Skip to content
Carretando podcast artwork

PODCAST · news

Carretando

by Carretando

O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Feb 1, 2026 · Source feed

Episodes

  1. 4x15 | A UE cara fóra: os desequilibrios para unha política exterior común

    Neste novo episodio de Carretando seguimos na procura de dar a coñecer como funcionan as institucións europeas. Como de costume, no eido supranacional, da man de Roi P. Vila e Marta Casais, abordamos os retos exteriores dunha UE con fortes discrepancias internas ante un mundo en conflito.

  2. 4x14 | Galicia na UE: Altri, accountabilty e política industrial comunitaria

    De cara as Eleccións Europeas do vindeiro 9 de xuño, desde Carretando queremos abordar o papel do noso país no contexto europeo. Farémolo a través dunha serie de podcast sobre casos cercanos e presentes na axenda pública galega da man de Roi P. Vila e Marta Casais. Neste primeiro episodio sobre...

  3. 4x13| O postelectoral de Carretando

    Este episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do…

    more
  4. 4x12| Eleccións galegas 18F: a análise final da campaña

    Neste último faladoiro de Carretando de cara ás eleccións máis abertas en 15 anos no noso país, pasan pola autocaravana do podcast as nosas presentadoras, Carmen del Río e Román Varela. Como invitadas, temos con nós a Lucas Álvarez, Thais Fernández, Candela Estévez e Alberto Estévez. Ademais,...

  5. 4x11| Eleccións galegas 18F: os debates protagonistas da campaña

    Seguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG. Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que…

    more
  6. 4X10|Eleccións galegas 18F: análise do comezo da campaña electoral

    En Carretando non perdemos de vista a cita do domingo 18 de febreiro e enchemos a nosa mesa de analistas e xornalistas para valorar como foi a precampaña e cales poden ser os principais temas da campañ. Con Lara Salgado (Radio Galicia SER), Ana G. Liste (Praza.gal), Roi P. Vila (consultor...

  7. 4x09| 18F: O preelectoral de Carretando

    No noveno episodio desta cuarta temporada, o equipo de Carretando debulla o escenario preelectoral de Galicia. Nomes propios, candidaturas e o estado dos diferentes actores e bloques políticos son motivo de debate entre o noso equipo. Ademais, ao remate da conversa os membros da autocaravana fan…

    more
  8. 4x08| Ana Pontón: A construción do sorriso no BNG

    A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón. Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa...

  9. 4X07| Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidente

    En plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda...

  10. 4X06| Reto demográfico: Galicia a dous ritmos

    Galicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento. O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun…

    more
  11. 4X05| Besteiro: Manual de resistencia á galega

    Mentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida...

  12. 4X04| Acordo de investidura: debuxando en Madrid a alternativa galega

    Para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno precisáronse acordos con oito partidos. O BNG foi unha desas forzas coas que o PSOE estableceu un pacto de investidura coa mirada centrada no país e cun claro sabor a precampaña. O xornalista Luís Pardo sube na nosa autocaravana para...

  13. 4X03| Mobilidade: na procura dun modelo que vertebre o país

    O xeito no que nos movemos polo territorio é un dos grandes temas do noso tempo e por iso en Carretando quixemos poñer a mirada en como o facemos os galegos e galegas. A mobilidade no noso país tivo sempre condicionantes como a dispersión territorial ou o desequilibrio demográfico, mais que...

  14. 4X02| Debate de política xeral: posta de longo para as autonómicas

    A pasada semana celebrouse no Parlamento de Galicia o debate do estado da autonomía no que se trataron os temas, os problemas e as propostas transversais para toda a sociedade galega. O seu interese radica en que foi o primeiro DEA de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, pero tamén o último...

  15. 4x01|Turismo: a vida máis aló do Camiño de Santiago

    O turismo é a primeira cuestión que imos abordar nesta tempada na que percorreremos os grandes temas para o noso país. Existe o turismo sustentable? Temos que reformular o modelo turístico actual da Xunta? Que hai máis alá do Camiño e do Xacobeo? Para dárlle resposta a estas preguntas contaremos...

  16. 4x00| Nova tempada, novo curso político

    A furgoneta de Carretando volve a percorrer os camiños do país na súa cuarta tempada. Desta volta, temos no horizonte o comezo do curso político en Galicia e as vindeiras eleccións autónomicas. Todos os membros de Carretando participamos no faladoiro deste primeiro episodio para debullar como se...

  17. 3x07|Pontevedra: A cidade con modelo, en disputa

    O equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de…

    more
  18. 3x06|Santiago: Bugallo a pola quinta e o resto na procura do compostelanismo

    Chegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en...

  19. 3x05|Lugo: Lara Méndez, Rubén Arroxo e a competición armoniosa

    Despois das vacacións de Semana Santa, o equipo de Carretando fai a súa seguinte parada ós pés da Muralla de Lugo. Debullamos o contexto electoral da cidade romana cara o 28M coa participación das xornalistas luguesas Jessica Fernández, de LugoXa, e David Lombao, de Praza.gal. Na sección final, o...

  20. 3x04|Vigo: Hai vida alén Abel Caballero?

    O noso último podcast fala de Vigo, de Abel Caballero e do que hai máis aló da súa figura! O que había antes del, o que pode haber no futuro e tamén as propostas que achegan os candidatxs do resto de formacións políticas. Un programa para traspasar as luces de Nadal e mirar a cidade máis grande…

    more
  21. 3x03|Ferrol: Ángel Mato, zombies ou meninas

    A terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un...

  22. 3x02|A Coruña: Inés Rey, coalición ou volta do PPdeG

    Na segunda viaxe da nosa autocaravana polos concellos galegos facemos unha parada na cidade da Coruña. Analizamos a política coruñesa da man de dous coñecidos xornalistas como Marta Otero, de la Opinión de A Coruña e Pablo Díaz, de Radio Coruña Cadena Ser. Ademáis, contamos cos candidatos do...

  23. 3x01|Ourense: Jácome ou o "glorioso" pasado

    Na primeira parada destas eleccións municipais, o equipo de Carretando desprázase a Ourense para abordar cos xornalistas de La Región, Brais Iglesias e Sergio Conde, o contexto pre-electoral da cidade. Ademais, contamos cos candidatos do PSdeG, PPdeG e BNG para explicar o seu proxecto para…

    more
  24. 3x00|O camiño cara o 28M

    Carretando volve ás estradas galegas coa súa terceira tempada. Os episodios que conforman esta nova viaxe falan da festa da política que vai acontecer o vindeiro 28 de maio en todos os concellos do país. Neste primeiro capítulo, a pouco máis de 100 días para as eleccións municipais, pintamos o...

  25. 2x08|Especial fin de tempada con Castañas no Verán

    No derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o...

  26. 2x07|A influencia de Galicia no PP

    Neste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na...

  27. 2x06|Un ano Carretando

    Neste novo episodio de Carretando estamos de celebración e quixemos repasar todo o que levamos vivido e o ollar o futuro. Os comezos, as dificultades, o bo, VÓS... O Carretando máis íntimo, nesta nova entrega do voso podcast galego favorito.

  28. 2x05|En Portugal pasou o que pasou

    Neste episodio especial de Carretando falamos sobre o resultado electoral das últimas eleccións portuguesas. A maioría absoluta de Costa e o Partido Socialista, o fracaso do Bloco de Esquerda e do Partido Comunista Portugués, o ascenso do Chega, a derrota do PSD... Para analizar todo isto temos...

  29. 2x04|Abel, máis alá das luces (Parte II)

    Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do...

  30. 2x03|Abel, máis alá das luces (Parte I)

    Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel...

  31. 2x02|O fútbol e a política

    Neste programa de Carretando tratamos de analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Falamos con Afonso Eiré, Paula Dapena e Alexandre Gesto. Ademais, tentamos averiguar como o modelo neoliberal converteu ó deporte rei nun negocio e moito máis nesta segunda entrega da temporada 2.

  32. 2x01|O dominio do Xacobeo

    Estreamos a nova tempada de Carretando falando sobre algo tan noso como é o Xacobeo. Reflexionamos sobre como nace e evoluciona o fenómeno do Xacobeo e se compensan os beneficios económicos fronte as consecuencias socioculturais. Alén de todo isto, os membros de Carretando expresamos o noso…

    more
  33. 1x03|Os concellos do cambio

    Nesta terceira entrega de Carretando, traemos unha conversa da man dos ex-alcades da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, na que reflexionamos sobre o éxito e derrubamento dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos...

  34. 1x02|A mocidade coma suxeito político

    Neste segundo episodio de Carretando falamos co deputado máis novo do parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Divulgamos sobre as novas formas de participación política e sobre a escasa importancia que a mocidade ten na comunicación política e nas...

  35. 1x01|A hexemonía do PP en Galicia

    Neste primeiro episodio de Carretando contamos coa estimada colaboración do politólogo e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, que nos amosa os inicios de AP e como se cimentou a súa hexemonía. Ademáis, na sección de divulgación politolóxica explicamos que é un sistema…

    more
  36. A nosa cabeceira!

    Proba #1 que inclúe a nosa cabeceira. O teu podcast sobre a política galega Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana #podgalego carretando.substack.com

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com

HOSTED BY

Carretando

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Carretando have?

Carretando currently has 36 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Carretando about?

O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com

How often does Carretando release new episodes?

Carretando has 36 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Carretando?

You can listen to Carretando on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Carretando?

Carretando is created and hosted by Carretando.
URL copied to clipboard!