Skip to content
Podcast Radio sobre Rodas podcast artwork

Podcast Radio sobre Rodas

by Laboratorio de Radio

Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas. Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com

From the show's RSS feed, refreshed Apr 16, 2026. Source feed.

Subscribe Bookmark

Episodes

  1. María Barral en Onda Xove Betanzos

    A alcadesa de Betanzos, María Barral, fai un repaso á situación de Betanzos, lembra os seus comezos e fala tamén da súa faceta persoal perante a redacción de Onda Xove Betanzos. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por…

    more
  2. María Sánchez de Farmacia Couceiro en Onda Xove Betanzos

    É un lugar de peregrinación. Un espazo que garda, en moitos frascos, as esencias de Betanzos. Un sitio do que sentir orgullo. A Farmacia Couceiro é a farmacia máis antiga de Galicia e María Sánchez é a súa actual xerente. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola…

    more
  3. Encarna Gómez e Lucía Tenreiro en Onda Xove

    A redacción de Onda Xove Betanzos abre os seus micros a dúas protagonistas do día a día betanceiro. A primeira, Encarna Gómez, como unha das grandes tendeiras na Ferretería Eusebio; a segunda, Lucía Tenreiro, como cronista da cidade en El Ideal Gallego. E un protagonista que, aínda que non estea...

  4. Concepción Delgado en Onda Xove Betanzos

    Abrimos as portas a unha das grandes mestras de Betanzos: Concepción Delgado ou, como o seu alumnado a denomina, Conchiña. Unha conversa sobre a educación e os seus retos ou a creatividade literaria dos xornais de antes para anunciar calquera producto. Unha entrevista realizada no marco dunha...

  5. Entrevista ao secretario da FVR Xosé Rodríguez en A son de Risco no 12O

    O alumnado do IES 12O quixo saber máis sobre a Fundación Vicente Risco e, para iso, tivo a oportunidade de entrevistar ao seu secretario, Xosé Rodríguez. Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.

  6. Ficción ou realidade. Un relato arriscado en A Son de Risco no 12O

    O alumnado do IES 12O segue as pegadas literarias deixadas de Vicente Risco e, como mellor homenaxe ao autor ourensán, realiza un relato arriscado inspirado na súa obra. Un relato arriscado realizado polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio…

    more
  7. Entrevista a Acisclo Manzano en A Son de Risco no 12O

    Un dos artistiñas. O libertador da madeira. Así describiu no seu día Vicente Risco a Acisclo Manzano. Pechando o círculo, o artista volve ao IES 12O, centro no que se formou. Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio...

  8. Dramatización sonora de O porco de pé en A son de Risco

    Unha sátira, unha radiografía, unha fresco eterno dunha sociedade na que un porco chega a alcalde. O resto é literatura ou...non. O alumnado do Cole de Cea leva ás táboas sonoras unha das obras icónicas de Vicente Risco: O porco de pé. Unha dramatización sonora realizada polo alumnado do Cole de...

  9. Quen é Vicente Risco? en A son de Risco en Cea

    Quen é Vicente Risco? Unha pregunta que se formula o alumnado do Cole de Cea e na que son axudados pola presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira. As conclusións: no audio de arriba. Unha biografía realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida...

  10. Un día de feira. Un relato arriscado do Cole de Cea

    O alumnado do Cole de Cea leu a Vicente Risco. E como mellor homenaxe ao autor ourensán fixeron este relato arriscado inspirads nos seus célebres relatos. Un relato arriscado realizado polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.

  11. Entrevista a Quico Cadaval en A son de Risco

    Dramaturgo, contador, director de teatro, radiofonista e moito máis. É difícil describir a Quico Cadaval inda que para el a definición do que fai é máis doada: contar. E contar moi ben. Unha entrevista ao director que puxo encol das táboas unha das grandes obras de Vicente Risco: O porco de pé....

  12. Julián Ferrer en Onda Xove Betanzos

    Mestre de historia, "historiador ao menos en desexo", como di o protagonista, apaixoado e investigador da Igrexa de Santa María, curioso e moi amable. Esta é unha breve descrición de Xulián Ferrer. Se cadra, para coñecelo aínda máis hai que escoitar esta entrevista da redacción de Onda Xove...

  13. Entrevista ao presidente do Parlamento de Galicia por 6º de Primaria en Radio Xesteira

    O alumnado de 6º de Primaria escribiu hai uns meses unha carta ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no que amosaban o seu desexo de visitar o devandito Parlamento. A primeira resposta foi a visita do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ao centro e, agora…

    more
  14. A lúa e o sol Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT

    Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo. Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data…

    more
  15. Os cabaliños das estrelas Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT

    Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo. Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data…

    more
  16. STEM Radio unha experiencia multicultural

    O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Joroisten Lukio School (Finlandia) e o Agrupamento de Escolas de Castroverde (Alentejo, Portugal) nun programa especial sobre tres culturas, tres xeitos de entender a vida e compartila na radio. Let`s play it!

  17. STEM Radio desde o CPI Virxe da Cela

    O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Școala Gimnazială Nicolae Romanescu (Romania) para compartir vivencias, coñecementos e opinións sobre esta experiencia de intercambio e profundar sobre que é exactamente iso do STEM. Let`s play it!

  18. Radio en femenino desde el C.P. A Lama

    La violencia de género sigue siendo uno de los grandes problemas que tenemos como sociedad. Por ello, debemos seguir trabajando desde todos los frentes para eliminarla. En esta ocasión, desde el Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra), un conjunto de internas elaboran un programa sobre la...

  19. Dani Sousa en Agolaín Radio

    Nunha nova andaina radiofónica, o CEIP de Agolada abre a súas portas para recibir a un antigo alumno que sabe moito de radio. Clarinetista, home de diálogo, interesado pola filosofía e as relacións internacionais recibimos a...Dani Sousa! O comunicador criado en Agolada recibirá unha chea de...

  20. Ser actor, por David Seijo en Emotiradio

    É un luxo para Vilagarcía sen prexuízos recibir ao actor David Seijo. David, nado en Vilagarcía, amosounos nesta entrevista o seu compromiso coa terra, as dificultades de ser actor ou as lembranzas dos seus primeiros pasos na interpretación. Un proxecto de Laboratorio de Radio e Arelar. Músicas…

    more
  21. Vilagarcía sen prexuízos en Emotiradio

    A mocidade de Vilargarcía de Arousa ten moitas cousas que dicir e por iso, a través da radio, chega este programa no que falarán dos seus intereses, entrevistarán ao alcalde de Vilargarcía, Alberto Varela, desmontaran prexuízos, analizarán como lles afectou a pandemia ou crearán un emocionario…

    more
  22. Mulleres: oficios e saberes

    Rematamos experiencia radiofónica desde a Escoliña do Couto cunha serie de entrevistas a mulleres importantes e oficios que, sen elas, non existirían ou non sería tan importantes. Falamos cunha redeira, dúas costureiras, unha palilleira e unha cesteira. Tamén mergullámonos nas palabras e a súa...

  23. Pilar, Obdulia e Josefa, Saberes de muller

    Obdulia, Josefa da Mata e Pilar do Folgoso son tres mulleres cheas de historias que reflicten todo que pasou e pasa neste século e no anterior: emigración, traballo, sacrificio, pobreza e desenvolvemento. Todo irrigado de historias, contos e coplas nunha entrevista desde a Escoliña do Couto. A...

  24. Teresa dos Cucos, Saberes de muller

    Teresa dos Cucos é unha das grandes contadoras de Galicia. Na súa memoria garda coplas, ditos e historias que foi escoitando ao longo da súa vida e que serven para coñecer ás persoas doutro tempo que non deixa de ser o noso tempo. A música que soa é de Jahzzar (Vanlig) e da propia Teresa dos Cucos.

  25. Equiocio 2021_Programa Especial

    Un ano máis outro mundo en Ferrol. Outro ano máis, Equiocio reabre as súas portas para sentir a paixón pola hípica e reafirmar un compromiso: a solidariedade, a empatía, a necesidade de facer deste mundo un lugar mellor. E, nesta cita imprescindible do verán ferrolán, volve a radio desde...

  26. Leticia Álvarez en Radio Andrade

    Leticia Álvarez es la jefa de innovación y calidad del CIFP Paz Andrade. ¡Bienvenidos, bienvenidas a Radio Andrade! En este programa de radio alrededor de la igualdad conocemos a Leticia, docente del centro, que nos explicará su experiencia en el centro y el camino necesario para incorporar a más...

  27. Sara Pereira en Radio Andrade

    Sara es una excepción. Es la única alumna de soldadura del CIFP Valentín Paz Andrade. ¡Bienvenidos, bienvenidas a Radio Andrade! En este programa de radio alrededor de la igualdad conocemos a Sara, alumna del centro, que nos explicará su experiencia como la única mujer del centro y el camino para...

  28. Carmela Silva en Radio Andrade

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi convidada aos micros da radio oficial do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo. O alumnado do módulo de Mantemento de Vehículos fíxolle á Presidenta unha entrevista arredor dun tema moi necesario: a igualdade. Unha produción do Laboratorio…

    more
  29. Entrevista a María Isabel Rodríguez_PSA

    Inauguramos la radio CIFP Paz Andrade con la entrevista a la monitora de calidad de PSA María Isabel Rodríguez. Dentro del marco de este taller de radio e igualdad, hemos conocido cómo es el día a día en el trabajo de María Isabel. Un trabajo muy interesante en el que se hacen los últimos…

    more
  30. O machismo pode empezar sendo pequeno

    Contra a violencia de xénero: educación. O obradoiro de radio podcast en igualdade forma parte de "Ler conta moito" da Xunta de Galicia. Neste caso, traballamos con adolescentes de Catoira a elaboración de cuñas. Está é unha mostra das creacións que fixeron.

  31. Entrevista a Jesús Javier Celemín, concelleiro de Educación e Memoria Histórica do Concello de Coruña

    É mestre, corista, organizador de festas e festivais e moi comprometido coa cultura, entendida en sentido amplo. Quen pode ser? E se concretamos algo máis? É mestre de Primaria, membro do coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, organizador do festival do Botillo de Bembibre, O Bierzo, e leva…

    more
  32. Escoitásenos? Estigmatización da xente nova

    A covid-19 está a causar un desastre a nivel económico e sanitario mais tamén social. Entre tanto balbordo: a confusión. As mensaxes que se emiten nos telexornais, os discursos políticos e moitas voces nas rúas acusan á xente nova de ser irresponsable. Ata que punto esa opinión está fundada?...

  33. Consuelo Bautista_A radio para dar voz

    A xornalista e xefa de informativos de Radio Coruña Cadena Ser, Consuelo Bautista, visita os estudos da Facultade de Educación da Universidade de Coruña para falar de xornalismo, do seu papel na sociedade e, claro, para compartir a súa paixón e compromiso pola radio. Unha entrevista feita polo...

  34. Poema Sentir sen Ollar

    Os poemas falan. Falan de nós. Por iso, en Radio Literatas facemos un no que poñemos no centro un mundo polo que queremos loitar. Un mundo de igualdade no que aparezan persoas como Concepción Arenal ou Rosalía de Castro ou conceptos como sororidade, xuntas ou afouteza. Radio Literatas é o…

    more
  35. Reseña de Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga

    É un dos libros do ano. A historia dunha nai que se ve na obriga de deixar Betanzos e emigrar a Londres. Vicios (e virtudes), novela de Xesús Fraga, gañadora do Premio Blanco Amor 2019, é unha historia universal. Esta reseña de Radio Literatas é moi especial; a súa autora é a filla da…

    more
  36. Carta a Eduarda

    No, mil veces no, Eduarda; aleja de ti tan fatal tentación, no publiques nada y guarda para ti sola tus versos y tu prosa, tus novelas y tus dramas: que ése sea un secreto entre el cielo, tú y yo. Así comezaba unha carta de Rosalía de Castro a unha escritora imaxinaria na que amosaba a...

  37. Entrevista a Eli Ríos en Radio Literatas

    A escritora Eli Ríos visita os estudos de Radio Literatas para falar de literatura, violencia de xénero e diversos temas. A autora cóntanos tamén as súas lembranzas de Londres, onde naceu ou responderá ao eterno debate sobre as vantaxes e riscos da dixitalización. Radio Literatas é o resultado do...

  38. Que Onda! por Emotiradio

    Que Onda é o resultado sonoro do obradoiro Emotiradio. Que é Emotiradio? Pois, por unha banda, é n obradoiro centrado na educación emocional para poder facilitar a adquisición e o fortalecemento das competencias emocionais nesta transición a unha nova realidade. Por outra tamén, pretende ser un...

  39. Especial Radiofónico Equiocio 2020

    1992. O ano dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Mentres, Luis Astolfi voaba co seu cabalo pura sangue australiano: Fino. A máis de 1.000 quilómetros, nese vibrante 1992 naceu tamén Equiocio, en Covas, Ferrol. Un evento que parte dunha paixón polos cabalos e que está acompañado de moitas actividades...

  40. Multiversus Sonora por Radio ASAC

    'Multiversus Sonora' es el programa de Radio ASAC para cerrar una etapa en la que sus participantes hablan de música, deportes y de todo lo que está de moda. Un repaso ameno y divertido con una entrevista muy especial y muchas más sorpresas. ¿Te guardamos un asiento en esta dimensión sonora? Un...

  41. Ondas Renovables_Ría do Burgo

    No marco do EducaCulleredo, organizado polo Concello, desenvolvimos un obradoiro de radio que permite desenvolver o pensamento crítico, competencias comunicativas, respecto e convivencia. Tratamos as causas, consecuencias e solucións para abordar unha temática que nos afecta. Música…

    more
  42. Entrevista a Pilar López Asociación As Berenguelas

    Recoñécese máis feminista ca nunca. Un día, xunto a outras compañeiras, decidiu que había que loitar polo feminismo desde o rural e tamén por el. Así crearon a Asociación As Berenguelas. Esta é a súa interesante historia. Unha actividade desenvolta por Laboratorio de Radio no marco do proxecto...

  43. Entrevista a Susana López, técnica de Igualdade no Concello de Culleredo

    Pedagoga e técnica de Igualdade no Concello de Culleredo. Susana López Bogo é a protagonista deste espazo de entrevistas realizado polo alumnado de 4ºB de Primaria do CEIP Ría do Burgo (Culleredo) para falar da igualdade. Unha actividade desenvolta polo Laboratorio de Radio no marco do proxecto...

  44. Entrevista a José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo

    No cole Ría do Burgo, estamos a desenvolver un obradoiro de radio. Nel, traballamos todo o que ten que ver con facer un mundo máis sostible e mellor. O coidado do planeta comeza pola educación e continúa, pola política. Por iso, hoxe entrevistamos a José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo que…

    more
  45. AgolaÍn Radio coa PAZ

    Voltamos a Agolada. Un espazo cheo de ilusión no que alumnado e profesorado colaboran para levar adiante diferentes contidos. Ampliamos formación relativa á voz e á produción en directo. Ampliamos experiencia e experiencias e falamos da paz. A música é de Audionautix. Imaxe de Freepeak Vector de...

  46. A movida de Conxo

    Benvidos “A Movida de Conxo”, capital mundial....da movida mental. Un programa directo, sen filtros, onde falar sobre a sau?de mental. Temos o tratamento perfecto: reivindicarnos, e derrubar estigmas e prexui?zos. Todo isto a trave?s de reportaxes, testemun?as, humor e moita mu?sica!! Músicas...

  47. TRENTREN

    DKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKAJDKJADKJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJJDKA…

    more
  48. Entrevista com a Ana Lópes

    Novo podcast! Ela faz parte da direção da Escola Radio Manoel de Oliveira. A nossa radio à maneira faz-lhe umas perguntas para saber mais sobre a professora Ana. Um novo podcast que não podes perder na nossa rádio. A música é de Audionautix, a voz é nossa. :)

  49. Podcast rádio escola Manoel de Oliveira

    PODCAST RADIO ESCOLA MANOEL DE OLIVEIRA é o primeiro podcast realizado nesta escola de Aldoar no âmbito do Projeto V.C.I.(Valorizar, Capacitar, Incluir) da Associação de Ludotecas do Porto. Meninos e meninas da escola básica trabalharam para desenvolver uma ideia: Portugal desde distintos pontos…

    more
  50. Podcast os correios

    Chegou à Escola dos Correios do Porto o podcast. Este é o resultado do workshop desenvolvido com os alunos. A imaginação e o jogo com os elementos da linguage sonora. A música é de audionautix, cc. Não há mas que dizer, só ouvir! www.laboratorioderadio.com

About this show

Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas. Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com

Hosted by

Laboratorio de Radio

Categories

Frequently asked questions

How many episodes does Podcast Radio sobre Rodas have?

Podcast Radio sobre Rodas has 167 episodes on PodParley. The most recent episode was published on November 6, 2023.

What is Podcast Radio sobre Rodas about?

Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas. Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com

How often does Podcast Radio sobre Rodas release new episodes?

Podcast Radio sobre Rodas publishes every two weeks, based on its 167 episodes since June 2015.

Who hosts Podcast Radio sobre Rodas?

Podcast Radio sobre Rodas is created and hosted by Laboratorio de Radio.
Link copied