible candidata a alcaldía da Coruña por Ciudadanos a un deputado do PP (ex concelleiro en Coruña…
more -
Alegría en CUAC FM 7 abril 2015 T12X25
Tras un parón por Semana Santa, regresamos co equipo ao completo. Hoxe falamos con Fran que xunto ao seu irmán Guille inauguran hoxe a nova tenda de instrumentos Rock Box. Sempre é unha boa nova que un negocio local aumente de tamaño. E a entrevista no estudio foi con duas representantes de…
more -
Alegría en CUAC FM. 17 de marzo de 2015 T12X21
Alegría! Xa temos nova sesión falando do Fracking, e da convocatoria dunha manifestación en defensa da Sanidade Pública Galega este xoves 19 ás 20 horas (saida da Casa do Mar). E da operación Pokemon, e da Gürtel e tivemos Econova con moitos espazos nos que podes mercar productos ecolóxicos...
-
Alegría en CUAC FM 24 febreiro 2015 T12X19
Programa moi interesante o de hoxe con duas entrevistas nas que podemos aprender un montón de cousas. Ramón Núñez, economista e membro do Consello de Contas na primeira parte do programa. E nos últimos minutos falamos co presidente de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) Juan de...
-
Alegría en CUAC FM 10 marzo 2015 T12X20
Hoxe tivemos entrevista con María Xosé Martínez, vicerreitora de Estudantes Cultura e Deportes e Claudia Delso, unha das dinamizadoras dun encontro entre estudantes e titulados da UDC que se celebra este sábado como un dos actos do 25 aniversario da UDC. Tamén tivemos Econova e boa música. Disfruta!
-
Alegría en CUAC FM 27 xaneiro 2015 T12X16
Hoxe en Alegría falamos da Marea Atlántica (min 16 máis ou menos) e do problema laboral dos 117 traballadores da empresa editorial de El Ideal Gallego, DXT, Diario de Arousa...(min 48 aprox) Tamén fixemos unha introducción plantexando varios temas de interese. E felicitamos a Bea e a Mariano que...
-
Alegria en CUAC FM 23 decembro 2014 T12X13
Hoxe entrevistamos a tres representantes da candidatura Claro que Podemos no círculo de Podemos en Coruña. Explicaron a fase na que se atopa agora este partido político. Sabías que podes votar para escoller á Secretaría Xeral e as 20 compoñentes do Consello Cidadán que lles corresponden a nosa...
-
Alegria en CUAC FM 9 decembro 2014 T12X10
Alegría hoxe tivo a todo o equipo en antena. Falamos moito de casos xudiciais interesantes. Un funcionario de prisións que gravaba conversas delicadas e que posiblemente nos tivesen soprendido moito se as coñecesemos por cauces legais... Econovas interesantes e algunhas recomendacións de onde...
-
Alegria en CUAC FM 2 decembro 2014 T12X09
Hoxe tivemos a sorte de celebrar o ingreso en prisión de Carlos Fabra. E a mala sorte de comentar que en Galicia aumentou de novo o paro (baixou en España) e de que ao mellor o xuiz Ruz queda fora do xulgado no que está agora. Tamén adicamos uns minutos á Econova (cuns inventazos fantásticos) e a...
-
Alegria en CUAC FM 25 novembro 2014 T12X08
Hoxe tivemos programa entretido. Falamos con Eva Alfonso e o seu proxecto e exposición Mujeres Bellota. Tamén falamos cun dos voluntarios da OCV (oficina de cooperación e voluntariado) da UDC que nos falou dos diversos proxectos que teñen en marcha ainda que nos centramos nun deles. Escoita o...
-
Alegria en CUAC FM 18 novembro 2014 T12X07
Por fin!!! Estivemos os catro no programa de hoxe. E falamos dos orzamentos de Coruña en 2015 (aprovados hoxe) e dos que falaremos nos vindeiros programas. Tamén comentamos cousas moi interesantes sobre o cambio climático, a econova e por último falamos con Tono e Laura de Proxecto Cárcere que…
more -
Alegría en CUAC FM. 11 novembro de 2014. T12X06
Programa adicado a falar con dous convidados telefónicos e a pouco máis. María Navarro, Coordinadora Xeral da Rede de Medios Comunitarios. falounos da Asemblea de Medios celebrada en Sevilla a pasada fin de semana na que estiveron dos compañeiros de CUAC FM. Tamén falamos con un veciño de Paderne...
-
Alegría en CUAC FM. 5 novembro de 2014. T12X05
Programa no que falamos das Marchas da Dignidade que este xoves 7 teñen unha convocatoria en diversas localidades galegas. E tamén da inauguración de Unha ducia de Cans, na Normal que era hoxe (o Festival de Cans está na cidade). E tamén de problemas como o paro, e descontrol denunciado con 4…
more -
Alegria en CUAC FM 28 10 2014 T12X04
Hoxe falamos sobre o #saqueoalaciudadanía e discutimos sobre os prazos de prescripción dos delitos da corrupción. Tamén de Gerardo Crespo e, pola banda positiva, dun Banco de Tempo que hai en Vigo. E puxemos cancións que traía Tomi do Womex e que sen telas escoitado antes, resultaron ser moi chulas.
-
Alegría en CUAC FM. 21 outubro de 2014. T12X03
A realidade empéñase en deixarnos abriados. Tivemos de novo a Bea e a Mariano pero esta vez faltaza Isa Lema. Programa no que falamos de temas variados como a realidade. E tivemos Econova, a primeira desta 12ª tempada de Alegría.
-
Alegría en CUAC FM. 14 outubro de 2014. T12X02
Duas entrevistas estupendas e alá foi o programa. Primeiro falamos de literatura con a nosa compañeira Ángela Triana Seoane que lanza o seu primeiro libro "Celebra la tormenta" e non podía escapársenos a sua primeira entrevista como autora. Na segunda parte do programa falamos sobre o banco de...
-
Alegría en CUAC FM. 7 outubro de 2014. T12X01
Comeza a duodécima tempada radiofónica de Alegría, programa da radio comunitaria da Coruña CUAC FM. Isa Lema e Tomi Desastre realizaron este primeiro programa falando de moitos temas que se foron acumulando nos vindeiros meses na política, na sociedade... Pasa e disfruta dunha hora de radio en...
-
Alegría en CUAC FM 17 xuño 2014 T11X34
E con este episodio rematamos a tempada. Estabamos Bea Ulalume, Isa Lema, Mr Bugalú e Tomi Desastre (non o digades por aí, pero arrancamos uns segundos tarde). Temas do programa, bastantes e variados. Falamos con David Fuentes de ALAS Coruña para expoñer a postura da sua asociación ao respecto…
more -
Alegría en CUAC FM 3 xuño 2014 T11X33
Alegría adicado a unha larga conversa con Inés Mallada, portavoz do Círculo de Podemos en Coruña.Os focos están postos no seu partido político e queríamos saber como se organizan, en que fase están na nosa cidade... Tamén tivemos ocasión de rir un rato mentras anunciabamos e recomendabamos o...
-
Alegria en CUAC FM 27 maio T11X32
Alegría convidou a Mar Barcón, representante do PSOE da cidade da Coruña para falar sobre os resultados das Eleccións Europeas e tamén de cómo poden afectar na política municipal. Tomi segue alucinado coa cantidade de veces que se destroza o pavimento recén renovado de Manuel Murguía. Increíble.
-
Alegria en CUAC FM 20 maio T11X31
Alegría avanza na sua undécima tempada con moitos contidos interesantes que debes descubrir neste episodio número 31.
-
Alegria en CUAC FM 13 maio T11X30
Alegría chega con moito retraso ao noso podcast. E non temos o programa anterior, o número 29 desta tempada. Tedes que disculpar. Tentaremos recuperar o ritmo normal de subida durante o mes de xuño.
-
Alegria en CUAC FM 29 de abril 2014 T11X28
Falamos hoxe con David Soto, compañeiro de CUAC que nos falou da xornada UDC na Rúa e tamén da sua Timba poetika. Tamén, no Día Mundial da Danza, falamos con Claudia Delso que está traballando para darlle difusión e visibilidade á programación desa disciplina no Teatro Rosalía con outras…
more -
Alegría en CUAC FM 22 abril de 2014 T11X27
Costaleiros que nos costan 30000 euros aos coruñeses (en 2013) e que ninguén viu por ningures; Bárcenas que lle di ao Xuiz Ruz que o plasma no que sae Rajoy foi pagado con cartos en B. Estreamos o single de El Kanka " A desobedecer" himno de Esperanza Aguirre e Bárcenas. Tamén entrevistamos ao...
-
Alegría en CUAC FM 8 abril 2014 T11X25
Programa 25 desta undécima tempada de Alegría. Coa equipa ao completo hoxe non faltou a Econova. Tamén falamos coa directora da compañía de Teatro Katarsis antes das suas actuacións adicadas a bebés tanto na Coruña (Teatro do Andamio) esta fin de semán como en USA e Canadá. Ah, por suposto,...
-
Alegria en CUAC FM 1 abril 2014 T11X24
Hoxe tivemos duas entrevistas moi interesantes. Falamos con Dani Espiñeira en representación de Somenergia e con dous loitadores por evitar algo que semella moi complicado, cando menos reducir o custe do Tunel do Parrote. As cifras son astronómicas. E todo iso con Tomi e unha das suas teimas para...
-
Alegría en CUAC FM 25 marzo 2014 T11X23
Hoxe non falamos nin unha palabra de Suárez. Comentamos o 18 aniversario de CUAC FM (que comeza a celebrarse o 27 de marzo), tamén de que El Kanka visitará Coruña o 6 de xuño. Falamos con Roi Fernández de Extramuros, espazo artístico a punto de cumplir un ano. E tivemos econova, e falamos das...
-
Alegria en CUAC FM 18 marzo 2014 T11X22
Hoxe estamos máis rápidos que ultimamente subindo o podast de Alegría. Programa adicado as Marchas da dignidade do vindeio 22 de marzo que pretenten facer chegar múltiples reivindicacións a Madrid, con Econova incluída. Ah, non estivo Tomi no programa por motivos laborais.
-
Alegria en CUAC FM 11 feb 2014 T11X18
Programa emitido durante o debate de rexeitamento da reforma da ley do aborto de Gallardón. Falamos brevemente do tema con porra sobre cantas deputadas do PP rexeitarían o proxecto de Lei. Falamos tamén sobre esta gala con Carmén López de FEGEREC:...
-
Alegría en CUAC FM 4 febreiro 2014 T11X17
Hoxe falamos do Festival Por Amor al Arte. Caramba que cantidade de cousas van suceder en Coruña dende o día 14 ata o 22 deste mes. Sería fantástico poder asistir a todo, pero cando menos, tedes a información aquí: http://www.festivalporamoralarte.org/ E falamos de máis cousas, pasade. Estades na...
-
Alegria en CUAC FM 28 xaneiro 2013 T11X16
Alegría fala hoxe de moitas cousas. Comezamos o programa lembrando a Pete Seeger, músico e activista polos dereitos humáns. E falamos de diversos temas de actualidade, entrevistamos a unha portavoz da Plataforma Galega contra a reforma da lei do aborto, Isa nos contou como lle foi representando a...
-
Alegria en CUAC FM 21 xaneiro 2013 T11X15
Hoxe entrevistamos a Xosé Bocija para falar do seu documental Carga de dignidade. E falamos tamén do libre de Marcos Ana "Vale la pena luchar". E tivemos econovas con Bea Ulalume... Interesante, Alegría, un día máis.
-
Alegria en CUAC FM 14 xaneiro 2013 T11X14
Temos a Isa Lema no Parlamento Europeo, en Estrasburgo, para reclamar o dereito das radios comunitarias a emitir dignamente. Pero o programa seguiu adiante e entrevistamos a Serxio Álvarez, antiguo socio de CUAC, agora en Málaga que nos falou de moeda social ou moeda local. Tivemos máis novas e a...
-
Alegría en CUAC FM 7 enero 2013 T11X13
Chega un novo ano e Alegría continua con enerxía. O capítulo de hoxe titulouse Gallardón vacilón, xa que o 26 de decembro publicou no BOE a renovación dun título de marqués a un neto de militar golpista. Pero o programa foi case por completo adicado a falar con Helena Martínez sobre un estudo…
more -
Alegria en CUAC FM 17 decembro 2013 T11X12
Acaba Alegría por este 2013. E van 12 episodios da undécima tempada. Falamos con Xosé Abad sobre a estrea do documental A pegada dos avós, este vernes no paraninfo da UDC. E tamén do informe da UDC sobre o estado das rías galegas... Disfrutadeo!
-
Alegria en CUAC FM 10 decembro 2013 T11X11
Día de folga na Sanidade Pública galega. Falamos cunha representante sindical sobre as suas/nosas demandas. E comentamos varios asuntos de actualidade, que é de moito medo.
-
Alegría en CUAC FM 3 decembro de 2013 T11X10
Programa da semán pasada. Non tivemos a Tomi que andaba polo extranxeiro, pero o resto do equipo de Alegría preparamos 57 intensos minutos de radio comunitaria. Pasa e disfrutaos!
-
Alegria en CUAC FM 26 novembro 2013 T11X09
Con canta xente falamos hoxe!! Con duas portavoces de CASCO, o comité antisida da Coruña; con Iago Martínez, director da revista LUZES e compañeiro en CUAC e con Marta Casal, tamén compañeira que colabora nas xornadas Saúde e Feminismo que se celebran dende o mércores 4, durante 3 mércores no...
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
Loading similar podcasts...