PODCAST · tv
Podcast Radiovisual
by radiovisual
Radiovisual é un novo proxecto radiofónico en CUAC FM sobre o mundo audiovisual. Cinema, series, produccións para internet, espectáculos...cun especial interés no panorama audiovisual galego
-
8
008 Radiovisual - Bambú Produccións e Dixital 3D
No programa 008 contamos cunha entrevista a Santi Brey, coordinador de produccións de Bambú Produccións, ao día seguinte da estrea de Hispania en Antena 3. Ademáis, en segredos audiovisuais falamos de Dixital 3D e os seus tipos.
-
7
007 Radiovisual - Steadycam
Hoxe comezamos dúas seccións novas no programa. Un boletín express de novas do audiovisual máis comercial e unha sección de convocatorias, para que vos enteredes de castings, axudas, cursiños e festivais. De paso, en Segredos Audiovisuais, falamos sobre a Steadycam e outros aparellos de estabilidade para a cámara.
-
6
006 Radiovisual - Multicamara e oferta palomiteira
No programa de hoxe, algo máis curto do habitual, falamos da multicámara con Gutier Rolán e vos recomendamos tres películas mainstream moi aptas para desfrutar este verán nas fresquiñas salas de cine.
-
5
005 Radiovisual - Emmys "como queiras"
Iria López e Laura Menéndez de Mr Misto Films son as nosas convidadas de hoxe, coas que falamos do resultado da Gala Chamallecomoqueiras.com. En Segredos Audiovisuais falamos dos planos secuencia.
-
4
004 Radiovisual - Amor Ansioso
No programa de hoxe entrevistamos a Serxio Pena, compositor galego e recén estrenado director de curtas, que nos falou de "Amor Ansioso", o seu proxecto, xa en postproducción.
-
3
003 Radiovisual - Koruño, Legado de Hércules
No programa de hoxe entrevistamos a Dani López e Érica Esmorís, que nos falaron da producción do falso documental Koruño, Legado de Hércules, que está tendo unha acollida impresionante na cidade.
-
2
002 Radiovisual - Chamallecomoqueiras.com
Segundo programa de Radiovisual no que contamos cunha entrevista a Xoan Mariño, de Mr Misto Films co gallo da iniciativa chamallecomoqueiras.com
-
1
001 - Radiovisual - PILOTO
Radiovisual é un novo proxecto radiofónico en CUAC FM sobre o mundo audiovisual. Cinema, series, produccións para internet, espectáculos...cun especial interés no panorama audiovisual galego. Neste primeiro programa contamos coa colaboración do guionista e director galego Jairo Iglesias, co que falamos do Festival de Curtas de Sada, a súa última curta "Efectos Colaterais" e da importancia dos PILOTOS nas series actuais.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
Loading similar podcasts...