Skip to content
O Cuarto Son podcast artwork

PODCAST · arts

O Cuarto Son

by Radio Valladares

Un programa cultural creado por Germán Son

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Sep 6, 2025 · Source feed

Episodes

  1. O cuarto son - Ata logo

    E chegamos ao programa número cen e con el a despedida, onde Germán Son fai unha retrospectiva desta aventura que foi O cuarto son. Como di el, aínda que nós non lle deamos a razón: Tres o botaran de menos, outros tres se sentiran aliviados, e os 7.000 millóns de habitantes restantes do planeta…

    more
  2. O cuarto son - Músicas de supernovas metafóricas

    Este é un programa con cancións dende as Supernovas, as letras son estas: SEN NOTICIAS Aí, aí... duro pero fluído... Extra, Extra! Cando o sol sexa unha supernova xa non haberá novas na terra, a noticia vai a ser algo máis que esa paz sen fronteiras... Estraño me sinto aquí flotando nesta…

    more
  3. O cuarto son - Diálogos entre Germán A e Germán B

    Diálogos entre Germán A e Germán B, así titúlase este suxerinte programa, onde Germán dialoga consigo mesmo con dúas voces distintas e cun fondo de sintetizador continuado; como se fora teatro, como se un deles fose un monicreque, como se estando só alguén recollera as gravacións. Os temas sonche...

  4. O cuarto son - Unhas reflexións de Germán Son. 3ª parte

    Esta é a terceira parte da triloxía titulada Unhas reflexións de Germán Son. Neste terceiro episodio hai tamén outras breves reflexións e pezas instrumentais tirando ao tecno rock. Crítica, ironía, imaxinación, exploracións; iso e máis neste programa alternativo de Germán Son.

  5. O cuarto son - Unhas reflexións de Germán Son. 2ª parte

    Esta é a segunda parte dunha triloxía titulada Unhas reflexións de Germán Son. Neste segundo episodio hai tamén quince breves reflexións e quince pezas instrumentais tirando ao tecno rock. Crítica, ironía, imaxinación, exploracións; iso e máis neste programa alternativo de Germán Son.

  6. O cuarto son - Unhas reflexións de Germán Son. 1ª parte

    Esta é a primeira parte dunha triloxía titulada Unhas reflexións de Germán Son. Neste primeiro episodio hai quince breves reflexións e quince pezas instrumentais tirando ao tecno rock. Crítica, ironía, imaxinación, exploracións; iso e máis neste programa alternativo de Germán Son.

  7. O cuarto son - Os samplers da miña nai

    Que cousa temos por aquí? Baixo, batería e guitarra, Germán Son; voces e letras, María Digna, á súa nai, que non sabía que estaba sendo gravada. Con tales gravacións Germán Son fixo samplers, ou pequenas frases, dándolle ritmo e rock a unhas simpáticas pezas... Nai só hai unha.

  8. O cuarto son - Giorgio Manganelli

    Neste programa temos tres relatos do escritor Giorgio Manganelli, do seu libro Centuria. Cen pequenas novelas río. Os relatos seleccionados son o 7, o 51 e o 62; E que poderíamos titular para saber de que van... O perseguido, O home inexistente e O roubo do Universo, respectivamente. Entre relato…

    more
  9. O cuarto son - Sons da liberdade

    SONS DA LIBERDADE, estas son as citas e autores, amalgamadas pola música de Germán Son: Oh, liberdade gran tesouro! porque non hai boa prisión, aínda que fose en cadeas de ouro. Lope de Vega (1562-1635) Poeta e dramaturgo do barroco español. Non comparto o que dis, pero defenderei ata a morte o…

    more
  10. O cuarto son - Dos pobres dos ricos e da pantasma da clase media

    DOS POBRES DOS RICOS E DA PANTASMA DA CLASE MEDIA, un novo capítulo do Cuarto Son onde temos a Solón, George Orwell, Ben Hecht, Henry James, e Carlos Onetti; e tamén a Germán Son dando resposta aos seus pensamentos. Tamén hai aquí moita música, e incluso o sorteo da lotería do ano 1987, onde se...

  11. O cuarto son - Contiños de Tim Burton

    Neste programa temos uns contiños en verso escritos por Tim Burton no 2010 e traducidos ao galego por Germán Son... Os contos seleccionados son Neno mancha, A mirona, A melancólica morte de chico ostra e o Neno áncora... os protagonistas son raros, inadaptados, e solitarios... E entre conto e…

    more
  12. O cuarto son - Dos sabores

    Pois si, aquí están os que saben de sabores: O médico Hipócrates, o refraneiro popular, o cociñeiro Karlos Arguiñano, o escritor Hugo Gutierrez Vega; os chefs Ferrán Adriá, Alain Ducasse, Pedro Subijana e Gastón Acurio... e entre cita e cita unhas instrumentais tecno rock de Germán Son. A mesa…

    more
  13. O cuarto son - Carl Gustav Jung

    Germán Son volve a sorprender, esta vez cunhas citas musicadas do psiquiatra Carl Gustav Jung... A sombra, a consciencia da inconsciencia, o inconsciente colectivo, a observación do interior, e eu que sei que máis... o programa quedoulle ben psicosonorizado, e non é necesario estar emocionalmente...

  14. O cuarto son - Azul

    Aquí presentamos a terceira parte da triloxía sobre as cores que editou Germán Son. Neste programa temos pensamentos e poemas onde o azul ten o seu aquel. Os autores das citas son Millar Fuller e da importancia do que fas coa túa vida que o de ter sangue azul, James Montgomery que pregunta a unha...

  15. O cuarto son - Verde

    Neste novo programa continuase coa triloxía de cores, está vez tócalle ao verde. Nel están a felicidade verde de Rachel Field, do valor verde dunha árbore por Martin Luther King, do bo traballo que fai que a terra verdee, segundo Thomas Carlyle, e o Romance somnámbulo de Federico García Lorca......

  16. O Cuarto Son - Vermello

    A cor debe ser pensada, soñada, imaxinada. (Henri Matisse). Primeira parte dunha triloxía de cores... Comezamos co vermello e citaremos textos de Court de Gébelin sobre as túnicas romanas; de Jean Chevalier sobre o simbólico desta cor en oriente; de Salvador Rueda unha breve poesía dunha papoula;...

  17. O Cuarto Son - Fillo da luz e da sombra de Miguel Hernández

    Neste novo programa, Germán Son tráenos a Miguel Hernández e o seu poema en tres partes Fillo da luz e da sombra. Entre recitado e recitado haberá tamén unhas pezas instrumentais. Ademais dunha pequena biografía. Atmosfera e sentimento asegurado.

  18. O Cuarto Son - A nada, o cero, o baleiro

    Aí vai un novo programa, onde a nada, o cero e o baleiro están ou non... A cousa comeza cun poema de Germán Son, a utilidade do baleiro de Lao Tse síguelle, continua cunha sentenza de Demócrito, máis unha reflexión de Giordano Bruno, máis o infinito de Victor Hugo, e a nada e a morte de Giannina...

  19. O Cuarto Son - De soños

    Especificando... De soños é un novo programa onde as reflexións e os propios soños de diversos autores teñen o seu son; e entre texto e texto hai unhas pezas de piano clásico con algún toque germansionano. Ensoñádevos e deixádevos ensoñar con este novo audio do Cuarto Son!

  20. O cuarto son - Yeats

    Lectura de poemas do Nobel irlandés William Butler Yeats, e pezas instrumentais, aderezadas por Germán Son para vós, esa minoría selecta que se acha debaixo das pedras... fora brumas... deixádevos poetizar no Cuarto Son!

  21. O Cuarto Son - Microrrelatos de Germán Son (3ª Parte)

    Esta é a terceira e última parte duns microrrelatos de Germán Son, onde os temas cotiáns, sobrenaturais, oníricos, surrealistas, máxicos; vulgares, transcendentes, melancólicos, humorísticos, incorrectos; clásicos, utópicos, distópicos, típicos e atípicos teñen cabida. Embarcádevos nesta aventura...

  22. O Cuarto son - Microrrelatos de Germán Son (2ª Parte)

    Esta é a segunda parte duns microrrelatos de Germán Son, onde os temas cotiáns, sobrenaturais, oníricos, surrealistas, máxicos; vulgares, transcendentes, melancólicos, humorísticos, incorrectos; clásicos, utópicos, distópicos, típicos e atípicos teñen cabida. Embarcádevos nesta aventura de…

    more
  23. O Cuarto Son - Microrrelatos de Germán Son (1ª Parte)

    Esta é a primeira parte duns microrrelatos de Germán Son, onde os temas cotiáns, sobrenaturais, oníricos, surrealistas, máxicos; vulgares, transcendentes, melancólicos, humorísticos, incorrectos; clásicos, utópicos, distópicos, típicos e atípicos teñen cabida. Embarcádevos nesta aventura de…

    more
  24. O Cuarto Son - Citas anarquistas feitas canción

    Citas anarquistas feitas canción, así titúlase este novo programa no que Germán deulle vida a breves como intensos pensamentos, como se dunha ópera rock se trátase, dos seguintes autores: Proudhon, Lysander Spooner, Élisée Reclus, Kropotkin, Osvaldo Bayer, Emma Goldman, William Gowin, Malatesta,...

  25. O Cuarto Son - Unhas cancións ecolóxicas

    Neste programa Germán Son fixo unhas cancións dalgúns breves como intensos pensamentos ecoloxistas, dos seguintes autores: Jacques-Yves Cousteau, Félix Rodríguez de la Fuente, Santiago Kovadloff, Dennis Gabor, Henry Merritt Hank Paulson Jr., Barry Commoner, Ken Salazar, Rabindranath Tagore, Guy.…

    more
  26. O Cuarto Son - Sonetos Amorosos do Renacemento Italiano

    Esta vez Germán Son fixo cancións dalgúns Sonetos Amorosos do Renacemento Italiano. Os sonetos e autores que musicou son: Loanza de Beatriz, de Dante; A noite e a aurora, de Francesco Petrarca; Fuxan suspiros meus, de Giovanni Boccaccio; A unha estancia onde esperaba, de Ludovico Ariosto;...

  27. O Cuarto Son - Heavy metal sons

    Germán Son presenta a súa maqueta Heavy Metal Sons (2008). Germán Son nas guitarras,baixo, teclados, voz e letras. Arnaud Krakowka na batería. Heavy metal dende Valladares para o mundo.

  28. O Cuarto Son - Donald Trump mailo Pato Donald & O solresol

    Aquí falamos comparando a Donald Trump con Donald Duck, en clave irónica, satírica, paródica, as súas semellanzas caricaturescas. E na segunda parte do programa comentamos sobre a lingua artificial O solresol, onde a música si que intentou ser a linguaxe universal, literalmente.

  29. O Cuarto Son - Lendas galegas de tradición oral

    Lendas galegas de tradición oral... as lendas volven a ter voz con Germán Son... O Castro de Pedrouzos, A Moura do Castro de Bainte, A serpe do Castro de Amboade, a Lenda do mozo e a cobra, a Lenda da Lagoa de Antela; a Romaxe a Santo André de Teixido, a Lenda dos mariños, a Lenda da Ermida de...

  30. O cuarto son - Walt Whitman & A muller como protagonista & Microrrelatos

    Este é un novo programa do Cuarto Son, nel están un poema de Walt Whitman (1819-1892) titulado A ti, que vai directo ao corazón. Tamén hai dous programas emitidos en directo da Chamada da Cousa, o primeiro sobre o papel protagonista da muller na literatura, e no segundo unha lectura e comentarios...

  31. O Cuarto Son - Sons ambientais da Parroquia de Valladares

    Aínda que algúns quedaron fora, aquí están todos os sons ambientais da Parroquia de Valladares que te poidas imaxinar. Chimpíns, corvos, curuxas, fontes, vento, o vitrasa, un bar, unha tenda, unhas regueifas, e eu que sei que máis. Todo gravado e narrado por Germán Son.

  32. O Cuarto Son - Eleonora de Edgard Allan Poe & Instrumentais de meta

    Neste episodio Germán Son recita unha obra do mestre do sobrenatural, Edgard Allan Poe, trátase do conto Eleonora, con música de fondo de Beethoven. E tralo romántico misterio, tráenos tres pezas do xénero metálico, cunhas guitarras afiadas a uns ritmos de treboada.

  33. O Cuarton Son - Xigantes & ananos, e dúas cancións ao piano

    Neste programa falamos na sección dos luns, A chamada da Cousa, de xigantes e ananos. Mitoloxía, historia e arte a rachar. E despois Germán toca unhas pezas ao piano, Xinetes no ceo, e Non me acuses a min. Desfrutádeo.

  34. O cuarto son - O tema sexual

    Neste programa Germán Son musica a grandes pensadores sobre o tema sexual; Jean Baudrillard, Julián Marías, Octavio Paz, Antonio Marina, Alfred Kinsey, e García Márquez están representados.

  35. O Cuarto Son - A chamada da cousa 23 e 24

    Aquí temos dous programas máis da Chamada da Cousa, emitidos en directo, en xaneiro do 2018. No primeiro deles falamos do grupo de rock e blues, The Doors, e tamén recitamos algunhas das súas letras, traducidas ao galego por Germán Son. E no segundo dos programas referímonos ao impacto ambiental...

  36. O Cuarto Son - A chamada da cousa 21 e 22

    Aquí temos dous programas da Chamada da Cousa, emitidos en directo, en Radio Valladares. No primeiro falamos con Germán Son da árbore de nadal, dende sorprendentes puntos de vista; e no segundo de poemas e pensamentos breves sobre o viño, que non están demais e que non producen resaca.

  37. O Cuarto Son - Proverbios do inferno de William Blake

    Neste novo programa do Cuarto Son, Germán Son musica algúns dos paradoxales Proverbios do inferno, do poeta e pintor inglés William Blake, (1757-1827). Uns proverbios que se rebelaban contra a moral e afirmaban a vida. Dálle.

  38. O Cuarto Son - Lírica medieval

    Aquí temos un novo programa do Cuarto Son, nel están musicados poemas da lírica medieval por Germán Son... Alfonso X o Sabio, Joan Airas de Santiago, Martín Codax, Nuno Fernandes Torneol, Paio Gomes Chariño, e Pero da Ponte; son os poetas escolleitos para ser reinterpretados.

  39. O Cuarto Son - Do viño

    Aí vai un programa máis do Cuarto Son, esta vez trátase dun monográfico de poemas musicados sobre o viño en orde cronolóxico, dende os exipcios ata o século XX, unhas composicións musicais de Germán Son que non podedes perder.

  40. O Cuarto Son - A chamada da cousa 19 e 20

    Aquí temos de novo dous programas da Chamada da Cousa, emitidos en directo en Radio Valladares. Esta vez falamos de dous grandes, do escritor Henry Miller, e do pintor Vasili Kandinsky. Desfrutádeos.

  41. O Cuarto SOn - Unhas cancións de Germán Son

    Neste programa do Cuarto Son, Germán traenos algunhas cancións. Composicións germansionanas ao noventa por cen, gravacións enxebres para os tempos que corren, rock polos catro costados. Como para pararse a escoitar e non quitar conclusións.

  42. O Cuarto Son - A chamada da cousa 17 e 18

    Aquí están dous programas máis da Chamada da Cousa, emitidos en directo en Radio Valladares. No primeiro deles falamos da novela de Jack Kerouac, Os subterráneos. E no segundo, da película danesa, Baixo a area, baseada en feitos históricos da Segunda Guerra Mundial, cando nenos alemáns foron...

  43. O Cuarto Son - Lendas Americanas

    Un programa das raíces americanas, nel están: Fray Bartolomé de las Casas, o pensar do corazón indio e a loucura do home branco, as amazonas do Amazonas, a cultura dos prados norteamericanos, unha versión do condor pasa; a vida de Tupac Amaru, unha de vaqueiros, e a historia das patacas.

  44. Unha composición dun músico moi limitado

    Esta vez Germán Son tráenos unha composición instrumental de vinte e pico minutos, titulada Unha composición dun músico moi limitado. Unha gravación caseira onde usa teclados, percusión, guitarra e pedais; sendo unha viaxe por compartir.

  45. A chamada da cousa 15 e 16

    Aquí están dous programas máis da Chamada da Cousa, que se emitiron en directo en Radio Valladares. No primeiro deles facemos un cómputo de datos do libro O Quixote. E no segundo, recitamos e comentamos poemas que foron musicados por varios artistas.

  46. Rock e principios de novelas

    O Cuarto son volve a sorprender, esta vez con instrumentais rock e principios de novela, en orde alternativa. As novelas seleccionadas son: David Copperfield, de Dickens; Memorias do subsolo, de Dostoievsky; A máquina do tempo, de Wells; A chamada da selva, de London; O hobbit, de Tolkien…

    more
  47. O Cuarto Son - A chamada da cousa 13&14

    Aquí están dous programas máis da Chamada da Cousa, emitidos en directo en Radio Valladares. No primeiro deles comentamos o libro de relatos Magnitude imaxinaria, do escritor de ciencia ficción Stanislaw Lem; e no segundo esbozamos o mundo dos antigos Celtas, recitando ao final un poema inspirado...

  48. O Cuarto Son - Ruido de guitarras e poesías

    Neste programa Germán Son móstrase na súa faceta de “guitarrista” e de “poeta”, alternativamente vai dos sons aos sentidos. Desfrutádeo.

  49. O Cuarto Son - A chamada da cousa 11&12

    Aquí están dous programas máis da Chamada da Cousa, que se emiten os luns en directo. O primeiro versa sobre a alquimia, o comezo da química. E o segundo, sobre a novela de Adolfo Bioy Casares, A invención de Morel. Non sentides curiosidade?

  50. O Cuarto Son - Instrumentais e poesías entre comiñas

    Neste programa temos unhas “instrumentais rock”, e tamén unhas “poesías” de Germán Son. Música e versos alternativos para os tempos insulsos e prosaicos que corren... Non te van a deixar indiferente se atentamente escoitas a un fenómeno da natureza como é Germansiño... recomendable a un volume...

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Un programa cultural creado por Germán Son

HOSTED BY

Radio Valladares

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does O Cuarto Son have?

O Cuarto Son currently has 100 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is O Cuarto Son about?

Un programa cultural creado por Germán Son

How often does O Cuarto Son release new episodes?

O Cuarto Son has 100 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to O Cuarto Son?

You can listen to O Cuarto Son on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts O Cuarto Son?

O Cuarto Son is created and hosted by Radio Valladares.
URL copied to clipboard!