Skip to content
Podcast Radio Cerna podcast artwork

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

From the show's RSS feed, refreshed Sep 11, 2026. Source feed.

Episodes

  1. Boletín informativo ambiental 06/11/2026

    A Xunta adxudicou centos de peritaxes nos litixios eólicos a unha consultora que traballou para a patronal eólica. Tamén esta semana as plataformas Ulloa Viva, Mina Touro-O Pino Non e en Defensa da Ría de Arousa, xunto con ADEGA, instaron a cidadanía galega a reclamar masivamente ao presidente da...

  2. Boletín informativo ambiental 22/10/2026

    ADEGA acode á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto favorecida pola neglixencia da Xunta. Unha mudanza da administración galega na Lei Urbanística podería facilitar a instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. Centos de persoas voluntarias retiran 1 tonelada…

    more
  3. Boletín informativo ambiental 16/10/2026

    Unha nova campaña #TiPodesParalos procura fondos para frear nos tribunais unha liña de alta tensión que ameaza o patrimonio natural e cultural das bestas de Sabucedo. E en Lugo, ADEGA emprende a loita xudicial contra o desenvolvemento do Plan Parcial S5-I, que contempla urbanizar as nacentes do…

    more
  4. Boletín informativo ambiental 09/10/2026

    ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos impulsada polo Proxecto Ríos. A Alianza Rural insta a mudar o Plano Forestal para acadar...

  5. Boletín informativo ambiental 02/10/2026

    Unha ducia de entidades esixiron esta semana á Xunta información e explicacións sobre a recente ampliación da represa de Cabanelas, afluente do Umia. Ao tempo, ADEGA reclama que o Observatorio Galego da Biodiversidade emita un pronunciamento favorable sobre a solicitude para incluír o salmón...

  6. Boletín informativo ambiental 24/09/2026

    Un informe interno da Xunta recoñece "riscos irreversíbeis" na ría de Arousa derivados da mina de cobre de Touro e O Pino. E na Limia, a Xunta recoñece tamén agora que a contaminación das augas ten unha orixe “significativamente agraria” e prohibe novas explotacións gandeiras intensivas e...

  7. Boletín informativo ambiental 18/09/2026

    O lume volve ao Courel. Un incendio en Quiroga arrasou máis de 420 hectáreas e pon en alerta varias aldeas. A rotura dunha foxa de xurro con máis dun millón de litros en Tordoia causa unha vertedura na contorna do río Bustelo. E o pasado domingo, arredor dun cento de persoas concentráronse en...

  8. Boletín informativo ambiental 11/09/2026

    Ons non é illa para especies en perigo. Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons, unha especie en perigo de extinción, foron eliminados durante labores de roza dos camiños na illa. Na outra cara da moeda, as 500 árbores plantadas por voluntariado de ADEGA nos montes...

  9. Boletín informativo ambiental 04/09/2026

    Neste programa de Radio Cerna abordamos a situación de seca que enfronta Galiza e a intención da Xunta de estudar a creación de novos encoros. Fronte a esta proposta, ADEGA demanda medidas que fomenten unha nova cultura da auga, baseada no aforro e no combate ao desbaldimento. En Castroverde…

    more
  10. Boletín informativo ambiental 07/08/2025

    A Xunta delcara a emerxencia cinexética do xabarín e privatiza así a xestión da fauna salvaxe en favor dos cazadores. En materia eólica tamén hai novidades. Empresas con parques eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza están a solicitar agora a declaración de...

  11. Boletín informativo ambiental 31/07/2026

    Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen…

    more
  12. Boletín informativo ambiental 17/07/2026

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza volve dar a razón a ADEGA e ordena paralizar cautelarmente o parque eólico Pena do Pico, promovido por Greenalia nos Ancares lucenses. ADEGA advirte de que Lugo podería perder unha oportunidade histórica para completar un gran cinto verde arredor da cidade...

  13. Boletín informativo ambiental 10/07/2026

    A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano…

    more
  14. Boletín informativo ambiental 26/06/2026

    Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG...

  15. Boletín informativo ambiental 18/06/26

    Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha...

  16. Boletín informativo ambiental 12/06/2025

    Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura…

    more
  17. Boletín informativo ambiental 05/06/2026

    A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo....

  18. Boletín informativo ambiental 29/05/2026

    A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os...

  19. Boletín informativo ambiental 22/05/2026

    Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar...

  20. Boletín informativo ambiental 08/05/2026

    Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto,...

  21. Boletín informativo ambiental 01/04/26

    A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón....

  22. Boletín informativo ambiental 23/04/2026

    A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha...

  23. Boletín informativo ambiental 17/04/2026

    Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración....

  24. Boletín informativo ambiental 10/04/2026

    Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera…

    more
  25. Boletín informativo ambiental 27/03/2026

    As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata…

    more
  26. Boletín informativo ambiental 13/04/2026

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e...

  27. Boletín informativo ambiental 6/03/2025

    O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de...

  28. Boletín informativo ambiental 27/02/2026

    Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro...

  29. Boletín informativo ambiental 13/02/2026

    A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado. ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés, no Concello das Nogais, declarada Ben de Interese Cultural. Un proxecto eólico na Terra Chá pon en risco a única poboación reprodutora de...

  30. Boletín informativo ambiental 05/02/2026

    O futuro do mar galego volve ao debate coa apertura do proceso para poxar a eólica mariña fronte ás súas costas. Entidades ecoloxistas solicitan á Xunta de Galiza que se declare o salmón atlántico como “en perigo de extinción”. A rotura doutra balsa mineira no Monte Neme pon de novo o foco sobre…

    more
  31. Boletín informativo ambiental 30/01/2026

    A Xunta de Galiza pide ao Tribunal Superior de Xustiza que levante a suspensión cautelar da caza do lobo, un movemento que ADEGA interpreta como cortina de fume para tapar as súas políticas regresivas no rural. Doutra banda, o proxecto de central de bombeo de Meirama poñería en risco a auga…

    more
  32. Boletín informativo ambiental 22/01/2026

    A Fiscalía investiga unha canteira en Lugo por ocupar ata dez veces máis terreo do autorizado. ADEGA denuncia a fragmentación ilegal dun macroproxecto de biometano en Curtis e alerta de que é ambiental e economicamente inviable. En materia de residuos, a asociación considera un paso atrás a...

  33. Boletín informativo ambiental 19/12/2025

    A lei "ómnibus ambiental" da CE consolida a política de territorios de sacrificio e atenta contra os dereitos humanos. Semana tamén de importantes mobilizacións: miles de persoas mobilizáronse o pasado domingo en Santiago de Compostela nunha multitudinaria manifestación contra a instalación da...

  34. Boletín informativo ambiental 12/12/2025

    Unha vintena de persoas voluntarias, coordinadas por ADEGA, participou esta fin de semana nun campo de traballo ambiental destinado a restaurar os montes queimados da aldea do Sexo, na Agolada. Galiza está chamada a volver colapsar Compostela este domingo para darlle a estocada final ao proxecto…

    more
  35. Boletín informativo ambiental 05/12/2025

    A emerxencia cinexética da Xunta podería contribuír a espallar a peste porcina africana. ADEGA impulsa un novo campo de voluntariado para restaurar zonas queimadas na Agolada. Ulloa Viva, a PDRA e Mina de Touro-O Pino Non chaman a "poñer fin" á ameaza da macrocelulosa de Altri cunha masiva...

  36. Boletín informativo ambiental 28/11/25

    A sociedade público-privada Recursos de Galicia negocia con Acciona a adquisición de 26 parques eólicos. A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos”. aA Xunta investirá uns 62.000…

    more
  37. Boletín informativo ambiental 21/11/2025

    O PP esquece tramitar a emenda para flexibilizar aínda máis a moratoria do eucalipto. A asociación ecoloxista ADEGA denuncia que Rueda mingua a tramitación ambiental para converter a Xunta nunha expedidora de permisos. Galiza é a autonomía que menos recicla de todo o Estado. A Asociación Pola...

  38. Boletín informativo ambiental 14/11/25

    Centos de persoas fixeron este domingo unha cadea humana no encoro de Portodemouros para rexeitar Altri e a mina de Touro-O Pino. Ademais, Bruxelas vén de excluír o proxecto da celulosa dos Fondos de Innovación da Unión Europea. A Xunta aproba o anteproxecto da nova Lei de administración…

    more
  39. Boletín informativo ambiental 31/10/2025

    A Xunta declara compatibles os eólicos coa paisaxe e abre novas vías ao eucalipto nos montes. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa chegada das choivas. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa...

  40. Boletín informativo ambiental 24/10/2025

    O voluntariado de ADEGA actuou esta pasada fin de semana nos montes queimados de Valdeorras para previr a erosión do solo e as escorrentías. E tamén esta fin de semana, ADEGA coordinou a décimo cuarta edición da Limpeza Simultánea de Praias, que reuniu máis de 800 persoas voluntarias en 22...

  41. Boletín informativo ambiental 17/10/2025

    Esta fin de semana, ADEGA e os concellos da Rúa, Petín, O Barco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras impulsan unha gran acción simultánea de voluntariado para restaurar zonas queimadas da comarca. Os datos máis recentes do programa europeo Copernicus contabilizan 171.000 hectáreas ardidas no noso...

  42. Boletín informativo ambiental 10/10/2025

    Lumes técnicos en Rede Natura, a proposta da Xunta para previr incendios forestais. ADEGA organiza as primeiras xornadas de voluntariado para a restauración ambiental de zonas queimadas da comarca de Valdeorras. As plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa anuncian unha nova...

  43. Boletín informativo ambiental 03/10/2025

    Comeza a batalla xudicial fronte a Altri: ADEGA, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a CIG presentan recursos xudiciais contra o procedemento de concesión de augas solicitado pola multinacional. Bombeiros Forestais do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios da Galiza alertan das…

    more
  44. Boletín informativo ambiental 26/09/2025

    Novo revés para Altri: o Goberno do Estado négalle a conexión á rede que a pasteira precisa para desenvolver a súa actividade na Ulloa. O Partido Popular galego veta unha investigación política da vaga de incendios. Enxeñeiros forestais da Xunta reclaman ao Goberno galego que prorrogue de maneira...

  45. Boletín informativo ambiental 18/09/2015

    A vaga de incendios do pasado agosto deixou a maior pegada da historia sobre a Rede galega de espazos protexidos: arrasou preto de 38.000 hectáreas en Rede Natura, que supón o seu 11%. ADEGA anuncia que solicitará ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que impida o cambio de usos nos terreos...

  46. Boletín informativo ambiental 12/09/2025

    ADEGA reúnese coa Xunta para instala a actuar xa na prevención da erosión e recuperación ecolóxica das zonas ardidas e, en especial, dos espazos protexidos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, relaciona os lobos cos incendios forestais. O sector apícola, un dos máis castigados polos...

  47. Boletín informativo ambiental 05/09/2025

    A Xunta de Galiza notifica un total de 111.000 hectáreas as arrasadas polo lume no que vai de ano. Falamos de macroincendios alimentados pola acumulación de combustible vexetal en montes abandonados, pola falta de ordenación forestal e polas condicións derivadas do cambio climático. A resposta...

  48. Boletín informativo ambiental 08/08/2025

    Galiza loita contra a primeira vaga de incendios forestais do verán. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre os proxectos eólicos non repercutirá na maioría das paralizacións cautelares de parques acadadas pola cidadanía. A Xunta concede a autorización ambiental integrada á…

    more
  49. Boletín informativo ambiental 18/07/2025

    Unha sentenza histórica do TSXG condena a Xunta e o Estado por vulnerar dereitos fundamentais ao permitir a contaminación do encoro das Conchas, no río Limia. Conclúe a misión científica do buque francés LAtalante, que identificou máis de 3.500 bidóns radioactivos afundidos fronte á costa galega....

  50. Boletín informativo ambiental 11/07/2025

    Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado…

    more

About this show

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Categories

Frequently asked questions

How many episodes does Podcast Radio Cerna have?

Podcast Radio Cerna has 50 episodes on PodParley. The most recent episode was published on November 6, 2026.

What is Podcast Radio Cerna about?

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental...

How often does Podcast Radio Cerna release new episodes?

Podcast Radio Cerna publishes irregularly, based on its 50 episodes since January 1970.
Link copied