Skip to content
Ondas do cárcere podcast artwork

PODCAST · history

Ondas do cárcere

by proxectocarcere

Programa de radio do Proxecto Cárcere onde se tratarán os temas polos que existe este colectivo de xente que busca recuperar para a cidadanía un lugar emblemático como a prisión provincial da Coruña.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Sep 4, 2025 · Source feed

Episodes

  1. Ondas do cárcere_Ergosfera

    Dedicamos hoxe íntegramente o programa a Ergosfera, grupo de arquitectxs sen papeis que desenvolven traballos de acción-investigación dende A Coruña. Temos no programa a Ricard, Pablo e Iago quen nos falan de moitas das problemáticas que teñen lugar na cidade dende un punto de vista urbanístico....

  2. Ondas do cárcere_ O Proxecto Cárcere

    Hoxe facemos unha pequena reflexión sobre a data do 23f e tentamos saber por que existe e por que leva anos de andaina o Proxecto Cárcere. Falamos con Mar, Alberto e Xabier. Novo episodio de "Carmen cruda" Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Kalinka. Iván Rebroff Big chief. Big noise…

    more
  3. Ondas do cárcere_A CRMH

    Hoxe tratamos de novo un piar básico en Proxecto Cárcere, a memoria. Para iso contamos coa presenza de Ruben Afonso, portavoz de comunicación da Comisión Para a Recuperación da Memoria Histórica d'A Coruña. Acompáñanos tamén Alfonso Brian, integrante do Grupo de Hortas Comunitarias de Proxecto...

  4. Ondas do cárcere_ A Insumisa

    Hoxe contamos no programa coa presenza de Antía, Sara e Abel, integrantes da asemblea d'A Insumisa, Centro Social Okupado Autoxestionado, que dende novembro de 2016, coidan e melloran o estado do espazo. Cóntannos de primeira man as orixes da okupación, a historia do lugar e as actividades feitas...

  5. Ondas do cárcere_A Escola

    Regresamos a cuac fm e o facemos resumindo o realizado por Proxecto Cárcere no ano 2017. Tamén iniciamos unha nova etapa na que queremos dar a coñecer a estrutura do colectivo e neste programa falamos con Mariola e Senén sobre a Comisión da Escola de Formación. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo...

  6. Ondas do cárcere_Conversas libres

    No programa de hoxe deixámonos levar polo tema cárcere e facemos reflexións a viva voz sobre aspectos relacionados coa antiga prisión provincial d'A Coruña. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro I wanna Do The Do (12'' version). Bobby Rush Who´s Gonna Help Brother Get Further. Lee Dorsey…

    more
  7. Ondas do cárcere_ASF. Arquitectura Sen Fronteiras

    Hoxe temos no estudo Xosé Couso de cuac fm a Lucía Cernuda, integrante de ASF (Arquitectura Sen Fronteiras) quen nos fala dos proxectos que desenvolve esta ONG. Falamos tamén do que vai ser O paseo de Jane. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Mimatis mones ti mi. Sr. Anido & Sra.…

    more
  8. Ondas do cárcere_O paseo de PC

    No programa de hoxe comentamos como foi O paseo de Jane, roteiro celebrado o 11 de maio e que percorreu as rúas de Monte Alto ata chegar ó cárcere e alí rematar escoitando música e xantando comunitariamente. Falamos tamén con Maica, dona da mercería de Mayca, un dos puntos onde paramos a comentar...

  9. Ondas do cárcere_Revirando

    Mantemos hoxe unha conversa con Mariola Mourelo, unha das fundadoras da Revista Revirada Feminista, boletín que dende 2015 estaba na rede e que acaban de lanzala este ano en papel. Un reto. Tamén falamos do día a día de Proxecto Cárcere. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Didn't it…

    more
  10. Ondas do cárcere_ Lacuna libre e S.O.S. Racismo

    Hoxe temos no estudo Xosé Couso de cuac fm a Sara e Lilith de Lacuna Libre quen nos falan dun proxecto audiovisual que están desenvolvendo e que lles vai levar a coñecer lugares onde se busca outro xeito de facer sociedade. Tamén nos acompañan Rubén El Cos e Zorahida, de SOS Racismo con quen...

  11. Ondas do cárcere_Eirando as artes

    Hoxe temos como convidadas vía teléfono a Polo, de Taller de Polo e a Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane. Ambas fálannos da Eira das artes: mercado de artes, artesanía e deseño que se celebra no patio da Fundación Luis Seoane o sábado 11 de marzo. Tamén facemos un percorrido…

    more
  12. Ondas do cárcere_ Argozón e Bricolabs

    Hoxe poñémonos en contacto con Jado, integrante da mancomunidade de SanVicente de Argozón, en Chantada, quen nos fala da situación desta comunidade de montes e analiza os procesos que se desenvolven neste tipo de agrupacións. Xosé Pérez cóntanos que é Bricolabs, unha asociación de "facedores" coa...

  13. Ondas do cárcere_ Son D'aquí e CaOS

    Centrámonos hoxe no barrio de Monte Alto con dúas asociacións que fan o posible por manter viva a comunidade. Falamos con Mar e Xavier de Son d'aqui, asociación cultural que pon en valor a música, o baile e a cultura popular galega. Tamén nos acompañan Guillermo e David do Colectivo CaOS,...

  14. Ondas do cárcere_Cultura Activa e Circo

    Hoxe comezamos o programa falando con Nacho Fungueiriño, integrante de Culturactiva, cooperativa compostelá que produce, crea e distribúe todo o relativo a artes escénicas e tamén inclúe no seu organigrama ó colectivo pallasos en rebeldía. Pablo Reboleiro falanos de Pistacatro produtora de soños…

    more
  15. Ondas do cárcere_Urbano e Maruja, Lugrís e Mallo

    Hoxe profundizamos na vida de dúas personalidades senlleiras das artes plásticas nadas en Galiza: Urbano Lugrís e Maruja Mallo. Rodrigo Osorio, un dos impulsores do Mural Lugrís, cóntanos rasgos e historias do primeiro e Asunta Rodríguez, galerista e académica de Belas Artes relátanos aspectos da...

  16. Ondas do cárcere_ Pedaleando no Ar

    Hoxe abrimos o programa con Gonçalo Guerreiro, autor da sintonía do programa, quen presentou o seu disco que leva por título "Ar" acompañado de grandes músicxs. Falamos tamén con Xosé Leis, director da obra de teatro titulada "Sei dun lugar" e interpretada por Íria Lamas e Brais Abad na Sala...

  17. Ondas do cárcere_Laborando feminismos, Okupas e CoLab

    Hoxe temos un programa completo de contidos. Primeiramente falamos con Helena Sanmamede, unha das organizadoras da Feira feminista "Laborando" que se vai desenvolver o sábado 26 de novembro no mercado de Santo Agostinho d'A Corunha. Carmen Cotelo nos fala do CoLab, que está a pasar no Centro…

    more
  18. Ondas do cárcere_ Carlos Taibo Arias, Libertario

    Emitimos hoxe integramente a conversa mantida con Carlos Taibo, profesor titular de Ciencia Política e Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Con él falamos sobre Anarquía, política e outros temas sociais. Rematamos dando repaso a outros asuntos que conciernen a Proxecto Cárcere e o...

  19. Ondas do cárcere_ Sementar sementarei

    Hoxe iniciamos a nova tempada de emisións cunha conversa con Alberte Fernández Marinho, presidente da AVV Atochas Monte Alto e con José Francisco Hurtado da ong Ecos do Sur, con cuxas asociacións, Proxecto Cárcere vai desenvolver o proxecto de hortas urbanas a carón da antiga prisión provincial…

    more
  20. Ondas do cárcere_Autogestió a Barcelona

    Despedimos unha tempada máis en cuac fm falando con Joan Costa de Can Batlló, quen nos fala da forma de autoxestión que desenvolven nese espazo. Tamén falamos con Toni Llotge do Ateneu Popular Nou Barris, que levan 40 anos autoxestionando este proxecto. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo…

    more
  21. Ondas do cárcere_As Aldaolado e o S8

    Hoxe comezamos o programa falando con Tito Rodríguez, colaborador da Mostra de cinema periférico S8 que se está a celebrar estes días. Tamén mantemos una conversa con Lucía Aldao e María Lado, Aldaolado, poetas, artistas e outras cousas máis, que comentan con nós as súas vicisitudes con este...

  22. Ondas do cárcere_ Culturlab e Cinema Adriano

    No programa deste venres falamos e analizamos con Fran Quiroga a situación cultural actual da Galiza e tamén conversamos con Águeda, do colectivo Lumen e Marta da asociación Patio de Butacas de Fene, onde se atopa o Cinema Adriano, en estado de abandono e que estas dúas entidades tratan de…

    more
  23. Ondas do cárcere_Manuel Borja Villel

    O programa de hoxe está integramente adicado a unha extensa conversa con Manuel Borja Villel, historiador da arte e director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Con él falamos sobre as súas orixes e facemos un amplo percorrido polas problemáticas do mundo da arte nestes momentos…

    more
  24. Ondas do cárcere_ Inclusión social e educación nas artes escénicas

    Abordamos hoxe o tema da Inclusión social e educación nas artes escénicas e pra iso contamos, dende o teatro Rosalía de Castro d'A Coruña, coas testemuñas de Hugo Cruz, fundador do grupo Pele de teatro do oprimido, Jean-Frédéric Chevallier, director de teatro e filósofo e con María Antonia…

    more
  25. Ondas do cárcere_Radios Comunitarias crudas

    Celebramos hoxe o 20 aniversario da emisora cuac fm e o facemos falando con Javier Gallego Crudo, director de Carne Cruda, programa que emite gracias á aportación de miles de ouvintes. Tamén conversamos de radios comunitarias con Andre de Radio Filispim de Ferrol e con Óscar de Radio Roncudo da...

  26. Ondas do cárcere_#Salvemos Carabanchel

    No programa de hoxe mantemos unha conversa con Jesús Rodriguez integrante da plataforma "Salvemos Carabanchel" que reivindica o antigo cárcere de Carabanchel, xa derrubado. É autor do libro "El derribo de la vergüenza" onde se analiza e se documenta tan triste destino dun edificio tan emblemático...

  27. Ondas do cárcere_Rehabilitémonos

    O programa de hoxe está integramente adicado á rehabilitación dos cárceres, pra iso están no estudo José Couso de Cuacfm, Juan Creus, arquitecto, que está a desenvolver a posta a punto do antigo cárcere de Lugo e nos fala de como foi o proceso. Falamos por teléfono con Minerva García Romay,...

  28. Ondas do cárcere_Lembra Monelos

    No programa de hoxe imos coñecer o proxecto audiovisual titulado "Esquece Monelos" da man da súa directora, Ángeles Huerta. A historia pon enriba da mesa a desaparición do único río da cidade da Coruña. Tamén falamos co biólogo Damián e con Xosé Ramón e Pepe, integrantes da Asociación de veciños…

    more
  29. Ondas do cárcere_De memoria e feminismo

    Hoxe falamos primeiramente con Roberto Catoira, coordinador de formación en Cuac fm, sobre o 20 aniversario que se cumple este ano da radio comunitaria da Coruña. Conversamos con Nano Souto, recén reelexido presidente da CRMH da Coruña e tamén con Aida Vásques que fala das xornadas feministas...

  30. Ondas do cárcere_Liberté

    Comezamos o 2016 abordando aspecto dos cárceres ou da represión nos seus diferentes aconteceres. Falamos con Cristina Fiaño sobre un traballo realizado acerca do vello cárcere de Lugo. Tamén falamos con Lolo Segura e da súa experiencia dentro da cadea da Coruña. Rematamos o programa conversando…

    more
  31. Ondas do cárcere_O ventre do arquitecto

    Comezamos o programa escoitando as cartas de Alfredo Suárez Ferrín, último alcalde republicano d'A Coruña, na voz da súa neta. Este e outros testemuños forman parte do blogue memoria do cárcere que se presentou estes días na Casa Museo Casares Quiroga. Mantemos unha extensa conversa con Xosé Lois...

  32. Ondas do cárcere_Fin de ano aberto_2015

    Comezamos hoxe rematando o ano co audio recollido do pleno no concello d'A Coruña no que a concelleira do PSOE, Silvia Longueira fai unha pregunta ao governo municipal co tema do cárcere. Tamén falamos por teléfono con Polo e Gabi Carrera, que estes días abres os seus lugares de traballo pra…

    more
  33. Ondas do cárcere_ Argonautas no V aniversario de pc

    Facemos hoxe un resumo do que leva acontecido nestes 5 anos de loita de Proxecto Cárcere. Recollemos audios de moitas das intervencións feitas polo colectivo. Música: Fanfare for the common man. Northumberland Brass 54-46 Was My Number. Toots and the Maytals When Youre In Prison. The Offspring La...

  34. Ondas do cárcere_Facendo o pallaso

    Hoxe falamos con Carlos Diz, antropólogo social e con Chalar que se atopa na Coruña investigando o teatro contemporáneo. Analizamos o mundo do clown, do teatro físico e o activismo dende un punto de vista informal. Música: Circus parade. Funny circus band Dancing in the streets. Martha & The...

  35. Ondas do cárcere_Concello da Coruña

    Hoxe facemos unha reflexión colectiva, en voz alta e pública, das nosas opinións sobre o novo concello da Coruña. Das expectativas creadas, da nova forma de gobernar e de como supoñemos van ser os pasos cara a acadar a antiga prisión provincial pra a cidadanía. Escoitamos o que nos dixeron…

    more
  36. Ondas do cárcere_Andainas

    Comezamos esta nova tempada en cuac fm falando sobre outro tipo de educación, para iso, falamos hoxe con Matilde, orientadora de Andaina, tamén con Lucía e Laura do colectivo por unha Escola Pública Activa e con Álvaro de Semente Compostela. Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Louvação....

  37. Ondas do cárcere_ Ars gratia artesanía

    Despedimos a tempada abordando o tema da artesanía con catro proxectos moi interesantes. Marta, de Velaíven fálanos desde Lugo da produción e manufactura de lá de ovella, María Jesús da Illa da Estrela, cóntanos como se traballa a artesanía desde o punto de vista das redeiras de Corme e Mar de...

  38. Ondas do cárcere_Quen somos

    Neste programa falamos con Ana Estévez, responsable de actividades no Museo do Pobo Galego, con ela analizamos a mostra de cinema etnográfico que ten lugar alí. Tamén chamamos a Xurxo Ayán, arqueólogo, con el conversamos de moitos temas relacionados coa problemática do patrimonio. Música: Foliada...

  39. Ondas do cárcere_50 programas non son nada

    Programa no que recuperamos algunhas das nosas entrevistas favoritas dos 50 programas anteriores: Aurora Marco e o seu libro de mulleres guerrilleiras, Francisco Manrique d'A Troita Armada, e Alberto Fortes que nos fala do proxecto de Olaia Sendón sobre pequeno comercio. Música: Sintonía…

    more
  40. Ondas do cárcere_Invisibel

    Conversamos hoxe con Vero, da asociación A xuntanza do barrio de San Pedro de Compostela. Tamén con Juan, da organización do Mercado do Barrio das flores da Coruña e falamos finalmente con Sandra da Universidade Invisibel da Coruañ que estes días realizan un encontro sobre municipalismo. Música:...

  41. Ondas do cárcere_Saúde ambiental

    Analizamos hoxe a saúde ambiental da cidade da Coruña desde varios puntos de vista. Temos no estudo a David Lozano de Salvemos Bens e a Pablo Leira de Adega e falamos das problemáticas que están presentes na cidade por motivos do medio ambiente. Tamén conectamos por teléfono con Santi do grupo...

  42. Ondas do cárcere_A cultura desde dentro

    No programa de hoxe mantemos unha extensa conversa con David Barro, director da Fundación Luis Seoane da Coruña e tamén falamos con Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego de Compostela. Rematamos falando con David Marín, de Nau Ivanow, sobre o 4º Encontro da Rede Transibérica de Espazos...

  43. Ondas do cárcere_Fetsac 2015

    Hoxe facemos resumo da Fetsac (Festival da Escola de Arquitectura da Coruña) e contamos no estudo con Rafa Cubillo, Daniel Vilares e Miguel Picado pra que nos falen de como e´a rorganización de este evento que leva xa 7 anos funcionando. Falamos coas persoas que realizaron os tres obradoiros…

    more
  44. Ondas do cárcere_Málaga la bella

    Hoxe contactamos coa cidade de Málaga pra saber máis do seu movemento social. Alejandro Blanco é unha das persoas que participan activamente en Onda Color, a radio comunitaria malagueña. Santi Fernández falanos da Casa Invisible, referente peninsular de centro social autoxestionado. Rematamos o...

  45. Ondas do cárcere_Vida na Costa da morte

    Hoxe seguimos pola contorna bergantiñá e facemos o noso pequeno homenaxe a Man de Camelle coa emisión dun audio gravado por Orestes Pérez. Imos ata Ponteceso pra falar con Luis Giadas, membro da Asociación Monte Branco e tamén falamos con Ubaldo Cerqueiro, director do xornal dixital Que pasa na...

  46. Ondas do cárcere_Carballo derruba muros

    Neste programa temos como convidado no estudo a Xosé Regueira, concelleiro de promoción económica e turismo no concello de Carballo. Falamos con el sobre o proxecto "derrubando muros" no que artistas locais e de varias partes do mundo interveñen as paredes dalgúns dos edificios desa cidade por...

  47. Ondas do cárcere_Elviña non se vende. Deféndese

    O programa de hoxe está adicado ao pobo de Elviña, que ven de sofrer por parte das institucións, un ataque sen escrúpulos pra arrasar con todo e deixar á xente sen as súas casas e o seu tradicional modo de vida. Temos como convidadxs a Pilar, Luis, Piño e Iván, veciñxs do pobo de Elviña e tamén...

  48. Ondas do cárcere_ O monte é noso

    O tema de hoxe é o mancomún. Temos como convidaxs a Fran Quiroga de Montenoso, Proxecto que procura facilitar a visibilidade dos montes veciñais en man común e aprender dos seus mecanismos de uso e xestión. Tamén falamos con Paulo Jablonski, integrante da Sociedade Cooperativa Trespés-Propostas...

  49. Ondas do cárcere_Barrio Agra do Orzán

    Neste programa analizamos un dos barrios con máis poboación da Coruña, o Agra. Temos convidadxs a Natalia de Ecos do Sur, Roi do colectivo 1 a 1, Irene do cuarto sector, Fabián de Juan Soñador, Sabela de Viraventos, Maruxa de Mestura e Marisol e Xesús da AVV do Agra do Orzán. Música: Sintonía...

  50. Ondas do cárcere_Culturgal

    No programa de hoxe felicitamos ao grupo compostelán Chévere polo seu premio nacional de teatro e o facemos cun dos seus integrantes, Xesús Ron. Tamén falamos con Paula e Eliseo Fernández, pertencentes ao Ateneo Ferrolán que nestes días celebra un congreso internacional sobre a persoa de…

    more

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Programa de radio do Proxecto Cárcere onde se tratarán os temas polos que existe este colectivo de xente que busca recuperar para a cidadanía un lugar emblemático como a prisión provincial da Coruña.

HOSTED BY

proxectocarcere

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Ondas do cárcere have?

Ondas do cárcere currently has 89 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Ondas do cárcere about?

Programa de radio do Proxecto Cárcere onde se tratarán os temas polos que existe este colectivo de xente que busca recuperar para a cidadanía un lugar emblemático como a prisión provincial da Coruña.

How often does Ondas do cárcere release new episodes?

Ondas do cárcere has 89 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Ondas do cárcere?

You can listen to Ondas do cárcere on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Ondas do cárcere?

Ondas do cárcere is created and hosted by proxectocarcere.
URL copied to clipboard!