Galiportus podcast artwork

PODCAST · government

Galiportus

Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas.Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas.Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: [email protected] busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Ou tamén curiosidades, lendas, tradicións, xentes, ideas e proxectos. Realidades transfronteirizas. Dando a coñecer Portugal aos galegos e Galiza aos portugueses... Porque o Miño nunca foi un problema...Galiportus fala para esses 6'3 milhões de habitantes da Eurorregião, mas também para todos os ouvintes dispersados pelo mundo, interessados nas questões deste canto da Península Ib

  1. 187

    Solidariedade galaico-portuguesa coa Palestina / Galiportus T3X19 (Actualidade)

    Xa levabamos tempo atrás deste episodio... Hoxe falamos do tremendo xenocidio que está a acontecer na Palestina, baixo o punto de vista de dúas obras literarias, arriba e abaixo do Minho (e do activismo que hai arredor delas) Son "Cantos de dor e liberdade" (VV. AA) e "Genocídio em Terra Santa" (J. Goulão) Non podemos contar finalmente co autor portugués, mais si que conseguimos conversar co Xoán Gabeiras, organizador da edición do libro de poesía (Cantos de dor e liberdade), habitual colaborador na visibilización da obra e membro da asociación "Galiza por Palestina". Xoán cóntanos o inmenso impulso que existe atrás da causa, o que supón unha obra deste tipo, e como contaremos o mañá nestes tempos de destrución... Pola súa banda, facémoslle unhas preguntas tamén a Lois Diéguez, escritor que participa nas presentacións deste fantástico proxecto literario e colaborativo, de denuncia social. A música final, dos Dakidarria: "Terra".

  2. 186

    GLP- H&h's (Cap 44) Especial "A ferida aberta no 36" (Parte II): represión franquista, memoria e reparación na Raia

    Hoxe desfrutamos da 2ª parte do episodio que realizamos conxuntamente coa Nuria López, xornalista e produtora do podcast de investigación "A ferida aberta do 36", un proxecto fantástico que busca darlle voz a persoas e colectivos que forman parte desa historia ligada aos anos de guerra civil, o franquismo e a reparación da memoria democrática. Co enfoque Galiportus, buscamos saber como foron aqueles anos na Raia, e que significou Portugal para millares de galegos que atravesaron e combateron o rexime na clandestinidade. Este programa colaborativo inclúe dúas novas entrevistas; por un lado, Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual e exiliada en Portugal no final do franquismo e xusto despois da Revolução dos Cravos, debido á súa militancia política no nacionalismo. Como recorda aqueles tempos de mudanza? E cal o rol daqueles activistas tan combatentes? Por outro, falamos coa historiadora Raquel Varela e profesora na Univ. Nova de Lisboa, autora da "Historia popular da Revolução dos Cravos". Falamos con ela desa visión non tan analizada, o papel do pobo. A música do final deste programa tan especial, a cargo de Viviano: "Can de Palleiro". A memoria é vida!

  3. 185

    GLP- H&h's (Cap 44) Especial "A ferida aberta no 36" (I): represión franquista, memoria e reparación na Raia

    Hoxe recibimos nos nosos estudios a Nuria López, xornalista e produtora do podcast de investigación "A ferida aberta do 36", un proxecto fantástico que busca darlle voz a persoas e colectivos que forman parte desa historia ligada aos anos de guerra civil, o franquismo e a reparación da memoria democrática. Co enfoque Galiportus, buscamos saber como foron aqueles anos na Raia, e que significou Portugal para millares de galegos que atravesaron e combateron o rexime na clandestinidade. Levamos a cabo, pois, un programa colaborativo no que incluímos varias entrevistas: Carlos Morais, presidente do Comité da Memoria Histórica do Val da Limia; Américo Rodrigues, investigador arraiano do Castro Laboreiro, ; e Aser Alvarez, documentalista, co cal falamos sobre o caso de Pepe Velo e da Operación Dulcinea. Non é un programa máis do Galiportus... É un 2x1!!

  4. 184

    Cruas e Crua, roda a vida / Galiportus T3X18 (Protagonistas)

    Nova versión musical do noso Galiportus. Desta vez, dous grupos de mulleres que buscan redefinir e explorar novos estilos dentro da música tradicional. Dunha parte, as Crua do Porto, en constante reinvención. Xa estiveran hai máis de dous anos no noso programa, daquela vez coa Mj Pérez. Unhas mulleres que teñen o adufe por bandeira, e que continúan dando moita guerra. Doutra, as Cruas galegas, un dueto que incorpora poemario e piano a partes iguais. Dous xeitos de cantarlle á vida, co folk no corazón... Falamos coa Rita, Liliana, Inês, Alba e Iria sobre momento actual da música tradicional, dos seus proxectos, de como é tocar e sentir a un e outro lado do Minho, de feminismo... e moito máis! Unha conversa moi interesante, aderezada coas súas músicas: "Canção beiroa", das Crua e "Fiandeira", das Cruas e Gabri Reboredo. Que nomes tan indénticos e... que boas!

  5. 183

    MJ Pérez a luso-galaica: madurez, proxectos e... novo álbum, "Je tiens bon" / GLP T3X17 (Protagonistas)

    Logo de máis de 2 anos daquel episodio que fixéramos con ela e coas "Crua" (Músicas Cruzadas, Cap.11), volta ao noso programa a MJ Pérez, artista e comunicadora galega (de Arzúa) e portuguesa (boa parte da súa familia é do Norte) Unha persoa polifacética, con podcast ("Canto conto"), programa na Radio Galega ("De lá para cá", sobre as novidades da música portuguesa) e nova nominación aos premios Aritmar 2025 polo seu "Perdín a memoria". Neste 2026, publicou o seu último traballo, "Je tiens bon", no que reflicte sobre a vida, a madurez e a resiliencia, en versión multilingüe. Ouvimos o seu "E non me ves", "Samba para Milene" ou "Ouais, ouais", alén de lembrarnos da súa canción máis escoitada nas plataformas, "Barco á deriva", de 2024. Sempre un luxo falar coa MJ, claro que tamén de cuestións galaico-portuguesas!

  6. 182

    O II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) / GLP T3X16 (Actualidade)

    Neste mes de marzo do 2026 celebrouse en Santiago de Compostela o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural, que reuniu a investigadores, empresas e institucións dos dous territorios. O obxectivo é reforzar a cooperación entre a Galiza e Portugal, no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe e intelixencia artificial (IA), e dentro da estratexia "atlántica" peninsular na hora de crear un polo de referencia na IA aplicada ao galego/portugués. Para entendermos todo, conversamos con Senen Barro, catedrático en ciencias da computación e IA e director do CITIUS da USC (Univ. Santiago Compostela); e Paulo Quaresma, catedrático de informático da Univ. Évora. Como encaixar estes modelos, que nos poidan aproximar, lonxe dos métodos anglosaxóns, e as variantes da lingua común? Que temática tan interesante! A música final, a Regueifa Maldita de De Ninghures e Galician Army.

  7. 181

    GLP- H&h's- (Cap.43) 1386, o Tratado de Windsor. A aliança anglo-lusa e o afastamento da realidade galaico-portuguesa

    Hoje falamos da aliança entre Portugal e Inglaterra, forjada no Tratado de Windsor de 1386, após a vitória portuguesa contra Castela na batalha de Aljubarrota de 1385. Há quem diga que esta união, a mais antiga do mundo, já tinha começado dois séculos antes, com as ajudas inglesas na expansão para sul e as lutas contra os muçulmanos. Porém, esse acordo pode-ser considerado como a sinatura de uma relação que defendia interesses dinâsticos (e depois "nacionais") e que foi reivindicado e/ou questionado em momentos mais recentes da história (séculos XIX e XX) Hoje, quando nos "queixarmos" de que Portugal não olha para norte do Minho, talvez deveriamos recordar a importância deste "casamento"... Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Analisamos tudo, com a ajuda e o humor a nosa do nosso historiador, o Abraão da Orraca. Muito para falar... e ainda por saber!

  8. 180

    GLP- H&h's- (Cap.42) Bracara, capital galaica, ontem e hoje

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoje falamos do acontecido no último jogo da liga portuguesa entre Sp Braga e Vitória de Guimarães. No "dérbi" minhoto, um excepcional mosaico elaborado pelos adeptos locais exibiu diferentes figuras da época em que "Braga era capital" (mesmo antes da nascença do próprio Portugal) Surpresivamente, o tifo foi proibido pela polícia, facto que indignou a muitos. Perante este cenário, analisamos todo o processo histórico que levou ao Reino Suevo, que também entendia a Galiza e o norte de Portugal como uma peça inteira e indivisível. Acompanha-nos o noso historiador, o Abraão da Orraca. Muito para falarmos... e ainda por sabermos!

  9. 179

    Eixo Norte-Galiza, Irmandade 20 anos depois - GLP T3X15 (Actualidade)

    A iniciativa do Eixo Norte-Galiza celebra 20 anos da criação da Associação Cultural "Audiência Zero" do Porto. No 2006, Pedro Cadima (jornalista do jornal desportivo "O Jogo") e uns amigos decidiram que já era hora de criarem algum evento cultural que ligasse a Galiza ao Norte de Portugal, a uma distância real "enorme" naquela altura. Durante 6 anos, conseguiram organizar mais de 200 concertos de grupos galegos e portugueses, e chegaram a diferentes cidades da Eurorregião, "propondo um flagrante eco de irmandade com muita informação e mais ação, criando uma gigante rede de contactos... fazendo sentir uma cumplicidade pouco explorada, sugerindo novas parcerias entre agentes culturais da Galiza e do Norte de Portugal. Da música ao cinema... o Eixo Norte-Galiza percorreu vasto território". Hoje, após duas décadas de uma iniciativa "pioneira", chega o Evento "Revival" (14 março na Casa do Salgueiros do Porto), com rock das cavernas e "agro-glamour", reaproximando o público português do grande Festival de Cans (Porrinho-Gz), que decorre na sua 23ª edição de 19 a 23 de maio. De tudo e mais falamos com o Pedro Cadima, o Alfonso Pato (director do festival de curtas mais famoso da Galiza) e o Alberte Leis, baixista do mítico grupo punk-rock de Compostela "Samesugas" (que cumpriram recentemente 25 anos de carreira) Boa conversa acabada com uma música dos Samesugas: "Nom vou perder". Vamos lá!

  10. 178

    GLP T3X14 (Actualidade) / Grandes pequenos entroidos, a alma da festa

    É tempo de entroidar, e falamos moito diso no GLP. Queremos achegarnos aos Entroidos/Entrudos que foron recuperados, que non están entre os máis afamados, mais que conservan toda a súa esencia, grazas ao esforzo e o empeño duns poucos, que loitaron e loitan por revivir a tradición. Falamos, por exemplo, das Bonitas de Sande (Cartelle-Ourense, Gz) ou os Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira-Ou-Gz) Visítannos para falar das súas figuras, do traballo feito e do que pode vir nos próximos anos; Antonio Sousa, membro da Asoc. Cultural das Bonitas da Sande (recén chegado tamén do encontro europeo celebrado en Pernik, Bulgaria) e Rochi Nóvoa, impulsora da recuperación dos Farrumecos. Que grande conversa temos con ambos, sumada a dúas pequenas entrevistas realizadas no Lindoso, co Manuel Ribeiro (Vice-presidente da Assoc. Amigos do Lindoso), para falar do seu Entrudo popular do "Pai Velho" e Margarida Paiva (ex-membro da Assoc. pelo desenvolvimento de Pitões das Júnias), coa que falamos sobre os caretos e "farrapões". No final, o que fai tan especial estes entroidos? Pois o sentimento de pertenza coa comunidade, a non necesidade de convertilos en experiencias turísticas, a grandeza de vermos as casas abertas, os locais sociais ou as adegas a todos os veciños ou a especificidade dentro da variedade. O desfrute conclúe cunha música do Zeca Afonso: "Moda do Entrudo". Non nos faltes nunca, Entroido!

  11. 177

    GLP T3X13 / Análise das eleições presidenciais portuguesas, com o Anxo Lugilde e o Miguel Carvalho

    Muito para falar hoje no nosso Galiportus, no rescaldo das eleições presidenciais portuguesas do passado 8 de fevereiro. A 2ª mão foi disputada pelo socialista António José Seguro e o líder de ultradireita André Ventura. O primeiro foi quem venceu e quem vai ser eleito presidente da República para os próximos 5 anos, após conseguir o 67'12 % dos votos, contra o 32'88 % do "chegano". Analisamos tudo: o perfil "unificador" e "independente" do "raiano" Seguro, os discursos de ódio de Ventura, o poder presidencial ou o que vai vir agora, juntamente com dois excepcionais jornalistas. Do lado galego, volta ao GLP o Anxo Lugilde, correspondente do jornal catalão La Vanguardia para Galiza e Portugal. Do lado sul do Minho, o jornalista do momento, o Miguel Caravalho. Ele publicou há uns meses o livro "Por dentro do Chega" (A face oculta da extrema direita em portugal), após 5 anos a seguir os passos do Ventura e das pessoas que estão à sua volta. O resultado foi um extraordinário ensaio, líder de vendas em Portugal. Ninguém mellhor do que o Miguel para conhecermos tudo sobre o movimento de extrema-direita que está a abalar a península Ibérica (juntamente ao seu gémeo Vox), Europa e o Mundo. A música do final, dos Diabo na Cruz: "Dona ligeirinha".

  12. 176

    GLP- H&h's- (Cap.41) A expulsión dos xudeos

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoxe imos até a Alta Idade Media. Alí, entre reinos "mouros" e "cristiáns", ducias de xudeos formaron unha elite importantísima na corte portuguesa. No 1492, co edicto de expulsión dos reis "católicos" , provocou o éxodo de millares deles cara Portugal. 4 anos despois acontecia o mesmo de parte de D. Manuel I. Moitos morreron executados, outros acabaron exilados... e algúns "convertéronse" (ou aparentaron esa conversión), co que iso significaba. Analizamos todo, baixo a nosa óptica galaico-portuguesa, xunto ao noso historiador, o Abraão da Orraca. Moito para falar... e por saber!

  13. 175

    GLP- H&h's- (Cap. 40) Diogo Alves, o assassino (galego) de Lisboa

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoje vamos até a Lisboa de 1836-1839. Ali viveu um galego de Samos (Lugo), que cometeu 70 crimes de sangue, segundo a crónica da época. A pobreza e as amizades levaram-no a um modo de vida "complicado" na capital portuguesa, à delinquência e a finalmente assaltar a pessoas adinheiradas (e matar a muitas delas) no Aquaduto das Águas Livres (os cadáveres resgatavam-se ao pé dele) A história, entre mito e realidade, acabou com a morte "pública" na forca do galego... e a sua cabeça conservada e imersa em formol. Mistérios!!

  14. 174

    GLP- H&h's- (Cap. 39) Xabarin, o clube ao que cantámos ... também em galaico-português

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoxe falamos do Xabarin Club, ese programa da TVG galega que marcou a infancia e adolescencia de millares de galegos nos anos 90, cando non existía o "universo" da Net. Moitos aínda se lembran daquelas tardes cheas de emocións da man de Dragon Ball Z, Doraemon ou o Ninja Hattori, en galego. Todo un proxecto que impactou a unha xeración, e que "afiliou" a 100 mil rapaces e mozos ... con unha fantástica banda sonora. Moitas daquelas músicas, a ritmo rock, ska ou raggae, propiciaron o movemento "Bravú" (Diplomáticos, Herdeiros, Caimán do Rio Tea) Outras moitas colaboracións viñan e ligábannos ao mundo lusófono: Gaiteiros de Lisboa, Né Ladeiras, Uxia Pedreira, Sérgio Godinho, Kussondulola, Xutos&Pontapés, Rui Veloso ou Despe&Siga. Escoitamos algúns deles e celebramos a música que, con normalidade, nos fixo ser o que somos!

  15. 173

    GLP T3X12 / Vinhos e emoção atlântica- Actualidade

    Hoje falamos de vinhos, já era hora! Chega aos nosos estúdios Martiño Santos, sommelier e sócio do espaço eno-cultural "Vide, vide", localizado em Compostela. Depois da publicação do livro "A nación dos mil viños" (do que tem sido o co-autor), estávamos realmente ansiosos por perguntar-lhe acerca desses projetos focados no rei dos "caldos". Com, ele é que conversamos sobre tradição vinícola, inovação, novidades no consumo, identidade, variedades, etc. Somam-se à palestra Antonio Portela, viticultor do Morrazo (Gz), sommelier e organizador do evento "A emoción dos viños", que conta desde há anos com produtores da Galiza, Portugal e outras partes da península. E ainda o João Tavares, viticultor na Quinta da Boavista, no Dão (centro de Portugal), que já participou no evento de Antonio. Finalmente, ligamos para o Xico de Mandín (Verín-Ourense), viticultor de Monterrei (Adega do Couto Mixto, Gz) Com o xico falamos dos novos desafios e problemáticas do sector, a norte e sul da Raia Seca. Acabamos com a recomendação do evento "Simplesmente vinho", a celebrar-se no Porto no mês de fevereiro. Uma emoção para os sentidos e para os ouvidos... com a música final de Caamaño&Ameixeiras: "Se souberas".

  16. 172

    GLP- H&h's- (Cap. 37 e 38) Wolframio e Nazis // S. Dámaso vs.Prisciliano

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoje falamos de dois tópicos. De um lado, viajamos até os anos da Grande Guerra e lembramos como os nazis exploraram minas de volfrâmio a norte e sul da Raia, com a necessidade que havia de produzir armamento. Como mudou a paisagem ... e as vidas das pessoas? De outra parte, vamos até o século IV. Na época do Império Romano e do conflito por aceitar a cristandade como religião oficial, o único papa galaico-português (da Gallaecia, São Dámaso) luta por manter a sua autoridade (e os dogmas) contra um bispo muito particular: Prisciliano. O quê significou esta "batalha" pelo poder, que acabou com a "heresia" e e morte do último no ano de 385? Uma lenda veio atrás deste caso... e chegou até os nossos dias...

  17. 171

    GLP T3X11 / A "nova" tracción animal- Actualidade

    O campo e monte móvense, a pesar de que poidamos pensar o contrario. Logo de décadas de desuso dos traballos milenarios no agro ou no forestal, apoiadas tradicionalmente en animais de carga e de forza (burros, vacas, cabalos...) e substituídas por máquinas (o tractor), algunhas cousas están mudando a norte e sur do Minho. Falamos da "tracción animal", reconfigurada hoxe para espazos e servizos que buscan o sustentable, como as viñas, as sacas do monte, restauracións de ecosistemas autóctonos ou mesmo actividades de ecoturismo. E para isto chega aos nosos estudios Bernardo Carreiro, veciño de Ramirás (Ourense-Gz), e prestador de servizos de tracción animal, socio da Agatran (Asociación Galega de Tracción Animal) Axúdanos na conversa Marcos Pateiro, labrego con experiencia e amante do forestal. No teléfono, desde Paredes de Coura (Pt), veterinario, presidente da Aptran (Associação Portuguesa de Tração Animal) e director de benestar animal do Donkey Sanctuary. Eles cóntannos todo sobre un mundo apaixonante (e duro), nas que os seus animais son os seus "compañeiros" (Sabor, Lola, trigueña; 2 cabalos ardeneses e unha mula) Conservación, sustentabilidade, valor engadido... son algúns dos factores que vemos atrás duns traballos que, novamente, unen xentes fantásticas a norte e sur da Raia. Acabamos cun tema dos Kumpania Algazarra, "Olhó Burro". Que animalada!

  18. 170

    GLP T3X10 / Os premios literarios eurorrexionais "Nortear" - Actualidade

    Nortear chega á súa 12ª edición, e tampouco podía faltar no Galiportus. Estamos perante unha iniciativa única emanada da AECT Galiza-Norte de Portugal, en colaboración coa Xunta de Galiza e a CCDR-N portuguesa(Comissão de coordenação e desenvolvimento regional do Norte), a partir dos fondos europeos da INTERREG Es-Pt. En conxunto, trátase dun "intercambio cultural que busca promover a aparición de novos escritores e creadoras, incentivar a creación literaria e artística de obras inéditas ou estimular as redes e dinámicas entre os tecidos culturais de ambas rexións". Falamos de todo isto cos protagonistas; André Rgues (de Paredes de Coura, traballando para a AECT en Vigo), coordenador de proxectos europeos e xestor do proxecto; e Pedro Rguez Villar (de Nigrán), xornalista, guionista e escritor premiado no Nortear 2021 polo seu "O amor das pedras". Unha marabilla, en definitiva, conversarmos con eles sobre as necesidades de máis "Nortear", nesta busca constante para que a literatura, a música ou a cultura penetren e se dilúan como propias a un e outro lado do Minho. Todo está preparado para que escritores de entre 16 e 36 anos preparen as súas obras até finais de xuño... e en setembro saberemos dos gañadores desta edición de 2026! A música final, da "Banda da Loba" (O peso do peito)

  19. 169

    GLP- H&h's- (Cap. 35 e 36) Schengen (1995-2025) e Margarita Ledo

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoje falamos de dois tópicos: de um lado, neste 2025 Schengen cumpriu 30 anos, e lembramos o que significou a apertura europeia das fronteiras... até chegarmos ao momento histórico da Covid-19. Por outro lado, falamos da histórica dirigente nacionalista galega e fundadora da UPG, Margarita Ledo... como correu o seu exílio no Porto na época em que acabaram as ditaduras ibéricas, naqueles anos tão difíceis 1974-1976?

  20. 168

    GLP T3X09 / Actualidade- A emigración galega e portuguesa coa visión de "O país invisible " e "Monumento ao emigrante"

    Hoxe temos a ocasión no Galiportus de falarmos de emigracións, unha das características que mellor definen e conforman a realidade moderna e contemporánea dos dous pobos atlánticos peninsulares: o galego e o portugués. Contamos coa conversa entre os autores de dúas fantásticas obras, "O país invisible", do ferrolán Arturo Lezcano e "Monumentos ao emigrante", do fafense Daniel Bastos. A primeira é unha colleita de relatos incríbeis, máis de 200 historias de galegos na emigración americana (case 2 millóns abandonaron Galiza entre 1850 e 1970, incluíndo tamén a emigración europea), como aquela de Alfonso Graña, o ourensán que acabou por ser o "rei" da tribo dos xíbaros, no corazón da Amazonia. Polo lado portugués, estamos perante unha obra que recolle máis de 120 fotografías coas estatuas que fan homenaxe, do Minho ao Algarve (e tamén as illas), a case 5 millóns de emigrantes que abandonaron país. Falamos con eles de moitísimas cousas e pechamos no estudio coa nosa psicóloga e amiga Anaís Prada, coa que sinalamos os diferentes trastornos asociados ao trauma migratorio. Vaia episodio!, acompañado das músicas de Ana Kiro "o emigrante" e da "pandeirada sideral" de "Zapato Veloz".

  21. 167

    GLP- H&H's- (Cap. 33 e 34) "Farinha" além da Raia / O magusto

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos dessas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E ainda mais... Hoje falamos de dois tópicos. De uma parte, do peso que o narcotráfico teve (e tem) no outro lado da Raia, com a Farinha a ser "escondida" em Portugal. Alguns dos narcos encontraram refúgio além Minho, falamos dos percursos dos mais afamados. Qual essa conexão? Foi (e ainda é) Portugal esse "santuário" dos cárteis galegos? Por outro lado, achegamo-nos ao mundo gastronómico. Em época de outono, o rito do Magosto/Magusto é muito popular no interior galaico-português. Qual a sua importância? De onde esse amor pelas castanhas? É uma festa única! (e diferente) A não perder!

  22. 166

    Galiportus T3X08 / Protagonistas- Emmy Curl, o Solar Punk transmontano

    Chega ao GLP uma artista vinda do Trás-Os-Montes, e em tour pela Galiza (já atuou em Melide, Mos e estava no momento da entrevista a pouco de cantar em Compostela) Falamos da Catarina Miranda, sob o nome artístico de "Emmy Curl" (Vila Real, 1990) Com ela é que gostamos imenso de conversar sobre os seus inícios lá por 2007, quando começava o poder da Internet. A Emmy, uma das primeiras produtoras de música mulher em Portugal, fala-nos desse seu Solar Punk, definido como música estética, a meio caminho entre o natural e a tecnologia. Podemos sorrir se pensamos no futuro tecnologizado? A nossa convidada acha que sim, é posível conectarmos com o folclore e a natureza sem nos esquecermos daquilo que nos tocou viver hoje, no mundo digital. Prémio José Afonso 2025 e participante no Festival da Canção (segundo lugar em 2028), é uma maravilha ouvi-la falar dessa aproximação até hoje ignorada com a Galiza e conhecermos o seu álbum "Pastoral" (Mirandum e Botar Água no Vinho são as duas músicas do programa) Uma artista de muito nível, e umas músicas incríveis... com uma artista feita ela própria!

  23. 165

    GLP- H&H's- (Cap. 31 e 32) As medalhas da Galiza / Bento Spinoza

    Volta o "História e histórias", essa maneira "express" de fazermos o Galiportus, em versão de pílulas históricas. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gala, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras ibéricas. E muito mais... Hoje falamos de dois tópicos. De uma parte, as medalhas de Galiza, outorgadas neste 2025 aos autarcas do Porto e de Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio. Após a máxima distinção do governo galego ser encaminhada para A. R. Castelao em 1984, quais foram os premiados? E quais os honores para os vizinhos ilustres? Por outro lado, achegamo-nos a um filósofo luso-neerlandês do século XVII, com raízes na Galiza, Bento Spinoza. O Bento, judéu de origem sefardita, e fugido da Inquisição, foi um dos grandes racionalistas modernos juntamente com Descartes ou Leibniz. A não perder!

  24. 164

    Galiportus T3X07 / Atualidade- Volfrâmio explorado na Galiza, poluição em Portugal

    No Galiportus de hoje voltamos à Raia Seca falarmos de ambiente e de poulição. Após uma década de "paralisação", uma exploração de volfrâmio (maior do que se achava no início) localizada no concelho galego d'A Gudiña (Ourense) parece que vai começar a ser trabalhada pela empresa Tungsten San Juan, filial da sueca Eurobattery Minerals. Do movimento Uivo, em Bragança, alertam da afectação nos cursos das águas vizinhas, como são aquelas de Ribeira de Pentes, a 1km da parte portuguesa, e que vai direta ao rio Rabaçal, afluente do Tuela (e este, do Douro. Perante a "não consulta" do governo espanhol ao português sobre os impactes ambientais transfornteiriços, a situação pode vir a piorar a vida dos habitantes da zona, além de estar a mina quase inserida no PN de Montesinho. Falamos com quem mais sabe disto tudo, o Joám Evans, coordenador de minaria da associação galega "Ecoloxistas en Acción"; e o António Sá, fotógrafo, jornalista, empresário e membro da comissão de co-gestão do parque natural, além de membro da direção desse movimento ecologista transmontano "Uivo". São muitas as perguntas sobre mais uma questão ambiental que nos preocupa, por exemplo: serião capazes de explorar este tipo de minas em zonas mais populosas? Em época de esvaziamento demográfico do interior... os macroprojetos deste género vão ser uma constante problemática para quem não quer ver a qualidade de vida perder... A música final, do 9Louro: "os meus males"

  25. 163

    Galiportus T3X06 / Protagonistas - Pedro Miguel Rocha, o escritor português de "alma galega"

    Hoje temos boa conversa com um professor de inglês das escolas básicas 2, 3 da Galiza... no Estoril (Pt) Atrás desta brincadeira da vida está o escritor Pedro Miguel Rocha, que nos anos 90, durante uns estudos na Univ. Minho frequentou a Galiza... e o amor que sentiu resultou paixão imediatamente ("quanto mais ia à Galiza, mais sentia que parte de mim, de nós portugueses, estava lá. As nossas raízes, a origem da nossa língua. Foi um amor à primeira vista) Anos depois (2009), resolveu começar a escrever, e fez-lo sempre sob uma perspetiva galega nas suas obras. Do "Juntos temos poder", com uma enfermeira galega ao "Eternamente na Galiza" deste 2025, ou no "Eremita Galego", de 2011, posívelmente a obra com melhor aceitação, onde um professor do Porto refugia-se em Muxia, na Costa da Morte. O próximo livro, para 2026, fala de "um enredo no centro histórico de Santiago de Compostela". Abordamos isto tudo e mais com alguém que adora passeios à beira mar, os concertos de jazz ou a contemplação de estrelas. Um docente português tornado escritor... de alma galega. A música do fim, uma das suas favoritas: Lela, do grande Carlos Núñez.

  26. 162

    Galiportus T3X05 / Actualidade- As feiras dos Santos, onte, hoxe e mañá

    Xa tocaba no Galiportus falarmos de feiras e de gando, nunha Eurorrexión marcada históricamente polas trocas, os mercados e unha economía sustentada polo traballo agrario e gandeiro. Aproveitamos a chegada de novembro e da festividade de Todos os Santos para unir Chaves (Trás-os-Montes/Pt) e Monterroso (Lugo-Gz), duas vilas con séculos de tradición neste sector. Falamos en primeiro lugar co Vítor Pimentel, presidente da ACISAT (Associação de Empresários do Alto Tâmega) e organizador "dos Santos" na cidade romana que fai parte da Eurorrexión Chaves-Verín. Co noso convidado comentamos todo sobre os eventos e cartaz deste ano, nunha das maiores "feiras de rúa" do país, sempre a recibir unha chea de xente do lado "de lá". Tamén conversamos co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez (PP), con quen lembramos unha das maiores feiras galegas, escaparate de produtos do país, datada xa do século XIII, e a camiño de ser declarada Festa de Interese Turístico Estatal. Este ano, sen gando, polo medo aos contaxios pola dermatose modular contaxiosa (DNC); aínda así, entre 20 e 30 mil persoas achegáronse a esta vila do interior gandeiro galego. Aos dous entrevistados preguntámoslle pola relación que este tipo de eventos teñen coa xente máis nova... e cal será o seu futuro? A música final é da Guadi Galego, unha homenaxe a esta feira: "Se ti viras..."

  27. 161

    Galiportus T3X04 / Actualidade- Na gala dos Aritmar 2025

    Hoje chegam ao GLP os prémios Aritmar 2025, esses que são propostos pela EOI de Santiago de Compostela há 10 anos, e que candidatam as melhores músicas e poesias do lado norte e sul do Minho. Estamos perante um certame que, ano após ano, foi crescendo, e que no 2025 deu com milhares de pessoas a votarem pelas suas músicas e poesias preferidas do 2024; desta vez, as músicas do Diogo Piçarra (Amor de ferro) e o Mondra (Quererse ben); e as poesias da Elba Pedrosa (Onde imos agora) e a Cátia Cardoso (Não sei voar mas tenho) Temos a sorte de desfrutar na gala celebrada no Auditório da Galiza (Santiago de Compostela), e apresentada pelo Xurxo Souto e a Tati Moyano. No final, falamos com os protagonistas e lançamos mais um viva por este tipo de tentativas que ligam corações galaico-portugueses através das artes musicais e poéticas (fusionadas inúmeras vezes)

  28. 160

    Galiportus T3X03 / Protagonistas - Vendaval, cinema portugués na Ribeira Sacra

    Hoxe recuperamos unhas gravacións do mes de agosto e falamos dunha fantástica iniciativa galaico-portuguesa realizada no rural lucense, en plena Ribeira Sacra. Trátase da segunda edición da "Vendaval- mostra de cinema portugués", coa temática "tan perto, tan lonxe" que convida a reflectirmos sobre as distancias físicas e emocionais. "A Casa da Memoria", "A Palleira" e o "Centro sociocultural de Bóveda" son os espazos escollidos para ver filmes, debater e levar a cabo actividades paralelas destinadas a todos os públicos. Máis do que un festival de cinema, falamos pois dun encontro intercomunitario, inclusivo e cooperativo. Conversamos cos protagonistas alí: coa galega que traballa en Lisboa para a produtora "Duplacena", a organizadora Tamara Gonzalez e co director e realizador de "Á procura da estrela", Carlos Peñalver. Tamén entrevistamos ao actor lisboeta, Miguel Nunes, que participou en "O homem de Trás-os-Montes" e "Anjo". Por último, fala Patricia Castro, presidenta do espazo da "Casa da Memoria" e da asociación "A memoria é náufraga". Que marabilla de proxecto! Na música final, "As vidas caladas", de Antia Muiño e Caamaño&Ameixeiras.

  29. 159

    Galiportus T3X02 / Protagonistas- Brais Lorenzo e a denuncia gráfica dos incendios

    O verán de 2025 non foi un calquera en canto aos incendios forestais. No mes de agosto, vimos e sofremos como o lume devoraba millares de hectareas perante a impotencia e o desespero das persoas de moitísimas aldeas. Coa inacción política, as cifras oficiais da Xunta, no lado galego, fala de máis de 100 mil Ha; pola contra, o satélite Copernicus avanza para as máis de 200 mil Ha (o 10% da provincia de Ourense !!) O incendio do Larouco xa é o maior da historia, por riba das 30 mil Ha, e arderon zonas de especial interese como Trevinca, Courel ou Invernadeiro. Do lado portugués, os números sinalan tamén máis de 200 mil Ha, coas zonas de Aveiro ou Viseu arrasadas, a xoia do Gerês novamente queimada e o de Arganil, por riba das 60 mil Ha, representando xa un dos máis grandes nunca antes rexistrados. Para falarmos deses tráxicos días, chega á radio Brais Lorenzo, fotoxornalista galego e que leva 15 anos capturando as imaxes do fogo, pondo cara á xente que sufre no rural cunha realidade durísima, en medio do abandono e a despoboación (o seu proxecto "Habitar o baleiro") Do lado minhoto, fálanos da súa experiencia o Comandante dos Bombeiros Voluntarios de Ponte da Barca, Carlos Veloso. A música, non podía ser outra: "Arde Galicia", dos Resentidos. Hai esperanza despois de tanta destrución?

  30. 158

    Galiportus T3X01 / Atualidade- Eleições autárquicas em Portugal

    O passado 12 de outubro Portugal voltou às urnas, desta vez para eleger os seus representantes mais próximos: os/as autarcas, aqueles/as presidentes/as de câmara (alcaldes/alcaldesas) que irão dirigir os mais de 300 municípios a sul do Minho. Os resultados confirmam a tendência, e a viragem à direita é um facto, com o PSD a ultrapassar o PS. Além do bipartidismo, a esquerda continua a enfraquecer e perde autarquias clássicas no sul e a ultradireita do Chega apenas ganha 3, longe do esperado. Analisamos tudo e mais, sob a perspetiva eurorregional, com o Ricardo Suarez, jornalista do digital galego "Nós diario", sociólogo e mestrado em relações internacionais; e também com a Ana Peixoto, jornalista e correspondente do JN (Jornal de Notícias) e da TSF para o Alto Minho. Mas a política não para, e já se estão a perfilar os candidatos das presidenciais de janeiro 2026. Assim sendo, a música do fim toca aos Skarnio, "venha mais uma".

  31. 157

    Resumo da Temporada 2- Galiportus T2 X 47

    Hoje acabamos já a época 2 do Galiportus, após 46 programas de entrevistas ("atualidade" e "protagonistas") e 30 dos "História e histórias, junto ao nosso historiador Abraão da Orraca. Quase 11 meses de trabalho, inúmeras ideias, conversas, deslocamentos e centenas de horas a falar das questões que ligam a Galiza e Portugal. Nesse objetivo de criarmos "comunidade", e de achegar as realidades de ambas as beiras do Minho, chegamos ao fim e fazemos a síntese de todos tópicos que abordamos neste tempo. Ressultou muito difícil salientar o melhor de tantos momentos tão bons, mas... tentamos! Assim sendo, desfrutem do nosso conteúdo e até a próxima temporada! Vamos lá continuar!!

  32. 156

    Fernando Venâncio e o galego - GLP- Historia e historias (Cap. 30)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoxe falamos do lingüista e escritor Fernando Venâncio, alentejano falecido neste 2025, e convencido das orixes do portugués no lado galego. No seu "Assim nasceu uma língua", deixa ben claro a necesidade de sinalar a Galiza como parte insistuíbel na hora da creación de Portugal. Un relato para moitos descoñecido e que nós queremos honrar aquí.

  33. 155

    Xoán de Nóvoa / João da Nova- GLP- Historia e historias (Cap. 29)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoxe falamos do nobre galego Xoán de Nóvoa/João da Nova, natural de Maceda (Ou-Gz), e que en plena época de revoltas "Irmandinhas", acabou por servir ao reino de Portugal. En plena expansión marítima lusa, o "galego de naçom" navegou por medio mundo e foi o "descubridor" de illas como Santa Elena (onde foi 3 séculos despois desterrado o mesmísimo Napoleón Bonaparte), Ceilão (Sri Lanka actualmente), Ascensão ou outra co seu propio nome (deshabitada e pegada a Madagascar) Tamén se especula coa súa chegada a Tristán da Cunha, un dos puntos habitados máis afastados do planeta.

  34. 154

    Altri, 2025. O traballo da Plataforma "Ulloa Viva" - Galiportus (actualidade) T2 X 46

    Xa tiñamos moita gana de falar novamente de Altri, esa macrofactoria portuguesa de celulosa que se quere instalar no centro xeográfico galego e que está a xerar tanta animadversión nos últimos anos, logo da "vía libre" que a a Xunta de Galiza lle deu ao proxecto. Recibimos á nova voceira da Plataforma "Ulloa Viva", Patricia Coucheiro, que nos conta todo acerca do traballo da plataforma, un movemento social "que trascende con moito a propia comarca", como Patricia nos comenta. Comentamos ese tecido social, analizamos o último ano e medio desa loita "na que todas temos que estar xuntas" e a estratexia actual da empresa Altri, nun momento en que o proxecto "Gama" ameaza con emprender ese camiño final cara a súa implantación, co "ok" da Xunta. Ao teléfono, aténdenos o alcalde de Santiso, Manuel Adán, co cal tamén falamos sobre o panorama e eses medos perante unha "agresión ao medio ambiente e vida das xentes". Finalmente, e antes de escoitarmos a música de Ruxe Ruxe ("Altri Non"), lemos unha entrevista de Paulo Constantino, da ProTejo. Haberá futuro verde para o corazón verde galego?

  35. 153

    A. Bóveda e o dia da Galiza Mártir- GLP- Historia e historias (Cap. 28)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... No dia 17 de agosto celébrase do lado galego o Dia da Galiza Mártir, na honra á figura de Alexandre Bóveda, galeguista fusilado polo franquismo no 1936. Os actos, impulsados no exilio por Castelao, durante os anos 40, continúan a ser celebrados na parroquia de Caeira, en Poio (PO-GZ), e constitúen unha referencia na loita pola recuperación da memoria democrática. Pouco despois do 25-Xullo, o dia de Galiza (Santiago)... a lembranza para outro dia que non debera estar na "sombra" e sinalado só por uns poucos...

  36. 152

    A batalla pola auga limpa no Limia/Lima - Galiportus (actualidade) T2 X 45

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ditar unha sentenza histórica, pola cal se declaran vulnerados os dereitos humanos dos residentes d'As Conchas (Ourense-Gz), no entorno do río Limia/Lima (apenas a 15km da Raia do Lindoso) O resultado? A Xunta e a Confederación Hidrográfica non xestionaron a contaminación xerada polas macrogranxas porcinas da comarca Limiá e que leva 2 décadas danando os acuíferos da zona. Perante a problemática que afectaba á calidade da auga, enchéndoa de nitratos e bacterias (con niveis superiores a 1000 veces o permitido); con cheiros insalubres e cun encoro das Conchas a ser xa considerado como un dos máis poluídos de Europa, uns poucos valentes uníronse e botáronse a denunciar a situación. Logo do inmenso traballo da xente de "Auga Limpa Xa", a Asociación de veciños das Conchas, con 9 demandantes e o apoio de varias ONGs, lanzouse a loitar polos dereitos elementais da súa xente. Recibimos no estudio aos protagonistas, os demandantes Merche Álvarez e Pablo Álvarez, que xa nos comentan que "non van parar" até que a auga e o entorno estea como ten que estar. Así pois, non é final de nada, senón o inicio de todo. Escoitamos atentamente o que eles nos contan. E agora que? A música final, como non podería ser outra, "´Água Limpa", do brasileiro Fernandes Lima.

  37. 151

    É tempo de festa, coa Mekanika Rolling Band e a Kumpania Algazarra - Galiportus (protagonistas) T2 X 44

    É verán, é tempo de festa... aldeas e vilas enchen os seus palcos de música a un e outro lado da Raia e os festivais son os protagonistas. Nun momento en que os macrofestivais están de moda, con axudas públicas e fondos especulativos á volta deles, vaise formando unha burbulla e a xente cada vez é máis consciente do que representan. Pola contra, algúns outros conservan a esencia e ofrecen moito ritmo a prezos populares. Aproveitando o paso polo Terra Brava do Incio (Lugo), falamos con dúas bandas que fan moita festa, a misturaren ska, reggae, rock, e músicas do mundo. Trátase de Hector Garcia, cantante e teclista da Mekanika Rolling Band, a atendernos desde Ames (Santiago), e Francisco Amorim, guitarrista dos Kumpania Algazarra, desde Sintra. Eles explícannos os estilos, a súa traxectoria e o momento da música de rúa, a súa semi-profesionalidade e a dita ascensión dos festivais de hoxe. Unha conversa transfronteiriza... máis, xa se sabe, coa música non hai fronteiras! Varios temas deles entran no programa, desfrutádeos! E bailai!

  38. 150

    Galegos d'ouro - GLP- Historia e historias (Cap. 27)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoxe falamos dos "Galegos d'ouro" (RTP e TVG, 2022), eses galegos que durante dous séculos (até inicios do XX) axudaron a construír a paisaxe patrimonial que conforman o Alto Douro Vinhateiro; isto é, os kms. e kms. de socalcos que definen unha das zonas máis importantes a nivel vinícola do mundo, co seu afamado Vinho do Porto. Un documentario fai eco do traballo (e da precariedade) de centos de familias que atravesaron a Raia Seca... e nós queremos hoxe lembrar esa historia.

  39. 149

    No MDOC, o Festival Internacional de Cinema Documentário de Melgaço- Galiportus (Actualidade) -T2 X 43

    Hoje temos o prazer de emitir o episódio gravado na vila fronteiriça de Melgaço, a falar do MDOC, o Festival Internacional de Cinema Documentário. Já na sua XI edição, estamos perante um festival premiado e reconhecido, que busca dinamizar a indústria do documentário em Portugal e além fronteiras, com a chegada à vila de dúzias de propostas de muitos países e a hipótese de realizar formação técnica. Após a visita há décadas do afamado cineasta francês Jean Loup Passek, que permitiu abrir no 2004 o museu do cinema), falamos com a diretora, Patrícia Nogueira, para sabermos mais acerca das características desta grande festa do cinema, sempre sob esse slogan tão nosso de "Identidade, Memória e Fronteira". Por outro lado, conversamos com a realizadora franco-portuguesa Maria Pinto, que projectou uma produção chamada "Demain dans la bataille". Ainda na casa da cultura, atende-nos o realizador de Ovar, o Rui Pedro Lamy, que projectou "Filhos do vosso amor", o qual impactou muito a quem visionou o filme. No final , encontramos o voluntário viguês (Gz) Ignácio, ele é que nos conta o que supõe a sua colaboração e a de mais pessoas que lá estão a ajudar para tudo correr bem. A música, muito ligada também com o cinema: "Samurai", da Familia Caamagno. Viva o MDOC!

  40. 148

    De cervejas e cafés - GLP- Historia e historias (Cap. 26)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoje, primeira sexta de agosto é o Dia Internacional da Cerveja, celebrado em 80 países; entre eles, Portugal. No H&H's falamos do ouro líquido e da sua importância. Mas, como deveriamos pedir os galegos a cerveja no lado sul? E os cafés? Sabemos dos seus significados?

  41. 147

    "Pauleta", a galega que trunfa no SL Benfica- Galiportus (Protagonistas)- T2 X 42

    Hoje chega ao Galiportus Paula Dominguez Encinas, "Pauleta", uma galega de Redondela que atravessou o Minho em 2016 e que leva muito caminho feito já, sobretudo depois de ter sido contratada pelo SL Benfica em 2018, um dos maiores clubes do país. É com ela que falamos dos seus inícios em Zamora ou no Olivo viguês, para depois passar pelo Braga e chegar a Lisboa, a um clube histórico (400 mil sócios, cifra única a nível mundial) que queria lançar-se na aventura do futebol profissional feminino... a começar na 2ª liga. Daí, foi tudo crescer: promover à 1ª liga e ganhar 15 títulos ! em 6 anos, mesmo chegando às cuartas de final da Champions League europeia. Pauleta, capitã da equipa, licenciada em Químicas, é uma líder dentro e fora do relvado, e falar com ela é respirar humildade e consciência. Além disto, com ela também comentamos o momento do futebol feminino, e os seus valores, longe do excessos da versão masculina. Naturalmente, o fim da conversa é para a questão cultural e linguística. O que é hoje explicar a galeguidade em Portugal? Uma maravilha de hora radiofónica finalizada com uma das suas músicas preferidas: Caamaño&Ameixeiras e Tanxugueiras, e esse "Ghatiña mansa". Viva, viva!

  42. 146

    Rosalia de Castro en Portugal, coa Uxía Senlle e o Amancio Prada- Galiportus (Protagonistas) T2 X 41

    Braga celebra neste ano 2025 a capitalidade portuguesa da cultura, e sempre bota a vista para a Galiza. Xa comentamos o traballo dese festival Convergências, con actos a norte e sur do Minho, sobre todo a celebrar a figura do Zeca ou de Rosalia de Castro. Precisamente desta volta déusenos por falar da grande poetisa galega, e de como é vista en Portugal. Nada que mellor que facelo con dúas figuras da canción: Uxia Senlle e Amancio Prada, que no mes de marzo deste ano actuaron en Braga. A primeira, con décadas de divulgación da música tradicional e fusión lusófona. O segundo, compositor berciano, multipremiado e referencia poética, desde hai 50 anos cantándolle a Rosalía. Unha delicia de conversa con ese "Adiós rios, adiós fontes" no final. Completamos o episodio cunha chamada a Braga, para falarmos co Fernando Pena, de nai galega e pai lisboeta, traballando desde hai anos nas iniciativas galaico-portuguesas. Con el comentamos a imaxe de Rosalía en Portugal a través do tempo, até chegarmos a hoxe. Acabamos con "A Fala" de Uxía e Tanxugueiras. Esa "fala" na que escribiu poemas co corazón na man unha veciña de Padrón hai máis de século e medio... Boa!

  43. 145

    Castro Galaico, o festival da irmandade- Galiportus (Actualidade) T2 X 40

    O episódio de hoje tivemos a sorte de realizá-lo em Braga, graças ao convite do Jaime Torres, organizador desde há 15 anos do Castro Galaico, um festival fantástico, que pretende achegar a cultura castreja/galaica a todos os que sobem até o castro de Nogueiró. Conversamos com o Antonio Raposo, de "Os Melidaos" (Gz), no dia a seguir da sua performance. Momentos antes de tocar as suas músicas, falamos também com os Galandum Galundaina, vindos das Terras de Miranda. Ouvir a sua atuação (e ver como se arranjam com tantos instumentos diferentes) é tudo um espetáculo. Além disto, também participa no programa o Henrique Pereira, do Grupo de Música Popular da Univ. do Minho. Por último, atende-nos, momentos depois de emocionar ao público, o Jaime Torres, com os "Canto d'aqui", que comemoram 40 anos de carreira musical cheios de alegria... é fantástico ouvir A Rianxeira ou a Saia da Carolina com sotaque do sul do Minho... Como eles gritaram no final... Viva o Castro Galaico!!!

  44. 144

    IKFEM, o festival sonoro Tui-Valença- Galiportus (Actualidade) T2 X 39

    Hoxe no GLP falamos dun evento puramente transfronteirizo que se celebra entre as dúas beiras do Minho, na Eurocidade Tui-Valença. Trátase do IKFEM, ou International Keyboard Festival & Masterclass, e que entre o 16 e o 20 de xullo, achega actuacións (a dúos moitas delas) da talla de Antonio Orozco & Rita Rocha, James Rhodes, Perico Sambeat & Orquestra Jazz de Matosinhos, Milhanas & Fillas de Cassandra. Un evento que xa vai pola súa 13ª edición e que acolle tamén un certame sobre "Novos Talentos e Ondas Sonoras" e que, en definitiva, quere encher Tui e Valença de sonoridade onde o piano é o instrumento estrela. Falamos de todo coa súa directora e organizadora, a pianista internacional, xestora cultural e profesora, Andrea González. Desde O Porto tamén nos atende Pedro Guedes, o director artístico da Orquestra Jazz de Matosinhos, que vai actuar no IFKEM. Acabamos cun tema de Milhanas, "Mundo". Boa!

  45. 143

    Lume, a nova co-produción galaico portuguesa- Galiportus (Actualidade)- T2 X 38

    Hoxe toca abordarmos un novo proxecto, nesta época dourada do audiovisual galaico-portugués. Falamos de "Lume", unha serie de 6 episodios rodada en numerosos lugares da xeografía galega e portuguesa, e inspirada nun drama persoal da xornalista Lucía (Cristina Castaño, Gz) e nas (non)respostas que se encontra na "Seara", esa aldea raiana que ben pode estar no imaxinario de calquera, e na cal se está a desenvolver un tremendo incendio ... que arrastra á protagonista ao seu pasado máis tráxico. Na vila deberá tratar cos receos e desconfianzas das xentes; e aí xurde tamén a figura de Júlio, o GNR (Albano Jerónimo, Pt) Falamos da produción, da trama, da lingua común e de moitas cuestións máis que rodean ao audiovisual a norte e sur do Minho co Alberto Dominguez e Sérgio Baptista, das partes da produción; e coa Irene Pin e a Sara Rodi, guionistas. Unha conversa espectacular plenamente galaico-portuguesa, igualmente ao 50% ... e un resultado moi aceptabel, dispoñibel xa na RTP, AGalega e HBO Max. Viva! A música do fin do programa, a da serie, das "Tanxus": Arica.

  46. 142

    O galego das Portelas: galeguidade á zamorana- GLP T2 X 37- O MARCO (XIV)

    Hoxe vamos á busca dos últimos falantes de galego do lado zamorano, na CC AA de Castela e León. Na zona das Portelas de Seabra, colindando coas comarcas orientais de Ourense e con Vinhais e Bragança polo sur, aínda hai resistencia e vontade de vivir en galego, a pesar da complexidade do mundo dixital actual, da despoboación e do abandono exercido polas administracións. Temos a sorte de falar co eterno alcalde de Lubián, Felipe Lubián, convencido falante e membro da RAG. A súa experiencia remonta a décadas de combate pola supervivencia da lingua neste cantiño "estremeiro". Tamén nos acompaña na conversa Estrella Alonso, mestra no centro de adultos de Seabra/Sanabria, natural das Hedradas e galegofalante. Logo, xa en San Ciprian/San Cibrao de Hermisende conversamos con Xavier Lopez, xornalista xubilado, documentalista e escritor de novelas de ficción en galego. Cos 3 abordamos o pasado, o presente e o futuro da lingua, e tamén os rasgos dialectais, o traballo diario, os desafios... e desfrutamos dunhas cantas anécdotas. No final, unha Jota de Lubián. Que viva o galego zamorano!

  47. 141

    Xavier Paz, o Meridiano 8 e a mobilidade galaico-portuguesa- Galiportus (Protagonistas) T2 X 36

    Hoje chega aos nossos estúdios da rádio o grande colaborador Xavier Paz, libreiro e editor de Ourense (Gz) Após 20 anos de Livraria Torga na cidade das Burgas (referência no livro galego e português), resolveu deslocar-se para sul. Entre 2014 e 2024 morou na Serra da Estrela, e agora está de volta, cheio de ideias e projetos. Um deles foi o recente "Cravos e Rosas", com inúmeros eventos a decorrer entre 25 abril e 17 maio, onde o Galiportus também participou com 2 especiais de "O Marco". Outro é o Meridiano 8, essa "Newsletter" semanal que para nós é fonte de inspiração. Nesse sentido, falamos com Xavier da mobilidade, a nível de viaturas, trabalhadores, turistas, peregrinos... e ainda da geminação/irmanamento entre municípios galegos e portugueses. As músicas, de Ailá (Xota de S. Salvador) e de Criatura & Coro dos Anjos (Labuta)

  48. 140

    Festa da Marioneta Luso-Galaica- Galiportus (Actualidade) T2 X 35

    Hoje falamos de um festival luso-galaico que está a decorrer há 11 anos graças ao trabalho da companhia portuguesa Krisálida. É a festa da marioneta, que durante 8 dias enche os palcos de Caminha (Alto Minho-Pt) com muitas atividades e espetáculos no início do mês de Junho. Conversamos com a Carla Magalhães, diretora artística da Krisálida e organizadora do evento sobre quais as origens, desenvolvimento, acolhida a um e outro lado do Minho... assim como de planos futuros. Por outro lado, também ouvimos a duas companhias galegas que se achegaram à vila caminhense nesses dias: J. Rodriguez, da "Pedras de cartón" (com o seu espetáculo surpreendente, "Moby Dick"); e Luchi Iglesias, da "Paporrubio" (com a sua atrevida proposta de "Transhumancia Sonora") Um apontamento incontornável para famílias e curiosos... com música final hip-hop de Garcia MC: "Rua abaixo".

  49. 139

    Festival Internacional Imaginarius, arte e teatro na rua- Galiportus (Actualidade) T2 X 34

    No episódio de hoje tivemos a sorte de fazer programa à vez que desfrutávamos dum evento espetacular, o Imaginarius de Sta. Maria da Feira (a decorrer no final de maio) Estamos perante o maior festival de artes de rua em Portugal, e para já, uma referência internacional. Quase um quarto de século depois, conta com uma intensa agenda de atividades por vários palcos da cidade, projetos inovadores, experiências imersivas e muitas propostas para famílias e crianças. Tivemos o prazer de falar lá, antes da sua performance, com o Pablo Reboleiro, diretor artístico da única companhia galega a participar na Feira, "Pistacatro". O seu espetáculo, "Juggling Orchestra", foi realmente divertido, a unir circo mudo e malabarismo à música da Banda Sinfónica Jovem de Sta. Maria da Feira. No dia a seguir, recebeu-nos no Cineteatro da Feira e mantivemos uma excelente conversa com o vereador de cultura e diretor-executivo do evento, Gil Ferreira. Com a ajuda do nosso colega flaviense J. Luís Magalhães, falamos de inúmeros aspetos arredor do sentido do evento, os benefícios da comunidade e o presente-futuro do pensamento crítico, das artes... assim como o peso da cultura no mundo de hoje. Já no final, música de Dulce Pontes: "Soidade". Que boa!

  50. 138

    Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas -GLP- Historia e historias (Cap.25)

    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoje conversamos com o nosso historiador, o Abraão da Orraca, acerca do 10 de Junho, de "Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas". Falamos do dia e também sintetizamos os principais feriados a um e outro lado da Raia. Porque está muito bem ir ao IKEA ou ao Corte Inglés mas... qual o significado desses dias de festa? Questão apenas religiosa? Por quê são dias de folga?

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas.Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas.Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: [email protected] busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Ou tamén curiosidades, lendas, tradicións, xentes, ideas e proxectos. Realidades transfronteirizas. Dando a coñecer Portugal aos galegos e Galiza aos portugueses... Porque o Miño nunca foi un problema...Galiportus fala para esses 6'3 milhões de habitantes da Eurorregião, mas também para todos os ouvintes dispersados pelo mundo, interessados nas questões deste canto da Península Ib

HOSTED BY

german estevez

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Galiportus have?

Galiportus currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Galiportus about?

Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas.Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas.Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite...

How often does Galiportus release new episodes?

Galiportus has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Galiportus?

You can listen to Galiportus on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Galiportus?

Galiportus is created and hosted by german estevez.
URL copied to clipboard!