Skip to content
O que hai que escoitar podcast artwork

PODCAST · science

O que hai que escoitar

by Curso Podcast Usc

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Oct 15, 2026 · Source feed

Episodes

  1. Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa

    (2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos. (18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC,...

  2. Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio

    (5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos...

  3. Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza

    Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e…

    more
  4. Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León

    (2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A...

  5. Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR

    Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e…

    more
  6. Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais

    Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado...

  7. Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade

    Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea...

  8. Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti

    (1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao...

  9. Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

    (2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres.…

    more
  10. Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

    (3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC)…

    more
  11. Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

    A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia...

  12. Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

    (2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de...

  13. Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

    (2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles....

  14. Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas

    (2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC)....

  15. Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia

    Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa...

  16. Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros?

    (1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por Paola Catapano. Paola é xornalista científica…

    more
  17. Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas

    [Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de "Ciencia na Aldea" que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade...

  18. Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas

    (2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío.…

    more
  19. Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas?

    (2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico…

    more
  20. Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas?

    (2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico…

    more
  21. Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas

    (2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da…

    more
  22. Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón

    (2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira...

  23. Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA

    Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44)...

  24. Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses

    (4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi...

  25. Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro]

    Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz...

  26. Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns

    (3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada…

    more
  27. Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro

    (3:36) Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a...

  28. Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde

    (2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora…

    more
  29. Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio

    (3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso...

  30. "As arquitectas da vida" con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida]

    [Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro "As arquitectas da vida". Descubrimos con el por que a...

  31. Consellos científicos para envellercer mellor de Isabel Fariñas e Ana Mª Cuervo

    Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia...

  32. Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento

    (2:28) Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos…

    more
  33. Efer 730 (3-1-26): A ilusión de escoller: temos realmente a última palabra fronte á IA?

    (4:08) Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. (17:46) Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con...

  34. Efer 729 (1-1-26): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 2)

    Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Parte 2.

  35. Efer 728 (30-12-25): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 1)

    Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Tamén conversamos con Manuel Díaz de...

  36. Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia"

    Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián…

    more
  37. Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia

    Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos...

  38. Atopan hibriadación en paxaros de dous xeneros separados hai 2 millóns de anos [Paxaros na cabeza]

    Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén...

  39. Efer 727 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental

    (2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A...

  40. Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

    (2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica....

  41. Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM

    Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de...

  42. Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida]

    [Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e...

  43. Efer 723 (16-10-25): Malabares e mates

    (4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta...

  44. Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo

    (3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos...

  45. Efer 721 (18-9-25): Buratos negros que saen disparados

    (3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen…

    more
  46. Efer 720 (11-9-25): Os códigos invisibles da leria

    (1:56) O "aerotrastornado" Javier Pedreira "Wicho" cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de...

  47. Efer 719 (4-9-25): Salvaxe, salvaxe

    (3:25) As altas temperaturas nocturnas das vagas de calor aumentan a nivel mundial a mortalidade nun 3% segundo un estudo coordinado por Dominique Royé (MBG-Galicia). (11:56) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (13:10) Os lobos son un dos poucos animais...

  48. Efer 718 (5-6-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos

    (02:53) Antonio Salas (IDIS-USC) preséntanos un estudo xenómico da poboación galega que analizou máis de mil xenomas completos. Os resultados confirman unha vez máis unha influencia xenética significativa do norte de África e Oriente Medio. A sorpresa xorde na datación, xa que é anterior ao…

    more
  49. Efer 717 (26-6-25): Ciencia Calidade

    (0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago Regueira Rodríguez,...

  50. Doutoramento Industrial de GAIN: O caso de Balidea

    Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

No description available.

HOSTED BY

Curso Podcast Usc

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does O que hai que escoitar have?

O que hai que escoitar currently has 932 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is O que hai que escoitar about?

O que hai que escoitar is a podcast covering topics in science.

How often does O que hai que escoitar release new episodes?

O que hai que escoitar releases new episodes frequently with a large back catalog of 932 episodes. Check the episode list for recent publication dates.

Where can I listen to O que hai que escoitar?

You can listen to O que hai que escoitar on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts O que hai que escoitar?

O que hai que escoitar is created and hosted by Curso Podcast Usc.
URL copied to clipboard!