Skip to content
Podcast a fabrica de lus podcast artwork

Podcast a fabrica de lus

by morelli

progama de Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, no 93.9 da FM. Programa de entrevistas enfocado a temas de actualidade. Recollemos a opinión da rúa e debatimos en directo.

From the show's RSS feed, refreshed Jan 9, 2022. Source feed.

Subscribe Bookmark

Episodes

  1. A fábrica da Lus vol. 13: Forzas armadas ¿democráticas?

    Contamos no estudio con Carlos Vidal, Delegado en Galiza de AUME, Luis Maceira, que serviu no exercito español durante 40 anos, e Alexandre Carrodeguas, insumiso. Falamos da democratización das Forzas Armadas e do seu rol na sociedade actual e a súa democratización.

  2. A fábrica de lus vol.10: Casas sen xente, xente sen casas.

    Falamos con Ana e Estefanía da súa experiencia lidiando cas entidades financieiras á hora de abordar un desafiuzamento, e da solución da dación en pagamento e da condonación da débeda por parte do banco. ¿cómo defender o dereito constitucional a unha vivenda digna cando o propio Estado lexisla e...

  3. A fábrica de lus vol.19. Comedores escolares, dereito ou esmola?

    Tratamos a problemática na bisbarra causada polo decreto 132/2013 da Xunta que regula o funcionamento e financiamento dos comedores escolares dos centros de ensino. Contamos no estudo con Isabel, monitora de comedores escolares, Tomás, presidente da ANPA do colexio Recimil , Estrela…

    more
  4. A fabrica de lus vol. 24: O natal dos simples

    No programa de nadal da Fábrica de Lus contamos con tres amigos no programa: o Lan, o Fefi e o Karlotti, que nos falan do significado do nadal, cantan el len poesía. Ao final, o equipo do programa ao completo atrévese cunha panxoliña, a pesar das protestas dos presentes (e seguramente dos ausentes).

  5. A Fábrica de Lus vol.26: Asbestose

    Neste programa tratamos a situación dos afectados por enfermidades profesionais relacionadas coa exposición ao asbesto, tema de especial relevancia na bisbarr a de Ferrol. Falamos da súa historia e da resposta cívica e médica fronte á negación da relación entre desempeño laboral e enfermidade por...

  6. A fabrica de lus vol. 20: Os vellos deben namorar

    Contamos con Francisca e Jaime Mari, que con máis de 80 anos ás súas costas seguen escribindo e recitando. Falamos con eles dos cambios sociais en Galiza, do s pros e contras da vida moderna, de como a sociedade actual trata aos vellos e vellas. Coma sempre contamos coa opinión anónima dos…

    more
  7. A Fábrica da Lus vol33: Eectrocutados

    Falamos neste volume da Fabrica de lus con Andrés, representante en Ferrol da ILP pola auditoría do sector enerxético en España, con Begoña, do colectivo Véspera de Nada, que xa vai pola segunda edición da súa "Guía para o descenso enerxético", e con Lalán, do Comité Cidadán de Emerxéncia da Rí­a...

  8. A Fabrica de lus vol. 32: Parking Express

    Falamos con César Manso e con Nes das políticas de mobilidade de Ferrol, da ordenación do estacionamento e do uso da bici. Contamos ademáis coas opinións de vecinos e comerciantes do centro histórico da cidade, preocupados pola decadencia física e da actividade comercial, que relacionan coa falta...

  9. A Fabrica de Lus vol. 31: un plan para os veciños

    Presentamos neste volume 31 da Fabrica de Lus o programa de participación no planeamento de As Pontes, cuxos responsables entrevistamos o pasado 1 de xullo. Contamos coa presenza no estudo de Olga Fra, arquitecta municipal, que nos da a súa opinión sobre os modos de participación veciñal no...

  10. A fabrica de lus vol.29: Ferrol Vello, xa temos un plan?

    Falamos con Alberto, coordinador da Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello, cos voceiros municipais no pleno de Ferrol de EU e do PSOE, e con Xosé Allegue, arquitecto do Consorcio de Santiago, sobre a aprobación inicial do PE de Ferrol Vello, que se produciu o día 16 de maio. A...

  11. a fabrica de lus vol.21:.cooperación internacional: ¿colonialismo ou solidariedade?

    Falamos da cooperación no terceiro mundo, do enfoque que teñen os voluntarios e profesionais, da dependencia que xera, e dos intereses políticos e económico s que hai detrás. Contamos no estudo coa presenza de Efrén e Antía, que teñen traballado recentemente en Timor Leste e São Tomé, e por vía...

  12. a fabrica de lus vol.28: 22M

    falamos das marchas pola dignidade cos nosos invitados, Anxo A., Anxo G., Anxo, Lucía e Celso, participantes e/ou organizadores da marchas na bisbarra de ferrol, que foron un éxito o pasado 22M, considerándose a maior mobiliación da historia recente en España. Aspectos como a propia organización...

  13. A fabrica de lus vol.27: Ferrol Vello paga a pena

    Falamos da situación do barrio orixe da cidade de Ferrol, causas e solucións para o abandono e a ruina, con Toné, un veciño da rúa Baterías e Ramón, presidente da delegación do Colexio de Arquitectos en Ferrol. Contamos tamén coa opinión dun feixe de veciños do barrio sobre a súa evolución e o...

  14. A Fabrica da Lus vol. 22: Independencia

    Adicamos este programa aos recortes na aplicación da lei de dependencia. Contamos no programa con un representante do Servizo Público de Dependencia da Xunta de Galicia, coa presidenta da asociación Teima Ferrol, unha traballadora desta asociación, e un afectado polos recortes na aplicación da…

    more
  15. A fábrica de lus vol. 26: asbestose

    Neste programa tratamos a situación dos afectados por enfermidades profesionais relacionadas coa exposición ao asbesto, tema de especial relevancia na bisbarra de Ferrol. Falamos da súa historia e da resposta cívica e médica fronte á negación da relación entre desempeño laboral e enfermidade por...

  16. A Fábrica de lus vol. 25.

    Neste programa entrevistamos a Eliseo Fernández, novo presidente do Ateneo Ferrolán, emitimos unha entrevista con Marcos Lourenzo, na que fala de como ve a Ferrol e aos seus veciños, e abordamos a problemática do posible peche da Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, da man de Sonia Aguiar,...

  17. A Fabrica da Lus vol. 24: O Natal dos Simples

    No programa de nadal da Fábrica de Lus contamos con tres amigos no programa: o Lan, o Fefi e o Karlotti, que nos falan do significado do nadal, cantan el len poesía. Ao final, o equipo do programa ao completo atrévese cunha panxoliña, a pesar das protestas dos presentes (e seguramente dos ausentes).

  18. A Fabrica de Lus vol. 23: Quo vadis Navantia?

    Falamos con Rodolfo e Xavi, dous traballadores dos estaleiros públicos ferroláns, sobre as causas e consecuencisas da falla de encargos na antiga Bazán. Coma sempre contamos coa opinión de cidadáns diversos que dan os seus pareceres sobre o caso.

  19. A Fábrica da Lus_vol.20: os vellos deben namorar

    contamos con Francisca e Jaime Mari, que con máis de 80 anos ás súas costas seguen escribindo e recitando. Falamos con eles dos cambios sociais en Galiza, dos pros e contras da vida moderna, de como a sociedade actual trata aos vellos e vellas. Coma sempre contamos coa opinión anónima dos veciños…

    more
  20. afabricadelus vol.19: comedores escolares: esmola ou dereito

    tratamos a problemática na bisbarra causada polo decreto 132/2013 da Xunta que regula o funcionamento e financiamento dos comedores escolares dos centros de ensino. Contamos no estudo con Isabel, monitora de comedores escolares, Tomás, presidente da ANPA do colexio Recimil , Estrela…

    more
  21. Afábricadelus vol. 18: tren ao porto exterior de Ferrol. Necesidade ou desfeita

    Falamos con Alexandre Carrodeguas, de Verdegaia, con César Bedoya, do Clube do Mar e Xandre, de Adega, sobre as diferentes alternativas de trazado do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol, as súa necesidade e a viabilidade da propia terminal d Caneliñas. Coma sempre contamos coa opinión...

  22. afabricadelus vol.17: o tanque dos tormentos

    Falamos con Chema, Alexandre e Miguel, membros da plataforma que se opón á instalación do tanque de tormentas no Parque Pablo Iglesias, sobre a situación da súa loita e, en xeral, as consecuencias da privatización do subministro de auga e saneamento. Coma sempre colleitamos a opinión dos veciños,...

  23. A fábrica de lus vol. 16: Dia das letras

    Falamos da situación do teatro amador e profesional en Galiza e da figura de Ricardo Carvalho Calero con Henrique, Helga, Marian, Luis, Sabela e Lorena, todos e todas relacionados co mundo das letras e o teatro.

  24. A fábrica de lus vol. 15: Ferrol Vello, vida nova

    Falamos do barrio Ferrol Vello e as razóns da súa actual situación. Contamos no estudo con Bea García e Alberto Saavedra, veciños do barrio. Coma sempre colleitamos un feixe de entrevistas de veciños e comerciantes.

  25. A fabrica de lus vol.14: Custodiar o territorio

    Contamos no estudio con César Martínez´, integrante da recentemente constituída "Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico-Betula" e, vía telefónica, con Oscar Rivas, da "Asociación Galega de Custodia do Territorio", representante da Rede Galega de Custodia a nivel estatal. Como sempre,...

  26. A fábrica de lus vol.13: Forzas Armadas ¿democráticas?

    Contamos no estudio con Carlos Vidal, Delegado en Galiza de AUME, Luis Maceira, que serviu no exercito español durante 40 anos, e Alexandre Carrodeguas, insumiso. Falamos da democratización das Forzas Armadas e do seu rol na sociedade actual.

  27. A fábrica de Lus vol.12: Arquiteutos

    O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está en pleno proceso electoral. Os retos a abordar nesta nova etapa son solucionar a desafección da sociedade coa arquitectura, a crise do sector da construcción e a nova lei de servizos profesionais, que vai supor un ataque as competencias…

    more
  28. A fabrica de lus vol. 11: A contra-refoma educativa

    Contamos no estudio con Xavi, alumno representante do Sindicato de Estudantes, Mel, pai membro da Anpa do I.E.S. Sofía Casanova e Mariló, unha profesora da asociación pedagóxica Nova Escola Galega. Falamos da Lei Wert e, en xeral, da política educativa do PP, das súas consecuencias e da folga...

  29. A fábrica de lus vol. 10: Casas sen xente, xente sen casa

    Falamos con Ana e Estefanía da súa experiencia lidiando cas entidades financieiras á hora de abordar un desafiuzamento, e da solución da dación en pagamento e da condonación da débeda por parte do banco. ¿Cómo facer efectivo o dereito constitucional a una vivenda digna cando o propio Estado…

    more
  30. A fabrica de lus vol. 09. O futuro do galego

    Falamos no estudio con Xosé Manuel Sardiña, filólogo, Mauricio Castro, profesor de portugués na EOI de Ferrol, e con Carlos Outeiro, da Mesa Pola Normalización Lingüística, sobre o futuro do galego. Abórdanse temas de actualidade como son a defensa do galego no ensino, a súa presenza social, a...

  31. A fábrica de lus vol.08: ¿pódese vivir da terra?

    Falamos con Antonio, membro dunha cooperativa de productores de leite, con Francisca, que viviu toda a súa vida da terra, e Victor, que ten unha granxa na que produce carne e ovos ecolóxicos. Falamos das dificultades ás que se enfrontan día a día para facer viable o seu proxecto de vida como...

  32. A fábrica de lus vol.07: o malgasto de recursos nas obras públicas

    Nestes tempos de crise os cidadáns non comprenden por qué, mentres os poderes públicos defenden a austeridade e recoran os recursos destinados á prestación de servizos públicos esenciais, estes mesmos poderes coninúan a investir escandalosas cantidades de recursos en obras que o conxunto da...

  33. A fabrica de lus vol.02 Somos o que comemos

    falamos de nutrición con consumidores e traballadores dunha cooperativa de consumo de productos ecolóxicos, productores de hortos urbanos e profesionais da agricultura e da gandeiría ecolóxica

  34. A fabrica de lus vol.01 A sanidade a debate

    ¿en qué perxudican os recortes orzamentarios aos servizos públicos sanitarios? ¿nótanse máis na atención primaria ou na especializada? ¿como os asumen os enfermos? ¿e os profesionais? ¿cales van ser as consecuencias a medio prazo?... recollemos as opinións dos usuarios deste servizo e debatinmos…

    more
  35. A fabrica de lus vol.03. O mundo do cabalo

    Cando se extinguiu o uso do cabalo como besta de carga, como se organiza a súa cria en semi liberdade?, cales son os valores dietéticos da súa carne?, qué era iso da lavadura?...achegámonos a unha pasión minoritaria a través das testemuñas dun feixe de afeccionados e profesionais relacionados con...

  36. a fabrica de lus vol.05 Recimil

    Falamos dun barrio da cidade de Ferrol, maltratado polos mass media como un lugar degradado e perigoso. Sen embargo, falando coas xentes que viven e traballan ano barrio tódolos días a realidade é moi diferente...¿qué intereses hai detrás deste empeño dos medios por presentar a convivencia no...

  37. A fabrica de lus vol.04. Os recortes en FEVE e RENFE

    O desmantelamento do servizo público de viaxeiros no punto de mira. Falamos cos usuarios e cos traballadores das compañías públicas e tentamos desenredar que intereses hai detrás da súa privatización.

About this show

progama de Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, no 93.9 da FM. Programa de entrevistas enfocado a temas de actualidade. Recollemos a opinión da rúa e debatimos en directo.

Hosted by

morelli

Categories

Frequently asked questions

How many episodes does Podcast a fabrica de lus have?

Podcast a fabrica de lus has 37 episodes on PodParley. The most recent episode was published on January 24, 2015.

What is Podcast a fabrica de lus about?

progama de Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, no 93.9 da FM. Programa de entrevistas enfocado a temas de actualidade. Recollemos a opinión da rúa e debatimos en directo.

How often does Podcast a fabrica de lus release new episodes?

Podcast a fabrica de lus publishes every two weeks, based on its 37 episodes since October 2013.

Who hosts Podcast a fabrica de lus?

Podcast a fabrica de lus is created and hosted by morelli.
Link copied