PODCAST · society
Loco Iván
by LocoIvan
Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte, non tardaron en fugarse do dungeon no que estaban recluídas. Hoxe, aínda buscadas polo master, sobreviven como radioaficionadas de fortuna. Se ten vostede algún problema e se as atopa, quizais poida escoitalas.
-
20
5x23 Grandes Rivalidades
As historias de grandes odios e rivalidades son das que máis nos molan. Personaxes da ficción ou da vida real que fixeron da súa rivalidade o seu modo de vida, e que sen ela nada tería sentido. Ali contra Frazier, Iceman contra Maverick, Maverick contra a súa identidade sexual, Batman contra o Joker, Stalin contra Troski ou Daniel Larusso contra Jhonny Lawrence foron fonte de inspiración para incribles historias de loita, odio e rivalidade suprema.
-
19
5x22 Biografías
Tocaba falar xa de biografías ou biopics, que sempre hai cousas interesantes que contar sobre a vida de personaxes famosérrimos do cine, literatura, videoxogos ou cómics.
-
18
5x21 Parellas
Non, non se trata do póker, falamos de relacións humanas amorosas ou poliamorosas dentro das historias que nos gustan. Epi e Blas, Tintín e Milú, Astérix e Obélix, Batman en Robin... grandes romances que formaron parte das nosas vidas. Falamos de moitas cousas, especialmente da mellor parella de todas, a que fai este programa coa ranciedade.
-
17
5x20 Longa Duración
O tamaño importa, ou non, depende. No caso das obras que nos gustan, o tempo que duran pode ser un lastre ou un atractivo máis. Tocaba falar de cousas que duran e duran sen que elo quera dicir que son aburridas por iso, ou que si o son precisamente por iso. Obras longas que se fan curtas, obras curtas que se fan longas ou obras longas que axudan a durmir unha boa sesta.
-
16
5x19 Loita de Clases
Hoxe tocaba falar do motor das nosas vidas soviéticas; a loita de clases. Pero na ciencia ficción, que xa temos loita de clases abondo nas nosas vidas, así que fixemos un repaso por aquelas obras onde a loita de clases está moi presente. Coma sempre, tivemos música, risas e delirios varios.
-
15
5x18 Execucións
Quen non coñece algún método de execución para acabar cunha persoa? Ao longo da historia inventáronse moitos métodos de asasinar persoas, algo do que tamén no contou a literatura, cine, cómics ou videoxogos. A pena de morte está mal salvo para quen non recolle a caca dos cans ou pon cebola na tortilla sen preguntar primeiro, pero na ficción mola porque é ficción. Así que falamos de métodos de axustizamento nas historias que nos molan.
-
14
4x17 Guerras Mierder
As guerras non molan, salvo nos contos, pero as que máis molan son as guerras mierder, esas guerras ridículas que tanto valen para unha campaña electoral como para lanzar 40 mísiles nucelares. Así que hoxe falamos de guerras ridículas, escoitamos algo de música e falamos de cousas de moito falar.
-
13
5x16 Linguaxes
As linguaxes permiten expresarnos, ou non, pero hai outras linguaxes que permiten expresarnos de xeito oculto, facer maxia ou lialo todo. Hoxe falamis de linguaxes e códigos secretos que pululan polo mundo da fantasía e tamén polo mundo real. Falamos de Thief, de The Witcher, de mensaxes ocultas, de Tolkien, dos pitufos e dos petisos cambiais. E todo iso regado con boa música e algo de vodka.
-
12
5x15 Liortas
Como non nos van molar as liortas se a gloriosa unión Soviética é froito da mellor liorta de todas? Pero non queriamos falar de nós, senon das liortas que abondan nesas historias máxicas que tanto nos gustan. Falamos de videoxogos como Riot: Civil Unrest, A Force More Powerful, da película La Haine, da Ronda de Noite de Terry Pratchett e de Harry Harrison...
-
11
5x14 Napias
Con tanta PCR hoxe tocaba falar de napias, probóstides e demáis protuberancias faciais. As narices tamén teñen o seu oco nas historias que nos gustan e hoxe era un bo día para falar delas. Así que falamos de Cyrano, de Roxanne, de Hanna Puti e de moita música de moito molar, como a de Siniestro Total - Total Sinister.
-
10
5x13 Heroínas siderais
Este foi un programa moi especial porque quixemos facer unha homenaxe a unha camarada que partiu de viaxe para o cosmos, onde os seus átomos mesturaranse cos do universo e quen sabe se algún día poderán dar lugar a unha nova forma de vida nun mundo máis xusto. Loli Patiño ficará sempre nos nosos pensamentos revolucionarios como exemplo de loita, tenacidade e bondade. É por iso que quixemos falar no noso programa das heroínas siderais que nos acompañaron nas numerosas historias que nos gustan. Tamén tivemos a música de Halestorm, Pretenders, L7, Pretty Reckless, Kittie, Hole e In This Moment. Tamén falamos de Hypathia, de Fantômme, de Yaya Ceravella e moitas outras.
-
9
5x12 Vinganza
Din que a vinganza é un prato que se serve ben río, pero un pouco de calentón do momento tampouco é mala cousa. Tocaba falar de vinganzas xustas e necesarias, como a da Mamba Negra, a dos rapaces de Reddit, Juda Ben Hur e tamén puxemos musicola de Suicidal Tendences, System of a Down, Kingsx, Green Day, Cee Lo Green e Green Day.
-
8
5x11 Que frío!
Frío? que vai facer frío, ho. Nós pasamos frío cando a temperatura baixa de -50º Centígrados, que é cando temos que meter as mans nos petos. Pero xa que o frío non existe, que é a ausencia de calor, hoxe tocaba falar do frío na ficción, é dicir, na imaxinación desas autoras e autores que contan cousas de moito contar.
-
7
5x10 Reises e raíñas
Nós tratamos mellor que ninguén a reises e raíñas, ou mellor dito, zares e zarinas. Non o fixeron mal, tampouco, en Francia, pero hoxe queriamos falar de reises e raíñas nas historias e contos que nos gustan. E logo xa veremos se lles damos o tratamento que merecen.
-
6
5x7 Mulleres
Hoxe, coma sempre por estas datas, queriamos falar de mulleres especialmente especiais. Mulleres que fixeron cousas incribles; como Lynn Margulis, as Bruxas da Noite, Rosalind B. Penfold e Billie Hollyday. E tivemos tamén musicola de mulleres mullerosas.
-
5
5x9 Censuras
Ao longo do tempo, sempre houbo alguén que pensou que era mellor pensar polos demáis sobre que podían ver, ler ou dicir. Naturalmente estas persoas podìan ver os contidos que prohibían ás demáis persoas. No programa de hoxe falamos de censuras pero dentro das cousas que nos molan, como Mogambo, Tiny Toons, Carmageddon, South Park, The Kinks, as Tartarugas Mutantes e moitas cousas máis. Tamén houbo música ata de Franklie Goes to Hollywood.
-
4
5x8 Adeus e gracias
Hai despedidas que son tristes, outras que supoñen un alivio. No programa de hoxe tivemos a sorte de poder falar cos camarads de Nao, lexendario grupo desa terra indomita chamada Gallaecia. Falamos con eles e tamén de series, películas e videoxogos que igual era mellor que non tiveran continuación, ou si.
-
3
5x6 Penetrations
Hackers, invasores, viruses... todo o que sexa saltarse unha barreira é unha penetración. Hoxe tocou falar de vacinas, de hackers punkarras, de tartarugas mutantes de xa nin sabemos de que máis. E coma sempre, con musicola de moito botar.
-
2
5x5 Bálsamos de Fierabrases
Menciñas e menciñeiros, bálsamos, pócimas e potingues, hoxe tocaba falar de mediciñas milagreiras que din que funcionan, ou non. Falamos da cola especial Conrad, da historia negra da mediciña, do Bruxo e de facer gárgaras con bicarbonato. Tamén puxemos música.
-
1
5x4 Tabernas
As tabernas, uns dos mellores lugares do mundo e que nestes momentos pasan por gran dificultade. Hoxe tocaba facer unha homenaxe a estes espazos que tan bos momentos e historias nos deron. Sirva este programa coma homenaxe.
-
0
4x3 Claustrofobia a domicilio
Esta noite, véspera de Samaín, noite máxima onde as haxa, falamos de fogar...bueno, falamos quedar pechados en domicilios onte posiblemente ocorran cousas sinistras, un tema moi recorrente na cultura do terror e que ben que nin pintado tendo en conta que estamos a piques de confinamento.
-
-1
5x2 Ranciers de onte e hoxe
Seguimos viaxando polas profundidades do Río Monelos para traervos cousas que atopamos nestes días de pandemia, tan propicios para a ranciedade. Volvemos falar de Hamilton e tamén falamos de James Randi, recén falecido, de "Fillas de Sangue", dos "Sete de Chicago" e de "Destripando a Historia".
-
-2
5 x 1 Que fixemos?
Unha nova tempada despois de varios meses aillados polas remotas augas do descoñecido. Comenzamos unha nova singladura repasando as cousas que fixemos estes meses ou que atopamos e nos pareceron interesantes. Falamos de Hamilton, Dobraxes e Mazmorras, Cherloc Holms, Partisans, Sputnik, Dune, Space Haven e algunha cousa máis.
-
-3
4x17 Runners
Unha das criaturas máis molestas que pululan polas nosas vilas e cidades son os runners. Medraron coma cogumelos e invadiron rúas, beirarrúas e, maiormente, carrís bici. Corren coma polos sen cabeza con auriculares nas orellas, infatigables e fatigables ao mesmo tempo. No último programa da tempada quixemos falar destes seres tan peculiares. Ademáis falamos de cousas de moito falar e escoiramos música de moito escoirar de Riot, Cake, Sheryl Crow, Crowder, Five Finger Death Punc, Bruce Springsteen e Metallica. Pasámolo moi ben esta tempada a pesar do cautiverio. Gracias por estar aí.
-
-4
4x16 Aburrimento
Nun submarino non te aburres, sempre hai algo que facer incluso desde o batiscafo. Pero si hai cousas aburridas que nos molan e cousas divertidas que nos aburren, e todo o contrario. Así que fixemos un rebumbio das cousas que non non gustan ou parecen aburridas e outras que si. Falamos de Xapón, dos Sims, de Lost e de máis cousas, e tamén tivemos a música aburrida de Genesis, que aínda non rematou a canción que puxemos o venres, e a non tan aburrida de Choke, Godsmack, Iggy Pop, Dropkick Murphys e algunha máis que quedou por aí solta. O programa máis aburrido de todos.
-
-5
4x15 Supervivencia
Sobrevivimos a pesar da pandemia e o confinamento, aínda que nós sempre estamos confinadas porque viaxamos en submarino. No programa de hoxe falamos dehistorias de supervivencia, de supervivintes na literatura, videoxogos, cine e series que nos gustan. Ademáis tivemos música de Axxis, Andra, Pearl Jam, Survivor, Mónica Naranjo, Pearl Jam, Nine Inch Nails, Rise Against e Metal Head. Sobreviviremos á pandemia e ao capitalismo, porque Lenin nos protexe.
-
-6
4x14 Prisións
Que mellor ca un confinamento para falar de confinamentos nas prisións? No programa de hoxe falamos de prisións, cadeas, gaiolas e engaiolados na literatura, cine, series e videoxogos, sempre desde os nosos batiscafos personais. Adenáis tivemos música de Jhonny Cash, Soundgarden. Offspring, Thin Lizzy, The Bones, Ethernal Elysium, The Clash e algunha máis. Pasámolo moi ben a pesar do cautiverio.
-
-7
4x13 Chivatos
Co confinamento apareceu unha nova especie de seres despreciables, son os chamados chivatos de balcón ou balconazis. Xente sen escrúpulos que coa excusa do confinamento sacan a flote os seus instintos máis primarios. Así que no programa falamos de chivatos nas historias que nos molan dentro do cine, literatura, series e videoxogos. Fixemos o programa desde o batiscafo, porque nós tamén estamos doblemente confinados; no submarino do resto do mundo e no batiscafo de nós mesmas.
-
-8
4x12 Confinamento
Nun submarino os confinamentos son moi longos. Podemos pasar varios meses debaixo da auga, e claro, xa estamos afeitos a estar pechados. É por iso que hoxe fixemos un programa especial desde o confinamento. A tripulación fixo o programa desde os seus cubículos particulares ou tamén desde os batiscafos, e todo iso para recomendaros cousas para facer en longos períodos de confinamentos. Falamos e falamos e non paramos de falar, aínda que tamén tivemos algo de música, algunha ca outra risa e desaparicións misteriosas. Saúde, camaradas, e que pase pronto.
-
-9
Muller traballadora
Ás portas do 8M, quixemos falar das mulleres gloriosas na ficción e na realidade, moitas veces esquecidas ou minusvaloradas precisamente pola súa condición de mulleres, como Katherine Johnson, recentemente falecida. Ademáis tivemos a sorte de falar con Eliana Martins, xornalista do colexio de psicólogas de Galicia, quen nos contou moitas cousas interesantes sobre a situación da smulleres. E, como non, tivemos música das Runaways e tamén das grandes compositoras esquecidas da música clásica.
-
-10
Falsidades
Tocaba falar hoxe de enganos, falsidades, trampas e magufadas. Na realidade e na ficción, aínda que por propia definición as magufadas son ficción. Falamos de moitas cousas de moito falar e tivemos a sorte, unha vez máis, de contar coa gloriosérrima camarada Estíbaliz Espinosa, que viña de organizar as xornadas Estreladas. Ademáis tivemos música de Nine Inch Nails, de Mocedades e de Luis Cobos and the Heartbreakers. Pasámolo moi ben, pero sen vós non tería sido o mesmo.
-
-11
Monty Python
Os grandes mestres do humor, auténticas lendas. Poucos hai que nos fixeran rir tanto. Coa morte de Terry Jones, aproveitamos para hacer unha homenaxe a uns auténticos xenios. Falamos da súa obra, de curiosidades e volvemos a repasar algúns dos seus momentos lexendarios. Ademáis entrevistamos a Nico Campos, ex-presidente da asociación de guionistas de Galicia e tivemos a música dos Monty Python e unhas cantas risas.
-
-12
4x8 Rapazada
Hoxe falamos desas pequenas criaturas humanas que tanto nos fascinan e, por que non dicilo, amolan en moitas ocasións. Pero queremos falar da rapazada na ficción cando son protagonistas directas de historias abraiantes.
-
-13
4x7 Lúa
Noite de lúa chea e de eclipse perianal, que non sabemos o que é, así que chamamos ao glorioso camarada Borja Tosarovich para que nos conte todos os segredos da lúa e outras cousas ben interesantes que nos contou. Ademáis diso, falamos da lúa nas diferentes obras que nos molan, ou non tanto. Tamén tivemos música, disparates, cuñadeces e algunha risa.
-
-14
4x6 Seica Chove
Chove tanto que xa non sabemos se andamos pola superficie ou pola fosa das Marianas. Así que aproveitamos para falar das historias que nos trae a choiva, que non son poucas. Molladuras siderais que inundan o ben e o mal sen distinción de cores. Falamos con Garou, máster do universo e tamén dunha "Escape Room" desas que están de moda. Pero a de Garou é moi especial. Ademáis tivemos música de Violent Femmes, The Doors e Soundgarden, que acompañaron os diversos problemas xurdidos na sala de máquinas por causas alleas a nosa vontade.
-
-15
4x5 Longas viaxes
Moito nos gusta viaxar no noso submarino, pero o que máis nos gusta son as historias que se producen nestas viaxes. Hoxe toca falar de longas viaxes, sobre todo daquelas que se producen por medios rudimentarios ou rarunos. Falamos do Sr. Rossi, de Ulises, de Kung Fu, do Rachaneves, do tren ao Inferno e de moitas cousas máis. Tamén tivemos a sorte de contar con Alberto Díaz, da Plataforma Pola Defensa do Tren, que defenden a mellora do tren en Galicia. Ademáis tivemos música de Ram Jam, da banda sonora do Senor dos Aneis e da banda sonora do Outcast.
-
-16
4x4 É o mercado, amigo
Un novo programa máis, ou menos. O venres do noxento "black friday" tocou falar dos mercados, de capitalismo e demáis porcalladas. Nós non somos de venres negros, somos de outubros vermellos. E xa que falamos de mercados, tivemos con nós á gloriosa Helena Martínez, cooperativista de Zoca Miñoca, unha cooperativa de consumo que esta finde cumpría 10 anos. Parabéns. Ademáis tivemos música de Rage Against the Machine, Liza Muinelli e Joel Grey, discutumos se Star Trek é comunista ou socialista e bailamos con Sherezade.
-
-17
4x3 Intelixencia Artificial
Hai vida intelixente neste planeta? pode considerarse viva unha intelixencia artificial? Envidia vostede ás persoas intelixentes? Son preguntas que nos plantexamos todos os días, así que acabamos por facer un programa sobre intelixencia artificial. Falamosde Hal 9000, de Shodan, de Westworld, de música composta por intelixencia artificial e de grandes fracasos na creación de trebellos intelixentes. Ademáis, tivemos a sorte de contar coa gloriosa camarada cósmica Estíbaliz Espinosa. Un compendio. Contounos cousas de moito contar, de submarinos nazis, de Esther e da súa selección como finalista no premio Tren 2019. Escoitamos a música de Prodigy e dunha cousa feita por intelixencia artificial.
-
-18
4x2 Malas Ideas
Na súa cabeza era espectacular. Só nela. Cando saiu, acabou resultando un desastre. Moitas veces as malas ideas son máis interesantes que as boas, por iso no programa de hoxe falamos dalgunhas das peores. Ademáis tivemos a música de Failure, Hard Ons e dunha parella infame chamada Milli Vanilli, que facían kara ou ke e foron precursores do anarosaquintanismo. E tivemos a sorte de contar co glorioso escritor Xosé Duncan, que ten novo libro e un montón de ideas que quere levar á práctica, pero todas boas.
-
-19
4x1 Drogas
As drogas, sustancias aliadas do capitalismo porque axudan a mantelo. Personaxes históricas como Truman Capote, Louisa May Alcot, Sigmond Freud, Santa Teresa ou Tojeiro lograron a fama, en grande parte, debido ás drogas. No comunismo non precisamos drogas, porque temos a felicidade de serie. E o vodka, como ben sabedes, é alimento que forma parte da dieta caucásica. No programa falamos de drogas na ficción e na realidade, na relixión, no cine, na literatura e na música. E tamén falamos dos misterios dos cemiterios con Fátima Elías, que ven de publicar o libro "A Voz dos Mortos", que conta moitos dos seus segredos. Ademáis tivemos a música de Drug Churh e de The Strokes.
-
-20
3x20 Sexo
O último programa da tempada tiña que ser sobre sexo, un ben moi escaso no noso submarino. O sexo move o mundo, pero só no comunismo pode disfrutarse no seu máximo esplendor. Falamos do sexo nos diferentes medios que nos molan, e tamén tivemos a sorte de contar co glorioso Senador Sande, recén nomeado para un non menos glorioso retiro dourado no yakuzzi do Senado. Ademáis tivemos a música de Labelle, de Revolting Cocks, de Chris Isaak e de Nine Inch Nails e falamos de cousas de moito falar. Vémonos na vindeira tempada, ou non, quen sabe. Pero gracias por estar aí todo este tempo.
-
-21
3x19 Radiactividade
Nucelares si, por suposto. Hoxe era un día para falar de radiactividade, perigosa pero que serve para que poidamos ter historias marabillosas que contar nos baixos dun edificio deseñado por Le Corbusier. A radiactividade é boa, aínda que non tanto como a gloriosa camarada Estíbaliz Espinosa, artista multipurpose, poetisa, divulgadora científica e suma pontífice da gloriosidade. Ademáis tivemos música, o relato de Ray Douglas Bradbury e falamos de cousas de moito falar na nosa apretada inmersión. Coma sempre, gracias por estar aí
-
-22
3x18 Novatos Siderais
Sempre hai unha primeira vez para todo e todo o mundo foi novato algunha vez. É por iso que no programa de hoxe reivindicamos a novatez, tantas veces bilipendiada. A novatez mola, é o primeiro paso para a experiencia, e neste caso tamén falamos de debuts que xa quixeran ter moitas persoas presuntamente máis experimentadas. Ademáis tivemos ao empresario coruñés Bruno Baleato, responsable do Humor Amarillo Oficial da Coruña, onde poderás emular aos xaponeses que mallaban neles coma se foran polbos. Escoitamos a música de Slip Knot, Ella Fitzgerald, Milecollin, David Bowie e a banda sonora do Pathologic 2.
-
-23
3x17 Imperios Malvados
Despois dunha paréntese, volvimos de novo ao noso querido submarino para falar dos imperios malvados que encheron de maldade o mundo real e imaxinario. Falamos de Drows, de capitalismo, de Dungeon Keeper, trouxemos un relato de Ridder Haggard e puxemos a música de The Reptiles, Rage Against The Machine e Aj Covers. Ademáis, tivemos a Xurxo Fernández, membro de Pandereteiras sen Fronteiras (PanSenFron), quen nos falou da súa organización e das súas viaxes de pandereitada polo mundo adiante. E ademáis tivemos unha nova incorporación, a camarada Mirova.
-
-24
3x16 Mentiras Podridas
Nunha época na que as mentiras e a propaganda están á orde do día, era un bo momento para falar no programa das grandes mentiras nesas historias que tanto nos gustan. Mentiras por todas partes, fake news, propaganda... algo que non é novo, pero que igual é máis intenso. E para falar de mentiras podridas tivemos con nós a gloriosa Mercedes Cernadas, xornalista que ten unha asesoría de comunicación chamada mércores. Tivemos o relato da Historia Interminable, a música de The La La Lies, Big Star, Sex Pistols e tamén falamos de cousas de moito falar na nosa pequena inmersión. Gracias por estar aí
-
-25
3x15 Catástrofes Medioambientais
No día da folga estudantil contra o cambio climático fixemos un alto no camiño para falar de desastres medioambientais, cando a natureza deixa claro quen manda. Non sin lembrar que o noso reactor nucelar non contamina, porque o plutonio é enerxía limpa e pura que non emite gases ponzoñentos á atmósfera. Un producto natural 100% que nos da enerxía para poder viaxar polos lugares máis máxicos sen perder o bronceado. Ademáis tivemos con nós a Alberto Prado, glorioso estudante e activista que foi unha das persoas que organizaron os actos de hoxe na cidade de Corun-Ha. Tamén tivemos música, risas, videoxogos, relato, series e libros. Pasámolo moi ben, pero non sería o mesmo sen vós. Gracias por estar aí.
-
-26
3x14 Lugares Máxicos
O noso submarino avanza lentamente pero sin pausa nas súas viaxes polo mundo da imaxinación e do descoñecido. Nesta ocasión para falar de lugares máxicos, eses sitios diferentes e especiais que nos fan sentir mellor cando os visitamos. Como a librería Kikomic, en perigo de desaparición por culpa do capitalismo e que prepararon un crowfunding en Verkami para poder saír a flote. Falamos cos seus gloriosos responsables. E tamén tivemos a música de Primus, The Lords of Acid, The Legend of Xanadu e falamos de vikingos, floristerías e un montón de cousas máis. E de GoG, outro sitio máxico que ten problemas financieiros. Gracias por estar aí.
-
-27
3x13 Moñeques
Que sería de nós sen os bonecos cos que medramos? Epi, Blas, Peggy, Rossie Fraggle, Gustavo, Sprocket, Misha e tantos e tantos outros? Porque nos gustan os bonecos e as historias que nos contan, tivemos un programa dedicado a estes seres de trapo ou madeira, cunha mención ao gran Jim Henson, mestre titiriteiro lexendario. Igual que o noso convidado de onte, o glorioso Carlos Clemente, Licenciado en Arte Dramático e impulsor da sala Gurugú, nesa estrana cidade chamada Corun-ha. E tivemos a música de David de los Bowies, Toy Dolls, a banda sonora do Cristal Escuro e a mítica canción de Fraggle Rock. Imos a cantar, a bailar, a rir e a beber vodka con moita moderación.
-
-28
3x12 Mitos
Lanzamos o programa de hoxe dedicado a mitos, sexa mitoloxía, mitomanía e tamén outro tipo de mitos, as lendas urbanas. ¿Que sería das noites de vodka con moderación se non houbera lendas urbanas? ¿que sería do cuñadismo? E por se non houbera mitos abondo, tivemos a sorte de contar co glorioso Xurxo Souto, músico, escritor, terrícola e lenda vivinte. E pasámolo moi ben coas súas historias do mar. A música foi de Mojo Nixon, Cream, a banda sonora de Myth, The Bates e Billie Hollyday. O submarino non para case nunca. Gracias por estar aí,
-
-29
3x11 Traizóns!
Seguimos a nosa singladura polo mar de seres infames para achegarnos ao mundo das grandes traizóns, unha práctica que levamos anos padecendo na Unión Soviética. Traidores que usaron a confianza posta neles para saírse coa súa sen importarlles o dano causado. E falamos desas persoas no mundo da literatura, cine, series e videoxogos. Tamén falamos co glorioso historiador Suso Martínez, quen fai guías turísticas teatralizadas que teñen gran éxito. Puxemos a música de Bob Dylan, Black Label Society, Godsmack e a banda sonora de "A Rede Social". Pasámolo moi ben e non nos sentimos traizoados por vós, que estades aí fora na superficie.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte, non tardaron en fugarse do dungeon no que estaban recluídas. Hoxe, aínda buscadas polo master, sobreviven como radioaficionadas de fortuna. Se ten vostede algún problema e se as atopa, quizais poida escoitalas.
HOSTED BY
LocoIvan
Loading similar podcasts...