Episodes
-
C'mmons baby! #91 (15.º aniversario)
Saúdos e benvindes a emisión especial, 15.º aniversario de C'mmons baby! Como mudaron os tempos nestes quince anos, eh? Ben, como sempre dixen acá, Cb! naceu o día dos defuntos e naceu xa morrido, por iso nunca vai morrer de todo, é un podcast non-morto e hoxe resucita, por un día máis, como o...
-
C'mmons baby! #090 (grande finale)
Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que...
-
C'mmons baby! #89 (fillas da loba)
Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal. Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20'')....
-
C'mmons baby! #88 (arregueifadas)
Regueifar regueifarei, loguiño de comezar, temos hoxe no C'mmons baby! hiphopiño, un verso e tamén rap. Un xénero pouco tocado no programa do que ía sendo tempo xa de botar unha picada.(duración: 23'33''). baixar .mp3 / baixar .ogg Projeto Manada. Um por todos (LP Urbanidades, 2008 / Compilation...
-
C'mmons baby! #87 (afrancesadas)
Como ovos batidos até homoxeneizar clara e xema, e pasados despois pola tixola, así andamos... afrancesando a música (duración: 17'23''). baixar .mp3 / baixar .ogg Rachel Baz. J'aime toi (LP Ramenez-moi, 207) Half Asleep. (une histoire d’)Astronautes-marîns-pêcheurs (LP Subtitles For The Silent...
-
C'mmons baby! #86 (meter a zoca)
Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37''). baixar mp3 / baixar ogg Nouvelle...
-
C'mmons baby! #85 (sete anos, sete faixas)
Celebramos o sétimo cabodano con demora e o anuncio de nova época e formato. Comentamos tamén o resultado da enquisa que lanzamos días atrás e obramos o que consideramos mellor (para ter máis ou menos contentos a todos). Estreamos nova sección: As faixas do faiado, recuperando aos The Dots....
-
C'mmons baby! #84 (non somos reis)
Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior. Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15''). baixar mp3 / baixar ogg Las Buenas Noches....
-
C'mmons baby! #83 (unha voda e case un funeral)
Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57''). baixar mp3 / baixar ogg Kine Hjeldnes. Cracks (Elude, EP 2014)...
-
C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)
Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración…
more -
C'mmons baby! #81 (capitalismalo)
Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13"). baixar mp3 / baixar ogg Das Kapital. Demoler (Grecia, LP) William J. Le Petomane. You don't treat me right...
-
C'mmons baby! #80 (liberado)
Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45"). baixar mp3 / baixar ogg New…
more -
C'mmons baby! #79 (secuestro no LAV13)
Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica,...
-
C'mmons baby! #78
Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no…
more -
C'mmons baby! #77
Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai...
-
C'mmons baby! #76
Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da...
-
C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)
Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na...
-
C'mmons baby! #74 (extra de verán)
Pechamos a triloxía sobre a "crisi" da apocalipse económica cun extra de verán para coller novos folgos e enfrontarnos ao futuro con xiria. Facemos un repaso a algunhas das cousas máis típicas do verán: os mosquitos, as cañas, o tinto de verano e os romances, o turismo e os jodechinchos.…
more -
C'mmons baby! #73
Con tanta política de recortes imos de cabeza cara o precipicio da miseria, e no horizonte nada máis se ve un deserto ermo, mais estrelado. (duración: 19'28") Baixar o mp3 TV Girl. Misery (The Wild, The Innocent, The TV Shuffle, LP) Arma X. Campeones (Fundación Robo, LP colectivo) Camarada Nimoy....
-
C'mmons baby! #72
Amiguiños, imos para o carallo, isto vai do malo para o pior, estamos no bordo do precipicio, é a fin que agoiraban os maias... E como chegamos a isto? pola cobiza enferma e a propia existencia do diñeiro. Isto só se amaña cunha revolta. Mais non vos preocupar, todo ha volver ao de antes e todos...
-
C'mmons baby!#71
Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29"). Baixar o mp3 Thee Brandy Hips. Ice...
-
C'mmons baby!#70
Pasou tanto tempo que non sei se aínda haberá alguén aí, agardando. A escolma desta emisión estaba pensada para os días de frío de princípios de ano. Agora vai sol, calor e as raiolas de sol entran brillando radiantes pola fiestra dos nosos estudios en Oslo (duración: 14'04"). baixar .mp3 /…
more -
C'mmons baby!#69
Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59"). Baixar o mp3 El sueño de la casa propia. Yor frend TV Girl. Baby you were there (Benny and the Jetts, EP) Bangor. Anónimo (Lembrarás este cuarto?)...
-
C'mmons baby!#68
Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13") Baixar o mp3...
-
C'mmons baby! #67
Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30"). Baixar o mp3 Mombojó. Passarinho colorido (Amigo do tempo, LP) Birds are indie. Snooker and…
more
About this show
C'mmons baby! é un podcast sobre músicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga.(CC + copyleft + free downloadable) music podcast
Hosted by
ictioscopio
Categories