Skip to content
No fondo podcast artwork

PODCAST · fiction

No fondo

by Raquel Couto Antelo

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Dec 22, 2024 · Source feed

Episodes

  1. No fondo: capítulos de 41 a 51

    Agrupación dos derradeiros once capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

  2. Capítulo 51. O mar sempre volve ó seu

    Este é o derradeiro capítulo da novela No fondo, e non vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido e iso que eu son desas ás que lles gusta saber o final para valorar se a historia paga a pena. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os cincuenta capítulos anteriores, ou, ou...

  3. Capítulo 50. Tempo de desconto

    Xiana, Salva e Carlos quedan no Porto de Lorbé mentres ven desaparecer a lancha que as trouxo na escuridade da noite, poñendo punto final á historia do tesouro, á gaita da conspiración, á leria da Little Venice e á todo o que tiña que rematar; e aínda así, espera atopar a Ramón ó chegar á súa casa.

  4. Capítulo 49. Conta atrás

    Andrés bota a correr aproveitando que Carlos se distraiu ca presencia de Xiana e Salva. Cando Carlos nota a súa falta bota a andar polo hangar seguindo uns pasos que escoita ó fondo dun corredor. Xiana e máis Salva van detrás del sen decatarse de que cada vez está máis escuro, de que descoñecen o...

  5. Capítulo 48. Contrarreloxo

    Carlos leva a Andrés collido polo pescozo e a punta de pistola ó hangar dos helicópteros plegables, para que lle dea os cartos dos que lle oiu falar ó seu sogro. E, pese ás advertencias de Carlos, Xiana y Salva van detrás deles e cando entran no hangar, ven a Carlos dando voltas mirando ó teito...

  6. Capítulo 47. Adrenalina

    Xiana desperta no chan da súa casa diante de Sandra, Salva, Paco, Alberto, Andrés e Alicia. A parte da sorpresa alegre de volver ver a Sandra despois duns días sen saber dela e a vergoña de despertar espida diante de tanta xente, vai levar un bo susto.

  7. Capítulo 46. Tocando fondo

    Despois de entregarlle as escrituras á Concellala van á casa de Xiana, ela desconfía da actitude de Ramón, pensa que el sospeita algo das escrituras que lle roubou, pero, en realidade, a cousa non vai por aí.

  8. Capítulo 45. Poder

    No camiño da casa de Argimiro ó punto de entrega das escrituras á concellala, Xiana sinte o poder das escrituras e cae na tentación de coller tres delas, aproveitando que Ramón está concentrado en chegar a tempo. O problema vai ser atopar onde agochalas para que Ramón non a descubra.

  9. Capítulo 44. Argimiro reload

    Unha vez Ramón se "decata" de que as escrituras non son auténticas volven á casa de Argimiro, entra adoecido e ameázao con destruír o máis preciado que ten se non lle entrega as escrituras verdadeiras.

  10. Capítulo 43. Argimiro disconection

    Xiana e Ramón volven ca carpeta das escrituras que lles dou Argimiro. Fan unha parada no hotel de Ramón onde éste selecciona unhas escrituras, que lle dá a Xiana para gardar mentres el vai entregarlle á Concellala a carpeta co resto das escrituras. Por pasar o tempo, Xiana, xa na súa casa…

    more
  11. Capítulo 42. Argimiro conection

    Argimiro é un funcionario gris dos funcionarios grises de toda a vida, con sona de home íntegro porque nunca ansiara participar nas intrigas do Concello. É por iso que as concellalas pensan nel para que lles bote unha man co das escrituras, poñendolle ó alcance da man unha oportunidade que nunca...

  12. Capítulo 41. Amencer

    Xiana e Ramón despertan no Dique de Abrigo, o bosque desapareciu e a marea está baixando. Ramón fala ca concellala para averiguar a identidade do seu cómplice e quedan con el para falar das escrituras.

  13. No fondo: capítulos de 31 a 40

    Agrupación dos dez capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

  14. Capítulo 40. Fiando fino

    O concellal sabe que se lle foi a lingua co seu xenro e chama a Andrés para ver como vai a cousa. Andrés está no hangar supervisando a descarga dos maletíns, cando Ramón chega e se pon a abrilos con moita ansia.

  15. Capítulo 39. Tecendo a tea

    Carlos decide chamar a Salva para tratar de sacarlle algo de información e chegar ós cartos antes que o seu sogro. Salva pensa que quere falar do seu caso e insístelle para quedar esa mesma noite. Quedan nun bar e, tras unhas compas, Salva acaba contándolle toda a historia.

  16. Capítulo 38. O bosque animado

    Xiana e Ramón camiñan polo bosque sen rumbo, só guiadas pola marea e rematan nun peñasco ó final do Dique de Abrigo porque Ramón cansa de andar e teme morrer afogado, claro que dicirlle a Xiana que na vida hai máis ca cartos, tampouco lle axuda moito a sobrevivir.

  17. Capítulo 37. Que dixeches que dixen?

    Alberto vai todo o camiño cara a casa de Xiana pensando na maneira de escaquearse. Por sorte, cando están diante do posto de filloas, a piques de comezar co plan, aparecen unhas turistas que lle enchen o ollo a Andrés e ambos marchan con elas, librándose ter que "entreter" a Salva; aínda que…

    more
  18. Capítulo 36. Que dis que dixeches?

    A Alberto non lle parece ben o plan que traza Ramón para quedar cos cartos unha vez Xiana os saque das profundidades, e moito menos ben lle parece a idea que lle plantexa de que ten que "entreter" a Salva, mentres él se encarga de Xiana.

  19. Capítulo 35. Perdid@s

    Xiana e Ramón adéntranse no bosque que naciu da semente dun metrosidero dos que había nos antigos Xardíns de Méndez Núñez. Ela faino aproveitando a cara de pánico de Ramón, coma unha coacción sutil para facerlle confesar todo o que ten que confesar, sen decatarse de que, ela, tampouco ten…

    more
  20. Capítulo 34. Conspiración

    María, Josefa e Carme afrontan xuntas o trato inxusto que reciben o seus departamentos en favor do de Urbanismo, e deciden urdir un plan para sacar proveito da operación que sospeitan que están artellando desde o Concello polo do maremoto.

  21. Capítulo 33. A historia (Segunda parte)

    Ramón sigue contando as motivacións das partes implicadas na historia e a orixe dos cartos depositados na caixa forte da Caixa Universal; e, tamén, fala do contido dun maletín concreto que é o obxectivo da Concellala e que non Xiana non rescatou no seu primeiro intento. Cando lle insiste para que...

  22. No fondo: capítulos de 21 a 30

    Agrupación dos dez capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións

  23. No fondo: capítulos de 11 a 20

    Agrupación dos dez capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

  24. No fondo: capítulos de 1 a 10

    Agrupación dos dez primeiros capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

  25. Capítulo 32. A historia (Primeira parte)

    Según Ramón, cando Andrés contacta con el para plantexarlle o tema do tesouro dálle a morriña e decide vir, máis por pasalo ben que porque pense que a historia sexa certa. Cando teñen o plan en curso e xa contactaran con Xiana, chámano da central, da de aquí.

  26. Capítulo 31. Maxia

    Do outro lado do teléfono está a nai de Alicia, Xiana escoitoulle todo o rollo de nai desesperada por non saber da filla e saca en limpo a relación próxima de Alicia con Andrés. Desde a porta da casa de Andrés escoita a televisión pero ninguén lle abre e como está aburrida e non ten nada mellor…

    more
  27. Capítulo 30. Estou na lavadora

    Xiana dille a Ramón que nin é a súa criada, nin se vai conformar sen a súa parte do tesouro. El intenta ameazala e acaba bicándoa. Xiana quere chamar a Sandra para contarllo pero volve decatarse de que non ten o teléfono, daquela decide ir á súa casa.

  28. Capítulo 29. No fondo. Segundo intento (Cuarta parte)

    Xiana escapa a correr do sitio dos helicópteros plegables deixando a Salva so ante o "perigo". Xa na casa prepárase para volver ó hotel de Ramón, aínda que non lle fai falta ir ata alí porque ó saír pola porta atópao a piques de timbrar.

  29. Capítulo 28. No fondo. Segundo intento (Terceira parte)

    Salva, unha vez lle pasa o enfado con Xiana por desaparecer sen máis, e partirse de risa ca historia helicópteros, cóntalle, mostrándolle certa desconfianza, que pensaban que fora ela quen se encargara dos maletíns; cando se decatan de que lle roubaron o tesouro que acababan de rescatar deciden…

    more
  30. Capítulo 27. No fondo. Segundo intento (Segunda parte)

    Xiana quere chamar a Salva pero decátase de que non ten o bolso con ela, o único que lle queda é volver á casa. Cando chega vé que a rúa está baldeira e en silencio, pensa que Sandra e Alicia están no seu piso, pero como non lle abren ten que forzar o portal e a porta do seu piso.

  31. Capítulo 26. No fondo. Segundo intento (Primeira parte)

    Xiana non pode rexeitar o convite de Ramón para tomar algo sen desvelar que debaixo do posto de filloas están os maletíns, así que accede a ir con el. Sen saber como desperta soa nun banco á beira do mar, aínda é de noite.

  32. Capítulo 25. Carlos rei

    Carlos non pode coller o sono na súa primeira noite no piso de solteiro e decide chamar ó sogro para contarlle que sospeita que Alicia ten unha aventura. O sogro accede a quedar con el, sen decatarse de que as súas facultades están mermadas pola súa visita ó Venus, e acáballe confesando que se…

    more
  33. Capítulo 24. Filloas recheas

    O negocio das filloas recheas ten tanto éxito que non lles dou tempo, nin sequera pensar, en como ocultar os maletíns. Ademais, Ramón non se separa do mostrador nin un momento e Xiana, que non cre na casualidade da súa repentina aparición, trata de manter a tapadeira ate as últimas consecuencias.

  34. Capítulo 23. Disimulando

    A idea que tiveran Xiana e Salva para subir as mesas non funciona, as mesas pesan de máis para o motor de arrastre, aínda que Xiana tarda en decatarse porque Alicia a entretén pedíndolle, case esixíndolle que lle atope un sitio para durmir.

  35. Capítulo 22. A flote

    Xiana, Sandra e Salva deciden sacar os maletíns empregando como soporte as mesas que tanto lle gustaron a Xiana. Non foi complicado, a complicación veu cando remataron e foron conscientes do volume e do peso dos paquetes que fixeron, e aínda se complicou máis cando chegaron á casa de Xiana.

  36. Capítulo 21. Cara adiante

    Alicia, ante as fotos que lle mostra Andrés, decide deixar a Carlos. Este sorpréndese pola nova pero, tras pensalo uns minutos, resolve que é o mellor, e afronta con moita naturalidade a liberade que lle ofrece o seu novo estado civil.

  37. Capítulo 20. Pista familiar

    Alicia decide contarlle a súa nai que retomou o contacto con Andrés, pero a presenza de Carlos impídello e só lle queda agardar con paciencia a chamada de Andrés cos resultados da investigación que lle encargou.

  38. Capítulo 19. De bolsas do lixo nada

    Este capítulo relata como Xiana consigue abrir a gran cámara acorazada da antiga sede da Caixa Universal e o sorprendente contido que atopa dentro, e o que pensan, ela, Salva e Sandra facer con el.

  39. Capítulo 18. Esta tarxeta non ten prezo

    Este capítulo relata como Xiana, Sandra e Salva volven a internarse na antiga sede da Caixa Universal, ca intención de comprobar se o seu sistema funciona ca tarxeta que acaban de conseguir.

  40. Capítulo 17. Cara de actor con ollos azuis

    Este capítulo relata como Sandra e Xiana se achegan á actual sede central da Caixa Universal para averiguar cando vai ser a vindeira conferencia, co obxectivo de conseguir unha tarxeta e intentar abrir a caixa forte de novo.

  41. Capítulo 16. A parte e punto

    Este capítulo relata como Alicia convence a Andrés para que lle axude a investigar se o seu home a engana tal como ela sospeita; pero o seu primeiro encontro despois de anos desperta, máis en Andrés que en Alicia, unhas ansias que pensaban esquecidas.

  42. Capítulo 15. Intelingencia artificial, inteligencia natural

    Este capítulo relata como Xiana e Sandra deciden ir á Caixa Universal para ver cando é a vindeira conferencia, co obxectivo de axenciarse unha tarxeta coma a que describira Sandra. Ó tempo Alicia decide poñerlle fin á incertidume que sobrevoa sobre a súa relación con Carlos, para o que pensa en...

  43. Capítulo 14. Tomando un respiro

    Este capítulo relata a chegada de Xiana á superficie despois de intentar, por primeira vez, acceder ó soto da Caixa Universal. Unha vez toma un respiro cóntalles a Sandra, Salva e Paco o que viu. O seu relato non convence e, para colmo, á chegada á terra firme atopa a Ramón e Alberto con cara de...

  44. Capítulo 13. Paz interior

    Este capítulo relata a primeira aparición de Xiana no programa Corazón de Glamour. Non foi por gusto, senón pola insistencia de Sandra e, tal como ela sospeitaba, a entrevista comezou suave pero acabou sacando á luz o seu pasado máis cuestionable.

  45. Capítulo 12. No fondo. Primeiro intento

    Este capítulo relata o progresivo descenso de Xiana cara o soto da Caixa Universal, atopando aínda, esceas intactas, como en conserva; cousa que, según ela, é habitual. Pero cando chega ó final do descenso o que atopa, desde logo, non é o habitual, ou polo menos non o que ela esperaba.

  46. Capítulo 11. Tres son multitude, catro son a hostia

    Este capítulo relata como Paco se adentra, por primeira vez, na zona cero da man de Xiana, Salva e Sandra; mellor dito, da man de Sandra, porque da impresión non lle queda máis remedio que agarrarse a ela para que o protexa, pero só por iso, por ningún outro motivo.

  47. Capítulo 10. Sen glamour pero con corazón

    Este capítulo relata o cambio de bando de Paco arrastrado pola forza ineludible do seu corazón, mentres a Marquesa de Ripipí lle dá explicacións da vida do seu fillo á xornalista Aría Canciño.

  48. Capítulo 9. In Venus Veritas (Segunda parte)

    Este capítulo relata como Xiana e Salva confirman que Andrés sabía algo, en efecto, do tesouro e a implicación de Ramón e os seus amigos na trama, e tamén, que todos os homes son uns porcos, todos, todos sen excepción.

  49. Capítulo 8. In Venus Veritas (Primeira parte)

    Este capítulo relata o descubrimento por parte de Xiana dun aspecto de Salva que descoñecía, mentres se adentran na parte máis sórdida da vida de Andrés co obxectivo de confirmar se, en efecto, como Salva sospeitaba, sabía algo do tesouro.

  50. Capítulo 7. O xuízo final

    Este capítulo relata o xuízo de Salva por aquel asunto no que o metera Andrés, o primeiro encontro de Sandra con Carlos e dá unha posible resposta ás dúbidas que plantexou Andrés no Capítulo 5 respecto a porque non baixaran antes buscar o tesouro da Caixa Universal o porque lles dera o acordo de...

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.

HOSTED BY

Raquel Couto Antelo

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does No fondo have?

No fondo currently has 56 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is No fondo about?

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive...

How often does No fondo release new episodes?

No fondo has 56 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to No fondo?

You can listen to No fondo on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts No fondo?

No fondo is created and hosted by Raquel Couto Antelo.
URL copied to clipboard!