Episodes
-
CARBALLO/CARVALHO CALERO 02 _ O Carvalho reintegracionista
Intervençom de Eduardo Maragoto, presidente da AGAL, no Simpósio sobre Carvalho Calero organizado pola RAG en outubro do 2020, no que fala da sua definitiva evoluçom, a partir de 1975, hacia posturas reintegracionistas para a nossa língua.
-
CARBALLO/CARVALHO CALERO 01 A gramática elemental do galego
Intervención do filólogo Serafín Alonso Pintos no Simposio sobre Carvalho Calero organizado pola Real Academia Galega ,sobre o seu ideario lingüístico. Aqui debulla a importancia e evolución da súa famosa "Gramática elemental del gallego común".
-
A Língua GALEGA em PORTUGAL
Sobre a língua falada no atual território português nos seus inícios e que nom era senão a mesma língua galega falada além e aquém Minho Extrato da entrevista ao historiador Luis Carlos Amaral na RPT a propósito da vida da Condessa-Rainha Dª Teresa
-
O nome de GALIZA e PORTUGAL
Extrato da entrevista ao historiador Luis Carlos Amaral ,na RPT no que, falando dos primórdios do reino de Portugal, a propósito da figura de Dº Teresa, a mãe de seu primeiro Rei, Dº Afonso Henríques, fai uma breve explicação etimológica da origem comúm do nome da GALIZA (procedente da tribo dos...
-
OITO SÉCULOS de ESCRITA e MIL de HISTÓRIA
Na Casa da Língua Comúm, em Santiago de Compostela, celebrarom-se os OITO SÉCULOS de ESCRITA e MIL DE HISTÓRIA da língua galega, se considerarmos o testamento de Alfonso II do Reino de Portugal de 1214 como o mais antigo documento régio escrito em galego (internacionalmente conhecido como...
-
O Decreto Filgueira. Breve história da normativización do Galego
Resumo editado do documentário do mesmo nome sobre a orixe do Decreto que tornou "oficial" as normas ortográficas do Galego en 1982, alonxando-o das suas orixes e das outras variedades do idioma, o chamado Galego isolacionista, autonomista ou restrito. O decreto foi asinado por Filgueira Valverde
-
PREHISTORIA e LINGUA GALEGA. Os lazos con IRLANDA
Palestra do o Doutor en Lingüística pola Universidade de Stanford -EE.UU e investigador, James Duran (Séamas Ó Direáin) en setembro do 2014 na Agrupación O Facho, sobre a prehistória, a lingüística galega, e os antigos lazos entre a Galiza e a Irlanda
-
O precursor XOAN MANUEL PINTOS
Xoán Manuel Pintos Villar é un dos máis destacados precursores do rexurdimento galego.É o autor de "A Gaita gallega" (1853), que ten como finalidade achegar o idioma de Galiza ao público lector. Para alén deste libro, Pintos deixounos un amplo conxunto de poemas e tamén colaborou na prensa do...
-
A ORIXE DO GALEGO. Sustrato CELTA e LATINIZACIÓN
Extrato dunha palestra do José Manuel Barbosa no 2009, sobre a formación (pré)históriaca da língua galega: o latín comercial evolúe sobre o sustrato celta das populacións galaico-romanas ao longo de séculos
-
A FORMACIÓN da LINGUA GALEGA
Extracto sobre a formación histórica da língua galega dentro do simposio do Catedrático Carlos Barros no 2013 que trataba sobre a formación da identidade galega na antigüidade e idade media
-
A LÍNGUA GALEGA no XIX e na Obra de ROSALIA DE CASTRO
Mesa redonda no Congreso de Rosalia de Castro organizado polo Consello da Cultura Galega no 2013, na que se trata sobre cómo é o Galego usado por Rosalia de Castro na súa obra, a finais do século XIX
-
BREVE RESUMO DA HISTÓRIA do GALEGO
Extrato dunha conferencia do Xosé Manuel Freixeiro Mato en 2009, no que fai un rapidísimo compendio que resume a orixe e a evolución do idioma galego
-
O CASTELÁN no romanceiro popular durante os SÉCULOS ESCUROS
Sobre a influenza do castelán na fala popular dos galegos durante os séculos escuros, evidenciado nos castelanismos dos romanceiros. Con motivo da apresentación do livro de José Luís Forneiro "Allá em riba un Rey tinha una filha" no 2004.
-
As ESCRITURAS NOTARIAIS en GALEGO. O exemplo de Dº Vitorino Gutiérrez Aller
Na baixa Idade Media o Galego era a lingua normal na que se redactaban os documentos, tanto públicos como privados. Nos séculos escuros perdeuse. É de destacar o labor que exercen hoxe algúns notarios actuais no uso da nosa lingua, como é o caso de Vitorino Gutiérrez Aller
-
DA LINGUAXE e DAS LINGUAS - RAMÓN PIÑEIRO
Discurso de Ramón Piñeiro (1915-1990) con motivo do seu ingreso na Real Academia Galega en 1967
-
O deputado CASTELAO e o GALEGO na República
Análise de Francisco Rodríguez no 2010 da acción parlamentaria de Castelao na defensa do Galego, enquanto exerceu como Deputado na II República, así como dos paralelismos que se poden estabelecer coa época actual
-
As IRMANDADES DA FALA e o ensino en GALEGO
Conferencia do escritor e investigador galego Ernesto Vasquez Souza no 2011, a propósito da posta en funcionamento das Escolas de Ensino en Galego SEMENTE, chamadas así en honor ás Escolas en Galego que promoveron as Irmandades da Fala con este mesmo nome na altura. As Irmandades da Fala foi unha...
-
HISTORIA da LINGUA GALEGA - Entrevista a Manuel Portas
Entrevista no 2004 a Manuel Portas, profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela do que foi Director (1987-1996) e no que potenciou o carácter innovador da educación e a galeguización do centro. Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991)…
more -
Rosalia De Castro, extranxeira na súa patria
Presentación do libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria", do escritor e político Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) na Universidade de Deusto (Bilbao). O acto, organizado pola “Cátedra de Estudios Gallegos” en colaboración coa A.C. "Rosalía de Castro" de Barakaldo, contou coa...
-
Recriación musicada do GALEGO MEDIEVAL
Breve recriación, basada nas composicións de Afonso X O Sabio, no que se mostra cómo podía sonar o galego medieval.
-
AFONSO VI falaba en GALEGO
A crónica recolle ao pranto que Afonso VI Rei de Galicia (...de León para a historiografia tradicional) fai ante a morte do seu fillo, o Infante Sancho, na batalla de Uclés (1108).
-
A polémica inscripción EN GALEGO de CARRAL
A inscripción en galego do monumento aos mátires de Carral, a inicios do século XX, foi tremendamente polémico, xa polo simple feito de ser precisamente...en galego (era a primeira vez que se facía unha inscripción pública en galego desde os séculos escuros), mas também por determinar qué tipo de...
-
A conformación do GALEGO normativo na década dos 70
O filólogo Roberto Samartim, da Universidade de Santiago de Compostela, disertou esta interesantísima conferencia nas II "Jornadas da Língua" celebradas no 2009, en Ourense. Na mesma fai unha análise moi didáctica do proceso e das forzas sociopolíticas implicadas (nomeadamente as do grupo Galaxia…
more -
O tratado de albeitaría
A normalización do galego na idade media era total. Non era únicamente a lingua utilizada polos escribáns nas notarías, nos tombos dos mosteiros, ou nas cantigas dos trobadore, senón tamén nos tratados técnico-científicos, como o Tratado de albeitaría, un libro de veterinaria sobre os cabalos e…
more -
Os séculos escuros da lingua inglesa 4
Último capítulo adicado os seculos escuros que tamén padeceu, malia que nos pareza mentira, a lingua inglesa
-
O romance de Francisca De Isla
Nos séculos escuros, o galego proscríbese dos documentos públicos, pero aínda houbo quen o utilizou nalgunhas cartas privadas, coma o caso da fidalga compostela Francisca De Isla, da que conservamos un romance escrito a finais do século XVIII
-
HISTORIA DO GALEGO 3 - O rexurdir do Galego
Dende o século XIX, no que comeza o chamado rexurdimento, o galego volta paseniño á escrita e a literatura con figuras como Rosalia de Castro ou Curros Enríquez. Non foi unha recuperación progresiva e sen atrancos, nin moito menos, pois aínda sufriu décadas de proscripción, especialmente na longa...
-
HISTORIA DO GALEGO 2 - A luz de Frai Sarmiento
Despois dos Reis Católicos o uso do galego desapareceu case que por completo da escrita, malia que a inmensa maioría dos galegos continuaban a usala a diario oralmente. Co tempo, mesmo se chegou a esquecer co galego se chegara a escribir nalgures e, devagar, comezou a instalarse a falsa idea de…
more -
O libro dos Miragres de Santiago 2
Continúase a falar diste libro relativo á vida e supostos acontecementos extraordinarios relacionados coa figura do apóstolo Santiago, e redactado íntegramente en galego no século XIV
-
O libro dos Miragres de Santiago 1
É un libro magnifico datado no século XIV e redactado íntegramente en galego.
-
Os primeiros documentos en galego
H. Monteagudo fálanos dos primeiros textos en galego que conservamos dende inicios do século XIII
-
As cantigas de Santa María
O galego foi a lingua culta, axeitada para a poesía, durante varios séculos na plena idade media. Unha das obras cumio que chegou conservada até hoxe en día foron estas marabillosas cantigas promovidas polo rei Afonso X no século XIII
-
O galego nas escrituras públicas
Aínda hoxe en día hai medo en rexistrar as casas ou facer testamento en galego..É a inercia da historia máis recente. Mais hai que ter moi presente que, moito antes, na plena idade media, a lingua galega usábase con total normalidade nas notarías.
-
Os séculos escuros da lingua inglesa 3
Continúase a falar de cando incluso rezar en inglés era "pecado" no seu propio país...Algo que, hoxe en día, parace totalmente incribel e que, nós, sofrimos algo moi semellante aínda non hai moito tempo
-
Os séculos escuros da lingua inglesa 2
Por descoñecido e sorprendente, non deixa de chamar a atención o interesante paralelismo que lle aconteceu á lingua inglesa con respecto ao galego: varios séculos de escuridade pola introducción doutra lingua distinta
-
Os séculos escuros da lingua inglesa 1
Qué terá que ver o inglés connosco ?... Pois moito máis do que parece. Agora é unha lingua con indubidabel prestixio internacional, mais no pasado sofriu unha situación de marxinación moi semellante á nosa: Aínda que pareza mentira, durante varios séculos, na plena idade media, foi unha lingua...
-
HISTORIA DO GALEGO 1 - Lingua de reis e do pobo
Parte do documental da TVG na que se nos introduce no período no que o Galego era unha lingua totalmente normalizada dentro do seu territorio, tanto entre as elites gobernantes autóctonas, incluido o rei e máis a súa corte, coma entre a xente do común
About this show
Sobre distintos aspetos da história das línguas, especialmente a referida ao galego
Hosted by
Mohawk
Categories