PODCAST · news
Día a Día
by Radio Municipal de Tui
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
-
1000
Ent. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asociación Aloia - Semana Cultural de San Miguel 2026
Teatro, playbacks, música e gastronomía forman parte da Semana Cultural de San Miguel que este venres comeza en Pazos de Reis organizada pola Asociación Cultural Aloia. Eva Pazo e Miguel Enríquez, da asociación Aloia, deron conta da programación prevista tanto esta fin de semana coma a próxima. Tamén falamos con Stephy Llaryora que actuará este domingo.
-
999
Ent. Rubén López, director Conservatorio de Tui | Inicio curso escolar
210 alumnos e alumnas realizarán estudos musicais no Conservatorio e na Escola de Música de Tui neste curso escolar 2026-27. Este luns comezaron as clases no centro. Do inicio do curso falamos co director do Conservatorio, Rubén López.
-
998
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil de Galicia Suroeste - Espazos Efémeros 2026
O edificio da praza da Inmaculada en Tui acollerá do 9 ao 12 de outubro Espazos Efémeros. É unha iniciativa de Galicia Suroeste, en colaboración co Concello de Tui, que busca dar a coñecer iniciativas vinculadas ao territorio coa presentación e venda de produtos e servizos. A inscrición está aberta até o 24 deste mes en galiciasuroeste.gal. Coñecemos todos os detalles con Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil, técnica de Galicia Suroeste.
-
997
Noticias 13.30 h | Martes, 15 de setembro de 2026
En Noticias 13.30 h recollemos as principais novas deste martes, 15 de setembro: - A contratación da “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui” é o punto a tratar esta tarde no pleno extraordinario do Concello de Tui - Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, fai balance dos proxectos executados e das obras en marcha - O próximo luns comeza en Tui un curso gratuíto de Atención Sociosanitaria - Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe hoxe - O Cineclub Tui proxecta hoxe "Eo" en dobre sesión ás 18.30 h e ñas 20.45 h - O piloto tudense Saúl Vaz participarán en dúas semanas no Campionato de España
-
996
Ent. Adrián Besada, organizador | SIBE 2026: Territorios sonoros
A xornada “SIBE 2026: Territorios sonoros: identidad, poder e resistencia, que organiza a Sociedade de Etnomusicoloxía” celebrarase o 5 e 6 de decembro en Tomiño e Cerveira. Hoxe coñecemos que é este evento e como se vai desenvolver con Adrián Besada, organizador do mesmo. As propostas poden enviarse até o 1 de outubro. Toda a información en sibetrans.com
-
995
Espazo Comercio |Campaña "Remata as vacacións cun sorriso"
Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe no día de hoxe. Teñen xa distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o martes 29 na nosa sintonía. Así nolo contou Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
-
994
Raíces e vangarda | Carpaccio de figos
Hoxe inauguramos unha nova temporada da sección Raíces e vangarda, onde o chef Judicael Romero trae receitas tradicionais e de raíz con toques modernos. Ademais de aportar consellos e trucos para optimizar tempos na cociña e conseguir un plato de restauración. Este luns cociñamos carpaccio de figos.
-
993
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación setembro
Oito son as proxeccións que durante este mes de setembro teñen programadas dende o Cineclub Tui. Dúas xa se celebraron nesta primeira semana, e agora haberá citas os martes 15, 22 e 29; os venres 18 e 25; e o xoves 17. Coñecemos os detalles con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
-
992
Ent. David Gómez-Casasnovas, director IES San Paio | Inicio Curso Escolar 2026-27
583 alumnos e alumnas ten o IES San Paio este curso, cunha pequena baixada con respecto ao ano pasado. Así o confirmaba David Gómez-Casasnovas, director do centro. Destacaba as novidade deste ano, sobre o control do uso no dispositivos electrónicos ou un novo sistema de puntos.
-
991
Ent. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres | Inicio curso escolar 2026/27
O curso está xa tamén en marcha no Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que conta neste momento con 4 aulas en Areas, Baldráns, Pexegueiro e Ribadelouro. Como novidade está a implantación da aula matinal e aula tardíos, grazas á implicación das familias, para facilitar a conciliación. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres, fixaba como obxectivo poder seguir crecendo en alumnado.
-
990
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Ana Forneiro, homenaxeada | Acto cívico do Alivio
O Concello de Tomiño homenaxea este ano no acto cívico das Festas do Alivio a Ana Isabel Forneiro González, matrona do Centro de Saúde de Tomiño desde 1986 que acompañou durante catro décadas a varias xeracións de mulleres e familias do municipio. Será nun acto mañá sábado ás 21 h na praza do Seixo. Hoxe conversamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa homenaxeada, sobre este acto e a súa historia.
-
989
Ent. María Urrutia, instrutora de taichí | Curso no Centro Sociocomunitario de Tui
A partir do mes de outubro o Centro Sociocomunitario de Tui vai acoller un curso de taichí, impartido pola instrutora María Urrutia. Será os luns ás 18 h e o prezo son 20 euros por mes. As prazas son limitadas, e é necesario inscribirse no propio centro. María Urrutia detallou hoxe cales son algúns dos beneficios desta arte marcial, e que necesitamos para poder practicalo.
-
988
Ent. Dani Méndez, de Vórtice Dance | Clases de baile moderno no Liceo Casino de Tui
Este mes de setembro comeza o curso de Baile Moderno no Liceo Casino de Tui. Unhas clases impartidas por Dani Méndez, de Vórtice Dance. El deu conta hoxe da información necesaria para inscribirnos neste curso, así como o balance do pasado ano. Contounos que comezarán a competir a nivel galego.
-
987
Ent. Esteban Areses, farmacéutico
Dende 1850 a familia Areses Vidal leva unida á Farmacia. Este ano, Esteban Areses tomou a decisión de emprender un novo rumbo e vender o seu establecemento en Tui. Hoxe coñecemos con el a historia desta farmacia e os novos comezos que se abren agora na súa vida.
-
986
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director IES Indalecio Pérez | Inicio Curso Escolar 2026-27
O IES Indalecio Pérez Tizón estea este curso unha nova FP Básica de Auxiliares de Comercio. O centro conta este ano con arredor de 400 alumnos e alumnas entre ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este ano centraranse no benestar emocional dos alumnado como liña de traballo e seguir mellorando os resultados académicos e a formación cívica, tal e coma indicou o seu director, Fernando Pérez-Lozao.
-
985
Ent. Eduardo Rodríguez, profesor da Escola de Música do Conservatorio de Tui | Xornada de portas abertas
Mañá venres ás 17 haberá unha xornada de portas abertas en Iniciación á Música no Conservatorio de Tui. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas con idades entre os 5 e 6 anos. É unha actividade de balde na que aprenderán música a través do xogo, o baile e o canto. Un dos profesores que guiarán a xornada é Eduardo Rodríguez, quen deu hoxe os detalles da mesma.
-
984
Ent. Silvia Rodríguez, directora do CEIP de Caldelas | Inicio curso escolar 2026/27
O CEIP de Caldelas rexistra este curso récord de alumnado con 117 matrículas en Infantil e Primaria. Este ano traballarán sobre o Bosque Autóctono, entre outros proxectos. Así nolo contou a súa directora Silvia Rodríguez.
-
983
Ent. Paulo Vaz, presidente do Hoquei Clube Valença | 12º Torneo de Hóckey Eurocidade
400 deportistas participan esta fin de semana, dende mañá venres até o domingo, no 12º Torneo de Hóckey Eurocidade Tui-Valença, que organiza o Hoquei Clube Valença. Serán 14 os equipos participantes, 10 portugueses e 4 españois. Así nolo contou o presidente do club organizador, Paulo Vaz.
-
982
Ent. Verónica Martín, directora do CEIP Pazos de Reis | Especial Volta ao cole 2026-27
O CEIP Pazos de Reis inicia o novo curso con 124 alumnos e alumnas. Do inicio do curso falamos coa súa directora, Verónica Martín, quen destacou que o obxectivo é "crear un lugar seguro para toda a comunidade educativa".
-
981
Ent. Paula Lima, directora do CEIP de Guillarei | Especial Volta ao cole 2026-27
91 alumnos e alumnas estudarán este curso no CEIP de Guillarei. A súa directora Paula Lima deu a benvida ás clases na nosa sintonía e explicou as novidades deste curso no centro.
-
980
Ent. Carmen López, directora do CEIP Nº2 | Especial Volta ao cole 2026-27
O CEIP Nº2 de Tui contará este curso con 300 alumnos e alumnas. Coñecemos este inicio de curso coa súa directora Carmen López.
-
979
Ent. Sandra González, directora CEIP Randufe | Especial Volta ao cole 2026-27
O curso escolar 20256/27 comeza no CEIP de Randufe con 120 alumnos e alumnas. Sandra González, directora deste centro educativa explicaba como se inicia este novo curso.
-
978
Ent. Nerea Castro, directora CEIP de Rebordáns | Especial Volta ao cole 2026-27
O CEIP de Rebordáns contará este curso escolar 2026/27 con 99 alumnos e alumnas, mantendo a cifra do ano pasado. A súa directora Nerea Castro, explicou como se presenta este inicio de curso.
-
977
Ent. Nuria Garabal, directora CEIP Nº1 | Especial Volta ao cole 2026-27
O CEIP Nº1 de Tui contará este curso con 188 alumnos e alumnas. Coñecemos este inicio de curso coa súa directora Nuria Garabal.
-
976
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade | Inicio do curso escolar 2026/27
Hoxe, mércores 9 de setembro, comeza o novo curso escolar, en Tui con máis de 2.100 alumnos e alumnas. Abordamos este inicio coa concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente. Deu conta das obras realizadas durante o periodo estival, e tamén os desexos dun bo curso escolar. Refereiuse tamén á situación do CEIP de Pazos de Reis.
-
975
Ent. Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades | Curso de Atención Sociosanitaria
Do 21 de setembro ao 4 de novembro vaise impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego do concello de Tui en Guillarei un curso de “Atención Sociosanitaria no domilicio”. Celebrarase de luns a xoves e 16.30 a 20.30 h, cun total de 150 horas lectivas das que 100 será teóricas e 50 de prácticas en empresa. O curso promovido pola empresa Idades coa colaboración do Concello de Tui. O curso vai dirixido a todas as persoas interesadas tanto mulleres coma homes. Poden inscribirse enviando un correo a [email protected] ou a [email protected], ou no teléfono 986 85 49 96. As prazas son limitadas. Así nolo contaron Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades.
-
974
Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui
Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos... Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS. Así nolo contou hoxe María Lamas, de Dequip Tui, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
-
973
Ent. Elena Espinosa, da EOI en Tui | Matrícula da Escola Oficial de Idiomas
A Escola Oficial de Idiomas ten aberto o prazo de inscrición até o 18 deste mes. En Tui, no instituto Indalecio Pérez Tizón, pódese estudar inglés, portugués, alemán e francés. Hoxe coñecemos máis desta sección con Elena Espinosa, a súa xefa de estudos.
-
972
Ent. Suso Vila, doutor en Historia da Arte - Conferencia na programación do Setembro Xudeu 2026
Suso Vila, doutor en Historia da Arte, ofrecerá hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingos unha conferencia dentro da programación do Setembro Xudeu. Será baixo o título "Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño". Con el falamos esta mañá desta conferencia, dos datos concretos de Tui, e da igrexa de San Domingos.
-
971
Ent.Rubén Morais do Judo Club Tudense - Inicio da temporada 2026/27
O Judo Club Tudense iniciará a nova temporada 2026/2027 a partir do próximo luns 14 de setembro. O club realizará as clases os luns e mércores dende os 4 anos, en distintos grupos en función da idade. Os venres tamén haberá os adestramentos para os adultos. Tamén darán a coñecer esta práctica deportiva en distintos centros educativos tudenses neste inicio do curso. Así nolo contou Rubén Morais do Judo Club Tudense.
-
970
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato de España de Radiocontrol térmico
Este sábado e domingo celébrase en Tui o Campionato de España de Radiocontrol térmico organizado pola Real Federación Española e Galega de Motonáutica, por oitavo ano en Tui. O tudense Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM, deu os detalles de participación, os horarios, e o espectacular das probas que se poderán ver dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Participan pilotos de toda España. Tamén se referiu a escola de pilotos, na que está o tudense Alberto Estévez.
-
969
Ent. Manuel Villaverde, remeiro tudense do Club Remo do Miño | Campionato do Mundo Masters
Oito deportistas do Club Remo do Miño participan dende o 9 ao 13 de setembro no Campionato Mundial de Remo masters, en Eslovenia. Un deles é o remeiro tudense Manuel Villaverde, que competirá en diferentes modalidades, tal e coma hoxe explicou na Radio Municipal de Tui.
-
968
Ent. Eloy Carrera, Erik, Nerea, Alba e Pablo | Creación da Banda Infantil
A Banda de Música Popular de Tui vai contar tamén cunha Banda Infantil, que se sumará á Banda Xuvenil que comezou a súa actividade hai tres anos. Hoxe Eloy Carrera, director da Banda, explicou os obxectivos da Banda Infantil dirixida ás persoas que levan un ou dous co instrumento. Amais coñecemos a experiencia dalgúns dos músicos destas agrupación Erik que toca o saxofón, Nerea o clarinete, Alba a frauta traveseira, e Pablo o trombón.
-
967
Ent. Manel Loureiro, escritor | Presentación Antes de que todo cambie.
“Antes de que todo cambie” é a última novela do escritor Manel Loureiro, que vai presentar hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O autor explicaba hoxe na nosa sintonía que Tui sempre lle da sorte na súa carreira literaria, e falounos do seu libro, da historia, e do encontro cos lectores, como o que vai ter lugar esta tarde. O evento está organizado pola Libraría Espazo Lector Nobel de Tui, en colaboración coa Biblioteca Municipal. A entrada é libre.
-
966
Ent. Fito Pereira, presidente, e Thiago Rodríguez, do Motoclub Randufe | X Supercross Cidade de Tui
O Complexo Off Road de Rebordáns acolle este sábado a décima edición do Supercross Cidade de Tui, que organiza o Motoclub Randufe. Será unha xornada na que participarán pilotos profesionales e de todas as idades. O tudense Thiago Rodríguez competirá na categoría Élite. Así nolo contou hoxe, con Fito Pereira, presidente do Motoclub Randufe.
-
965
Ent. Martín Crusat, de Adega do Vimbio | Campaña Parte de ti
Adega do Vimbio é un dos proxectos seleccionados por Galicia Suroeste Eu Rural na campaña Parte de Ti 2026. Hoxe coñecemos estas adegas con Martín Crusat, quen nos contou a orixe familiar desta aventura e os viños que elaboran.
-
964
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio; e Rafael S. Bargiela, historiador | Setembro Xudeu
Comezou xa o Setembro Xudeu, con trece actividades que ao longo deste mes achegarán á tudenses e visitantes a historia e o legado xudeu en Tui. Hoxe profundamos nesta iniciativa, no fío condutor deste ano e nas citas desta primeira semana con Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio; e Rafael Sánchez Bargiela, historiador.
-
963
Ent. Uxía Hermida, humorista | Monólogo na Semana Cultural de Randufe
Hoxe xoves ás 21.30 h a humorista tudense Uxía Hermida ofrece un monólogo de comedia na Casa Cultural de Randufe, dentro de Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza. Uxía Hermida avanzou hoxe a temática do seu espectáculo.
-
962
Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Volta ao colexio
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia incide na volta ás clases na necesidade de que o sistema educativo ensine ao alumnado a utilizar a tecnoloxía “con criterio, autonomía e pensamento crítico”. Nolo explicaba Fernando Suárez, presidente do Colexio, quen profundou tamén na convivencia coa Intelixencia Artificial.
-
961
Ent. Suso Vila, historiador | Presentación libro Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo
O historiador Suso Vila presenta mañá xoves en Tebra o seu libro "Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo", unha obra editada polo Concello de Tomiño. A presentación será ás 21.30 h na praza de Santa María de Tebra. Hoxe conversamos co historiador, quen avanzou que neste libro hai moitas historias e nomes de mulleres que foron esenciais na protección da fortaleza.
-
960
Espazo Comercio | El Armario Curvy
El Armario Curvy estende a súa temporada de rebaixas até o 15 de setembro, con liquidación ao 50%. Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos os detalles destes descontos con Quina González, de El Armario Curvy.
-
959
Ent. Rafa Cid, Carlos Carrera e Xurxo Estévez | O río que nos move
En 1985 cinco mozos do Baixo Miño emprenderon unha aventura: descender o río Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos. Percorreron os seus 317 kms, e agora, 40 anos despois, a exposición "O río que nos move" é testemuña desta aventura. A mostra inaugúrase en Tui este mércores día 2 ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións, onde tamén haberá un coloquio. Así nolo contaron hoxe tres daqueles mozos, Rafa Cid, Carlos Carrera e Xurxo Estévez
-
958
Ent. Eloy Carrera, da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Curso de pilates e de pandeireta e canto popular
A Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, organiza dous cursos que comezarán o próximo mes de setembro: un curso de pilates e outro de pandeireta e canto popular. Para ambos están abertas aínda as inscricións, no teléfono 886 29 28 51 ou na páxina web da Banda de Música Popular de Tui. Deunos hoxe a información o director da Escola, Eloy Carrera.
-
957
Ent. Sabela Vázquez, do A.D. Carballal | Final Copa Galicia feminina
A tudense Sabela Vázquez compite este domingo co A.D. Carballal na final da Copa Galicia de balonmán 2026, nun partido no que se enfrontarán ao Helvetia Saeplast Cañiza ás 11 h no pavillón Gustavo Rodríguez. Case 10 anos despois volve ao pavillón no que comezou a xogar nunha final que, segundo explicaba hoxe, é moi especial.
-
956
Ent. Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán | Copa e Supercopa Galicia
O balonmán de élite dáse cita este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui, coa celebración das finais da Copa e Supercopa de Galicia. Serán catro os encontros que durante toda a xornada poderán vivirse na cidade, e hoxe o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, destacaba que esta será a competición máis importante do balonmán galego. Avanzou amais que a próxima semana celébrase no IFEVI, entre outros eventos, a Supercopa Ibérica Masculina. Un dos equipos que participan é o Bidasoa Irún, e en Tui poderemos desfrutar dun dos seus adestramentos no pavillón Gustavo Rodríguez.
-
955
Ent. Gerardo Giráldez e Bibi Vila, da Comisión de Festas | Porco ó espeto e Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe
Mañá sábado ás 20 h celébrase a I Festa do Porco ó Espeto no adro da Guía, en Randufe, organizada pola Comisión de Festas 2026. Con esta cita ábrense dúas semanas con actividades, até chegar ao 7 de setembro, coa celebración das Festas na honra á Virxe da Guía. Hoxe déronnos os detalles desta festividade Gerardo Giráldez, vicepresidente, e Bibi Vila, secretaria, da Comisión de Festas.
-
954
Ent. José Fernández e César Pérez, membros da Comisión de Festas | Festa da Virxe da Rocha en Caldelas
Deporte, música, actos relixiosos e gastronomía forman parte da programación das festas na honra á Virxe da Rocha que dende mañá sábado e até o martes se celebran en Caldelas. Así nolo contaron hoxe José Fernández e César Pérez, membros da comisión de festas.
-
953
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas | Festas da Virxe Peregrina, en Estás
A tradicional danza da Virxe Peregrina, con máis de 300 anos de historia, é un dos momentos singulares da programación das festas na honra á Virxe Peregrina, que esta fin de semana se celebran en Estás, Tomiño, O presidente da Comisión de Festas, Esteban González, explicounos como esa esa danza que se acompaña cun vals, e detallou todo o programa.
-
952
Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño | Festa do Viño do Condado do Tea 2026
Salvaterra prepárase para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea coa participación de 29 adegas. Dende mañá venres e até o domingo desenvolverase un amplo programa de actividades, tal e coma explicaba a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.
-
951
Ent. Maya Moledo, do Helvetia Saeplast Cañiza; e Pablo Gándara, do Bueu Atlético Balonmán | Copa Galicia
A fase final da Copa Galicia de balonmán xógase este domingo 30 no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Maya Moledo, xogadora tudense, participa nesta final co Helvetia Saeplast Cañiza, e enfrontarase ao A.D. Carballal o domingo ás 11 h. O tamén tudense Pablo Gándara competirá nesa final co seu equipo, Bueu Atlético Balonmán, contra o Teucro Lintel, ás 13 h. Conversamos con eles sobre as perspectivas de cara a estas finais.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
HOSTED BY
Radio Municipal de Tui
CATEGORIES
Loading similar podcasts...