PODCAST · society
Burán
by Radio campUSCulturae
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
Episodes
-
Burán 036 (02-06-2022) - metaverso
Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo...
-
Buran 035 (12-05-2022) - reencontros
Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno…
more -
Buran 035 (05-03-2020)
Un novo espazo do programa Buran Podes escoitar este e outros programas na web: www.radiocampusculturae.org
-
Buran 034 (20-02-2020)
Un novo espazo de Buran Podes escoitar este e outros programas en: www.radiocampusculturae.org
-
Buran 033 (03-10-2019)
O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas.…
more -
Buran 032 (25-04-2019)
Compartindo piso. A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista…
more -
Buran 031 (04-04-2019)
"Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La...
-
Buran 030 (21-03-2019)
Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.
-
Buran 029 (07-02-2019)
Un novo espazo de Burán Podes escoitar este e outros programas en www.radiocampusculturae.org
-
Buran 028 (10-01-2018)
O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema....
-
Buran 027 (27-12-2018)
vixésimo séptimo programa dos cosmonautas do transbordador Buran
-
Buran 026 (13-12-2018)
En 1988, a Unión Sobiética lanza o espazo o primeiro transbordador Burán; Burán, que significa xistra, estaba chamado a ser unha das pezas máis importantes do programa espacial sobiético, pero a caída do muro de Berlín un ano despois, e a posterior disolución da URSS fan que o proxecto seña...
-
RCC - Buran 025 (29-11-2018)
Hoxe en Buran poñémonos un pouco máis serios do habitual para falar sobre o suicidio, perspectivas, medidas e filosóficas, pero tamén literarias e musicais...
-
Buran 024 (15-11-2018)
Existen os superheroes? Neste episodio achegámonos a figuras con biografías incríbeis ou altamente improbábeis. Estrelas do rock e da astrofísica, aviadores que pilotaron a sorte, señores que mapearon un país a cabalo e actrices que deseñaban o sen fíos mentres triunfaban en Hollywood. Escoitando...
-
Burán 023 (01-11-2018)
Que posibilidades hai de que deas con este capítulo de Burán por casualidade? Pois moitas máis das que parece, neste programa falamos de sincronicidades e de como a nosa mente constrúe fermosos edificios baseados en feitos illados. Cunha volta do destino de Bob Dylan, The Police, Ana Moura ou Os...
-
Buran 022 (18-10-2018)
As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas...
-
Buran 021 (04-10-2018)
O transbordador Buran recolle un novo autoestopista chamado Juan D. Díaz para repasar con el a historia da arquitectura desaparecida da capital galega. Rúas que se salgaban e tiñan que ser pechadas para sempre, furias demoledoras de alcaldes franquistas e outras formas de crear edificios…
more -
Buran 020 (20-09-2018)
Ao longo da historia varios grupos humanos tiveron a xenial idea de mesturar os seus proxectos políticos con posturas místico-relixiosas, algunhas veces aderezados tamén con drogas e complexos mesiánicos. Neste episodio analizamos os exemplos máis disparatados, descacharrantes e algúns dos máis...
-
Buran 019 (09-08-2018)
Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con…
more -
Buran 018 (26-07-2018)
Segunda parte do tema da loucura, nesta ocasión o seu pouso e os seus clichés no mundo da literatura, aínda que non só. Con Gnarls Barkley, Daniel Johnston e Sergio Mendes, ademais dos devaneos musicais dun capitán que volve das súas misións con estrés post-traumático e ao que recibimos con moito...
-
Buran 017 (24-05-2018)
A tripulación reflexiona sobre o pouso que a loucura deixou no cinema e outros eidos da cultura popular. Cun repaso ás grandes cancións sobre mentes e litio entre Nirvana, Placebo, Mallu Magalhaes e alDDao.
-
Buran 016 (03-05-2018)
Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado...
-
Buran 015 (12-04-2018)
Tras superar algúns problemas técnicos, a tripulación do Buran fai un percorrido pola historia dos plaxios. Un programa cargado de cancións (e as súas copias máis ou menos ilexítimas) que van de George Harrison a Jorge Ben e de aí a José Afonso. O primeiro programa non completamente orixinal de...
-
Burán 014 (22-02-2018)
Tras recoller un autoestopista galáctico-galaico, a tripulación aborda unha conversa con el sobre os videoxogos nas nosas vidas. A nostalxia que non sabías que tiñas das recreativas soviéticas, como convenciches aos teus pais de que a cousa molaba usando o Tetris e as memorias de gamers que todas...
-
Buran 013 (08-02-2018)
A tripulación esperta con lembranzas confusas e o resaibo de soños estraños. Así que dedicamos o programa a falar do mundo onírico, de Freud a Jung, ou de Paprika a Inception, sen esquecer o noso vello amigo Pedro Chosco. Na banda sonora, Caetano Veloso, Narf, o Enter Sandman de Metallica e as...
-
Burán 012 (25-01-2018)
Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos…
more -
Burán 011 (11-01-2018)
Criptocousas, a arte de ocultar mensaxes desde a antigüidade, a espías como Mata Hari, heroes de guerra como Alan Turing ou o seu emprego actual nas criptomoedas tan de moda nos últimos meses. Unha viaxe apaixonante co capitán de volta aos mandos da nave e onde pincharemos cousas fóra do común…
more -
Burán 010 (14-12-2017)
Pódese viaxar no tempo? E necesario un Delorean? E se viaxas no tempo e atropelas sen querer ao teu propio avó ou ao de Manu Chao? Destas e doutras cuestións tratamos neste programa: pastores que buscan ovellas perdidas, conspiracións contra Ramsés II, máquinas do tempo e utopías feitas…
more -
Burán 009 (23-11-2017)
No segundo Buran da temporada analizamos as nosas lendas urbanas favoritas. Músicos que nunca morreron, a nena da curva, o rei en moto, as fraudes que rodean a alimentación e a saude. Un programa que inclúe un bonus para poderte bañar sen acabar de facer a dixestión e onde Elvis Presley…
more -
Burán 008 (09-11-2017)
Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo).…
more -
Buran 007 (27-07-2017)
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa
-
Buran 006 (13-07-2017)
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa
-
Buran 005 (22-06-2017)
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
-
Buran 004 (08-06-2017)
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
-
Buran 003 (18-05-2017)
Hoxe en Burán falamos dos contos e das historias que provocaron diversos traumas na nosa psique infantil. Dende os reversos tenebrosos dos contos populares até as lecturas obrigatorias e a forma na que estragaron a nosa infancia e remataron cos nosos soños, levándonos a unha vida de perdición e...
-
Buran 002 (20-04-2017)
Houbo nazis na Galiza? Refuxiouse Hitler en Samos? Hoxe, dende a nave Burán, achegaremos datos e testemuñas sobre esta cuestión, cunha selección musical do máis axeitada e divertida (malia a temática).
-
Burán 001 (06-04-2017)
No Burán de hoxe a tripulación reflexiona sobre o mito do vampiro. Nel seguimos as pegadas do Drácula histórico por Romanía, as enfermidades que poden estar por detrás da lenda e, por suposto, a súa recreación literaria e o seu paso polo cinema. Ao mesmo tempo, algúns dos vampiros do mundo real...
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
HOSTED BY
Radio campUSCulturae
Loading similar podcasts...