Libros para as medras

PODCAST · arts

Libros para as medras

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

  1. 109

    Os libros das Letras Galegas 2026

    O libros das Letras do 2026. Próximo o 17 de maio, toca falar deses libros que seelaboran presentando a escritora á que se dedican as Letras deste ano. Como sempre,aparecen estas obras ao lado das asinadas pola autora. Son os materiais cos que se vaitraballar nos centros de ensino, os libros que se agasallan ás criaturas e mocidade paraque se aproximen a Begoña Caamaño, especialmente nesta ocasión na que os seu libros(Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle) son novelas escritas para públicoadulto. Con ela chegan os ventos do feminismo que serviron a esa literatura queactualiza e reconstrúe os personaxes femininos da Odisea e a materia de Bretañadándolles un papel protagonista e activo, pero tamén o xornalismo veraz afastado dasfake news e a loita polos dereitos sociais e de identidade, a lealdade coas causas xustas.Benvida a mirada cara a un mundo mellor! https://delibroseoutros.blogspot.com/2026/05/un-novo-libro-sobre-begona-caamano.html https://delibroseoutros.blogspot.com/2026/05/letras-galegas-2026-un-novo-libro.html

  2. 108

    O peculiar

    O Peculiar de Érica Esmorís está ilustrado por Dani Padrón e publicado por Cuarto deinverno. De onde lle vén o título? Pois do nome dun bar que rexenta a familia deComba, unha nena que observa todo o que a rodea cunha mirada moi especial e nolo vaicontando. Sigamos preguntándonos: por que lle puxeron ese nome ao bar? Para sabeloterás que ler esta noveliña destinada a rapazada a partir de dez anos que non che vaidefraudar.

  3. 107

    Unha historia de amor como outra calquera

    Unha historia de amor como outra calquera. A súa autora: Rosa Aneiros. Unha novela que conseguiu o premio Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña na modalidade xuvenil no ano 2024, e aparece publicada na colección Costa Oeste de Galaxia. Rosa Aneiros é xornalista, traballa no Consello da Cultura Galega e conta cunha obra que percorre a literatura para adultos, infantil e xuvenil. Sempre coa marca de calidade e respecto polo lectorado sexa cal sexa a súa idade.

  4. 106

    Un par de álbums para crianzas

    Un par de álbums de animais para crianzas: O primeiro deles é Ganapán e Garabato de Chus Álvarez, ilustrado por El primo Ramón. Que é El primo Ramón? Din que é unha criatura bicéfala formada por Borja López Cotelo e María Olmo Béjar, dous arquitectos da Coruña. Ganapán e Garabato está publicado por Pepa a Loba editora, na colección Calidoscopio, destinada a criaturas dende 0 a 3...6 ou a idade que se queira, porque os acompañarémolos na lectura. Unha editora que está a nacer e faino con bo pé.

  5. 105

    Machea

    O Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques 2024, na modalidade infantil, leva o título de Manchea. Está escrito por Andrea Freire e ilustrado por Lola Villar Pérez.Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nunha emocionante e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de ruptura de estereotipos e autoafirmación e inclusión. As protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmas, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que nin sequera é necesario falar para atoparen a súa propia voz.

  6. 104

    Literatura dunha autora

    Fina Casalderrey é a autora galega, candidata española Premio Memorial Astrid Lindgren 2026. Que todas as seccións da Oepli concorden en presentar a Fina a este premio internacional quere dicir moito. Ela foi a primeira autora galega en recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Cando entrou na RAG, dende as bibliotecas escolares de Galicia distribuiuse un texto no que se dicía que con ela entraba a literatura infantil e a escola na institución. Creo que non hai máis que dicir…

  7. 103

    Brunilda e Brunildo

    Brunilda e Brunildo é un álbum ilustrado de Ánxela Gracián e Jessica Mera publicadopolo editorial Fervenza. Na presentación editorial fálase dunha historia que axudará aque a cativada comprenda a importancia da adaptación, o respecto e a tolerancia. Porquetrata dunha ra que ha de cambiar de lugar (tal vez polo cambio climático) e bota demenos todo o que perde co cambio, ata que atopa un novo amigo co que compartemoitas cousas, pero non todas… porque cando conseguen verse cara a cara levan unhasorpresa.

  8. 102

    Son adoptada, e que?

    “Son adoptada, e que?” quere lembrar unha colección que publicou a editorial Galaxia hai un tempo, presentándonos títulos que pretendían normalizar situacións que necesitaban ser tratadas de maneira habitual como “Meu pai é ama de casa, e que?, Eu vivo en dúas casas, e que?... Un dos títulos era xustamente sobre a adopción. Non nos imos referir a este libro, senón a outros, menos evidentes pero que tratan esta temática como Soños á beiramar de Rosa E. Gantes e Rafa Antón ou Quen me quere adoptar de Fina Casalderrey e Maife Quesada.

  9. 101

    Astronomía para xente miúda

    Cando presentamos Unha cidade en Marte quedamos con ganas de continuar falando de libros de astronomía. Por iso volvemos á editorial Embora para traer un par de obras: A marfallada toda da xornalista científica Floor Bal, un libro divulgativo, que nos conta "a fascinante historia de como chegamos desde o principio do universo á vida actual. "Dende a teoría do Big Bang, asistimos a como se formou o noso sistema solar, como a vida na Terra comezou nos océanos e se trasladou á terra...".O outro libro é Cantos cosmos de Estíbaliz Espinosa, con poemas e astronomía para case bebés, tal como aparece no subtítulo. "Poesía e conceptos científicos para bebés. Un experimento poético sobre o cosmos, extraordinariamente ben construído".

  10. 100

    Unha cidade en Marte

    Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgúndeles. Ou máis ben, imos falar dun libro que trata esta temática. Un libro traducido aogalego pola multipremiada María Alonso Seisdedos que aparece publicado na editorialEmbora. Un libro colectivo porque conta coa autoría do profesor de Astrofísica: GuillenAnglada-Escudé, do físico, farmacéutico e divulgador científico: Sheddad Kaid-SalahFerron e do físico, enxeñeiro aeronáutico especializado en propulsión espacial: MiquelSureda Anfres.

  11. 99

    A pés descalzos

    Ás veces unha cousa leva a outra, un tema a outro tema e un libro a outro libro. Cando, no podcast anterior, falaba de álbums ilustrados que nos remitían ao contacto coa natureza aparecía o libro A pés descalzos con toda a razón. Porque moverse descalzo é pisar a natureza suavemente, é sentila doutra maneira ao tempo que nos vemos parte dela. A autora, unha creadora e terapeuta polaca, mostraba a natureza a través das láminas en diferentes cores nas que predominaba o verde, pero tamén as páxinas con amarelos, azuis, grises… e unha explosión de cores, un mundo en technnicolor co que quería ensinarnos a forma na que as persoas altamente sensibles perciben o mundo. Pois xustamente disto quero falar neste podcast!

  12. 98

    Volver á natureza

    Hai uns días, lendo sobre as escolas na natureza viñéronme á cabeza tres títulos. Poderían ser máis, seguro, pero estes tres libros foron facendo un camiño polo que non me quediu outra que transitar. O primeiro deles é Asilvestrarse. Volver ao salvaxe de Cristian Moyano con ilustracións de Irene Cuesta publicado por Zagorí e o CSIC na colección Mentes curiosas. Un libro de divulgación científica para lectorado autónomo que vomeza así: “Aos seres humanos beneficiaríamos moito asilvestrarnos. Pero… isto que significa? Por que podería ser bo para nós? Vexamos como define o diccionario a palabra asilvestrarse… Asilvestrarse: De silvestre. 1. Volverse inculto, agreste ou salvaxe. Se lles contas á túa familia e ás túas amizades que te vas asilvestrar quizais se preocupen!

  13. 97

    Libros de mar

    Seguimos falando do mar nos libros. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Mar de mazá de Elvira Ribeiro e… seguir falando do mar, desa gran masa de auga que nos abraza e se fose esixente podería atreverse a reivindicar que o noso planeta se chamase Mar en vez de Terra.Falando de mar aparecen libros como O gran libro dos nosos mares ou Man de Camelle,Balea, As flores radioactivas, A praia da esperanza, A expedición do Pacífico, A tribodo mar, Animalia azul de Xosé Tomás e moitísimos máis.

  14. 96

    Rematou o verán

    Remata o verán e cómpre despedilo. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Vrao de Lois Alcayde outro de Poemar o mar de Antonio García Teijeiro e… falar do mar, aínda quesabemos que non todo o mundo pasa o verán no litoral.Pois ben, falando de mar aparece A escola dos piratas, As flores radioactivas, A praia daesperanza, de Agustín Fernández Paz, O gran libro dos nosos mares ou Man deCamelle, Balea, A expedición do Pacífico, A tribo do mar, Animalia azul, de XoséTomás e un longo etcétera.

  15. 95

    Todo o que aprendín pola miña conta

    Hoxe falamos de álbums ilustrados en galego publicados por editoriais de fóra de Galicia. A historia arrinca cos inicios de Kalandraka e chega ata exemplos actuais como Todo o que aprendín pola miña conta antes de chegar á escola, unha reflexión sobre edición, infancia e lingua.

  16. 94

    Cómics composteláns

    Nun podcast anterior falabamos dun cómic, Gloria. Todo é obra de artistas de Pío Barreiro, un compostelán que crea unha historia situada na construcción do Pórtico da Gloria. Agora traemos outra banda deseñada doutro compostelán, Fausto Isorna, que retoma o personaxe dunha serie, Simón Martel. Ela foi definida como a heroína máis lonxeva da historieta galega. Neste caso Simón Martel vai realizar o camino de Santiago, outro tema ben compostelán. Non podemos abandonar este podcast sen falar dunha novela gráfica, tamén situada en Santiago que é unha obra magnífica, unha distopía que lles gustará ler aos chamados xoves adultos. Os suicidantes de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero publicada por Xerais. Unha historia crúa que nos fai pensar dende o mesmo título.

  17. 93

    Gloria

    Presentámosvos Gloria. Todo é obra de artistas. O primeiro cómic de Pío Barreiro. El é o libreiro da primeira libraría especializada en comics de Santiago e leva ese nome: Komic (con K).  A libraría está situada na rúa San Pedro de Mezonzo, en Santiago, dende 1987. De vez en cando, ademais de vender libros, edítaos ou coedítaos. Esta é unha desas ocasións nas que publica con Demo, a editorial galega dirixida por Manel Cráneo e especializada en Banda Deseñada.Gloria. Todo é obra de artistas con texto de Pío Barreiro e debuxos de Lola Garcerá mostra unha viaxe á Compostela medieval durante a construcción do Pórtico da Gloria.Unha viaxe polo período románico con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo.

  18. 92

    Libros informativos 2

    Máis libros de non ficción ou informativos. O primeiro do que imos falar é de Que é a guerra de Eduard Altarriba que aparece en galego traducido por Moisés Barcia e publicado por Sushi Books. Este libro está pensado para responder, de maneira sinxela, todas as preguntas que se nos ocorran despois de ver noticias sobre a guerra. Dise que comprender como funcionan as guerras, as súas causas e consecuencias é o primeiro paso para a paz. Letras da Galicia pequeniña, Atlas da Galicia pequeniña, A Historia da Galicia pequeniña, Un día de festa en Allariz... de César Cerqueiriños e Jorge Campos. Libros nos que a combinación de texto e imaxe son moi do gusto desas persoas pequeniñas ás que van dirixidos cando están acompañados dun adulto que os guía e para ir soltándose. Produtos moi visuais que resultan de gran interese para ese primeiro coñecemento do país, unha mirada rápida para que os datos vaian soando.

  19. 91

    Libros informativos

    Imos falar de libros de non ficción, tamén chamados libros informativos ou de coñecemento. Libros destinados á xente que non acabou de medrar e ten moita curiosidade. Xente á que lle gusta saber cousas, aprender, entender o por qué do que sucede. Poden ser tan divertidos coma os libros de ficción, de feito hai crianzas que os prefiren.

  20. 90

    Isabel Blanco e os libros sobre mulleres

    Isabel Blanco e os seus libros de divulgación sobre mulleres científicas, artísticas ou músicas, no mes de marzo. Isabel Blanco é avogada pero tamén escritora, cunha mirada posta sempre na muller. Así o demostra nos álbums ao redor de Rosaura (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz ilustrados por Luz Beloso) e nos libros de divulgación: Galegas na ciencia, Galegas nas artes e Galegas na música ilustrados por María Lapido e publicados por Belagua. Neles recolle ao redor de vinte biografías de mulleres relacionadas con estes ámbitos.

  21. 89

    O triángulo vermello

    A colección "Pequena memoria", de Xerais, dirixida por Eva Mejuto, presenta álbums ilustrados con temática relacionada coa memoria democrática. Podemos preguntarnos onde está o límite nas historias que se contan ás crianzas e podemos asegurar que a dificultade está na maneira de contalas. Nesta colección apareceron os títulos A lavandeira de San Simón, escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Bea Gregores, A nena lectora, de Manuel Riva, ilustrado por Susana Suniaga, e acaba de publicarse O triángulo vermello, de Carme Vidal e Pablo Iglesias Núñez, ilustrado por Belén Diz. Esta é a historia de Mercedes Núñez, que nace en 1911 e morre en 1986: unha republicana que sobrevive ao cárcere franquista e ao campo de concentración nazi. Vai dedicar os últimos anos da súa vida denunciando a represión sufrida neses lugares que foron verdadeiros infernos. O relato da súa vida faino Pablo, o seu fillo.

  22. 88

    Un libro que son dous

    Sete días con Lía ou Sete días con Leo é o título, porque cada historia ten a súa denominación e a súa cuberta. Unha empeza por un lado e outra polo outro. Un protagonista, unha protagonista; unha historia nun lugar en paz e outra nun lugar en guerra, é dicir, nun campo de refuxiados que é a consecuencia dunha confrontación bélica. A historia dunha semana en cada un deses lugares. O seu autor, Xosé Tomás, é unha persoa imprescindible. Docente implicado que colabora sempre coa biblioteca escolar (ata por a bata de médico para facer consulta lectora), director cando hai que asumir responsabilidades, imparte relatorios e obradoiros de ilustración e banda deseñada, (do que tamén é autor cun papel fundamental na destinada a crianzas na que enche un baleiro que había na produción galega,  humorista gráfico como pode verse nas viñetas de humor da Revista Galega de Educación e no libro Manual de escola, ilustrador dos libros doutras autorías, autor de libros (a dúas mans como neste caso)… Sempre cun estilo absolutamente propio.

  23. 87

    Un par de libros de bruxas

    Un par de libros de bruxas.  Por algunha razón volveron as historias de bruxas e hai coleccións enteiras que falan delas. Hoxe traemos un par de libros que as teñen como protagonistas e que queremos destacar sobre moitos outros.Inventario de bruxas da avoa Maruxa, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Isabel Muñoz e publicado na colección Meigas de Minicumio.Escola de bruxas de María Canosa, con ilustracións de Maiky Odel, publicado por Xerais na colección Sopa de libros. Unha novela para ler e pensar.

  24. 86

    Presas fáciles

    Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o subtítulo de Hienas e estaba publicado por El Patito Editorial. A segunda entrega leva o subtítulo de Voitres e está publicado por Retranca editora. Na primeira o autor presenta o drama de persoas maiores que son engañadas pola banca coas preferetes e outros productos perversos. Na segunda (Voitres), é unha adolescente que, sen sábelo, estaba atrapada nunha escura rede de pornografía. Que teñen en común ambas obras?  Que as vítimas eran sempre presas fáciles.

  25. 85

    Os libros de Abel Tomé

    Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non  os conta máis do mesmo. Porque é quen de crear novos mundos que nos abren fiestras a outros imaxinarios, eses que andamos buscando sempre. Porque si, han de estar ben escritos, a ser posible tamén ben ilustrados, ben editados… isto supónselle para estar publicados, pero cando nos achega unha nova realidade, a realidade vista doutra maneira… daquela dámoslle a benvida!

  26. 84

    O fabricante de sombreiros

    O fabricante de sombreiros de Pinto & Chinto é unha desas xoias que cando aparecen nos alegran os días. Unha obra para permanecer, chea de orixinalidade, imaxinación e bo facer. Este dúo de creadores (David Pintor e Carlos López) tan coñecidos pola viñetas de humor no xornal como polos libros infantís, agasállanos, de vez en cando, con materiais dunha calidade superior ante os que non nos queda outra que sacar o sombreiro e saudar (aínda que vos vou contar un segredo: o señor Martus creou un sombreiro que saúda el só, sen necesidade de ter que erguelo coa man).

  27. 83
  28. 82

    A última fronteira

    A última fronteira é un álbum ilustrado de Cecilia Heikkilä traducido por David Álvarez e publicado por patasdepeixe. O primeiro que debemos pensar é que nos suxire o título. Cal é para nós a última frontera? Cando se pode pensar en viaxar cara ela? Quen queremos que nos acompañe nesa aventura?

  29. 81

    Bos títulos, tamén para a infancia

    Pensando neste asunto, ademais de libros para mocidade, tamén me acordei dun par de títulos que me gustaron. Curtiños pero moi axeitados. Un deles é Vou! de Elena Andrés publicado por Galaxia. O outro Estou ocupado!.

  30. 80

    Outros títulos moi bos

    Cóntase que nunha ocasión se xuntaron dous escritores e falaron. Un tiña un gran título pero non daba atopado o relato. O outro tiña unha boa historia pero os títulos que lle pasaban pola cabeza non lle facían xustiza… Que pasaría? Nós imos continuar con outras dúas novelas que ao noso entender contan con bos títulos e un magnífico contido. Unha delas é Que me pare o corazón se te esquezo de Andrea Maceiras, Premio Raiña Lupa da Deputación de A Coruña 2021, sobre os retos en internet. E o outro, O ceo dos afogados, de Francisco Castro no que o autor nos coloca ante unha situación de emerxencia natural ou un aviso a navegantes. Ambas publicadas na colección Fóra de Xogo de Xerais. Igual que no caso anterior escollemos unha novela actual e outra pola que pasaron uns anos pero segue mantendo  interese, entre outras cousas por tratarse dunha obra ecoloxista.

  31. 79

    Títulos que nos impresionan

    Ningunha estrela levará o meu nome é un deles. Fainos pensar, que historia pode haber detrás? Porque igual non hai estrelas suficientes no firmamento para nomearnos, ou certamente, somos insignificante e non o merecemos. Unha historia de Antonio Manuel Fraga publicada na colección oqueleo de Obradoiro hai pouco tempo. Anxos en tempos de chuvia  de Miguel Vázquez Freire publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais formou parte da Lista de Honra do IBBY 1999. Trátase pois dun libro que recuperamos, porque hai que facelo, porque no todas van ser novidades, senón tamén libros que resisten o paso do tempo.

  32. 78

    De animais e lembranzas

    Dous traballos moi diferentes.O último libro CD de Paco Nogueiras, o músico que lle pon sintonía ao noso podcast, leva o título de Son animal porque todos os poemas cancións están protagonizados por animais: o can, a vaca, o burro, o gato, a cabra, a galiña o porco, o mosquito, o parrulo, a ra e o grilo.O último libro de Concha Blanco (Eu tamén fun pequena) no que se recollen os contos que todas as noites, antes de durmir, lles conta ás netas. As historias de cando ela era pequena e vivía na aldea.

  33. 77

    Músicos

    Mozart e Haydn en Galicia. Trátase de libros protagonizados por grandes músicos que viaxan a Galicia. Fina Casalderrey trouxo a Mozart en O xenio da Cidade do Sal, un libro ilustrado por Xosé Cobas e cun CD con música coordinado e interpretado polo frautista Luís Soto e publicado por Xerais. Agora escribe Suso de Toro, tamén para Xerais, co mesmo ilustrador e coa músicaincorporada de Fisión Atlántica Ensemble dirixida por Luís Soto cos cuartetos de F.J. Haydn e as Danzas de Reis de Guláns. Trátase de O segredo de Joseph Haydn, tamén publicado por Xerais.

  34. 76

    Libros das Letras para a infancia

    Por moi difícil que pareza toda a cultura está ao alcance da infancia, simplemente hai que saber como presentala. Esta afirmación confírmase cada ano cando se trata de celebrar as Letras Galegas. Sexa quen sexa a persoa homenaxeada nas escolas, dende a idade máis temperá, vai ser traballada sempre con ese aire que caracteriza as festas pero sen perder un grao de calidade. Por esta razón, os libros dirixidos á infancia son os primeiro que saen ao mercado.

  35. 75

    Animálgama

    Un novo libro de poesía infantil. Un novo autor que nunca antes escribirá para nenos e nenas. Ramón Sánchez acaba de publicar Animálgama na colección Pitiños de Antela editorial con ilustracións de Lucía Barrios.

  36. 74

    Teño 14 anos e non é unha boa nova

    Teño 14 nos e non é unha boa nova de Jo Witek móstranos ese mundo no que ser muller e adolescente non é nada apetecible.  A novela está traducida por Antía Veres Xesto e ilustrada por Jimena Estívaliz. Preséntase como "Una historia chea de esperanza sobre a terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil." e tamén "Efi é unha das múltiples rapazas que anualmente son privadas de autonomía e liberdade. Coa súa voz, libre e progresista, resoa unha potente denuncia, un chamamento para cambiar as cousas…

  37. 73

    Carlos López e as historias pequenas

    Carlos López é Chinto, o de Pinto e Chinto, un dúo de humoristas galego formado polo debuxante David Pintor (do que xa temos falado nestes podcast) e polo guionista e autor ao que nos estamos referindo. Xuntos fan humor gráfico en La Voz de Galicia e noutros medios de comunicación, pero ademais, teñen publicado varios libros de literatura infantil xuntos (como Minimaladas e Novas minimaladas, Contos para nenos que dormen deseguida, Cámbiache o conto...). Outras veces taballan por separado, como neste caso fai Carlos López, Chinto.

  38. 72

    Día do pai

    Hoxe é 19 de marzo, nesta data celébrase o Día do Pai. Non sabemos se é moi necesario ou se realmente é unha data organizada para o consumo. Pensada para facerlle agasallos ao pai polo feito de selo. Non imos tomalo a mal, imos aproveitalo no caso de que queirades ter un detalliño con voso pai. Seguro que o merece... Por iso, vouvos facer unha recomendación de libros que seguramente lle gusten porque se vexa reflectido. Poden ser libros para esa data pero tamén os libros que todos e todas regalamos aos nosos amigos cando se van estrear como pais.

  39. 71

    Os acartonados, os minilibros e un álbum de Kalandraka

    Hai pouco publicáronse dous acartoados de Eric Carle: Da cabeza aos pés (enteiramentedel) e Oso pardo, oso pardo, que ves aquí? realizado con Bill Martin Jr. Trátase delibros para prelectorado que vai aprendendo o nome dos animais e as cores nun caso, edescubrindo as partes do corpo mentres xogan a moverse como algúns animais.Os minilibros son 7 libriños que veñen nunha caixa. Na actualidade hai sete caixas deminilibros para ler ás agachadas, para levar no peto... E un álbum para non perder: Avolta ao mundo de Javier Villafañe con ilustracións de Juan Ramón Alonso.

  40. 70

    A esencia do humano. Día Internacional da Lingua Materna

    O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural do planeta. Foi establecida pola UNESCO en 1999, e recoñecida pola ONU no 2008 Ano Internacional das Linguas. Ten a súa orixe nos feitos de Bangladesh en 1952 cando varios estudantes morreron nas protestas do Movemento pola Lingua Bengalí. A esencia do humano é un libro moi especial. Escrito por Victor D. O. Santos, ilustrado por Anna Forlati e traducido por María Reimóndez e está relacionado con esta temática.

  41. 69

    Dous premios: Arume de Poesía para a Infancia e Fina Casalderrey para a igualdade

    O premio Arume está convocado pola Fundación Neira Vilas coa colaboración de GALIX e o patrocinio de Deleite. Acaba de publicarse Os versos da mariola de Antón Cortizas que foi o poemario ganador na convocatoria anterior. O premio Fina Casalderrey de Literatura para a Igualdade, está convocado pola editorial Baía e o último premio concedido e publicado foi E que vai ser? de Adelaida Vidal.

  42. 68

    A nave dos fatos

    Quen dixo que a rapazada non pode acceder á arte de todo tipo? Este é un libro homenaxe a Brueghel, O Bosco e algún pintor máis como Patinir: A nave dos fatos.

  43. 67

    Dous libros: Monstr3s e O paso do Noroeste

    Dous libros:Monstr3s de Laura Parrula e Óscar Villán para criaturas pequerrechas Unha boa historia que nos fala dos medos, do temor ante "o outro", ao descoñecido ou descoñecida e a amizade que salva todas as dificultades.Para lectorado experto e xuvenil, O paso do Noroeste, unha novela gráfica que adapta aquela coa que Xavier Queipo ganou o Premio García Barros e na que traballa man a man con Primitivo Marcos. Unha expedición científica que agacha algo máis e ao que terá que enfrontarse o capitán nesa viaxe igual que terá que facelo coa realidade europea á volta da viaxe.

  44. 66

    Nadal

    Nadal con a de agora vacacións, de agasallo, de arume ou folla do piñeiro, de ano novo, de ánimo para vivilo, de alegría para gozalo, de aí veñen os reis, de aquí estamos nós. Tempo de querernos aínda máis e demostralo con pequenos galanos, o mellor deles, xa sabemos: un libro. Hai un libro para cada un e unha de nós, nestes audios témolos e tamén no blog De libros e outros agasallos, só temos que escoitar, ler e pasar pola libraría. Bo Nadal!

  45. 65

    Os migrantes

    Un libro para lectorado que comeza a ler e quere pensar.Os migrantes de Marcelo Simonetti e María Girón publicado por Kalandraka, para falar do que hai detrás desa palabra que lle dá título e está tan de actualidade. Porque... que son os migrantes? Un doce, un xogo, unha mascota...? Debemos terlles medo? Este álbum é unha fiestra aberta ás palabras e o seu significado, ao pensamento infantil, á relación entre irmáns, ao que un supón que sente o outro, ao que fan xuntos no día a día, á observación da natureza

  46. 64

    En novembro, ciencia

    En novembro, ciencia, porque novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, falaremos de libros de coñecemento, de libros de divulgación científica.

  47. 63

    Aí ven o Samaín

    Samaín chámase a festa creada polos pobos celtas, entre eles o galego. Segundo as súas crenzas, a noite do 31 de outubro daba comezo o novo ano, marcando o final do tempo das colleitas ou da luz e o inicio do inverno ou estación da escuridade.

  48. 62

    Historias revisitadas. Libros que recollen relatos de sempre, escritos doutra maneira

    A reescritura de historias está moi de actualidade, darlle a volta ao conto, que o conte un narrador diferentes, que os personaxes vaian dunha historia a outra, que bo pase a ser malo e viceversa, que non repitamos todo o tempo o mesmo libro.

  49. 61

    Estrelas galegas da ciencia

    Publicado por Hércules de Ediciones conta cos textos de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Bures. As ilustracións son de Clara Cerviño. Estamos ante un libro de divulgación científica, un libro que nos fala de científicos e científicas galegas que son moi descoñecidos para a meirande parte da poboación. Queremos que a rapazada os coñeza, que saiba que tamén nese campo temos destacado dende Galicia.

  50. 60

    Libros de cartón para persoíñas con mans redondas e dedos gordechos

    Libros para prelectorado, para que non lles coste traballo pasar as páxinas e para que poidan repetir unha e outra vez a lectura, adiantándose ou seguindo ao adulto que os acompaña, coa axuda das ilustracións.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

HOSTED BY

Radio Ateneo

CATEGORIES

URL copied to clipboard!