axouxere podcast artwork

PODCAST · news

axouxere

O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua.Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?

  1. 43

    Axóuxere 49: Cantas guerras levamos?

    Neste programa, Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade.

  2. 42

    Axóuxere 48: 30.000 € en copas e IA que goberna países

    En Noia o PP gastou nos últimos anos máis de 30.000 € en copas e comidas, este mesmo partido fixo un copia e pega nas súas mocións de censura en Outes e Ribeira, Junts declara a guerra ao executivo de Sánchez e pon en tensión a estabilidade da lexislatura a IA da pasos axigantados na manipulación política mundial.

  3. 41

    Axóuxere 47: O mellor que nos pasou este mes foi opositar

    Altri non ten moitos visos de viabilizarse, o xenocidio inaceptábel que está a sufrir o pobo Palestino e da onda de simpatía e apoio civil internacional, a neglixencia da Junta de Andalucía co cribado de cancro de Mama, novidades sobre os lumes forestais e mocións de censura centran o contido de actualidade do que falamos nesta entrega do Axóuxere. Por se non era pouco decidimos opositar en vivo e en directo!

  4. 40

    Axóuxere 46: Fixeron un Frankenstein de Castelao?

    Falamos dos últimos temas de actualidade: Lumes no monte galego, oportunismo político, os acordos entre a UE e EUA e o machismo estructural. Para rematar esbardallamos sobre a exposición na que fan de Castelao un Frankenstein e facemos unha análise en retroespectiva do verán.

  5. 39

    Axóuxere 45: Un podcast libre de fascismo

    Silvia e Anxo exploran as últimas novas de actualidade: o problema da vivenda e a dificultade de atopar un piso de estudante, a corrupción no PSOE e outros titulares chamativos, a censura ideolóxica do PP no ensino galego ou o recoñecemento legal do almorzo no traballo. Esbardallan, coma sempre, dos temas que máis lles interesa, entre outras cousas a ver quen é a Pija e a Kinky. Resólvese que o Axóuxere é un falangullo libre de fascismo!

  6. 38

    Axóuxere 44: Voltamos! 9 anos despois...

    Logo de desaparecer de súpeto e sen ningunha explicación a comezos do 2019, Silvia e Anxo fan un recorrido case nostálxico das orixes do Axóuxere, falan dos motivos polos que desapareceu durante todos estes anos e cales son as súas intencións de cara o futuro.

  7. 37

    Axóuxere 43: Primeiro da tempada e isto non para!

    No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, dan comezo á tempada número 5 con todas as novas de actualidade ás que estamos acostumados e tamén desenvolven a xa tradicional sección de improvisación plena "A Toada".

  8. 36

    Axóuxere 42: Especial aninovo 2019!

    No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, abordan o porque dunha tempada desaparecida, as novas que nos perdemos no 2018 e a nosa visión de futuro como xa a tradicional sección de improvisación plena "A Toada".

  9. 35

    Axóuxere 41: Especial fin de tempada e Eurovisão!

    No programa de hoxe falaremos das ultimas noticias como é habitual. Destacamos: as brigadas de deseucaliptización, o deputado do BNG Luis Bará racha unha imaxe do rei no parlamento galego, promocionan a Feijoó como posíbel sustituto de Rajoy no estado español, unha rapaza dos CDR é detida acusandona de "terrorismo". Na outra metade do programa gozamos dun fantástico especial Eurovisao coa nosa convidada Tamara.

  10. 34

    Axóuxere 40: Desbordadas coa actualidade, pero ben

    Hoxe comezamos cunha sección de titulares e comentarios extra-rápidos. Seguimos coa clásica sección de actualidade no axóuxere con temas como: A novela de En Marea, os soldos de Feijoó e Rajoy, adoctrinamento na xuventude, a moción de censura en Fene e moito máis! Rematamos co caderno de bitácoras.

  11. 33

    Axóuxere 39: Somos uns ignorantes

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos ultimos temas de actualidade e traennos as seccións habituais do programa. En actualidade destacamos a deputada vándala de En Marea, a falsificación das notas de Cifuentes, o asasinato político no Brasil e o primeiro atropelo dun coche autónomo. Tamén contamos coa recente sección "Ponme a proba" e coa improvisación da Toada.

  12. 32

    Axóuxere 38: "Non cho podes perder"

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos conflictos en Lavapies, da Morte de Stephen Hawking, da malaeducación do noso presidente, do rei e dos eucaliptos na UE. Tamén estreamos nova sección "Ponme a proba" na que realizamos un par de tests con resultados absurdos e rematamos coa improvisación da Toada.

  13. 31

    Axóuxere 37: Mestres Mateo, Feminismo e un cura contrabandista.

    No programa de hoxe falamos dos temas candentes de actualidade, coma é habitual e rematamos coa Toada. Na actualidade destacamos: Eurovisión is coming, os galardóns do audiovisual galego Mestre Mateo 2018, a data histórica da folga de mulleres e unha sorpresa propia. Na toada tamén falamos da curiosa historia do cura contrabandista galego.

  14. 30

    Axóuxere 36: Liberdade de Expresión, himnos e improvisacións varias

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade. Podemos destacar a crecente represividade do estado, a letra que propón Marta Sánchez para o himno do Reino Español, a tensión con Puigdemont e o éxito dos Bolechas en Portugal. Na sección final improvisamos, coma sempre, na Toada.

  15. 29

    Axóuxere 35: Retranca na política galega e parola con Adrián sobre biotecnoloxía e ciencia

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan das últimas novidades na política galega e que están a ser obxecto de mofa nas redes sociais. Nas novas de actualidade temos a Agustín Hernández chimpando lixo no Sar, a Villares decindo que Galiza é un "estado de ánimo", un gasto absurdo en curas no SERGAS e a querencia do PP por impor o castelán. Na segunda metade do programa de hoxe desenvolvemos unha parola marabillosa con Adrián Seijas sobre a biotecnoloxía e a ciencia.

  16. 28

    Axóuxere 34: Actualidade e parola cineasta con Andrea

    No programa de hoxe falamos, coma sempre, dos temas de actualidade: Holanda propón aceptar os insultos ao seu monarca, Emilio Cao, un futuro filme sobre a vida de Marcela e Elisa, o voó do Falcon Heavy, a prisión permanente e a sanidade pública. Para rematar temos unha paroia tranquila e relaxante con Andrea sobre varios filmes.

  17. 27

    Axóuxere 33: Especial nova tempada, improvisación e información á par

    No programa 33 estreamos a nosa cuarta tempada. 2 Anos ao teu carón facendo posíbel unha ollada diferente a actualidade na nosa lingua e dispoñíbel para todas e todos, axóuxere segue a medrar e nada nos vai frear! ;)

  18. 26

    Axóuxere 32: Crespo, Rap na prisión, Alex Millet e Especial Nadal

    No programa de hoxe falamos das polémicas declaracións do deputado do PP Carlos López Crespo, do rapeiro de La Insurgencia condeado á carcere e de como Trump provoca máis conflicto en Palestina. Temos o enorme orgullo de poder entrevistar a Alex Millet e facemos un especial de A Toada sobre o Nadal con Alba Calo.

  19. 25

    Axóuxere 31: Suicidios bosnios, despilfarro en Vigo, Lázaro Louzao e Improvisamos na toada

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade: A comunidade gitana galega premia á garda civil pola sua labor en catalunya e por defender "españa", un xeneral bosniocroata suicidase con veleno na lectura da sua sentencia por crimes de guerra, as persoas trans xa non terán que xustificar enfermidade para mudar de identidade no noso estado e o despilfarro de Vigo en alumeado para o nadal. Temos tamén o enorme orgullo de entrevistar a Lázaro Louzao, director de nove de novembro. Rematamos o programa coa sección "A Toada" onde improvisamos, coma sempre.

  20. 24

    Axóuxere 30: Policías Nazis, corrupción na Xunta e Especial Feminismo

    Hoxe comezamos a Actualidade no axóuxere falando da explotación que exerce Zara sobre os seus traballadores, o momento no que Iceta deixa de bailar, dos Policías Nazis e do caso Campeón que condea a cargos de confianza de Feijoó. O resto do programa, a partires do minuto 30, é un fantástico especial Feminismo no que temos o enorme orgullo de contar coa asturiana Andrea García Gonzalez, experta na materia.

  21. 23

    Axóuxere 29: Facebook pervertido, alcaldes homófobos, mortes en Catalunya, unha denuncia e o PP

    No programa de hoxe comezamos co Tecno-Axóuxere no que falamos das propostas polémicas de Facebook, do FaceID e de Twitter. Seguimos coa xa habitual Actualidade no Axóuxere no que comentamos as declaracións homófobas do Alcalde de Valga, as supostas ameazas de asasinatos a Catalunya e as conversas entre Ignacio Gonzalez e Eduardo Zaplana. Rematamos o programa coa sección de improvisación "A Toada".

  22. 22

    Axóuxere 28: Camisola polémica, 155 a Madrid, o Salario das galegas, entrevista a Fins Eirexas e Improvisamos

    Hoxe comezamos coas efémerides da semana para meternos xa de cheo na actualidade que nos rodea. Como primeira nova da Actualidade no Axóuxere comentamos a xa polémica camisola da selección española de futbol, seguimos coa intervención económica do concello de Madrid por parte do goberno do PP e rematamos a actualidade falando sobre o salario que perciben os e as galegas. Despois da habitual pausa e caderno de bitácora temos o enorme pracer de entrevistar a Fin Eirexas, secretario xeral de ADEGA co que falaremos da lei de depredacion da Galiza. Rematamos o programa coa sección A Toada na que improvisamos sen limites.

  23. 21

    Axóuxere 27: Resistencia galega, sergas, franco, colonialismo e presos políticos

    Hoxe comezamos cunha Ollada ao pasado de dez minutos na que relatamos a resistencia galega contra os Reis Católicos. No minuto 9:30 comezamos coa sección de actualidade na que falamos do sergas e o castelán, do roubo dos franco, da Galiza colonizada e dos presos políticos no estado. Rematamos os ultimos quince minutos do programa coa nova sección "A Toada" na que simplemente improvisamos sobre preguntas filosóficas facilonas e sen moito sentido.

  24. 20

    Axóuxere 26: Silvia en Madrid, Catalunya, Agos Reigosa e Samaín

    No programa de hoxe arrancamos a terceira tempada cun formato ben diferente ao que estamos acostumados. Anxo fala dende Outes e, a 600km, Silvia dende Madrid. Con todas as dificultades técnicas e de desenvolvemento que isto supón falamos, coma sempre, dos temas de actualidade que máis che interesan. Hoxe contamos tamén coa marabillosa voz de Agos Reigosa, presentador do podcast Decote, poderedelo escoitar na sección Rede de Falangullos.

  25. 19

    Axóuxere 25: Especial dia da Patria

    Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández realizan o Axóuxere dende o Festigal en Santiago de Compostela con motivo do especial Dia da Patria Galega. Neste axóuxere dinámico e diferente aos demais falaremos cun montón de xente na rúa e contaremos tamén con diversas actuacións musicais da man de Yasmina Farhani Luaces.

  26. 18

    Axóuxere 24: Especial Fin de Tempada

    No programa de hoxe Silvia e Anxo despíndense unha tempada máis cun especial repleto de contido sorpresa e inesperado.

  27. 17

    Axóuxere 23: Un Sinpa de natación, o Pasaxeiro do overbooking, Escolas machistas, os Curas e Hospitais e a 'Imposición'

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falan de: un sinpa que fuxe do restaurante a nado; o pasaxeiro de United Airlines brutalmente agredido polo overbooking; a Escola Machista de Alcorcón; os Curas nos Hospitais do SERGAS e sobre a consolidación do mito da imposición da nosa lingua na xuventude.

  28. 16

    Axóuxere 22: Un amor e as súas circunstancias, Ramón Espinar e a Coca-Cola, A Telenovela, Tecno-Axóuxere e O Galego

    No programa de hoxe Silvia e Anxo falaran de: como unha muller, despois de ser apuñalada polo seu ex, remata por casar co doutor que a tratou; da polémica de Ramón Espinar e as Coca-Colas; unha nova entrega da Telenovela chea de contido; estreamos nova sección na que falaremos de tecnoloxía e remataremos o programa falando sobre a nosa lingua nas universidades do país.

  29. 15

    Axóuxere 21: Ladrón de Mal Gusto, Cárcere por Homosexual, a Telenovela, día da visibilidade Trans e Carrero Blanco

    Hoxe Silvia e Anxo falarán das burlas de Paco Sanz aos seus donantes, da cárcere imposta a Karim Beldhaj por ser homosexual, do crowdfunding de Pedro Sánchez, contaremos coa entrevista da presidenta da Asociación Arelas que nos falará sobre a casuística Trans e pechamos o programa de hoxe coa pena de cárcere para a rapaza dos tweets de Carrero Blanco.

  30. 14

    Axóuxere 20: O Bus Tránsfobo nos EUA, A 2ª Entrega da Telenovela do PSOE e Especial Eurovisión

    No programa desta semana Silvia e Anxo falan de como o bus tránsfobo de Hazte Oír chega aos EUA e recibimos a segunda entrega da Telenovela do PSOE. Ademáis, o programa 20 de Axóuxere convértese a partires do minuto 20 no Especial Eurovisión 2017 cos nosos marabillosos convidados Bryan e Tamara!

  31. 13

    Axóuxere 19: Pequeno Nicolás, O Culebrón de Susana Díaz, Turquía e a Guerra de Relixións, Catalunya e o Alcalde de Noia

    Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falarán dos últimos temas de actualidade. No programa 19 falamos sobre: como o pequeno Nicolás pagou 6000 euros a un compañeiro para que a través dunha serie de fraudes lle fixese os exames de selectividade; Susana Díaz preséntase ás primarias do PSOE; O presidente de Turquía ve posíbeis guerras de Relixión en Europa; O estado de excepción e o procés catalán e as declaracións machistas do alcalde noiés.

  32. 12

    Axóuxere 18: Unha vaca prisioneira, Folga de fame, Baltar, Drag Queens e O Bus do Odio

    Hoxe Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández falaran como todos os venres dos últimos temas de actualidade. Neste programa tratamos a fascinante historia dunha vaca detida hai trinta anos, a denuncia por parte duns polícias ás manifestantes en folga de fame contra os feminicidios, o novo audi pagado pola deputación de Ourense á súa presidencia, a polémica da Drag Queen das Canarias deste ano e o Bus do Odio.

  33. 11

    Axóuxere 17: Os Estados do Whatsapp, Entroido, Podemos e parola de libros con @Alba_Calo

    Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández, acompañados pola sempre amiga Alba Calo, falarán dos últimos temas de actualidade, como ven sendo habitual, e poránlle un broche final ao programa cunha parola sobre libros. Tamén resaltar as nosas máis sinceras disculpas polos varios problemas técnicos que estamos a ter últimemente no programa e que xa estamos a traballar neles para apalialos.

  34. 10

    Axóuxere 16: Nazis no tenis, Nais Lesbianas, Piewdiepie, Intelixencia Artificial e o caso Noos

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade. Hoxe falamos do día no que USA cantou o himno nazi nun partido de Tenis, a intelixencia artificial asasina de Google, o recoñecemento de dúas nais por parte da xustiza, Piewdiepie e do xuízo Noos.

  35. 9

    Axóuxere 15: Romanticismo, David Beckham, Xuízo ao 9N e Convidado do Xapón

    Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falarán dos últimos temas de actualidade, de convidado teremos connosco a Amaro Núñez Fernández que nos contará a súa experiencia no Xapón.

  36. 8

    Axóuxere 14: Beyoncé, Rosalía de Castro, Primarias, O prezo da Luz e TRUMP

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández retoman o modelo típico de Axóuxere no segundo programa da segunda tempada. Comezo suave para unha tempada cargada de contido e cousas novas!

  37. 7

    Axóuxere 13: Estrea segunda tempada!

    No programa de hoxe de Axóuxere facemos un especial para estrear a segunda tempada! Silvia e Anxo falarán sen guión e por primeira vez de atemporais para facer un programa capsula do tempo. Unha conversa na que ti tamén estás convidad@!

  38. 6

    Axóuxere 12: Especial Nadal e Fin de Tempada

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández pechan a primeira tempada do Podcast axóuxere cun especial Nadal e un recopilatorio dos momentos preferidos da tempada.

  39. 5

    Axóuxere 11: Juego de Tronos, Fidel Castro, Tasas Universitarias, Refuxiados e As Pensións

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  40. 4

    Axóuxere 10: Justin Bieber, Sindr, Machismo, Rita Barberá e Susana Díaz

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  41. 3

    Axóuxere 9: Bob Dylan, Rufián, Dolmen violado por Harry Potter, #PrimAcoso e Internacional RedBull

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  42. 2

    Axóuxere 8: Leonard Cohen, Dumbledore gai, Cristo Comunista, o salario femenino e TRUMP

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  43. 1

    Axóuxere 7: Arkano, Memoria Histórica, Luis Espinar, Latinas For TRUMP e Abstencionazo

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  44. 0

    Axóuxere 6: Especial Samaín

    No programa de hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan das tradicións e lendas misteriosas da cultura popular acerca do samaín e outras historias.

  45. -1

    Axóuxere 5: As Kardashian, Felipe González, Sorpresa Sorpresa, Touros e Manifestación contra a LOMCE

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  46. -2

    Axóuxere 4: 'Hispanidade', PP e os Power Point, MacroVertedoiro de Lousame e o ERE dos Extel

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  47. -3

    Axóuxere 3: Demi Lovato, PSOE, Haití, Colombia e Eleccións en Galiza

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  48. -4

    Axóuxere 2: Dramas varios e a nosa visión sobre as vindeiras eleccións

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

  49. -5

    Axóuxere 1: Estreamos Podcast!

    Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua.Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?

HOSTED BY

anxogal

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does axouxere have?

axouxere currently has 49 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is axouxere about?

O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos...

How often does axouxere release new episodes?

axouxere has 49 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to axouxere?

You can listen to axouxere on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts axouxere?

axouxere is created and hosted by anxogal.
URL copied to clipboard!