Skip to content
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal podcast artwork

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

by Radio Valladares

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

From the show's RSS feed, refreshed Mar 4, 2025. Source feed.

Subscribe Bookmark

Episodes

  1. Do 9 ao 13 novembro de 2026

    #resumoesperta vai de historias nos libros. As que se comparten no clube de lectura do centro veciñal. E mais as que serven de inspiración para crear outras novas. O metro literario da Neira Vilas, deu pé ó mapa coas historias de Coia. Algunhas das esculturas que sairon de 'Arte no queimado'...

  2. Do 2 ao 6 novembro de 2026

    #resumoesperta Cociñar con landras, free tours en Porto e botar a partida ó dominó na sobremesa.

  3. #resumoesperta Do 26 ao 30 outubro de 2026

    #resumoesperta Hoxe, que é Día de Muertos en México e Día dos Fieles Difuntos na tradición católica, recuperamos o paseo polos lugares de enterramento. Das mámoas aos panteóns modernos.

  4. #resumoesperta Do 19 ao 23 outubro de 2026

    #resumoesperta Subirse a un campanario para tocar as campás! Os toques tradicionais ou un concerto contemporáneo en Segovia. E ademáis, anécdotas de facer o inventario das que hai por Galicia adiante.

  5. #resumoesperta Do 12 ao 16 outubro de 2026

    #resumoesperta Popurrí de historias. As maquetas de avións de guerra coas que fedella Ivo. A Senda do Lor, na que anda maquinando Pintos. Se non os coñecedes, escoitádeos na 106.1FM ás 10am.

  6. #resumoesperta Do 5 ao 9 outubro de 2026

    #resumoesperta Mergullámonos no mundo das baleas con Álex Aguilar e o seu libro sobre a industria baleeira, que ten case mil anos de historia. Saberemos dun pecio, que ía á caza das baleas e afundiu en Canadá. E, ilustración científica con Alfredo López, director do CEMMA

  7. #resumoesperta Do 28 setembro ao 2 outubro de 2026

    #resumoesperta Drink&Draw, quedadas para debuxar nun bar. Mulleres que fan maxia, unha viaxe por elas ó longo da historia. E teatro afeccionado, o circuito da FEGATEA no auditorio de Valladares as findes de outubro.

  8. #resumoesperta Do 21 ao 25 setembro de 2026

    #resumoesperta O mundo das raias na ría, o mundo das camelias e o seu aceite (coas sementes) e o mundo dos sustos (coas andainas terroríficas). Tres mundos nun só programa!

  9. Do 14 ao 18 setembro de 2026

    Neste #resumoesperta escoitades algún dos grupos que pasaron a finde polo Revoltallo, a Stoned at Pompeii. E tamén a xente que vai xogar á petanca no campo da Bouza en Coia.

  10. Do 7 ao 11 setembro de 2026

    Esta mañá escoitaredes no #resumoesperta a historia de dous cementerios centenarios e irmandados. O de Matamá e o das Campeiras, nas Pontes de García Rodríguez. Entre as historias curiosas, a dos cartos que chegaron para a súa construcción dende a emigración, Arxentina e Cuba. Ademáis, a historia...

  11. Do 31 agosto ó 4 setembro do 2026

    #resumoesperta Hai unha semana andavamos no torreiro agardando ás carrozas. Hoxe, deja vú da sesión vermú. Por certo, mañá é a baixada dos santos! Fin de festa, de novo!

  12. Do 24ao 28 agosto de 2026

    #espertaresumo co que nos contaron na semana os de Montes de Vigo e Couso, ademáis da competición dos barcos dragón no embalse de Trasona.

  13. Luns 24/08/2026

    Hoxe, mentres a xente está no alto da parroquia celebrando a romería do Alba, no #resumoesperta imos á parte máis baixa da parroquia, ó Carregal, para voltar escoitar á traida de augas da zona.

  14. Do 10 ao 14 agosto de 2026

    #resumoesperta. Os gustos musicais punk-rock dunha familia friki da música, que aproveitou o verán para visitar a radio.

  15. Do 3 ao 7 agosto de 2026

    #resumoesperta. A aventura de construir unha canoa cos amigos e lanzarse a navegar o Miño. Imos coñecer este torrente de auga e as súas historias dende a orixe, na morrena dun antigo glaciar, o Pedregal de Irimia, ata a desembocadura na Guarda. https://orioquenosmove.gal/

  16. Do 27 ao 31 xullo de 2026

    #resumoesperta a ‘Historia dos canteiros galegos entre 1850 e 1925’. Unha época gloriosa na que coinciden os cartos que chegan da emigración a América e o nacemento das escolas de artes e oficios.

  17. Do 20 ao 24 xullo 2026

    No #resumoesperta imos recordar a visita ó gabinete científico no Museo do Mar e a conversa coa tripulación de fonda dun barco.

  18. Do 6 ao 10 xullo de 2026

    Comezamos a semana rescatando unha conversa que nos gustou. O fenómeno micro local das rondallas e o traballo antropolóxico de Diego Pérez, abanderado na de Bembrive.

  19. Do 29 xuño ao 3 xullo 2026

    No #resumoesperta escoitamos o ciclo 'Verbenas na Caridade' e a poda en altura de árbores senlleiras, que se transforman en marabillas como mesas, táboas de cortar… Ademáis un 'making of' polos pasillos da escola da banda durante a semana do saxo en Valladares.

  20. Do 22 ao 26 de xuño 2026

    No #resumoesperta recuperamos a conversa cos latinos e ucranianos en galego & castelán. E o paseo pola biblio do MARCO.

  21. Do 15 ao 19 xuño 2026

    Boa xente esta do fútbol gaélico! Viñeron ata o 'tenderete' un do Turonia e outro do Keltoi, ambos na selección galega. A ver se no mundial lles tocan outros países no mesmo cupo, que xa levan moitos xogando cos galos. No more franceses ;) Ademáis, luceríos varios.

  22. Do 8 ao 12 xuño de 2026

    Os luns traemos un #EspertaValladares flashback. Resumimos a semana que acaba de pasar co que foi contando a prensa local sobre a parroquia e as entrevistas mais interesantes que fixemos nós. Hoxe: o paseo nocturno polos montes de Valladares & teatro en inglés para os cativos.

  23. Do 20 ao 24 outubro de 2025

    Neste #resumoesperta unha homenaxe as abuelas galegas e a terriña a través da historia vital do músico Nando Vilariño. E conversa sobre os sapoconchos das Gándaras de Budiño, unha das especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas.

  24. Do 13 ao 17 outubro de 2025

    Neste #resumoesperta conversa con Bilal Traoré, senegalego… agora en Pontevedra.

  25. Do 6 ao 10 outubro de 2025

    Robots, pan e videoxogos… así vai o #resumoesperta

  26. Do 29 setembro ao 3 outubro de 2025

    Recordamos no #resumoesperta a historia das piscinas olímpicas na cidade e mais das municipais. E escoitamos algún conto de vellas da zona.

  27. Do 22 ao 26 setembro de 2025

    #resumoesperta Déjà vu das conversas do vernes á tardiña no De catro a catro: as lesións dos músicos e mais os fungos na illa dos baobabs.

  28. Do 15 ao 19 setembro do 2025

    De entre as conversas da semana, escollemos para o #resumoesperta a da rosa narcea e a das linguas e a literatura.

  29. Do 8 ao 12 setembro do 2025

    Baixando os santos pasámolo tan ben, que ides volver escoitar o ambiente na casa das novenas, a sobremesa cos músicos, a caminata…

  30. Do 1 ao 5 setembro do 2025

    Para este resumiño do Esperta quedamos por Nigrán, visitando Curtidos Efrén e coñecendo como vai ser a pista de surf skate de Patos.

  31. Do 26 ao 29 agosto do 2025

    As festas da parroquia son ‘lo más’... e hai quen volve a casa por elas. Como Fina, que viu contar parte da súa historia de vida.

  32. Do 18 ao 22 agosto de 2025

    Un chisquirritín de contos e de cine inmersos na natureza… No #resumoesperta os contos da bibliocicleta de Anxo Moure que viaxa por Galicia adiante. E MU2, o cine mudo musicado na Fundación Sales esta semana que entra.

  33. Do 11 ao 14 agosto de 2025

    Unha atleta, unha xuíz e unha adestradora e psicóloga… parece que imos contar un chiste, pero non. É o #resumoesperta falando de atletismo por Vigo.

  34. Do 4 ao 8 agosto de 2025

    Neste #resumoesperta subimos ata o balcón do Louriña, en Herville. Este ano tamén será fin de etapa en 'La Vuelta', o 9 de setembro.

  35. Do 28 xullo ao 1 agosto de 2025

    Para o primeiro #resumoEsperta de agosto… ide ata o Museo do Mar mirar a exposición dos vikingos!

  36. Do 21 ao 24 de xullo

    Moi de teatro este #resumoesperta. Conversa Doro sobre Castelao e ‘Os vellos non deben namorarse.

  37. Do 14 ao 18 de xullo

    Vámonos de paseo polo parque de Castrelos neste #resumoesperta. Un espazo que leva 100 anos connosco, un xardín botánico pero tamén o escenario do día a día da cidade.

  38. Do 7 ó 11 de xullo 2025

    Un paseo polo cemiterio civil de Pereiró, o Xardín da Memoria Histórica, para este #resumoesperta

  39. Do 30 xuño ó 4 xullo 2025

    Neste primeiro #resumoesperta de xullo un plan ao fresco: a exposición “Impresións de Castelao en Vigo”, que podemos visitar na pinacoteca Fernández del Riego.

  40. Do 23 ó 27 xuño 2025

    Neste #resumoesperta paseamos polo xardín de Remixio, un dos escultores da parroquia.

  41. Do 16 ó 20 de xuño 2025

    Para este #resumoesperta recuperamos a conversa con Suso Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro.

  42. Do 9 ó 13 xuño de 2025

    Saiunos un #resumoesperta viaxeiro. Ata a escoliña de Niegue, en Senegal, marchamos con Marcos Barreira, profe no IES Valadares. E nun curruncho de Reikiavik vive o poeta de Cangas Elías Knörr, que caiu alí para aprender italiano.

  43. Do 2 ó 6 xuño de 2025

    Dúas propostas ás que 'acoplarvos' este domingo. Camiñar pola mañá o tramiño da senda biosaudable arredor do Cunqueiro, no tramo final do trail solidario pola N-120, que uniu o hospital de Ourense co de Vigo. E á tardiña achegarvos ó Teatro Principal de Pontevedra, que comezan os 'Sete Falares'....

  44. Do 26 ao 30 maio 2025

    Para o #resumoesperta desta semana rescatamos as conversas deportivas. A proposta para formar parte do voluntariado no Mundial de Triatlón en Pontevedra e o torneo de rugbi-praia que organizan o 5 de xullo en praia América os Melgachos.

  45. Do 19 ao 23 maio 2025

    Neste #resumoesperta paseo, moi ben acompañadas, pola exposición que fixeron na EMAO repasando a historia de ‘Las Joyas de la Raspa’

  46. Do 12 ao 16 maio 2025

    Neste fin de semana das Letras Galegas seguimos con música. A da Orquesta Clásica de Vigo, que cumpriu 40 anos, e a de Son de Seu. #resumoesperta

  47. Do 5 ao 9 maio 2025

    #resumoesperta. Como vai o proceso de expropiacións da ampliación do PTL? Conversa coa plataforma de afectados.

  48. Do 28 ó 30 abril 2025

    Veña que vai... terceiro intento para a Red Conecta #resumoesperta

  49. Do 21 ao 25 abril 2025

    He aquí o #resumoesperta desta semana: os reporteros dicharacheros do IES Valadares.

  50. Do 7 ó 11 abril 2025

    Mariñeiro este #resumoesperta. Sobre golfiños falamos coa xente da Asociación BDRI no Grove. E paseo polo Morrazo... en Bueu coa Illa dos Ratos.

About this show

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Hosted by

Radio Valladares

Categories

Frequently asked questions

How many episodes does ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal have?

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal has 70 episodes on PodParley. The most recent episode was published on November 13, 2026.

What is ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal about?

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

How often does ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal release new episodes?

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal publishes monthly, based on its 70 episodes since August 2022.

Who hosts ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal?

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal is created and hosted by Radio Valladares.
Link copied