Paseando por Compostela con mulleres podcast artwork

PODCAST · arts

Paseando por Compostela con mulleres

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Sep 26, 2026 · Source feed

  1. 56

    A gota do leite

    A gota do leite foi un organismo de beneficencia para facerlle fronte á inmensa mortalidade infantil que había a final do século XIX e principios do XX. En Compostela, estaba situada a carón do Museo do Pobo Galego e onde hoxe está o CGAC.

  2. 55

    O leite

    Hoxe toca falar do leite, alimento básico e fundamental na capital de Galicia e na súa comarca. En Santiago había moito consumo e produción de leite, con moitas granxas e vacas.

  3. 54

    Pan de Compostela

    Compostela é terra de pan. Os seus mercados, fornos e muíños fixérona terra do pan. Hoxe paseamos para descubrir as orixes deste alimento.

  4. 53

    Verduras e calacús

    Seguimos coa serie de produtos de tempada, falando da verdura agora que chega o tempo de Coresma.

  5. 52

    Os alimentos de inverno 2

    Xa chegou o tempo de inverno e o corpo agradece xa cousas quentes, como é beber unha taza de chocolate, algo que é tradicional en Compostela.

  6. 51

    Os alimentos de inverno

    Hoxe adentrámonos no Nadal, falando dun dos alimentos máis típicos: o bacallau con coliflor

  7. 50

    Os alimentos de Outono 2

    O outono é a época na que se recollen os alimentos, se pagan as rendas e tamén na que se transforman os alimentos para conservalos mellor, especialmente aqueles que eran importantes en ocasións especiais, como os figos, as uvas ou o poroco.

  8. 49

    Os alimentos de outono

    Hoxe facemos un percorrido polas terras compostelás, vendo o que hai nas súas hortas e o que houbo nas súas casas nestes días de outono. Castañas, marmelo, cabazas...

  9. 48

    As mulleres que alimentan a vida

    Imos empezar unha nova etapa paseando con mulleres, pero sendo o seu traballo como protagonista. As mulleres alimentaron e alimentan a vida. Sacharon, cultivaron, deron de xantar...

  10. 47

    Luísa Villaverde Regueiro

    Hoxe visitamos a vida de María Luísa Villaverde Regueiro, «a praceira rebelde». Dende San Lourenzo á Praza de Abastos e ao Sar, unha historia de resistencia, coidado e solidariedade fronte á represión do 36. Un paseo para amosar nomes, voces e memoria da cidade.

  11. 46

    Aurichu Pereira

    Hoxe imos coñecer a figura de Aurichu Pereira, deseñadora, pintora e alma da tenda Xanela, auténtico foco cultural e creativo da cidade. Dende a súa infancia no Patio de Madres ata o seu legado artístico e vital, reivindicaremos a súa condición de muller galega, feminista e pioneira da moda de proximidade.

  12. 45

    Lola Ferreiro

    Lola Ferreiro estudou Medicina en Santiago, onde tamén se doutorou e se especializou en Psiquiatría e na saúde mental infantil e na adolescencia, moi especialmente a das rapazas. Ela denunciou sempre que a medicina discrimina ás mulleres en moitos dos seus apartados.

  13. 44

    escolainfantilsancristobodoeixo

    Continuamos falando do Concello de Conxo, concretamente pasando por San Cristovo do Eixo, un dos primeiros lugares cunha escola de indianos, que aínda existe hoxe, montada por Domingo Cepeda Raíces.

  14. 43

    O Manicomio de Conxo

    Hoxe seguimos lembrando o Concello de Conxo no 100 aniversario da súa anexión a Compostela, dando un paseo polo seu Manicomio e coñecendo como a Igrexa se fixo con este ben que era público e estaba desamortizado.

  15. 42

    As mulleres do Concello de Conxo

    Hoxe adicamos unha serie de episodios dedicados ao Concello de Conxo, que este ano cumpre 100 anos da súa anexión ao de Compostela. Conxo foi tamén territorio de cociñeiras e taberneiras e lugar natal de Rosalía de Castro.

  16. 41

    Ruth Matilda Anderson. Segunda parte. A feira do gando, estudantes e peregrinos, a catedral e o Pazo de Xelmírez

    Continuamos o percorrido por Compostela da man de Ruth Matilda Anderson seguindo o diario da fotógrafa.

  17. 40

    Ruth Matilda Anderson. Primeira parte. As rúas de Compostela

    Hoxe iniciamos un paseo polas rúas de Compostela da man da fotógrafa Ruth Matilda Anderson.

  18. 39

    Luz Fandiño

    Hoxe imos andar moitísimo, dende o barrio de Sar e do Ensanche a América e a Francia, para despois volver a Compostela. Hoxe con este paseo imos coñecer a Luz Fandiño.

  19. 38

    Vicenta e Ánxela Artime

    Hoxe entramos nun comercio que se converteu nun ágora, na rúa da Caldeirería. Falamos da Colchonería, negocio das irmás Vicenta e Ánxela Artime.

  20. 37

    Pili Pereira

    Continuando con mulleres que traballaron na radio, hoxe falamos de Pilar Pereira Carballo, vinculada durante uns anos á radio, aínda que cunha traxectoria moito máis diversa e plural

  21. 36

    Isabel Carou

    Isabel Carou traballou 40 anos na radio, dende 1947 ata que se xubilou en 1986. Estudou Químicas en Santiago e traballou dende nova para axuda á familia, cando se enterou de que na radio había unha praza de locutora, onde empezou a traballar.

  22. 35

    María Gómez Romarís

    Nesta nova andaina, imos camiñar por calquera lugar de Santiago xa que, esta camiñata é a través da radio, un medio que ten unha difusión inmesa co elemento engadido de que unha gran parte das ouvintes son mulleres. 

  23. 34

    Elas no seminario. As mulleres do Seminario de Estudos Galegos

    O pasado 2023 foi o centenario do Seminario de Estudos Galegos. Mulleres como Carmiña Sierra ou Pura Lorenzana son só algúns exemplos das mulleres progresistas e galeguistas que realizaron os seus estudos no Seminario.

  24. 33

    As ousadas. As novas emprendedoras

    Falamos da valentía e a ousadía das mulleres compostelanas que se arriscaron a abrir un negocio na cidade de Santiago.

  25. 32

    As mulleres invisíbeis. As arrepentidas

    As mulleres invisíbeis —chamadas tamén de arrepentidas ou Oblatas— tiñan como finalidade acompañar e reeducar ás mulleres que non cumprían co patrón ou norma da sociedade patriarcal e machista na época do franquismo. Repasamos estes espazos de represión na cidade de Santiago de Compostela.

  26. 31

    A voz do ensino. María Naveira Lago

    María Naveira Lago foi unha soprano compostelá e bastante descoñecida na cidade e formada inicialmente na escola de música da Real Sociedade Económica de Amigos del País

  27. 30

    Mercedes López

    Mercedes López Ramón naceu no ano 1909 en Corcubión e viviu dende moi nova en Santiago de Compostela, cidade na que tamén faleceu. Foi pianista, organista, directora de coros e docente no instituto Rosalía de Castro. Tamén foi un mando da sección femenina.

  28. 29

    Narcisa Pérez Reoyo

    Hoxe volvemos a pasear polas rúas de Compostela, malia que a choiva destes días non acompañe. E farémolo acompañados por Narcisa Pérez Reoyo.

  29. 28

    Carolina de Valga, la Belle Otero. Paseando o Santiago da saúde e a festa

    Hoxe tócanos pasear con Agustina del Carmen Otero, comunmente coñecida como Carolina Otero, e especialmente, como a Bela Otero. Naceu en Valga no ano 1868, e residiu a maior parte da súa vida en Francia, onde foi das máis grandes e destacadas mulleres do inicio do século XX, como unha das máis representavivas actrices e bailarinas da Belle Époque.

  30. 27

    Carmen Alvariño Alejandro. Paseando a Compostela do saber e da cor

    Carmen Alvariño Alejandro é a muller que hoxe nos acompaña no noso paseo pola cidade compostelá. Unha muller ensinanta en institutos e centros de FP nada nunha familia moi numerosa e que particupou dende nova nas loitas antifranquistas.

  31. 26

    Rosa Bassave Roibal. O amor polos libros e pola liberdade

    Hoxe pasearemos polas bibliotecas e librarías de Compostela xunto con Rosa Bassave Roibal, unha muller libre, revolucionaria, reivindicativa e, ante todo, amante dos libros.

  32. 25

    Paz López Facal. Mestra, contista e activista da cultura e da xustiza

    No programa de hoxe, guiados por Encarna Otero, pasearemos por Santiago de Compostela e os seus parques con Paz López Facal, unha mestra, contista e activista da cultura e da xustiza, e sobre todo unha desas mulleres que fan do mundo, un lugar mellor.

  33. 24

    Tres xeracións da mercería Algui (almacéns da rúa do Vilar)

    Compostela é territorio do bo vestir e do bo coser. Hoxe paseamos polas rúas de Santiago para coñecer as mercerías.

  34. 23

    As que coidan

    Hoxe paseamos cun colectivo que adoita ir empurrando unha cadeira de rodas, un cariño de bebé ou a carón dunha persoa maior cun bastón. Paseamos coas coidadoras.

  35. 22

    As invisíbeis que limpan a vida

    O percorrido de hoxe pode facerse por moitos lugares: hospitais, colexios, a Universidade, a estación, o aeroporto, as rúas... Hoxe falamos das mulleres que limpan.

  36. 21

    As mulleres industriosas nas tinerías de Santiago. Empresarias do coiro

    Hoxe imos pasear por unha Compostela menos coñecida: a Compostela do coiro. Esta cidade ten nas beiras do Sar e do Sarela grande parte da súa memoria de traballo.

  37. 20

    Comunidades conventuais

    Hoxe imos pasear con freiras, monxas e irmás, nas que se atopan as diferentes comunidades relixiosas que tan numerosas son en Compostela.

  38. 19

    Chelo Piñeiro Vella, unha traballadora na fábrica de A.G.E.

    Hoxe faremos un percorrido pola Fábrica de Conficciónes A.G.E., S.L. a través da lembranza de Chelo Piñeiro Vella, imaxinándonos como era unha xornada de traballo para ela e para as súas compañeiras.

  39. 18

    Mulleres nas industrias de Compostela

    Hoxe recuperamos a memoria de todas aquelas mulleres que traballaron en fábricas, co obxectivo de recoñer o traballo de todas elas e pasear figuradamente por eses espazos onde traballaron.

  40. 17

    Mulleres das casas de xantares

    Con este programa iniciamos o estudo de colectivos de mulleres, e o futuro de moitas delas. Comezamos hoxe polo mundo dos xantares, falando das mulleres de hoxe e das que continuarán durante moitos anos.

  41. 16

    María del Portal

    María del Portal Panise Ferrer (Maruxa) podería ser coñecida como a boticaria da liberdade, xa que contribuíu á saúde sexual e reprodutiva das mulleres de Santiago da súa época.

  42. 15

    Aurora Liste Forján

    Aurora Liste Forján foi unha muller que é difícil abranguer e cunha mocidade moi difícil marcada polo golpe de Estado fascista do 1936. Foi coñecida como leiteira, pero tamén foi activista e militante do Partido Comunista.

  43. 14

    Elvira Santiso

    Elvira Santiso foi artista e docente de vocación, cunha grande creatividade que rompeu todas as barreiras da época.

  44. 13

    María Antonia Sanjurjo

    María Antonia Sanjurjo naceu en Santiago e foi pioneira como xogadora de hóckey sobre herba e unha das fundadoras do Hóckey Club de Vigo, que chegou a estar no máis alto do hóckey feminino.

  45. 12

    Daría Vilariño Pintos

    Daría Vilariño Pintos foi especialista en arquivos e bibliotecas. Traballou na Biblioteca Pública de Compostela, impartiu aulas na Universidade e colaborou coa Cidade da Cultura na creación da súa Biblioteca.

  46. 11

    Consuelo Otero Rial

    Consuelo Otero Rial pertence a unha familia popular compostelana. Con 24 anos aparece asasinada xunto co seu marido en Carballo. Era unha traballadora da Praza de Abastos de Santiago, vendía produtos de alimentación e estaba sindicada á UXT.

  47. 10

    Pencha Santasmarinas

    Prudencia Santasmarinas Raposo, tamén coñecida como Pencha, foi unha muller de Compostela do barrio do Restollal. Era feminista, activista na defensa dos dereitos das mulleres e da súa profesionalización e na defensa do medio ambiente.

  48. 9

    As irmás Fandiño Ricart

    As irmás Fandiño Ricart foron moi fotografadas e á vez moi poco coñecidas. Foron populares, vistas, imitadas, pintadas pero cun descoñecemento da súa historia e un silencio interior inmenso.

  49. 8

    Tempo de lecer

    Neste programa abordarase un tema xenérico, onde as mulleres son protagonistas: o tempo de lecer.

  50. 7

    As mulleres do estraperlo

    Este podcast é unha lembranza ás estraperlistas no barrio de Pontepedriña, un medio que permitiu ás mulleres sacar adiante ás súas familias e permitir que Santiago gozase dun bo café.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

HOSTED BY

Radio Ateneo

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Paseando por Compostela con mulleres have?

Paseando por Compostela con mulleres currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Paseando por Compostela con mulleres about?

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría...

How often does Paseando por Compostela con mulleres release new episodes?

Paseando por Compostela con mulleres has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Paseando por Compostela con mulleres?

You can listen to Paseando por Compostela con mulleres on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Paseando por Compostela con mulleres?

Paseando por Compostela con mulleres is created and hosted by Radio Ateneo.
URL copied to clipboard!