PODCAST · tv
Gurrucho de Vozcast
by ghurrucho
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
-
50
Gurrucho ZAZ e Parodia. Podcast en galego
Neste programa falamos dos tres amigos que revolucionaron a comedia nos anos 80, os chamados ZAZ, os irmáns Zucker e Jim Abrahams. As súas películas foron un sopro de aire fresco para a comedia con ese ton de parodia e a repetición case sen respiro de gags de todo tipo. Tamén falaremos da parodia, que é, e que obras usaron este motor creativo ao longo da historia.
-
49
Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galego
Falamos do xénero de acción, ese xénero tan cinematográfico, e dun dos seus máximos expoñentes e impulsores, o actor/culturista/político austriaco/estadounidense Arnold Aloise Schwarzenegger. Adentrámonos aquí na súa obra máis cinética (unha forma de dicir que falamos das poucas pelis das que non o fixemos xa noutros podcast)
-
48
Gurrucho 2001 Unha Odisea no Espazo e a IA. Podcast en galego
Neste episodio falamos un chisco de Kubrik, da súa vida e obra, antes de mergullarnos no seu filme máis importante para moitos, 2001 unha odisea no espazo. Tamén falamos das intelixencias artificiais, como se abordaron en distintas ficcións, cando xorden, e cara onde nos pode levar este novo uso da tecnoloxía
-
47
Gurrucho Shyamalan e Thriller. Podcast en galego
Falamos do xénero de suspense ou thriller, as súas orixes e a súa sublimación por parte do gran Alfred Hitchcock. Despois comentamos a filmografia do controvertido director M. Night Shyamalan, as súas luces e sombras, para rematar opinando sobre os imprescindibles do xénero como Seven ou O silencio dos años.
-
46
Gurrucho Oscars e Premios. Podcast en galego
Falamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar.
-
45
Gurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galego
Falamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible serie galega sobre o tema.
-
44
Gurrucho Maus e nazis. Podcast en galego
Falamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto.
-
43
Gurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galego
Falamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.
-
42
Gurrucho XL Mostra de Teatro de Cangas. Podcast en galego
Facemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante. A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traballamos.
-
41
Gurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galego
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier Arson Bloco 3: Asesinos Rurales de El Futuro Peatón Bloco 4: BSO de Romasanta de Mikel Salas Bloco 5: Muiñeira de Agra de Xemelgas
-
40
Gurrucho Rocky e Deportes. Podcast en galego
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.
-
39
Gurrucho Jack o Destripador e Asasinos. Podcast en galego
Contamos coa xente do maravilloso podcast Mal de Olho, espazo no que falan de filmes sobre todo de terror, para adentrármonos na figura dun dos asasinos máis emblemáticos da historia: Jack o Destripador. Tamén falamos dos tipos de asasinos que adoitan aparecer nas obras de ficción, e de xéneros e subxéneros onde o asasino sexa parte indispensable da trama, como por exemplo o Slasher.
-
38
Gurrucho Depredador e Caza. Podcast en galego
Falamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que a caza teña un papel protagonista.
-
37
Gurrucho Literatura Galega. Podcast en Galego
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vista, esperamos que vos guste.
-
36
Gurrucho Xesucristo. Podcast en galego
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros directores que se achegaron á figura do fillo de Deus.
-
35
Gurrucho BSO: John Williams
Falamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.
-
34
Gurrucho 5º Aniversario. Nós, a cultura pop e outras movidas
Aquí tendes o directo de Twitch. Parolamos do metagurrucho, descarado eufemismo para non dicir que pasamos case que todo o programa falando de nós mesmos, os nosos 50 podcast e as nosas movidas. Aínda que tamén imos coando refenrencias á cultura pop e algún chiste que outro de calidade cuestionable.
-
33
Gurrucho Verne e Steampunk. Podcast en galego
Neste programa visitamos o mundo do escritor francés Jules Verne, un dos pais da ciencia ficción e tamén unha gran inspiración para o posterior subxénero de steampunk, do que tamén comentaremos algunha cousa: Por exemplo: Por que non hai unha gran obra steampunk?
-
32
Gurrucho Watchmen e Ucronías. Podcast en galego
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.
-
31
Gurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galego
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.
-
30
Gurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en galego
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.
-
29
Gurrucho Nolan e Mente. Podcast en Galego
Falamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.
-
28
Gurrucho The Witcher e Maxia. Podcast en galego
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na ficción Bloco 4: ???
-
27
Gurrucho O Golpe e Roubos. Podcast en galego
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.
-
26
Gurrucho Bruce Lee e Artes Marciais. Podcast en galego
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bloco 4: Galicia, jogo do pau, entrevista e serie.
-
25
Gurrucho Jurassic Park e Prehistoria. Podcast en galego
Falamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.
-
24
Gurrucho Drácula e Vampiros. Podcast en galego
Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adicámolle uns minutos aos vampiros en Galicia.
-
23
Gurrucho Dragon Ball e Dobraxe. Podcast en galego
Desta vez temos un convidado de luxo, Antón Pazos, o director de dobraxe de Dragon Ball e Dragon Ball Z até a saga de Boo cóntanos as súas experiencias dobrando a serie e co traballo da dobraxe en xeral. Tamén falamos da obra xa mítica do grande Akira Toriyama
-
22
Gurrucho Terminator e Robots. Podcast en galego
Falamos da saga de Terminator, creada polo director James Cameron, e aproveitamos para asomar a cabeza timidamente ao mundo da robótica. BLOCO 1: Os robots BLOCO 2: A saga de Terminator BLOCO 3: O xénero de robots BLOCO 4: Galicia, torneo de robots e trailer
-
21
Gurrucho Alien e Extraterrestres. Podcast en galego
Neste episodio falamos da saga de Alien, a mítica película de 1979 dirixida por Ridley Scott e imaxinada polo guionista Dan O'Bannon. Pero antes repasamos a figura dos aliens ou extraterrestres no imaxinario global, para rematarmos por falar da posible "alienexploitation", a pegada que puido deixar esta obra noutras. Rematamos cun concurso moi peculiar...
-
20
Gurrucho Galaicos e Celtas. Podcast en galego
Este é un programa atípico, onde nos afastamos do noso habitual formato "tertulia". Falamos dese pobo misterioso que habitou a meirande parte de Europa durante a Idade de Ferro, os celtas. A súa historia, a súa cultura e a súa mitoloxía son protagonistas do bloco 1, a ficción na que son representados ocupa o noso bloco 2, e os castrexos, galaicos ou como queirades chamalos, e a súa relación co mundo celta, será o tema a desenvolver no bloco 3.
-
19
Gurrucho Coronavirus Pandemias. Podcast en galego
Este é un programa especial, xa que o formato é o dunha charla coloquio debate, ou algo similar. Falamos do coronavirus dende o noso punto de vista, contando desta vez cun invitado que vive en Polonia, para ter outras olladas. Isto non quita que cara o final falemos de pandmias na ficción, con exemplos na literatura, cinema e outros medios. Pedimos perdón pola calidade do audio, pero o confinamento non nos permitiu máis
-
18
Gurrucho Sherlock Detectives. Podcast en galego
Falamos do detective máis famoso da ficción, o británico Sherlock Holmes, creado polo escritor Sir Arthur Conan Doyle. E tamén nos achegamos a ese xénero que bebe deste enigmático detective, un xénero que tería como pedra angular as pesquisas e o método deductivo usado para resulver un caso.
-
17
Gurrucho O Padriño Mafia. Podcast en galego
Neste programa falamos da triloxía do Padriño, a obra mestra de Francis Ford Coppola. Tamén afondamos no tema da mafia, as súas orixes e expansión por todo o globo, así coma a ficción que este tema xenerou, creando un xénero ou subxénero con identidade e trazos propios.
-
16
Gurrucho Star Wars Triloxía Disney. Podcast en galego
Falamos da terceira triloxía de Star Wars, producida por Disney, que mercou Lucasfilm fai uns anos. Nun debate que chega case que a discusión de bar, tentamos dilucidar se é boa, mala, ou regular. Dividimos o programa en tres blocos, e cada un está adicado a unha das tres películas.
-
15
Gurrucho Tarantino. Podcast en galego
Falamos do director estadounidense Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, e sobre todo da súa obra. Atrevémonos a facer un ranking dos seus filmes e a imitar o seu estilo en varias escenas que iremos poñendo no transcorrer do podcast. A ver se llas coamos a Netflix, Amazon ou á TVG3.
-
14
Gurrucho Xogos de Rol. Podcast en galego
Desta vez falamos dunha das afeccións nas que máis hai que utilizar a imaxinación: o rol. Falamos de xogos, sistemas, ambientacións, e atrevémonos, cara o final, a xogar unha pequena partida a modo de exemplo cunhas regras inventadas para a ocasión (así ninguén nos pode dicir que xogamos mal, muahahaha). A partida publicámola nas nosas contas de Youtube e Spotify, e tamén a súa continuación, que a primeira parte quedou nun cliffahanger coma unha catedral.
-
13
Monogurrucho Xogo de Tronos T8. Podcast en galego
Facía tempo que non gravabamos un monogurrucho, e desta vez fixémolo falando da derradeira tempada de Xogo de Tronos. Tentamos analizar as chaves do éxito ou fracaso desta controvertida entrega. Pedimos desculpas pola baixa calidade do audio, que case nos impide a publicación. Porén, ao final démoslle para adiante...
-
12
Gurrucho Chernobyl Catástrofes. Podcast en galego
Neste programa falamos do accidente de Chernobyl co gallo da serie recentemente emitida pola canle estadounidense HBO, e tamén debatemos sobre a propia serie e o tratamento que fai da catástrofe de Chernobyl. Falamos tamén un chisco sobre un suposto xénero cinematográfico de catástrofes, e sobre as que nos tocaron en Galicia, sobre todo petroleiros. Rematamos cunha suposta serie galega sobre a catástrofe nuclear de ChernoVigo.
-
11
Gurrucho Dune Ciencia Ficción. Podcast en galego
Falamos da obra do escritor estadounidense Frank Herbert, destacando o seu mellor traballo Dune, o relato de ficción científica que foi levado á gran pantalla polo cineasta David Lynch. Tamén mencionamos outros medios nos que se explorou a opción de desenvolver Dune con linguaxes diferentes, como poden ser os videoxogos ou os xogos de mesa. Por último, rematamos coma semre co trailer de ARCOLITE, un Dune á galega.
-
10
Gurrucho Xogo de Tronos. Podcast en galego
É Daenerys unha metáfora dos EUA? Son os Dothraki veganos? Como se pronuncia R'hllor? Ningunha destas preguntas terá resposta neste podcast, pero contamos coa presencia do actor Salvador del Río, co que repasaremos a traxectoria da exitosa narración de Martin, tanto na serie de TV como nos libros.
-
9
Gurrucho Firefly Space Western. Podcast en galego
Falamos sobre a serie de culto creada polo polifacético Joss Whedon Firefly, nome da nave de contrabandistas galácticos guiados polo capitán Malcolm Reynolds, un dos mellores papeles do actor Nathan Fillion. Tamén comentamos outras obras dun suposto xénero que misturaría o western coa aventura espacial, e como non, facemos unha proposta de serie traendo Firefly cara a idiosincrasia galega.
-
8
Gurrucho Hellblazer Demos. Podcast en galego
Seguimos os pasos de Dante e de Orfeo para adentrarnos nos infernos e analizar dende alí o cómic da liña Vértigo Hellblazer, protagonizado polo mago máis turbio da ficción, o señor John Constantine. Tamén nos achegamos a outras obras do xénero coma O Exorcista, A Profecía, Prophet, etc
-
7
Gurrucho R. L. Stevenson Piratas. Podcast en galego
Neste episodio falamos do mundo da pirataría, centrándonos na coñecida obra de Stevenson "A Illa do Tesouro". Pero non queda aí a cousa, falamos de historia, os piratas a través do tempo, e de ficción, os piratas no mundo do entretemento. Por último adicamos un espazo, xoma sempre, a Galicia, e á súa relación con este mundo.
-
6
Gurrucho Singin' in the Rain Musical. Podcast en galego
Coas uvas case que no plato, e para rematar este 2018, aquí tendes o programa sobre cinema e teatro musical. Coma sempre quedáronnos moitísimas cousas por dicir, pero algo do importante por aí anda. Falamos das manifestacións culturais con música até o século XIX, onde se comeza a xestar o xénero musical, e fixámonos nun musical en particular: Singin' in the rain. Para rematar, no clásico tráiler para a TVG3... CANTAMOS!!
-
5
Gurrucho Videoxogos Retro. Podcast en galego
Desta vez falamos de videoxogos. O programa está dividido en tres bloques. No primeiro centrámonos no hardware, dende as primeiras computadoras até os anos 80. No segundo lembramos os xogos máis destacados de cada xénero videolúdico. E no terceiro debatemos sobre a actualidade do videoxogo. Coma sempre, para finalizar, fixemos un trailer dunha suposta serie sobre videoxogos en galego...
-
4
Gurrucho TVG. Podcast en galego
Neste programa poñémonos nostálxicos e falamos dos inicios da TVG, dos programas, series e debuxos animados cos que medramos. Tamén lle damos un repaso á programación da década dos 90 e á do século XXI, época na que pouco a pouco deixamos de ver a galega dun xeito tan frecuente. Por último, creamos o tráiler da serie TVG definitiva, misturando os personaxes arquetípicos do audiovisual galaico todos xuntiños na mesma obra.
-
3
Gurrucho Buster Keaton. Podcast en galego
Neste programa falamos da figura do cinema silente Buster Keaton, da súa vida e da súa obra. Pero tamén abordamos os comezos do séptimo arte, os Lumiere, Edison, Porter, etc. Por último tentamos atopar no cinema posterior, posibles influenzas que o señor "Cara de pau" poidese inspirar.
-
2
Gurrucho Bond Espías. Podcast en galego
Nesta ocasión charlamos sobre a espionaxe, mencionando algúns espías e redes de espionaxe destacables da historia, para continuar falando dos espías na ficción. Chegaremos así ao espía máis famoso, o británico James Bond, creado pola pruma do escritor Ian Flemming. Finalmente mencionaremos alguna "Bond exploitation" e casos de espionaxe en Galicia.
-
1
Gurrucho Edgar A. Poe Terror. Podcast en galego
Achegámonos á vida e á obra do autor norteamericano Edgar Allan Poe, un dos grandes da literatura universal, e sobre todo analizamos a súa aportación ao xénero do terror. Tamén abordamos un chisco o terror gótico anterior, así como a pegada de Poe nos autores posteriores.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
Loading similar podcasts...