axouxere
by anxogal
O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua..Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?
Episodes
-
Axóuxere 50 - ESPECIAL Entrevista con Maitane da Libraría Social Ula - "El arte de lo imposible" como facerse con Lugo
Hoxe entrevistamos a Maitane para celebrar 50 capítulos do Axóuxere! Tamén contaremos coa nosa estrambótica sección de actualidade.
-
Axóuxere 49: Cantas guerras levamos?
Neste programa, Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade.
-
Axóuxere 48: 30.000 € en copas e IA que goberna países
En Noia o PP gastou nos últimos anos máis de 30.000 € en copas e comidas, este mesmo partido fixo un copia e pega nas súas mocións de censura en Outes e Ribeira, Junts declara a guerra ao executivo de Sánchez e pon en tensión a estabilidade da lexislatura a IA da pasos axigantados na manipulación...
-
Axóuxere 47: O mellor que nos pasou este mes foi opositar
Altri non ten moitos visos de viabilizarse, o xenocidio inaceptábel que está a sufrir o pobo Palestino e da onda de simpatía e apoio civil internacional, a neglixencia da Junta de Andalucía co cribado de cancro de Mama, novidades sobre os lumes forestais e mocións de censura centran o contido de...
-
Axóuxere 46: Fixeron un Frankenstein de Castelao?
Falamos dos últimos temas de actualidade: Lumes no monte galego, oportunismo político, os acordos entre a UE e EUA e o machismo estructural. Para rematar esbardallamos sobre a exposición na que fan de Castelao un Frankenstein e facemos unha análise en retroespectiva do verán.
-
Axóuxere 45: Un podcast libre de fascismo
Silvia e Anxo exploran as últimas novas de actualidade: o problema da vivenda e a dificultade de atopar un piso de estudante, a corrupción no PSOE e outros titulares chamativos, a censura ideolóxica do PP no ensino galego ou o recoñecemento legal do almorzo no traballo. Esbardallan, coma sempre,...
-
Axóuxere 44: Voltamos! 9 anos despois...
Logo de desaparecer de súpeto e sen ningunha explicación a comezos do 2019, Silvia e Anxo fan un recorrido case nostálxico das orixes do Axóuxere, falan dos motivos polos que desapareceu durante todos estes anos e cales son as súas intencións de cara o futuro.
-
Axóuxere 43: Primeiro da tempada e isto non para!
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, dan comezo á tempada número 5 con todas as novas de actualidade ás que estamos acostumados e tamén desenvolven a xa tradicional sección de improvisación plena "A Toada".
-
Axóuxere 42: Especial aninovo 2019!
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, abordan o porque dunha tempada desaparecida, as novas que nos perdemos no 2018 e a nosa visión de futuro como xa a tradicional sección de improvisación plena "A Toada".
-
Axóuxere 41: Especial fin de tempada e Eurovisão!
No programa de hoxe falaremos das ultimas noticias como é habitual. Destacamos: as brigadas de deseucaliptización, o deputado do BNG Luis Bará racha unha imaxe do rei no parlamento galego, promocionan a Feijoó como posíbel sustituto de Rajoy no estado español, unha rapaza dos CDR é detida...
-
Axóuxere 40: Desbordadas coa actualidade, pero ben
Hoxe comezamos cunha sección de titulares e comentarios extra-rápidos. Seguimos coa clásica sección de actualidade no axóuxere con temas como: A novela de En Marea, os soldos de Feijoó e Rajoy, adoctrinamento na xuventude, a moción de censura en Fene e moito máis! Rematamos co caderno de bitácoras.
-
Axóuxere 39: Somos uns ignorantes
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos ultimos temas de actualidade e traennos as seccións habituais do programa. En actualidade destacamos a deputada vándala de En Marea, a falsificación das notas de Cifuentes, o asasinato político no Brasil e o primeiro atropelo dun coche autónomo. Tamén...
-
Axóuxere 38: "Non cho podes perder"
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos conflictos en Lavapies, da Morte de Stephen Hawking, da malaeducación do noso presidente, do rei e dos eucaliptos na UE. Tamén estreamos nova sección "Ponme a proba" na que realizamos un par de tests con resultados absurdos e rematamos coa improvisación...
-
Axóuxere 37: Mestres Mateo, Feminismo e un cura contrabandista.
No programa de hoxe falamos dos temas candentes de actualidade, coma é habitual e rematamos coa Toada. Na actualidade destacamos: Eurovisión is coming, os galardóns do audiovisual galego Mestre Mateo 2018, a data histórica da folga de mulleres e unha sorpresa propia. Na toada tamén falamos da...
-
Axóuxere 36: Liberdade de Expresión, himnos e improvisacións varias
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade. Podemos destacar a crecente represividade do estado, a letra que propón Marta Sánchez para o himno do Reino Español, a tensión con Puigdemont e o éxito dos Bolechas en Portugal. Na sección final improvisamos, coma sempre…
more -
Axóuxere 35: Retranca na política galega e parola con Adrián sobre biotecnoloxía e ciencia
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan das últimas novidades na política galega e que están a ser obxecto de mofa nas redes sociais. Nas novas de actualidade temos a Agustín Hernández chimpando lixo no Sar, a Villares decindo que Galiza é un "estado de ánimo", un gasto absurdo en curas no SERGAS…
more -
Axóuxere 34: Actualidade e parola cineasta con Andrea
No programa de hoxe falamos, coma sempre, dos temas de actualidade: Holanda propón aceptar os insultos ao seu monarca, Emilio Cao, un futuro filme sobre a vida de Marcela e Elisa, o voó do Falcon Heavy, a prisión permanente e a sanidade pública. Para rematar temos unha paroia tranquila e…
more -
Axóuxere 33: Especial nova tempada, improvisación e información á par
No programa 33 estreamos a nosa cuarta tempada. 2 Anos ao teu carón facendo posíbel unha ollada diferente a actualidade na nosa lingua e dispoñíbel para todas e todos, axóuxere segue a medrar e nada nos vai frear! ;)
-
Axóuxere 32: Crespo, Rap na prisión, Alex Millet e Especial Nadal
No programa de hoxe falamos das polémicas declaracións do deputado do PP Carlos López Crespo, do rapeiro de La Insurgencia condeado á carcere e de como Trump provoca máis conflicto en Palestina. Temos o enorme orgullo de poder entrevistar a Alex Millet e facemos un especial de A Toada sobre o…
more -
Axóuxere 31: Suicidios bosnios, despilfarro en Vigo, Lázaro Louzao e Improvisamos na toada
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade: A comunidade gitana galega premia á garda civil pola sua labor en catalunya e por defender "españa", un xeneral bosniocroata suicidase con veleno na lectura da sua sentencia por crimes de guerra, as persoas trans xa non…
more -
Axóuxere 30: Policías Nazis, corrupción na Xunta e Especial Feminismo
Hoxe comezamos a Actualidade no axóuxere falando da explotación que exerce Zara sobre os seus traballadores, o momento no que Iceta deixa de bailar, dos Policías Nazis e do caso Campeón que condea a cargos de confianza de Feijoó. O resto do programa, a partires do minuto 30, é un fantástico...
-
Axóuxere 29: Facebook pervertido, alcaldes homófobos, mortes en Catalunya, unha denuncia e o PP
No programa de hoxe comezamos co Tecno-Axóuxere no que falamos das propostas polémicas de Facebook, do FaceID e de Twitter. Seguimos coa xa habitual Actualidade no Axóuxere no que comentamos as declaracións homófobas do Alcalde de Valga, as supostas ameazas de asasinatos a Catalunya e as…
more -
Axóuxere 28: Camisola polémica, 155 a Madrid, o Salario das galegas, entrevista a Fins Eirexas e Improvisamos
Hoxe comezamos coas efémerides da semana para meternos xa de cheo na actualidade que nos rodea. Como primeira nova da Actualidade no Axóuxere comentamos a xa polémica camisola da selección española de futbol, seguimos coa intervención económica do concello de Madrid por parte do goberno do PP e...
-
Axóuxere 27: Resistencia galega, sergas, franco, colonialismo e presos políticos
Hoxe comezamos cunha Ollada ao pasado de dez minutos na que relatamos a resistencia galega contra os Reis Católicos. No minuto 9:30 comezamos coa sección de actualidade na que falamos do sergas e o castelán, do roubo dos franco, da Galiza colonizada e dos presos políticos no estado. Rematamos os...
-
Axóuxere 26: Silvia en Madrid, Catalunya, Agos Reigosa e Samaín
No programa de hoxe arrancamos a terceira tempada cun formato ben diferente ao que estamos acostumados. Anxo fala dende Outes e, a 600km, Silvia dende Madrid. Con todas as dificultades técnicas e de desenvolvemento que isto supón falamos, coma sempre, dos temas de actualidade que máis che...
-
Axóuxere 25: Especial dia da Patria
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández realizan o Axóuxere dende o Festigal en Santiago de Compostela con motivo do especial Dia da Patria Galega. Neste axóuxere dinámico e diferente aos demais falaremos cun montón de xente na rúa e contaremos tamén con diversas actuacións musicais da man…
more -
Axóuxere 24: Especial Fin de Tempada
No programa de hoxe Silvia e Anxo despíndense unha tempada máis cun especial repleto de contido sorpresa e inesperado.
-
Axóuxere 23: Un Sinpa de natación, o Pasaxeiro do overbooking, Escolas machistas, os Curas e Hospitais e a 'Imposición'
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan de: un sinpa que fuxe do restaurante a nado; o pasaxeiro de United Airlines brutalmente agredido polo overbooking; a Escola Machista de Alcorcón; os Curas nos Hospitais do SERGAS e sobre a consolidación do mito da imposición da nosa lingua na xuventude.
-
Axóuxere 22: Un amor e as súas circunstancias, Ramón Espinar e a Coca-Cola, A Telenovela, Tecno-Axóuxere e O Galego
No programa de hoxe Silvia e Anxo falaran de: como unha muller, despois de ser apuñalada polo seu ex, remata por casar co doutor que a tratou; da polémica de Ramón Espinar e as Coca-Colas; unha nova entrega da Telenovela chea de contido; estreamos nova sección na que falaremos de tecnoloxía e...
-
Axóuxere 21: Ladrón de Mal Gusto, Cárcere por Homosexual, a Telenovela, día da visibilidade Trans e Carrero Blanco
Hoxe Silvia e Anxo falarán das burlas de Paco Sanz aos seus donantes, da cárcere imposta a Karim Beldhaj por ser homosexual, do crowdfunding de Pedro Sánchez, contaremos coa entrevista da presidenta da Asociación Arelas que nos falará sobre a casuística Trans e pechamos o programa de hoxe coa…
more -
Axóuxere 20: O Bus Tránsfobo nos EUA, A 2ª Entrega da Telenovela do PSOE e Especial Eurovisión
No programa desta semana Silvia e Anxo falan de como o bus tránsfobo de Hazte Oír chega aos EUA e recibimos a segunda entrega da Telenovela do PSOE. Ademáis, o programa 20 de Axóuxere convértese a partires do minuto 20 no Especial Eurovisión 2017 cos nosos marabillosos convidados Bryan e Tamara!
-
Axóuxere 19: Pequeno Nicolás, O Culebrón de Susana Díaz, Turquía e a Guerra de Relixións, Catalunya e o Alcalde de Noia
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falarán dos últimos temas de actualidade. No programa 19 falamos sobre: como o pequeno Nicolás pagou 6000 euros a un compañeiro para que a través dunha serie de fraudes lle fixese os exames de selectividade; Susana Díaz preséntase ás primarias do…
more -
Axóuxere 18: Unha vaca prisioneira, Folga de fame, Baltar, Drag Queens e O Bus do Odio
Hoxe Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández falaran como todos os venres dos últimos temas de actualidade. Neste programa tratamos a fascinante historia dunha vaca detida hai trinta anos, a denuncia por parte duns polícias ás manifestantes en folga de fame contra os feminicidios, o novo audi...
-
Axóuxere 17: Os Estados do Whatsapp, Entroido, Podemos e parola de libros con @Alba_Calo
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández, acompañados pola sempre amiga Alba Calo, falarán dos últimos temas de actualidade, como ven sendo habitual, e poránlle un broche final ao programa cunha parola sobre libros. Tamén resaltar as nosas máis sinceras disculpas polos varios problemas...
-
Axóuxere 16: Nazis no tenis, Nais Lesbianas, Piewdiepie, Intelixencia Artificial e o caso Noos
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade. Hoxe falamos do día no que USA cantou o himno nazi nun partido de Tenis, a intelixencia artificial asasina de Google, o recoñecemento de dúas nais por parte da xustiza, Piewdiepie e do xuízo Noos.
-
Axóuxere 15: Romanticismo, David Beckham, Xuízo ao 9N e Convidado do Xapón
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falarán dos últimos temas de actualidade, de convidado teremos connosco a Amaro Núñez Fernández que nos contará a súa experiencia no Xapón.
-
Axóuxere 14: Beyoncé, Rosalía de Castro, Primarias, O prezo da Luz e TRUMP
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández retoman o modelo típico de Axóuxere no segundo programa da segunda tempada. Comezo suave para unha tempada cargada de contido e cousas novas!
-
Axóuxere 13: Estrea segunda tempada!
No programa de hoxe de Axóuxere facemos un especial para estrear a segunda tempada! Silvia e Anxo falarán sen guión e por primeira vez de atemporais para facer un programa capsula do tempo. Unha conversa na que ti tamén estás convidad@!
-
Axóuxere 12: Especial Nadal e Fin de Tempada
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández pechan a primeira tempada do Podcast axóuxere cun especial Nadal e un recopilatorio dos momentos preferidos da tempada.
-
Axóuxere 11: Juego de Tronos, Fidel Castro, Tasas Universitarias, Refuxiados e As Pensións
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 10: Justin Bieber, Sindr, Machismo, Rita Barberá e Susana Díaz
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 9: Bob Dylan, Rufián, Dolmen violado por Harry Potter, #PrimAcoso e Internacional RedBull
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 8: Leonard Cohen, Dumbledore gai, Cristo Comunista, o salario femenino e TRUMP
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 7: Arkano, Memoria Histórica, Luis Espinar, Latinas For TRUMP e Abstencionazo
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 6: Especial Samaín
No programa de hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan das tradicións e lendas misteriosas da cultura popular acerca do samaín e outras historias.
-
Axóuxere 5: As Kardashian, Felipe González, Sorpresa Sorpresa, Touros e Manifestación contra a LOMCE
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 4: 'Hispanidade', PP e os Power Point, MacroVertedoiro de Lousame e o ERE dos Extel
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 3: Demi Lovato, PSOE, Haití, Colombia e Eleccións en Galiza
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 2: Dramas varios e a nosa visión sobre as vindeiras eleccións
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
-
Axóuxere 1: Estreamos Podcast!
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade no novo programa de Axóuxere.
About this show
O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua..Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?
Hosted by
anxogal
Categories