PODCAST · music
Entrevistas de Cheghar e Encher
by CheghareEncher
Nesta sociedade onde nos saturan con música de usar e tirar, onde parece que soamente existe aquilo que nos queiran vender e semella que en castelán e inglés as cousas molan máis, “Cheghar e Encher” busca darlle un espazo aos nosos grupos; aos da casa. Rock, ska, punk, pop, moderno, improvisación, underground, indie, trap, indefinido... sempre en Galiza. Sexas do estilo que sexas, sen importar ideoloxía, idade, sexo ou se pensas que a Terra é plana, en “Cheghar e Encher” tes un oco para a túa música. Escríbenos por esta rede social ou no correo “[email protected]” e cóntanos a túa historia, que música feita en Galiza queres escoitar ou se queres dedicarlle algunha canción galega alguén. De luns a xoves soará música feita na nosa terra e os venres contaremos con protagonistas especiais. Sintonízanos en SiRadio na sección de Vigo e área metropolitana ás 20.00 horas.Escoitámonos e sede felices!
Episodes
-
Entrevista a Mundo Prestigio en Cheghar e Encher
Fernando Areal, de Mundo Prestigio, adiántanos como é o novo EP do grupo de hip-hop instrumental, "Los Vengadores" e tamén nos fala da creacións dos videoclips do grupo, entre outras moitas curiosidades.
-
Entrevista a Dous en Cheghar e Encher
Fernando Abreu, clarientes, e Pablo Carrera, guitarras forman "Dous". Un dúo de músicas do mundo no que prima a improvisación.
-
Entrevista á Rebeliom do Inframundo en Cheghar e Encher
Nervo, Frank e Malvares cóntannos curiosidades da creación dalgúns temas de "Ilegal", anécodotas dos seus directos e moitas outras cousiñas.
-
Entrevista a Pauliña en Cheghar e Encher
A artista Pauliña cóntanos en primicia como será o seu novo disco "A Malfalada" e adiántanos anécdotas da creación así como tamén un dos temas do album: Seica estamos tolas. A primeira canción que soa é "Orghullosa de ser muller".
-
Entrevista á organización do Festival Taiña en Cheghar e Encher
Parta da Asociación Taiña de Goián achegáronse ao noso estudo para presentarnos o Festival Taiña, que terá lugar o 22 de febreiro e contará coas actuacións de Liska, Jolof Warrior and The Green Hood Band, Boyanka Kostova, Kojoba and The Kiwi Roots Band e Sapoconcho Sem Poncho.
-
Entrevista a Xesús Iglesias en Cheghar e Encher
Xesús Iglesia, compositor ponteareán, fálanos das súas recentes obras e da súa técnica á hora de compoñer.
-
Entrevista a Suricar en Cheghar e Encher
Alba Nogueira e Maite González apreséntanos Suricar, un proxecto de guitarra e voz cunhas grandes letras que prometen ser una gran revelación cando consigan sacar o seu album.
-
Entrevista a Alberto Busto dos Arrhythmia en Cheghar e Encher
Alberto Busto, un dos membros dos Arrhythmia fálanos do crowfundig que o grupo precisa para o seu novo disco.
-
Entrevista a Tanxugueiras en Cheghar e Encher
Olia Maneiro, Sabela Maneiro e Aída Tarrío forman Tanxugueiras, grupo revolucionario de folk galego. A súa espontaneidade deixaraivos abraiados mentres nos falan do seu novo cd, Contrapunto
-
Entrevista a Jasper de Nao en Cheghar e Encher
O cantante princial do grupo Nao,Jasper, concédenos unha entrevista a poucos días do concerto final da banda.
-
Entrevista a Presumido en Cheghar e Encher
Este dúo de electropop sibarita nos fala do lanzamento do seu LP "Cuatro Estaciones" e da súa valente historia de como tiveron que empeñar os seus instrumentos e pedir axuda aos seus fans para poder construir este pedazo de proxecto
-
Entrevista a Ganjack y Eddie Marko en Cheghar e Encher
Estes dous rapaces das Neves fálannos do seu single "Pa que aprendan" e adiántanos algúns detalles do seus futuros proxectos.
-
Entrevista a Margarida Mariño en Cheghar e Encher
A violonchelista, Margarida Mariño, fálanos do seu proxecto solista de celo e loops.
-
Entrevista a The Turre's Band en Cheghar e Encher
Os delincuentes máis queridos de Galiza cheghan aos micros de Cheghar e Encher para falarnos da súa celebración dos 18 anos!
-
Entrevista a Skandalo GZ en Cheghar e Encher
Algúns dos membros de Skandalo GZ achéganse ao noso estudo para falarnos do seu final de xira e o algunhas cousas máis!
-
Entrevista a Igloo en Cheghar e Encher
Xa podedes escoitar as entrevistas de Cheghar e Encher! Nesta ocasión entrevistamos de maneira moi cosmopolita aos esquimales de Igloo!
-
Entrevista a SonDaRúa en Cheghar e Encher
Xa podedes escoitar as entrevistas de Cheghar e Encher! Estreaba o programa o proxecto de Hugo GZ, Alex Arnoso e Thart Bass DJ: SonDaRúa.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Nesta sociedade onde nos saturan con música de usar e tirar, onde parece que soamente existe aquilo que nos queiran vender e semella que en castelán e inglés as cousas molan máis, “Cheghar e Encher” busca darlle un espazo aos nosos grupos; aos da casa. Rock, ska, punk, pop, moderno, improvisación, underground, indie, trap, indefinido... sempre en Galiza. Sexas do estilo que sexas, sen importar ideoloxía, idade, sexo ou se pensas que a Terra é plana, en “Cheghar e Encher” tes un oco para a túa música. Escríbenos por esta rede social ou no correo “[email protected]” e cóntanos a túa historia, que música feita en Galiza queres escoitar ou se queres dedicarlle algunha canción galega alguén. De luns a xoves soará música feita na nosa terra e os venres contaremos con protagonistas especiais. Sintonízanos en SiRadio na sección de Vigo e área metropolitana ás 20.00 horas.Escoitámonos e sede felices!
HOSTED BY
CheghareEncher
CATEGORIES
Loading similar podcasts...