PODCAST · comedy
Bueno Carallo Bueno
by Bueno Carallo Bueno
Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.
-
87
BCB 6x14 - Un programa Mondial
Alberte e Silvio pechan a sexta tempada de Bueno Carallo Bueno desde o Centro Galego de Barcelona, como xa empeza a ser tradición.Desta volta montaron o seu Cherengueto de Camesolas e venderon os primeiros exemplares das camisolas oficiais do programa. Ademais, Pablo Casal colleu os mandos da nave e someteunos a un test de galeguidade tan particular como necesario.Tamén houbo tempo para falar do Mundial, do Papa León, de celebrar o ascenso do Celta Fortuna e de que Manoli adivinase o nome dun xogador da selección do Congo. Moi futbolera, ela.Un directo con público, retranca, camisolas e moitas sorpresas.En redes, en @carallobueno
-
86
6x13 - DENÁMECO DE BOCAREST
Silvio e Alberte estrean a Summer Edition do BCB na terraza do primeiro.Obrigado especial do ascenso do Dépor, promoción dos próximos eventos, cidades con nome de vella e máis desvaríos, propios do espazo e das altas temperaturas.Un programa para fluir, rir e desaprender o galego.Nas redes todas, en @carallobueno
-
85
6x12 - BAR LA CORUÑA
Silvio e Alberte unha vez máis de paseo, ao máis puro estilo "gobelado", nunha nova edición de Estirando as pernas.O escenario nesta ocasión é o Clot (barrio barcelonés de moda): o seu epicentro, unha libraría con algo de literatura galega e o bar La Coruña.Silvio en modo bipolar e Alberte cheo de cansanzo. Imposible resumir o contido, só unha ilusión: poder contar con Henrique Monteagudo (presidente da RAG) no inicio da nova tempada. ESCOITA, HENREQUE!
-
84
BCB 6x11 - Cherengueto de gogones
Silvio e Alberte encetan unha nova edición do mellor puto podcast en galego do mundo, dispostos a facer un monográfico de fúbol.Pois ben, tardan máis de 20 minutos en sacalo tema. Antes falan, entre outras cousas, dos abusos da Igrexa. Así é este programa.Despois, si, arrinca o que de ben seguro será broma recorrente: o novo espazo deportivo titulado O CHERENGUETO DE GOGONESO que pasa a partir de aí non cabe nesta descrición.
-
83
BCB 6x10 - Poñetazo
Silvio e Alberte levaban demasiado tempo sen sacar programa novo. Alguén tivo que dar un POÑETAZO na mesa e non foi outro que Chuck Norris (aka. Richard Wein). Este episodio pasará á historia por dous motivos: Alberte preparou algo e estrearon a canción 'A bata das vellas'.Ademais diso pasan polo programa Cañita Brava, Romario e ata José Luis Ábalos.Mi madriña, non están ben...En redes, @carallobueno!
-
82
BCB 6x09 - Deporte Goquei
Silvio e Alberte presentan un novo programa, sendo fieis a súa audiencia e á periodicidade estricta á que nos teñen tan mal acostumados.Como estou escrivindo esta nota tres días despois da gravación non lembro absolutamente nin un dos temas que tratamos. Digo, tratan. O mellor, coma sempre, é escoitalo.
-
81
BCB 6x08 - Os Morangos
Alberte e Silvio andan moi italianos e mediterráneos últimamente. Aínda así, os dous teñen previsto viaxar a Galicia proximamente. Neste episodio contan cando e por qué. Falan da actualidade galega, moi pasada por auga, chistes de pirolas e Manuel Fraga na lista de Epstein. Homenaxean a figura do patrón do país e despídense coa canción de moda, "Tutto per tu".Nas redes todas, en @carallobueno.
-
80
BCB 6x07 - Tutto per te
Silvio e Alberte falan do 2026, do moito que lle gustan a un os anos pares e o pouco que lle chistan ao outro. Sí, o que sabemos do novo ano é que trae a mesma merda de sempre.Maduro, John Lennon, nomes italianos inventados... todo iso e moito máis nunha nova entrega do mellor p*** podcast en galego do mundo.A ver, a eles véselles que o pasan ben, se serve iso de algo. Dixemos que non había novidades? Mentira, estrean sintonía.Mellor estar aquí que escoitando a terraplanistas.En redes, coma sempre, en @carallobueno.
-
79
BCB 6x06 - Comedoira de Uvas
Silvio e Alberte encetan o ano podcasteiro a día 2 de xaneiro, para que despois se diga que non hai compromiso. Aproveitaron a reunión para ir xantar despois, porque se coñece que non tiveran paparotadas abondo.No primeiro programa do 2026 dá tempo a falar do mal que paparon as uvas o 31, de virus, de gañar á vez a Medalla Castelao e Creu de Sant Jordi e de colofón, comentar aspectos relacionados cos Xogos Paralímpicos. Eles tampouco saben por que...Non faltaron os concursos e os xogos de palabras de mierda. Débense ao seu póbleco .En redes, en @carallobueno!
-
78
BCB 6x05 - Nos Premios Ondas!
Silvio e Alberte convidados aos Ondas. Ben, Alberte convidado aos Ondas convidando a Silvio a ir con el de acompañante. Ben, Alberte suplicando unha invitación aos Ondas para quedar ben con Silvio. E o resto é historia.Levarían o Ondas a Mellor Podcast?Spoiler: NON
-
77
BCB 6x04 - Rosalía é galega
Silvio e Alberte nunha nova edición do mellor p*** podcast en galego do mundo. Na edición número catro da sexta temporada, o de Grou e o de Anguieiros falan de... Goder! Cada vez é máis difícil facer a descripción dos "capétolos".Falan rarísimo, xa non se entenden nin entre eles, e de tantas sandeces que enumeralas é imposible.O mellor/peor que podedes facer é escoitalo e sacar as vosas propias conclusións.En redes, coma sempre, en @carallobueno
-
76
BCB 6x03 - Fillos do Magosto
Silvio e Alberte, nunha nova edición de Estirando as pernas, camiñan por Gràcia, en Barcelona, un tipo de barrio dos que en Galiza non hai. Nin falta que fai.Falan de rumba, dos Testigos de Jehová e das troulas de Alberte polo lugar. E iso só antes da intro. Despois dá tempo de tratar moitas máis trapalladas e rematar nun bar do Celta cun dos concursos máis loucos do programa. Estes dous saíron a andar una hora e acabaron tomando unhas garimbas, todo o deporte que farán no ano. Seguídeos, que como vedes non van moi lonxe.E recorda, nas redes todas, en @carallobueno
-
75
BCB 6x02 - A Ricottaberna
Silvio e Alberte encetan este programa falando de merda, e de aí para arriba. Fíxate se será importante o episodio, que ata Alberte trouxo sección. O nunca visto!Ademais falaron do ego, de Manuel Rivas, da serie Fariña e da educación sexual dos veciños de Grou (Baixa Limia).Un capítulo que vades ter que escoitar dúas veces, porque a primeira non ides entender nada. Para variar!En redes, en @carallobueno
-
74
BCB 6x01 - Un bo Miura
Silvio e Alberte volven coa SEXTA TEMPADA do Bueno Carallo Bueno, cando nin os máis ferventes seguidores lembraban xa que estes dous tiñan un podcast.Falan de horas de sono, de grilos e das ganas que compartían de volver atoparse para contar mierdas diante do micrófono. Silvio trae os seus habituais concursos e Alberte respostas incorrectas. Que esperabades? Que preparara unha sección?Benvidos á Season 6, unha tempada que, como as outras, non pediu ninguén.Nas redes todas, en @carallobueno
-
73
BCB 5x15 - Acabou a infusión
Silvio e Alberte van a xantar e póñense a gravar. E pasa o que tiña que pasar, que falan dunha chea de sandeces e a Alberte fáiselle tarde para ir buscar a cativa. Chegará a tempo? Descúbreo no último episodio do mellor p*** podcast en galego do mundo.Un final de tempada á altura da movida en xeral.En redes, en @carallobueno!
-
72
BCB 5x14 - LICORCA WORLD CUP (en directo no CGB)
Silvio e Alberte rematan tempada, como xa é costume, conpúblico e en directo dende o Centro Galego de Barcelona. Nesta edición especial hai lugar para seccións habituais como os concursos de Silvio, a actualidade (política e persoal) máis carallada do habitual. E para pechar todo iso, unha cata de licor cafés caseiros. Xa só por iso, cinco tempadas de podcast valeron a pena.En redes, en @carallobueno
-
71
BCB 5x13 - Papagón
Silvio e Alberte pararan a actividade hai un mes. Sí, sí, non foi cousa do apagón, xa ve de atrás. Nesta nova e esperadísima entrega falan do parón enerxético, do novo Papa, do Barça e ata estrean unha sección que xa se fixera.En fin, moita chorrada de dios...En redes, en @carallobueno
-
70
BCB 5x12 - Preparadeiro físico
Silvio e Alberte traen de volta un programa clásico; no que o primeiro traballa e o segundo non. Antes de estrear a sección Nomes de comidas que poderian ser futbolistas falan dos fillos, da 'energuia' e de como facer ben o pa amb tomàquet. Está o TikTok que bota lume. Superar os 500 seguidores depende de vós! En todas as redes, en @carallobueno!
-
69
BCB 5x11 - Antoni Bròquil
Silvio e Alberte volven á rutina pero pensando xa nas súas próximas aventuras. Moi atentas porque o tramo final da tempada vai ter bastante movamiento.Coincidindo co "Día de o Pai" falan de ser calvo, de ir a andar, do tantísmo que está a chover ou de calçots. Ademais de seguir inventando palabras e personalidades varias. O peche, unha vez máis, chega cos Xogos de Silvio, todo un clásico do BCB.En redes, en @carallobueno!
-
68
BCB 5x10 - Estirando as pernas: Bruxelas
Alberte e Silvio percorren as rúas da capital belga despois de ter gravado o programa especial dende o Parlamento Europeo xunto a Ana Miranda. Fan balance da experiencia e dálles para falar tamén do fea que lle parece Bruxelas á xente, dos Pitufos e de que debe pensar o creador dos gofres da versión con forma de pirola que inventou un pijo de Canarias con máis cartos ca neuronas.Turismo e chorrada na primeira versión en movemento do mellor puto podcast en galego do mundo. Este paseo é todo o deporte que van facer no mes. Paga a pena escoitalo. Au revoir!En redes, en @carallobueno!
-
67
BCB 5x09 - A conquista de Europa
Alberte e Silvio chegan a Bruxelas, ao Parlamento Europeo para facer historia do podcasting en galego. O mellor puto podcast en galego do mundo presenta un programa especial con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, como convidada.Nunha animada conversa trátanse temas como o cheiro de Jean Marie Le Pen, os gastrobares de Bouzas e a furriqueira letal que case deixa a Alberte na casa.Miranda pasa polos clásicos xogos do programa, reinvindicamos Altri Non e falamos do festival da diáspora galega na capital belga, o Emigrason.En redes, coma sempre, en @carallobueno
-
66
BCB 5x08 - Deceonáreo de senónemos
Silvio e Alberte volven para encetar o 2025 cun programa que serve de previa á viaxe que os levará a unha capital europea, onde gravarán o programa máis especial ata o de agora. Agradeceredes que este capítulo sexa máis curto, levan ao extremo o dialecto propio dos carallers rebautizando conceptos como a mítica serie MÉDECO DE FAMÉLEA (con Emeleo Aragón) ou FARMACEA DE GOARDEA. Houbo tempo de falar da paternidade de Silvio, do encontro entre Brais e Iria e do piloto con máis carisma da historia Tommi Mäkinen. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
-
65
BCB 5x07 - Giorgios Asagallos
Silvio e Alberte perpetran unha nova edición do podcast, desta vez máis tolo ca nunca -se iso é posible-. Falan do cumio do G20 en Brasil, do Primeiro Ministro portugués João Kiwi, da súa chegada a BlueSky ou de cagar no mar. Avisan á súa audiencia que o podcast ten dúas sorpresas; un pequeno parón por mor da paternidade de Silvio e un regreso apoteósico fora das nosas fronteiras que chegará máis cedo do que pensades. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
-
64
BCB 5x06 - Honduras veñen
Silvio e Alberte cambian de escenario e ofrecen un esperadísimo programa desde a casa de Alberte. Esperadísimo por Alberte que, se de normal xa traballa pouco, nesta ocasión non tivo nin que saír da casa. Fan unha guerra de porteiros, preparan o obituario de Alberte (pra cando sexa) e escollen o Ministro de Interior da República Galega. E sobre todo non perdades o inicio, que ten sorpresa. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
-
63
BCB 5x05 - O programa do tirón
Alberte e Silvio fabrican outro programa no que falan moito e non acabar de contar nada. O choio de Silvio en Hospitalet, o cumpreanos da irmá de Alberte e un xogo que vos fará pensar moito. Ou non... Silvio, na súa carreira cara á paternidade, sufriu un susto. Nada grave. Xa veredes ao final do epesódeo. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
-
62
BCB 5x04 - Piso Franco
Silvio e Alberte estrean estudo. O primeiro anda de mudanza; mudanza á que axudou de xeito totalmente decisivo Alberte. Ou igual non tanto. Seguen de resaca trala festa da empanada, fantasean con posibles Presidentes da Xunta e rematan o programa tirando de tópicos cataláns. Perder audiencia, iso é o que queren? Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
-
61
BCB 5x03 - A festa da empanada
Silvio e Alberte seguen co seu particular World Tour que nesta ocasión lévaos até Toxos e Xestas, un clásico do mundo asociativo galego en Barcelona. Falan de mortes, das 4 provincias galegas, da rivalidade Celta-Dépor, de mudanzas, sucesos patrios e moito, moitírmo máis. Todo isto como adianto da Festa da Empanada, na que, como non podía ser doutro xeito, rematan de xurado. Un gran día para o Bueno Carallo Bueno. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
-
60
BCB 5x02 - Chover mal
Silvio e Alberte volven neste segundo episodio da tempada ao seu estudio habitual (a casa do primeiro). Falan da resaca (metafórica e literal) trala gravación en directo dende Allariz, unha noite memorable xunto a Miguel de Lira e Tonhito de Poi. Tamén do mal que chove en Barcelona, do lugar de nacemento de galegos coñecidos e da maquenaria que estrearon para soar aínda mellor e seguir sendo o mellor puto podcast en galego do mundo. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
-
59
BCB 5x01 - A RiR con nós
Silvio e Alberte estrean tempada (e xa van cinco) EN GALICIA. Esta gravación en directo dende o Festival RiR de Allariz supón a primeira visita ó país do mellor p*** podcast en galego do mundo. A primeira de moitas... Din eles. Entre outros temas tolos, falan da ausencia de comedias no novo cinema galego, do balconing e pechan cun apaixoante xogo que enfronta a concelleiros de Democracia Ourensana con xogadores do Ourense. Está de volta o Bueno Carallo Bueno, a que agardas para darlle ó play.
-
58
BCB 4x15 - Fin de festa con Joel Díaz
Alberte e Silvio volven co mellor p*** podcast en galego do mundo ao Centro Galego de Barcelona, co obxectivo de pechar a tempada... pero desta vez fano acompañados. O convidado desta season final é o humorista e comunicador de orixe galega Joel Díaz, que incluso asiste ao programa acompañado da súa nai! Joel sométese a un exhaustivo test de galeguidade e descubre tamén a qué comarca pertence o concello de Abadín, do que é oriunda a súa familia materna. Moitas sorpresas nun final de tempada á altura das expectativas. Xa queda menos para a quinta tempada! En redes, coma sempre, en @carallobueno.
-
57
BCB 4x14 - Fuchicando coa IA
Alberte e Silvio ofrecen a penúltima entrega da tempada do mellor puto podcast en galego do mundo. Entre outras cousas escoitarás o máis riguroso análise das eleccións europeas. Falan tamén de comer pipas, da casa do porco e asistimos a unha nova demostración do talento de Alberte pra imitar. Ademais, estrean as primeiras propostas de himno do Bueno Carallo Bueno feitas pola intelixencia artificial. Todo por non traballar. En redes, @carallobueno
-
56
BCB 4x13 - Dous tartamodos
Alberte e Silvio perpetran un programa de inicio faltón pero non vos enganedes que conforme avanza aínda é peor. O cumpre guitano de Iria, a presenza de Silvio na final da Champions feminina, o ascenso do Depor e o concurso das europeas son algúns dos demasiados temas que forman parte deste episodio. Se hai xente comenzando a escoitar o podcast dende o capítulo un, como pode ser que non escoites ti o último? En redes, @carallobueno
-
55
BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb
Alberte e Silvio cometeron un erro bastante imperdoable: tomar un café antes de comezar este capítulo do Bueno Carallo Bueno. O Alberte máis hiperactivo enfróntase, de novo, a un concurso dos que xa son habituais no programa. Silvio conta as súas peripecias no baloncesto, tanto xogando como asistindo coma público. Capitulón. Estamos no Tiktok e no Youtube, que puxemos algo de orde. Coidao. En redes, @carallobueno
-
54
BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano
Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACA sobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano. Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da autoría de Alberte e de falar dos prezos dos pisos en Ourense. En redes, @carallobueno
-
53
BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona)
Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona. Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya. Contaron coa presenza de dous convidados (Suso Mon, de ERGAC, e Anxo Baranga, de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais! En redes, coma sempre, en @carallobueno.
-
52
BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente
Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2. Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá. En redes, en @carallobueno.
-
51
BCB 4x08 - A palla auditiva
Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións. Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo. En redes, en @carallobueno.
-
50
BCB 4x07 - Non me codere
Alberte e Silvio analizan, ao seu xeito, as eleccións galegas do 18 de febreiro e comentan o debate. Tamén falan de El Xokas, dos pais de Ana Pontón e dos premios Mestre Mateo. Dan resposta a unha pregunta universal: só unha afeitadora pra colloada e cara ou mellor ter dúas? Nota: o programa inclúe un ataque de risa inxustificado de más de medio minuto. AVISADOS QUEDADES. En redes, en @carallobueno.
-
49
BCB 4x06 - Chourizos de Cuba (Especial de Nadal)
Alberte e Silvio celebran un programa especial de Nadal a golpe de 16 de xaneiro. Moi do estilo deles. Falan de Cuba, Pachi Vázquez, pellets e dos regalos de Reis que os fan sentir aínda máis vellos. Un programa completiño, cinco semanas de ausencia ben o merecían. En redes, en @carallobueno.
-
48
BCB 4x05 - Papaloukas Antivacinas
Alberte e Silvio fan o programa máis tolo da tempada. Cheo de comparacións absurdas, metáforas innecesarias e moitísimos xogos de palabras, algo que só eles se poden permitir. Falan da campaña de vacinación da gripe, do xogo de loterías e a nova afición de Silvio por oficiar casorios. En redes, en @carallobueno.
-
47
BCB 4x04 - O derbi do apartheid
Alberte e Silvio regresan despois dun parón de mes e medio motivado por outra puta viaxe de Silvio ao cú de mundo (É A PRIMEIRA VEZ QUE ALBERTE ESCRIBE A DESCRICIÓN DO CAPÍTULO). Falan das eleccións arxentinas, dos audios e vídeos familiares e do terceiro aniversario do programa. Alberte é o mellor comunicador do mundo (ALBERTE, DEIXA O TECLADO XA). En redes, en @carallobueno.
-
46
BCB 4x03 - Filipinas
Alberte e Silvio adican un programa case monográfico a analizar o casorio do segundo, como non podía ser doutro xeito. Entón, por que leva de título 'Filipinas'? Escoitádeo, non me sexades LACAZÁNS. Incorporan un dos concursos de Silvio pra poñer a proba a ignorancia de Alberte, neste caso en ámbito xeográfico. En redes, en @carallobueno.
-
45
BCB 4x02 - Tocaron o timbre
Alberte e Silvio perpetran un dos episodios máis escatolóxicos da historia do Bueno Carallo Bueno. Que non vos asuste isto porque tamén tiveron tempo de falar de Nicolas Cage, da hostelería galega en Barcelona e da voda de Silvio. Comentaron tamén o saúdo personalizado que Maguila Mudança mandou ao "Canal Bueno" de "Portugal" e, pra rematar, desvelouse un dos proxectos máis ambiciosos do podcast Bueno Carallo Bueno - On Tour.
-
44
BCB 4x01 - Promoción 2032
Alberte e Silvio encetan a que será a cuarta tempada do mellor puto podcast en galego do mundo cun programa que o gran Arsenio Iglesias definiría coa mítica frase "mucho que decir, poco que contar". Aínda así, tocan temas como o inicio do curso escolar ou a súa ausencia de vacacións por mor de compromisos radiofónicos. Como estrela convidada volve aparecer o mediático tiktokeiro Maguila Mudança, o superheroe brasileiro. Todo isto e moito máis, no Bueno Carallo Bueno!
-
43
BCB 3x16 - India non marchamos
Último programa da terceira tempada do mellor p*** podcast en galego do mundo. Neste programa Alberte presenta o que será o seu proxecto para este verán, que contra todo pronóstico implica TRABALLAR! Silvio achegou as heroicidades do mítico MAGUILA MUDANÇA, un señor de Sao Paulo que levanta neveiras cunha man. Un crack. As vacacións de Silvio implican un país exótico, como as cancións do verán que repasan ao final do programa. Haberá cuarta temporada! En redes, coma sempre, en @carallobueno!
-
42
BCB 3x15 - Ponme dous escandinabos
Alberte e mais Silvio volven ao mellor p**** podcast en galego do mundo, para perpetrar o que será o penúltimo episodio da tempada. O pai de Silvio, Manolo, mándalle un audio en directo a Alberte... A súa reacción é ben divertida! Atopan tempo para comentar o caso Messi, a toma de posesión do novo alcalde de Xenebra, a nova película de animación preferida de Alberte ou a visita de Paco -o can de Alberte- ao veterinario. Moitos temas, moita leria, algo de cafeína e ganas de ir ao VÁTERE de don Alberte. Coma sempre, en redes en @carallobueno!
-
41
BCB 3x14 - O forniquete
Alberte e Silvio debullan o resultado do partido de pádel máis esperado do 2023. O certo é que o partido de pádel estivo a piques de non celebrarse, e esa historia marca o desenvolvemento do programa. Xa veredes, xa! Antes, iso si, teñen tempo de acuñar un novo tempo "o forniquete", falando das novas habilidades de galán de Alberte e dos problemas de saúde de Silvio. Un pouco de todo. Tamén teñen tempo de agradecer a "don Gervasio" o seu licor café e de falar do "fardel" do Manolo, o pai de Silvio. E en redes, en @carallobueno!
-
40
BCB 3x13 - O partido do século
A previa da GABALI CUP, a competición máis importante de pádel do mundo, marca este episodio do Bueno Carallo Bueno. O equipo dos 'Albertos' enfrontarase ao 'Falcón Team' no Gabali Cup Arena tamén coñecido como Pista Municipal La Verneda - Sant Martí de Provençals. Temos nivel, pero de momento temos que pagar pola pista, que lle imos facer. Mentres acaban de chegar as ofertas de patrocinio por parte de Isostar e Powerade, o amigo do programa Alberto da Sinda tróuxonos un obsequio de primeiro nivel: LICOR CAFÉ, o dóping da Gabalí Cup. Alberte e Silvio falan tamén dun misterioso político que coñeceu Silvio e dunha anécdota algo escabrosa que viviu Alberte nun velorio. Moita tela pra cortar! En redes, en @carallobueno!
-
39
BCB 3x12 - Perdeuse o bidé
O bidé xa non se usa tanto, e mira que ben podía ser unha solución contra a sequía. Ben, iso é o que pensan Alberte e Silvio neste programa do mellor puto podcast en galego do mundo. En plena resaca do Sant Jordi, onde Silvio asinou libros a multitudes, o mellor puto podcast en galego do mundo prepárase para un evento planetario. O partido de pádel máis esperado da vía láctea, a GABALÍ CUP, xa ten confirmadas as súas alineacións. Trrreeemendoo HYPEEE o que se respira! Silvio viaxou a Navarra e aproveito para contar en público un segredo de Alberte sobre San Fermín. Tremendo máquina. En redes, en @carallobueno!
-
38
BCB 3x11 - Dalai Drama
Silvio e Alberte encetan unha nova edición do podcast ás presas. Alberte non lembraba que tiña unha reunión de veciños en menos dunha hora. Silvio aproveita este espazo pra rajar da súa sogra todo o que lle da. Na exitosa sección 'Puto Pádel' conseguen algo histórico: poñer data pra o famoso partido da GABALÍ CUP. Volve o tío Pedro (a sintonía vaivos namorar!) e na parte final do programa coñeceredes un motivo que pode poñer en perigo a continuidade deste podcast. En redes, en @carallobueno!
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.
HOSTED BY
Bueno Carallo Bueno
CATEGORIES
Loading similar podcasts...