Skip to content
Cine Beta podcast artwork

PODCAST · tv

Cine Beta

by 3LOY

Actualidade cinematográfica, estreas e a relevancia destas na sociedade así como o contexto dos éxitos e fracasos no mundo da cultura contemporánea.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Apr 15, 2026 · Source feed

Episodes

  1. Cine Beta -Interlude-

    Tempo de novos comezos, esta é solo unha declaración de intencións pero tamén unha presentación e unha forma de lembrarme que esto aínda non rematou. Grazas por estar ahí coma sempre.

  2. Perdendo de Vista o Diesel

    Benvidos, xa vai de resto o verán e aferrámonos as pelis desta tempada de estío para construir lembranzas, unha tarde calquera de cine con amigos, un chiste que te fai máis graza do habitual, un anhelo de estar viaxando por Xapón ti tamén. Diso que tenta ensinarnos o bo de Brad Pitt nun deses...

  3. O Corazón por Bandeira

    Neses grandes navíos pirata, a bandeira representaba unha advertencia, a imaxe visíbel da túa embarcación, unha carta de presentación. Pero hai moito máis neste xogo de mitos e lendas, e o que precisamente fai esta serie "Our Flag Means Death" e deconstruilos, xogar coa masculinidade destes…

    more
  4. Unha Liña Temporal onde Sexa Puntual

    Benvidos! Imos trazar un percorrido pola traxectoria dunha das parellas máis divertidas e interesantes do cinema actual, os Daniels coa recente "Todo a la Vez en Todas Partes" da que comentaremos os seus temas principais e dando pé a falar do nihilismo e máis da representación das minorías na...

  5. The Batman con Gabriel

    Benvidos a este novo Cine Beta adicado ao gardián da noite, o cabaleiro escuro, o home morcego, o mellor detective do mundo, un superheróe sen poderes, o Batman. Por mor do seu novo filme teño unha conversa con alguén con gusto polo detalle e polas esceas de acción coma é Gabriel. Flaremos da...

  6. "Help"

    Sarah, como moitos, está na procura dun traballo. Mesmo na residencia puntualizan a sua falta de experiencia para optar un posto que a diferencia dos seus compañeiros dos centros de saúde non está valorado dabondo. O seu bo facer e empatía imponse pero semanas máis tarde os primeiros gromos...

  7. "Drive My Car"

    Con calma deixámonos levar por este traxecto que recolle dramas vitais, o perdón e o mirar cara adiante. Hamaguchi adapta a antoloxía de relatos de Murakami "Hombres Sin Mujeres" para facer un retrato de moitos personaxes na procura de facer a paz co seu pasado. Benvidos ao programa, tentaremos...

  8. O de Belfast

    Tomamos un viaxe temporal cara un dos períodos máis convulsos nas illas, anos de envexas e odio entre católicos e protestantes, uns a favor da unificación de Irlanda mentres que os outros a prol do Reino Unido. Mentres se producían as liortas, moita xente emigrou dende a capital de Irlanda do...

  9. Atrápame Se Podes, os anos pasan voando

    Con todo, eiquí está noso especial navideño, somos deses que aínda estamos a felicitar o ano, pois sí. E par isto ímonos a unha das nosas pelis de cabeceira, esta obra mestra de Spielberg coa que sentímonos tan reflexados. En fin, felicidades o director e para os fans, botadelle unha ollada a...

  10. O Mundo Vense Abaixo e a Xente Baila

    Permitidime suxerir un paso pola Varsovia do 42 para amosar que tanto nos rincóns menos amabeis resiste un movemento cultural e pensamento de cambio e empatía. Unha empatía que nace de contar unha historia, nosa historia, a de tantos xudeos recluídos nun gueto e que aínda perdura intacta neste...

  11. ¿Quen dixo que non debamos?

    O programa de hoxe vai de sente que non é consciente que ten moito por gañar e pensa que ten moito que perder, falamos de Chile que en media dun clima estrano de eleccións nos da pé para mirar cara os 80s onde no país íase a por fin a o réxime militar, do plebiscito e da campaña polo No fala…

    more
  12. ¿Cómo Rodar unha Curta en 48 Horas?

    Vamos a seguir uns pasos para ser quen de ter unha curta a fume de carozo, xusto coma os rapaces cos que contamos no programa de hoxe. Yuri e Álvaro contan a sua experiencia no festival de cine de Vedra, as duas visións artísticas e cómo tomar parte nestas iniciativas. Sede benvidos!

  13. París Despois de París

    Benvidos a Ennui, este París imaxinario onde se publica unha revista semanal imaxinaria que homenaxea a grandes firmas do periodismo así como a revista New Yorker. Xunto con Francia, dúas grandes obsesións para Wes Anderson que na Crónica Francesa fai un retrato da Francia contemporánea a través…

    more
  14. SOS Benedetta

    ¿Somos quen de xulgar qué esta ben e qué está mal ou ben estamos so meténdonos na vida das demais? As veces falabaratos, as veces incrédulos, creemos que a nosa opinión e a que conta, construimos en todo en base o que nos teñen dito pero e se as veces parámonos a reformular as cousas. Hoxe…

    more
  15. Locke e o de pasar o día na estrada

    Asomamos a cabeziña pola fiestra, seguides ahí? O estío non sempre é bo amigo dos prazos e sempre se perde de vista o reloxo mais se confiades Cine Beta sempre voltará. E aquí estamos falando de quedarnos retidos en medio da estrada e privándonos dun xeado no chiringuito e mesmo de adentrarse…

    more
  16. Unha peli para San Xoán

    ¿Qué terá este filme para que os espectadores o atopen tan agradable e blandiño? Estamos convidados para deixarnos levar nesta historia romántica de época que fala do arte, o qué se necesita para crealo, as conexións humanas e de atopar o teu lugar no mundo. "El Retrato de una Mujer en Llamas" de...

  17. Un Episodio Tranquilo

    Vamos a falar de "Un Lugar Tranquilo" ou "A Quiet Place" o filme de xénero de John Krasinski que atópase nestes momentos en cines coa sua segunda entrega. Para este programa falaremos da película inicial do 2018. De qué trata, os seus temas e interpretacións. E de que como a ficción nos serve…

    more
  18. O dos Oscars

    Neste episodio comentaremos brevemente sobre as nominadas e premiadas na última gala dos premios Oscars, que xa leva 93 edicións. Dende onde ver os filmes ata os temas que tratan, paralelismos e tendencias. Deixando un oco para as tradicionais opinións sobre a gala. Benvidos!

  19. O de Eurovisión

    Comezamos falando de Fire Saga e das historias de tantas bandas que persiguen seus soños no festival de Eurovisión como podemos ver neste homenaxe en forma de película ao festival da canción. Continuaremos comentando este certame e a sua relevancia para nós ata chegar a facer case que un tratado…

    more
  20. Pasaxeiros ao Tren

    Hoxe contamos coa presenza de Óscar para tentar manter alexados aos demos do estudo, unha tregua nesta desputa sen parangón onde nos de para falar do fenómeno de Demon Slayer ou Kimetsu No Yaiba tanto no Xapón coma no mundo. A simboloxía e os valores que transmite e máis comentaremos a recente...

  21. Pertencémoslle as illas

    Hoxe comentamos unha das novas xoias do Novo Cinema Galego, a recente galardoada polos Mestre Mateo, "Ons" de Alfonso Zarauza. A súa relación coa natureza e o tolos que nos volve as illas, tan independentes e abafantes ao mesmo tempo. Noutra illa, en Sálvora acontece a noso segundo filme "A Illa...

  22. Que non estamos tan mal

    ¿Qué tal estades? Volta Cine Beta para reflexionar sobre a nosa saúde mental que no estase a chuchar esta situación. Grazas ao Brain Film Fest lembramos que non somos os únicos e debemos de ver ao noso carón e a importancia dos coidados. Facemos un paneo polos meus destacados do seu programa e...

  23. Descubrindo España

    Hoxe falamos dunha película documental que traza un retrato de nós, a nosa sociedade, o noso pasado do que podemos aprender e dos nosos dereitos. El Año del Descubrimiento promete vir para quedarse, dende unha rexión as veces esquecida pero sempre guerrilleira, Cartaxena, vemos como se vive a...

  24. Girls Just Want To Have Fun

    Neste episodio falamos de "Las Niñas", ópera prima da directora Pilar Palomero, e que ten moitos ingredientes para facernos lembrar. Dende esas películas que nos puñan na escola amosando a ensinanza nas escolas da España da transición, o contraste coa ensinanza relixiosa, os coros e as…

    more
  25. Mary and Max, esperando fronte ao buzón

    Voltamos as ondas cunha xoia da animación, a película Mary and Max (2009), obra dun mestre da animación stopmotion como Adam Elliot e presente na retrospectiva que lle fan nunha nova edición do festival Animac. Con voces coma as de Philip Seymour Hoffman, Toni Collete ou Eric Bana, esta cinta...

  26. Wind River e a neve

    As veces esquecemos que aínda nun pequeno porcentaxe unha das comunidades na inmensidade dos estados unidos son os nativos americanos, con todo o peso histórico detrás e co progresivo abandono a suas necesidades e problemas. Cunha promesa dende a sua xuventude Taylor Sheridan presenta Wind River...

  27. "Soul" e un paso adiante

    Para pechar o ano comentamos unha das experiencias para un espectador como é a de unha nova de Pixar, avanzando neste camiño tan emocional que sa emprendera con "Del Revés" e agora con "Soul" plantexa de novo temas preto da metafísica, a morte, a nosa personalidade e a forma na que vivimos pero…

    more
  28. Métodos de espionaxe

    Benvidos, esta semana detémonos no cine de espías da man de quen mellor o contou, John Le Carré, o escritor británico ensinoulle a lectores durante anos o que non vemos nas desputas internacionais, os servizos de intelixencia e o papel que teñen a hora de xogar coa información. Sua obra peina…

    more
  29. Mank by Fincher

    Levabamos anos sen falar de Fincher coma director, con "Mank" recupera un proxecto moi persoal, guión d seu pai Jack, sobre a California dos anos 30, nuns anos nos que se estaba a xestar "Ciudadano Kane", vemos por dentro o poder das altas esferas, cómo funcionaban as compañías de cine e os...

  30. ¿De qué planeta viniste?

    Auxe e caída dun mito, a vida de Maradona semellou un deses mitos das historias que o que lles mantiña preto da terra eran seus erros. A humanidade extraordinaria dun personaxe que tropeza nas mesmas pedras do noso camiño. Do arxentino escribiuse moito e ben, a súa vida semella ficción e de feito...

  31. noVembro

    Lembren, lembren o 5 de Novembro. Conspiración, pólvora e Cine Beta por qué non... nesta semana falamos sobre V de Vendetta, a película de 2006, pero tamén da sua orixe nos cómics de Moore e mais Lloyd así como a sua inspiración na figura de Guy Fawkes, os paralelismos entre a realidade e a...

  32. Noite no Overlook

    Se so está dispoñible a habitación 217/237 pensaríao dúas veces. Aínda que me gustaría falar co diseño de interiores. No programa desta semana a protagonista é "The Shining" a película de Kubrick, un referente cando falamos de cine de medo, ademais dunha historia que espertou diferentes teorías…

    more
  33. O doutor Caligari e as chemineas oblicuas

    Chegar a centena merece recoñecemento e máis se un se conserva tan ben coma "O Gabinete del Doctor Caligari" de Robert Wiene, unha das primeiras cintas de terror psicolóxico. Axeitada para estas datas e homenaxeada no recente Festival de Sitges "o cine non sería igual sen ela". Vamos a ver qué a...

  34. ¿Qué pasa con Woody Allen?

    Noso protagonista desta semana e este particular director, cómico e polifacético artista. Ven de estrear nova cinta en San Sebastián, cinta por ano dende fai décadas. Sen embargo esta non chegou aos Estados Unidos, en medio de declaracións de actores renegando de teren traballado con él e coas…

    more
  35. Train to Sitges

    Os últimos anos podemos destacar unha maior atención cara o cine asiático por parte de festivais e público. En Corea atopamos unha das maiores industrias, ano tras ano colocan cintas no mellor da tempada. Un gran exemplo e voltando a vista ao 2016 onde se presentaba un fenómeno Train to Busan ,...

  36. Pinocho as andadas

    Voltamos a facer un percorrido a través de obras senlleiras na hstoria do cine e da cultura popular, Pinocho, o conto italiano é noso protagonista, dende as historias seriadas que publicou Collodi ata a adaptación de Disney. Dende ese relato escuro e crítico coa sociedade ata un dos hitos da...

  37. Emmys de pixama e mantita, natureza tola e onde está Malick?

    Dende as casas acontecen os Emmy, os telemáticos, os de pixama e mantita. Ala fóra atopamos o que pode chegar a ser a natureza e aínda non teñen caído meteoros coma en "Greenland". Mentres que seguimos agardando por esas xolliñas de Malick que se perderon co paso dos anos. Sede benvidos.

  38. Fantástico Viggo Mortensen en San Sebastián

    Coa nova edición do Festival de Cine Zinemaldia en San Sebastián, detémonos na figura do polifacético actor Viggo Mortensen, premio Donostia pola súa traxectoria e que ven presentar a súa nova película, esta vez coma director e guionista ademáis da actuación. Lémbrome dunha das miñas favoritas,...

  39. A Mostra, o festival máis antigo nunha cidade de conto

    Botamos unha ollada a Italia, onde se celebra o festival de cine máis lonxevo e precursor de moitos outros. Setembro cos seus aires de despedida do verán e desexos de dar a benvida a novidades como as novas cintas da tempada de premios. É isto ben sendo así dende unha etapa máis politizada ata...

  40. Movemento Black Panther, afrofuturismo e o referente Chadwick Boseman

    Semana convulsa nos estados unidos, un novo episodio de violencia policial é unha triste noticia, a da perda do actor Chadwick Boseman, que tivo unha efímera e peculiar traxectoria, loitando por descubrirnos grandes personalidades dentro da comunidade negra. O seu papel mais destacado foi o de...

  41. O soños de Nolan II, o Snyder Cut e o Piccolini Cuscino

    Xa chegou Tenet aos cines e estamos abraiados coa sua proposta, trataremos de comentar por qué é tan importante nestes momentos, pechando polo momento (ou non) este ciclo adicado a Nolan. A outra estrea da semana Os Novos Mutantes lévanos a falar de retrasos e o que se coce entre bastidores para...

  42. O soños de Nolan

    Parecía unha utopía que chegase Tenet este verán, ao menos se nos refirimos as salas pero non había outra opción e é que este Nolan é moi cabezón. E de isto de soñar sabe un rato, non é a primeira vez que nos ten fascinado cunha das súas historias, referida aos soños, falamos de "Orixe" da que se...

  43. O partido das estrelas, de cando Michael coñeceu a Bugs

    Son o único que encontra xogar a NBA no campus habilitado en Disney World unha fantasía? Veremos a Mickey ou Pluto entrar no último cuarto para xogarse un último tiro coma se fose NBA Jam. Ata chegar ao 2020 o mais parecido en achegar cultura pop e as ligas deportivas mais pouplares foi Space…

    more
  44. Estrelas que o vento se levou

    Hai veces que a inspiración tamén a leva o vento, e hai veces que temos que seguir adiante aínda que sintamos frustración, cando non atopas as palabras ou sintes que falta algo. Gústame nese momento ver tomas falsas e como toleran actores moi importantes o erro, a frustración é algo natural…

    more
  45. Cine Beta Strikes Again

    Dende a comodidade do noso sofá disfrútanse moito os Podcasts, escoitalos digo. Tivemos moitas semanas para atender algún que tiñamos pendente así como desfrutar de novos descubrimentos pero nalgún momento tiñamos que voltar a radio digo eu :) Temos carteleira, ao menos o que se está a mover…

    more
  46. Xuntarse para recordaren o porqué somos especiais, 8M, o novo de Pixar e máis

    Todos necesitamos un espazo onde ser nos mesmos, atopar a algúen con que estar en confianza. As veces isto é unha morea de xente, como nas recentes manifestacións axudanche a ver a realidade ou como nosas tres protagonistas que relixiosamente saen a camiñar e falar da suas vidas en "Especiais". A...

  47. Especiais, non todos somos iguais (Fdo. Disney)

    Volve Guy Ritchie e xa non sabemos que esperar, o seu "legado" vai máis alá da pantalla, podemos botarlle un ollo ao desfile de entroido deste ano por exemplo. Por outro lado temos unha búsqueda de inocencia no mundo da xustiza nos Estados Unidos, unha longa loita máis aínda cando pesa outras...

  48. Viaxes, encontrarse a un mesmo ou fuxir dun mesmo?

    O tema común son as viaxes, dende ser espectadores de primeira fila dun conflicto vencellado a un país como Colombia que despertou conciencias os últimos anos, a viaxes para encontrarse a un mesmo xunto coa túa mascota ou a fuxida cara diante dos problemas que che rodean e asfixian. De feito é…

    more
  49. O furacán Parásitos e un ourizo cacho

    A radiografía logo da entrega dos premios Oscars, o final da tempada e o que deu de si así como a relevancia da emocionante consecución co galardón para aprimerira cinta extranxeira en gañar en mais de 90 anos. Ademais a carteleira e mais cousas.

  50. De producir e entreter

    A protagonista desta semana é Margot Robbie con dúas cintas en carteleira. Dela falamos, seus inicios , decisións e a importancia de producir na industria actual.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Actualidade cinematográfica, estreas e a relevancia destas na sociedade así como o contexto dos éxitos e fracasos no mundo da cultura contemporánea.

HOSTED BY

3LOY

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Cine Beta have?

Cine Beta currently has 55 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Cine Beta about?

Actualidade cinematográfica, estreas e a relevancia destas na sociedade así como o contexto dos éxitos e fracasos no mundo da cultura contemporánea.

How often does Cine Beta release new episodes?

Cine Beta has 55 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Cine Beta?

You can listen to Cine Beta on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Cine Beta?

Cine Beta is created and hosted by 3LOY.
URL copied to clipboard!