Fóra de Mapa podcast artwork

PODCAST · history

Fóra de Mapa

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Jun 13, 2026 · Source feed

  1. 86

    #Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como illas pode determinar quen controla centos de miles de quilómetros cadrados de océano Atlántico e máis os seus recursos.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  2. 85

    De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI

    O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas

  3. 84

    #49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación

    O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano. Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos 30 o maltés acabou por obter recoñecemento. Con todo, o pobo maltés tivo que loitar algunhas décadas máis pra lograr a independencia do Reino Unido. Hoxe o maltés está normalizado, é mesmo un idioma oficial da Unión Europea e pola contra sufre unha situación de diglosia que a moitos galegos nos pode parecer bastante familiar. Músicas: Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Il-Lament ta´ Filfla - Ghana Duo L-Innu Malti - Robert Samut The Travellers - Sbejha

  4. 83

    #Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU. Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en Roma e a organización depende en boa medida da autoridade do Papa. Hoxe a súa función principal xa non é militar, senón humanitaria: xestiona hospitais, proxectos sociais e axuda internacional a través de miles de voluntarios. É unha anacronía do medievo convertida en organización solidaria moderna.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  5. 82

    De leria con... a viaxanta Cris Terceiro

    A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas

  6. 81

    #Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separan a Polonia de Eslovaquia, hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca. Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románticos e nacionalistas polacos a idea do salvaxe libre, o perfecto polaco que mantiña a identidade da patria oprimida nos seus vales e montañas, onde vivía fóra da órbita de Viena, Moscova ou Berlín, nun período no que o estado polaco non existía. Coa chegada do desenvolvemento económico e a modernidade á rexión dos gorales estes souberon explotar ben tanto a beleza das súas montañas como esa fama de montañeses feros e auténticos que tan ben casaba cos estereotipos desenvolvidos polos intelectuais nacionalistas durante décadas. Hoxe os gorales aínda se senten orgullosos desta identidade diferenciada, mesmo se ás veces esta teña máis de performance pra turistas que outra cousa. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  7. 80

    #48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua

    O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós. Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e paleofalantes), faltan profesores pra ensinar a lingua, créanse tik toks, música ou teatro nesta lingua, e Wilamowice converteuse nun exemplo estudado por sociolingüistas de todo o mundo.

  8. 79

    De leria con.. Mario Brión @olaxonmario

    Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas

  9. 78

    #Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso) e máis o o tabarkino. Este último idioma, falado en 2 pequenas illas no sudoeste de Sardeña, é unha forma da lingua ligur que hoxe aínda mantén unha importante vitalidade, en boa medida porque é o idioma dunha comunidade cunha historia única, os descendentes dos colonos de Tabarca, unha illa na costa tunecina no que durante máis de 200 anos viviron e prosperaron numerosas familias xenovesas. Co tempo, logo de conflitos, periplos e mesmo escravitude os antigos colonos de Tabarca asentáronse no arquipelago de Sulcis, en Sardeña e hoxe os seus descendentes aínda se sinten moi orgullosos desta identidade expresada en tabarkino, e dos seus vedanceiros que viviron unha aventura por medio Mediterráneo. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  10. 77

    #47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos

    Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico. 5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda é ben visible nas rúas e carreiros de cidades, vilas e aldeas do país. A condición de insularidade de Sardeña favoreceu esta diversidade e tamén que agromase unha cultura popular única, con raíces ben antigas. Mais tamén, está condición de insularidade propiciou a explotación colonial por parte de diferentes estados que explotaron os recursos da illa sen deixar gran beneficio pra poboación local. Esta situación de colonia interna aínda ten efectos en Sardeña hoxe tanto a nivel político, como económico e cultural. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Su patriotu sardu a sos feudatarios - Coro di Nuoro Justinianus - The Purple Throne Sonetto di Remundu Piras - Tenore Supramonte Orgosolo Daniela Pes - Ca milla dia dì

  11. 76

    Episodio especial. Diáspora e fútbol

    O fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa patria distante ou perdida. Músicas: ΠΑΟΚ ke kseró psomí! - Státhi Nikolaïdi O Son das túas Ondas - Diplomáticos de Monte Alto

  12. 75

    #Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra civil. Nos 90s comezaron a xurdir empresas financeiras que funcionaban como auténticas estafas piramidais e nas que gran parte da poboación albanesa depositou os seus magriños aforros. Ó colapsar todo este sistema a comezos de 1997 os albaneses tentaron tomar a xustiza pola man e rebeláronse contra o goberno que se viu incapaz de manter a paz e orde no país. Comezaban meses de auténtica anarquía que acabaron por provocar unha intervención internacional e tiveron consecuencias políticas tanto en Albania como en estados veciños. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  13. 74

    #46. Os Bektashis. A relixión "nacional" do pobo albanés

    Albania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico. Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñecida como relixión de seu polo estado albanés que tivo unha relevancia moi importante no xurdimento do nacionalismo albanés, e que tentou configurarse como a relixión propia da nación: o bektashismo. Esta orde sufí, mística e con certos elementos propios do xiísmo, presente en boa parte dos Balkáns e en Turquía ten hoxe a súa sede mundial en Tirana, e pretende representar unha visión heterodoxa, flexible e tolerante do Islam. Músicas: Ylli Baka - Baba Tomorri Thunder Way: The order executors Russian Dance - Joey Pecoraro Avni Mula, Ibrahim Hasnaj - Udha Bektashiane Balkan - Crowander Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra

  14. 73

    #Petisco lixeiro. A lingua galó, o idioma romance propio da Bretaña - Episodio exclusivo para mecenas

    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Bretaña fálanse 3 linguas, o francés, o bretón e máis o galó, un idioma romance, do grupo das linguas de oïl, e propio da Alta Bretaña que non é oficial e está bastante minorizado. Durante moitos séculos o galó foi visto mesmo polos seus falantes como un simple francés chapurreado. A cambiar esta situación non axudou nin a proximidade do galó á lingua francesa, nin a reputación do bretón como idioma propio do pobo bretón, cunha literatura e activismo desde hai séculos, nin tampouco as políticas centralistas e glotófobas do estado francés. Mais con todo, o galó é tamén un idioma de Bretaña, e un crecente activismo lingüístico está a tentar cambiar as perspectivas dos bretóns e dos propios falantes de galó sobre o outro idioma propio da Bretaña. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Bèrtran Ôbrée - Pu lein Russian Dance - Joey Pecoraro Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

  15. 72

    #45. Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente

    A Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma do romance da Alta Bretaña, e máis o bretón, a lingua céltica falada na parte occidental da península, e que hoxe está nunha situación desfavorable. Con todo existen ducias de iniciativas pra reforzala e un crecente afecto pola sociedade bretoa. Musicas: Tri Martolod (Tradicional) - Alan Stivell Bro gozh ma zadoù - Cantada por Alan Stivell, Gilles Servat, Tri Yann, Louis Capart, Soldat Louis, Renaud Detressan, Gwennyn, Clarisse Lavanant, Rozenn Talec & Cécile Corbel Kantik Sant Erwan (Tradicional) - Anne Auffret Diwanit bugale - Dan Ar Braz & l'Héritage des Celtes Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander

  16. 71

    #Petisco lixeiro. A diáspora caucásica en Medio Oriente

    A conquista do norte do Cáucaso polo Imperio Ruso a mediados do séc. XIX forzou a unha chea de pobos da rexión a abandonar as súas terras e a reasentarse no Imperio Otomano. Centos de miles de chechenos, circasianos, ingushes... establecéronse por toda a xeografía do Imperio e convertéronse en leais servos de Constantinopla. Logo da fundación da República de Turquía e a independencia de Siria e Xordania tanto chechenos como circasianos mantiveron unha importante relevancia nos países nos que viven, obtendo unha gran influencia política e social nas súas sociedades e mantendo viva a identidade e memoria colectiva de cadanseu pobo a centos de kilómetros do Cáucaso.

  17. 70

    #44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia

    Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros. A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas guerras nas que tentou resistir o avance do imperio ruso no século XIX, a deportación de toda a nación a Asia Central durante a 2ª Guerra Mundial e as guerras pola independencia do país nos 90s e 2000s e o xugo da represión exercida polo clan dos Kadyrov, coa bendición de Moscova.

  18. 69

    #Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía

    Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto. A pesar das mortes acontecidas durante a 2ª guerra mundial, especialmente o holocausto, e máis as migracións e deportacións sucedidas logo desta, durante o período comunista do país tanto a comunidade hebrea como a alemá tiñan unha forte vitalidade e centos de miles de membros. Con todo, o réxime comunista romanés empregou esta poboación dunha maneira ben ruín: "vendeu" ducias de miles de individuos co fin de mellorar as súas relacións coa República Federal de Alemaña e Israel, e por tanto con Occidente á vez que obtiña divisas e outros beneficios materiais, que habitualmente acaban no peto dos Ceaușescu.

  19. 68

    #43. Transilvania. Un país miticamente diverso

    En Europa occidental Transilvania é sinónimo de vampiros, monstros, misterio... e tamén debería ser de diversidade étnica. Na rexión de Transilvania viviron durante moitos séculos varios pobos que lle deron a súa específica personalidade. Saxóns, xudeus, xitanos, húngaros, sículos, romaneses... formaron parte dun mosaico étnico no que certas etnias tiñan máis poder político e económico que outras. Unha rexión pola que diversos estados loitaron e que cambiou de mans varias veces no século XX. Hoxe, logo de xenocidios, deportacións e a venda ó por maior de xudeus e saxóns, Transilvania aínda é o fogar da importante minoría maxiar do país.

  20. 67

    #Petisco lixeiro. A expulsión dos alemáns de Checoslovaquia

    Nos territorios da República Checa, e antano de Checoslovaquia viviu durante séculos unha importante poboación xermana, que no período de entreguerras chegou a ser case un cuarto da poboación total checoslovaca. A pesar de teren unha serie de garantías e dereitos colectivos, nos anos 30 boa parte desta poboación apoiou posturas irredentistas e ó partido pro-nazi, e celebraron a incorporación dos seus territorios ó III Reich. Con estes vimbios, o goberno checoslovaco da postguerra decidiu expulsar á gran maioría destes alemáns e expropiar os seus bens, repoboando o territorio con checos e eslovacos, un castigo colectivo que aínda ten efectos hoxe e que deixou traumas nas sociedades alemá e checa.

  21. 66

    #42. Os moravos. 1000 anos de historia entre Praga e Viena

    Moravia é unha das tres rexións históricas que forman parte da República Checa e a pesar de que o país é centralista e relativamente homoxéneo, desde hai moitos séculos existe unha identidade local coa que se identifican centos de miles de moravos. Moravia sempre tivo institucións propias e foi unha entidade autónoma de Praga (e Viena), aínda así, moravos loitaron canda os seus compatriotas bohemios pra lograren a independencia do país e a normalización da lingua checa, durante séculos minorizada polo idioma alemán. Hoxe, a nación checa ten un estado de seu, do que os moravos se sinten como unha parte substancial, mais con todo demandan o recoñecemento e visibilidade da súa cultura e identidade e a autonomía pro seu milenario país moravo.

  22. 65

    #Petisco lixeiro. Ágrafa, unha bisbarra grega literalmente fóra de mapa

    Por todo o continente europeo hai moitas bisbarras recónditas, unha delas é tan remota que mesmo leva a súa condición no nome: Ágrafa, que en lingua grega significa sen rexistrar. Esta comarca tivo unha historia singular, ó ser tan inaccesible nin os emperadores nin os sultáns constantinopolitanos tiveron a vontade (nin a necesidade) de dominar este territorio, que durante séculos viviu nun espléndida e orgulloso illamento e foi un dos poucos territorios gregos fóra da órbita do poder otomán ou veneciano. Hoxe, Ágrafa xa está nos mapas, aínda que como calquera outra zona de montaña ten que facer fronte ós retos do despoboamento e o cambio climático.

  23. 64

    #Petisco lixeiro. A Vennbahn, fronteiras absurdas no país do surrealismo

    Bélxica é o país do surrealismo e iso tamén se reflexa nas súas fronteiras, por exemplo na Vennbahn, unha liña de tren en Alemaña pero de soberanía belga. Esta "curiosidade" xeográfica xurdiu logo da primeira Guerra Mundial, creando varios exclaves alemáns que aínda existen hoxe e que durante décadas estiveron isolados do resto do país. A pesar de ser un sarillo fronteirizo e de que a liña de ferrocarril deixou de ser operativa hai décadas a Vennbahn continua a ser territorio belga, aínda que teña soamente un uso turístico.

  24. 63

    #Petisco lixeiro. Os xudeus de Belmonte

    As comunidades xudías da península Ibérica foron aniquiladas despois das expulsións de finais do século XV, varios pogroms e a represión da Inquisición durante décadas pra esmagar calquera práctica cripto-xudaica. Porén, no interior de Portugal perviviu unha comunidade hebrea en segredo até hoxe: Os xudeus de Belmonte. Nesta vila da serra da Estrela ducias de familias practicaban a súa fe xudía na clandestinidade, desenvolvendo unhas prácticas propias co fin de gardar o seu gran segredo, seren a última comunidade hebrea practicante na península. Os xudeus de Belmonte só foron descubertos a comezos do século XX cando un enxeñeiro vindo de Europa Central, Samuel Schwartz entrou en contacto coa comunidade. Hoxe estes xudeus, e a vila de Belmonte comparten con orgullo esta historia de perseveranza.

  25. 62

    #Petisco lixeiro. Groenlandia e a UE

    A relación de Groenlandia coa Unión Europea é ben especial. Entrou na predecesora desta organización internacional nos 70s contra a súa vontade canda Dinamarca, e nos 80s abandonou as Comunidades Europeas despois dun referéndum. A pesar disto, o país acordou con Bruxelas un status que lle permite participar en programas, recibir fondos e ficar dentro do espazo arancelario. Nos últimos anos, á vez que a relevancia de Groenlandia medra canda a dispoñibilidade dos seus recursos, a UE tenta aumentar a súa influencia na illa.

  26. 61

    #41. Groenlandia. Da colonización á posible independencia nun Ártico cada vez máis quente

    Groenlandia está cada vez máis quente, literal e metaforicamente e isto abre unha chea de oportunidades e incógnitas pra poboación local. Durante o pasado milenio varios pobos do continente americano e europeo pasaron polo país, tentando adaptarse ás duras condicións do Ártico, mais só un puido sobrevivir e prosperar, o pobo inuit, unha etnia indíxena desas latitudes que a partir do século XVIII e até practicamente onte sufriu a agresión colonizadora do Reino de Dinamarca. Hoxe, gañada unha importante autonomía ó longo das últimas décadas, a gran maioría da poboación apoia a independencia da illa.

  27. 60

    #Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb

    O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo. Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e máis magrebís, e mantiveron a lingua, a rama occidental do djudeo-espanyol, o haketía. No século XX a gran maioría dos sefardís do Maghreb abandonaron a súa rexión pra migrar a Israel, Estados Unidos, España ou Venezuela. Hoxe, a comunidade esfórzase por conservar o seu patrimonio material e inmaterial, comezando pola súa fala.

  28. 59

    Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes

    Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo. Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola. Logo de instalarse nos Balkáns, no Maghreb e Medio Oriente prosperaron, sufriron represión e progromos, o holocausto e formaron parte da creación do estado de Israel e moitos hoxe retornan a Sefarad, a terra dos seus devanceiros.

  29. 58

    #Petisco lixeiro. Os gregos pónticos da URSS

    Os gregos do mar Negro chegaron a territorio controlado por Moscova en diferentes vagas durante os séculos XVIII-XIX e XX debido a migracións económicas e provocadas por conflitos e limpezas étnicas en Anatolia. Coa chegada do comunismo a estas latitudes esta Hélade adaptouse a esenovo sistema político, formando unha nación máis da diversa poboación soviética. Durante 70 anos os gregos pónticos da URSS sufriron represión e deportacións, foron asimilándose á maioría rusa á vez que mantiñan en moitos casos unha identidade grega simbólica. Trala caída do comunismo moitos destes gregos da URSS voltaron á "nai patria" grega onde tiveron que reinventar a súa identidade.

  30. 57

    #39. Os gregos do Ponto. A Hélade no mar Negro que loita por salvagardar a súa identidade

    Os gregos do Ponto son unha sub-etnia que forma parte da nación grega. Desde hai milenios desenvolveron unha lingua, cultura e identidade de seu que espallaron polas costas do mar Negro, e que aínda se mantén viva en Grecia onde a gran maioría dos gregos do Ponto foron reasentados logo do intercambio de poboación con Turquía no 1923. Aínda así, nos vales e montañas do Ponto existen varios miles de cidadáns turcos que usan a lingua grega póntica, ou romeyka, un idioma que durante milenios evolucionou de maneira diferente ao grego falado no territorio do estado actual.

  31. 56

    #Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste

    As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico. A solución temporal foi crear un estado novo baixo responsabilidade do Consello de Seguridade das Nacións Unidas: o Territorio Libre de Trieste, unha nova entidade independente que permitiu durante 7 anos manter unha tensa paz nese recuncho do Adriático.

  32. 55

    #38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns.

    Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o Imperio austrohúngaro e Iugoslavia. Durante séculos ou milenios Eslovenia non tiña as mellores cartas pra converterse nun estado independente, pero a finais do século XX foi quen de mudar a súa historia.

  33. 54

    #Petisco lixeiro. As burrneshas

    As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que as mulleres os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar manter a súa virxindade e celibato, cortar o pelo e vestir con roupas masculinas. Esta práctica foi esmorecendo durante o século XX e XXI, porén, nas montañas do norte de Albania aínda existen arredor dunhas 10 burrneshas, virxes xuramentadas que son recoñecidas socialmente como homes, e como tal gozan dos privilexios de seren as patriarcas das súas familias.

  34. 53

    #Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka

    Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país. Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo vistos como unha minoría leal e exemplar, que ao longo da historia de Polonia e Lituania sempre participou nas loitas pola soberanía e independencia destas.

  35. 52

    #Petisco lixeiro. Os valdenses

    Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses. Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contra eles lograron subsistir e manter a súa fe até hoxe.

  36. 51

    #Petisco lixeiro. A Gran Excursión

    No verán de 1989 Bulgaria expulsou a Turquía a centos de miles de turcos búlgaros. Unha auténtica limpeza étnica que pasou bastante desapercibida nos medios internacionais e no mundo académico. A Gran Excursión foi unha consumación da política ultranacionalista do estado socialista búlgaro que pretendía a formación dunha identidade nacional homoxénea fundamentada na cultura e lingua búlgaras e no socialismo e a asimilación das minorías musulmás (turcos, pómaks, tártaros e xitanos).

  37. 50

    #Petisco lixeiro. Os croatas de Molise

    Molise existe e alí conviven 3 diferentes comunidades lingüísticas. Unha delas, a croata é a máis pequena das recoñecidas en Italia e probablemente a máis exótica. A comunidade dos croatas de Molise está formada por arredor de 1000 persoas, que se concentran en 3 vilas da rexión. Chegados á zona no século XVI, foi "redescuberta" no século XIX. Hoxe, o seu idioma esmorece a pesar da protección e recoñecemento aprobados lexislación rexional e nacional.

  38. 49

    #Petisco lixeiro. O monte Athos

    En Grecia hai unha península na que nin as mulleres, nin os animais femia poden entrar, é o monte Athos, un dos lugares máis sagrados pra comunidade ortodoxa. Este territorio leva sendo autónomo desde hai un milenio desenvolvendo un autogoberno, institucións e normas propias pese as idas e vindas políticas en Constantinopla ou Atenas. Hoxe o monte Athos é unha Mancomunidade Monástica Autónoma, cunha independencia case completa de Atenas.

  39. 48

    #Petisco lixeiro. O intercambio de poboación Grecia - Turquía

    En 1923 Grecia e Turquía acordaban un intercambio das poboacións musulmá e ortodoxa co fin de acabar cos conflitos entre os dous estados. Esta decisión vai supor unha traxedia pra case 2 millóns de persoas e afectar as sociedades enteiras de Grecia e Turquía e redefinir as identidades de cadanseu país. Os seus efectos políticos e sociais aínda teñen consecuencias hoxe.

  40. 47

    #Petisco lixeiro. Nakhicheván

    A República Autónoma de Nakhicheván é un exclave acerbaixano entalado entre Armenia e Irán, porén conta cun paso fronteirizo co maior socio comercial, político e militar de Acerbaixán: Turquía. Isto fai que Nakhicheván sexa un territorio clave para comprendermos a inestabilidade no Cáucaso, e un potencial elo esencial nos corredores de transporte entre Asia Central, o Mediterráneo e Europa.

  41. 46

    #Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops

    A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.

  42. 45

    #Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia

    Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de réximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.

  43. 44

    #Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa

    Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.

  44. 43

    #Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito?

    O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933: A representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba ás diferentes nacións sen estado e minorías étnicas e relixiosas de Europa. O profesor Núñez Seixas explicounos a relevancia deste episodio pro nacionalismo galego e a importancia que esta organización tivo na política relativa ás minorías do período de entre guerras.

  45. 42

    #37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica.

    O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos territorios de León e Zamora de fala asturleonesa a lingua esmorece sen apenas protección.

  46. 41

    #36. Occitania: 1000 anos resistindo a hexemonía de París

    Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan amplo, existen polo tanto varias formas de sentirse parte da comunidade que fala occitano. E tamén existen importantes diferenzas lingüísticas entre os diferentes dialectos do occitano.

  47. 40

    #Petisco lixeiro. O mesías que non foi

    Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman unha pequena minoría relixiosa presente en Turquía: os Donmëh.

  48. 39

    #Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega

    A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao grego empregado na Grecia clásica.

  49. 38

    #Petisco lixeiro. O conflito de Adjara

    Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.

  50. 37

    #Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual

    En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

HOSTED BY

Fóra de Mapa

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Fóra de Mapa have?

Fóra de Mapa currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Fóra de Mapa about?

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

How often does Fóra de Mapa release new episodes?

Fóra de Mapa has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Fóra de Mapa?

You can listen to Fóra de Mapa on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Fóra de Mapa?

Fóra de Mapa is created and hosted by Fóra de Mapa.
URL copied to clipboard!