Skip to content
Chirlo Merlo podcast artwork

PODCAST · education

Chirlo Merlo

by Chirlo Merlo

Música infantil relacionada con Chirlo Merlo, método para aprender a ler e escribir en galego.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed May 26, 2022 · Source feed

Episodes

  1. A becerriña perdida

    A becerriña de Marica e Manoliño leva trazas de querer andar o mundo, coma o burro Trotón. Aínda é moi noviña, mais intencións non lle faltan. Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto…

    more
  2. Lúa, linda lúa

    Marica, Manoliño e o burro Trotón están prendados da lúa. Toda a súa teima é chegar a ela. Desta vez, ao ver a lúa chea tan espléndida e fermosa, non puideron resistir a tentación, por máis que xa sabían que llelo impedirían.

  3. Raña que te raña... na mellor castaña

    Marica e Manoliño atoparon unha castaña xigante e tíñana agachada ao pé do castiñeiro, cuberta de follas. Queríanlla amosar aos seus amigos para despois plantala e coidar do castiñeiro que dela nacería. Facíalles ilusión ter un castiñeiro de todos, poñerlle un nome e telo para toda a vida coma un...

  4. Vaia esvarón, o do burro Trotón!

    A outra noite de lúa chea o burro Trotón espertou coa moita claridade e ergueuse para adestrar, pensando que era de día. Marica e Manoliño sentiron abaloucar nas portas e tamén se ergueron para ver o que pasaba. Tamén o moucho, que estaba a facer a súa voada nocturna, atopou ao burro Trotón...

  5. Chir, chir, Chirlo Merlo

    Marica, Manoliño e o burro Trotón andan moi interesados en coñecer a vida do Chirlo Merlo. Sempre andan vixiando por onde se move para poder observalo. Tamén lle preguntan á xente maior sobre a vida deste paxaro. Marica e Manoliño queren mandar cartas aos seus amigos da cidade e ás/aos…

    more
  6. Nas noites de lúa chea... hai aventuras na aldea

    Durante o día, hai moita actividade en Chirlo Merlo: uns traballan, outros enredan, outros cantan... Mais cando chega a noite, o que hai é moito sono. Tod@s acaban cansos cos quefaceres do día. Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada…

    more
  7. Chirlo Merlo pola aldea... o seu canto moito alegra.

    Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara os seus amigos, que os esperan emocionados. Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a…

    more
  8. Submarino, submarino

    Tamén aos xubilad@s de Chirlo Merlo lles gusta ir de excursión (bastante traballaron toda a súa vida!). Agora chegoulles o tempo de recrearse e ver o mundo que nunca viron. Desta vez participan nunha visita ao Museo de Tecnoloxía e todos fican asombrados de como cambiou o mundo desde que eles…

    more
  9. Chirlo Merlo vai voar

    A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir…

    more
  10. Chir, chir, chir

    Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.

  11. Merla, merliña

    Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño era un rapaz amante...

  12. Chirlo Merlo carteiro

    Para esta tempada, Chirlo Merlo propúxose un fantástico oficio: anda de carteiro por todas as escolas que teñan interese en facer correspondencia. A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega @s nen@s...

  13. Chirlo Merlo - Presentación primeira

    Primeira presentación de Chirlo Merlo, un paxaro moi vivo e alegre, con moitísimas amigas e amigos. Tan coñecido é que ao lugar onde vive xa lle chaman tamén Chirlo Merlo. O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso…

    more
  14. Canción de despedida

    Canción para despedir aos amigos e amigas que nos seguiron mentres viviamos as nosas aventuras polo mundo de Chirlo Merlo. Mais non esquezades que seguides invitados a seguir na nosa alegre compaña.

  15. A casa dos Cascabullas

    A Ceci e o Zuzo tiñan unhas aves moi especiais. O galo Quirico é moi estirado e parece que sabe de todo. A súa parella, a galiña Cacatuxa é unha remangada. Un día compraron na feira un galo moi pouco espilido ao que chamaron Quequefago e unha moi feble galiña á que chamaron Cocoliña. A Cila e o...

  16. O Gugoliño e os seus amigos

    Os nenos e nenas de Chirlo Merlo pasábano moi ben na súa aldea. Por nada do mundo quererían vivir noutro lugar. Sen embargo un día, na escola, decidiron que tiñan que coñecer outros lugares diferentes: as vilas mariñeiras, as cidades... Aquel verán, nada máis comezar as vacacións, colleron as...

  17. A familia Zapeta

    A nai Ceci e o pai Zuzo andan decote xeniudos cos seus fillos Cila e Zalo, porque só pensan en facerlles bribonadas a seus pais. Encántalles poñelos alporizados para despois facelos rir. Agora ben, as bromas ás veces son un pouco pesadas e os pais enfádanse máis da conta. O que máis chispa lle…

    more
  18. O Fufiño e a súa familia

    Na aldea de Chirlo Merlo perto da casa da Sabeliña, vive a familia Fufú: o pai Fufo, a nai Fufa e o fillo, o Fufiño. O Fufiño é un furafollas. Pasa o día facéndolle aduanadas ao ratiño por entre o millo. Agóchase entre as canas e o ratiño non o endelga. O ratiño, así, anda sempre escurruxido,...

  19. O susto de Marica e Manoliño

    Esta é a canción-conto do susto de Marica e Manoliño, que actúa como motivación musical para a presentación da letra "o". Marica e Manoliño saen á ventá cando oen o topetazo do burro Trotón contra o castiñeiro:

  20. O millo da Sabeliña

    A Sabeliña ten unha leira de millo preto da súa casa. Nesta leira dáse moi ben o millo, e á Sabeliña encántalle escoitar o asubío que fan as follas do millo ó abanear co vento. Pero estes días a Sabeliña anda algo inqueda porque sente ruxir algo extraño entre o millo. E o peor é que cada día...

  21. A Hipa dalle o hipo

    O Chucho segue coas súas falcatruadas e a de hoxe foi moi gorda. Mentres a Chola e a Chipa lle estaban dando de comer ás pitas, achegouse silandeiro e colgouse do cesto da Chipa. Queríalle meter un susto e... meteullo ben gordo porque coa forza que fixo tiroulle o cesto ao chan. Á Chipa colleuna...

  22. A Sabeliña e o lobo Ñañudo

    A Sabeliña fai moi boas migas con todos os animais do bosque. Un amigo moi especial é o lobo Ñañudo. O lobo Ñañudo é o máis velliño de todos os habitantes do bosque. Todos o respectan e é o animal máis sabio da aldea. O problema é que de tan velliño xa lle caeu toda a dentamia. Pásao fatal para…

    more
  23. A Chola, a Chipa e o Chucho

    Na casa da Chola e da Chipa teñen moitas galiñas. Tamén teñen un cadeliño chamado Chucho, que non pode parar de facer algunha estrucia. A de hoxe foi fresca: mentres elas lles botaban os grans ás pitas, o Chucho subiu ao tellado cun caldeiro de auga e zoupóullela mentres dicía: -Chove, chove! A...

  24. O Xulio, a Uxía e o Mixo

    Xulio é o curmán de Manoliño. É moi traballador. Pola semana pasa o tempo facendo xerras e xarróns de barro no taller que ten na casa e o venres vainos vender á feira da vila. Aquela semana había moitas festas nas aldeas da contorna e Xulio foille pedir prestado o burro a Manoliño para poder…

    more
  25. Manoliño vai de pastor

    Canción-conto de presentación das letras B e V: a Manoliño góstalle moito ir ao monte co seu gando. As vacas lévaas ao prado e pácenlle elas soas, non ten que coidalas. Pero as ovellas e o burro lévaos ao monte pacer e fai de pastor. Pero o burro Trotón non tén acougo e... Compositor: Fernando...

  26. A pallasa Susi

    Susi é unha pallasa que fai circo cos seus amigos: o oso, a osa, a raposa e o sapo. Cando lles fai este sinal: -Ssssss... todos saltan ao son do seu tambor. Susana axúdalle á Susi. Ela tamén quere ensinarlle á súa cadeliña, a Pitusa, unhas cantas monadas para levala a facer circo... Composición…

    more
  27. O xigante Dedolo

    Canción-conto de presentación da letra "d". O xigante Dedolo ten un dedo máxico: o dedo furabolos da man esquerda. É un dedo enorme, ninguén ten un dedo tan grande coma el. Por ter o dedo tan grande chámanlle así: Dedolo. Con ese dedo tan grande, Dedolo pode facer cousas marabillosas...…

    more
  28. Nomo e a banda de ananos

    No bosque de Chirlo Merlo viven uns ananos moi animados. Nomo é o máis vello. É un gran músico, e el é o que dirixe a banda. Todos os días ao amencer fan unha marcha para espertar os habitantes do bosque... Autoría e interpretación: Fernando Fernández Picos.

  29. Manoliño e o seu tractor

    Manoliño e o seu tractor tiñan asustados a todos os animaliños que vivían por aqueles lugares. Cando Manoliño pasaba... -Run, run, ruuuuuunnnnnnn... todos se agochaban nos seus recunchos ou fuxían a escape. Un día, Manoliño atopou un ratiño agochado na raíz dun castiñeiro, tremendo...

  30. O zapateiro Tito

    Canción-conto de presentación da letra "t". Tito é un zapateiro moi divertido: mentres traballa fai música petando. A súa zapatería parece unha orquestra. Sempre está chea de rapaces que o acompañan a cantar e tocar. Aquí todo vale para facer música. Calquera argallada convértese nun fabuloso...

  31. A elefanta Papú

    Conto de presentación da letra "p": no circo do pallaso Pipo vive a elefanta Papú. Como a súa trompa arrastraba moito, gustáballe ir con ela erguida: xogaba cos paxaros, coas nubes,... Un día quedoulle a trompa entalada no alto...

  32. Lola, Lolo e Amelia

    Canción-conto de presentación da letra "l": Lola é moi bailarina. Lola canta e baila, o seu irmán Lolo pasea montado na mula acompañado da cadeliña Lila. Cando se perdeu a becerriña, estes veciños quixeron axudar a atopala, pero tanto andaron que tamén se perderon e fíxoselles noite...

  33. A becerriña

    Canción-conto de presentación da letra "m": a becerriña xa está medrada e a mamá vaca pensa que debe ir ao monte xunto coas outras vacas. Pero á becerriña góstalle máis o teto da mamá... Compositor: Fernando Fernández Picos.

  34. O ratiño

    Canción-conto de presentación da letra "i": ao pé da árbore na que o moucho tiña o seu lar moraba tamén o ratiño. O rato saíu da árbore para dar un paseo pola eira, e nese momento bateu o burro co tronco, unha pola podre esgazou e foi caer xusto riba do seu rabo...

  35. O avó de Marica e Manoliño

    Canción-conto de presentación da letra "e": o avó de Marica e Manoliño non se decatou do lío que armou o burro Trotón porque non oe ben. Manoliño trata de contarllo, pero el non se decata... Compositor: Fernando Fernández Picos.

  36. O mouchiño

    Canción-conto na que se narra a historia de presentación da letra "u": na árbore na que foi bater o burro Trotón hai un niño de moucho onde vive unha familia. O mouchiño estaba descansando, cando sentíu un trompazo na árbore... Compositor: Fernando Fernández Picos.

  37. O burro Trotón

    Música de presentación da letra "a". Está baseada no conto do burro Trotón, inspirado á súa vez nun poema de Manuel María. Compositor: Fernando Fernández Picos.

  38. Chirlo Merlo - Presentación

    Música de presentación de Chirlo Merlo, método para aprender a ler e a escribir en galego. Compositor: Fernando Fernández Picos.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Música infantil relacionada con Chirlo Merlo, método para aprender a ler e escribir en galego.

HOSTED BY

Chirlo Merlo

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Chirlo Merlo have?

Chirlo Merlo currently has 38 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Chirlo Merlo about?

Música infantil relacionada con Chirlo Merlo, método para aprender a ler e escribir en galego.

How often does Chirlo Merlo release new episodes?

Chirlo Merlo has 38 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Chirlo Merlo?

You can listen to Chirlo Merlo on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Chirlo Merlo?

Chirlo Merlo is created and hosted by Chirlo Merlo.
URL copied to clipboard!