Radio Itinerante en CPI Virxe da Cela

PODCAST · education

Radio Itinerante en CPI Virxe da Cela

Radio Itinerante Creativa leva cinco anos no CPI Virxe da Cela (Monfero) para levar tódolos beneficios da radio ao seu alumnado.Nesta iniciativa participa o alumnado de tódolos cursos de Primaria e de 1º da ESO. Un proxecto de htttp://www.laboratorioderadio.com

  1. 150

    O conto do parruliño

    Quen dixo que en 1º de Educación de Primaria non se podía facer un podcast? Velaí o exemplo. Do primeiro encontro do alumnado coa radio escolar, emerxe este conto sobre un parruliño. A música: SaloonRag podes encontrala en audionautix, é CCby. www.laboratorioderadio.com

  2. 149

    Os animais que soñaban con ir a bicholandia

    Quen dixo que en 2º de Educación de Primaria non se pode facer un podcast. Este é un exemplo. O conto dun pitiño, dun parruliño e dunha viaxe a un fermoso lugar chamado bicholandia. A música ´é CC e foi descargada de Audionautix. Se a queredes localizar, o seu nome é Rags2RichesRag. www.laboratorioderadio.com

  3. 148

    A liberdade roubada

    Esta é unha historia creada por 4º de primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero. Parte dunha reflexión sobre a violencia de control e sobre as distintas manifestacións da violencia de xénero. A música empregada é Ghosts II de crowander e descargada de https://freemusicarchive.org/ www.laboratorioderadio.com

  4. 147

    As pitas baixo a choiva

    O CPI Virxe da Cela e Laboratorio de Radio presentan esta adaptación sonora libre de 'As pitas baixo a choiva' de Ricardo Carvalho Calero. O autor, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, forma parte desta divertida historia. Un conto feito e narrado desde casa con moito agarimo polo alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero) . Ilustración: Urdime Músicas:

  5. 146

    Terra, un poema de 1º de primaria

    1º de primaria. Palabras mesturadas. Creatividade e sonido. Velaí o resultado. Un podcast chamado terra, un poema con musicalidade. Coa música CCbynoncomercial de Chad_Crouch_-_Algorithms en freearchivemusic. Eles e las afirman que a poesía é diversión! www.laboratorioderadio.com

  6. 145

    Conto pola paz de Andrea Rivera

    Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén facemos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC.

  7. 144

    Entrevista con Domingo Presas- ASEM Coruña

    Na radio do CPI Virxe da Cela, estamos a traballar sobre a discapacidade. Por iso, consideramos importante falar con aquelas asociacións que traballan a prol dos dereitos destas persoas. Por iso, convidamos a Domingo Presas. A música é de Audionautix, a voz, do alumnado de 4º de primaria.

  8. 143

    Dicionario galego: BESBELLOS

    Na radio do CPI Virxe da Cela, creamos un dicionario sonoro de termos que aínda non coñecemos. A nosa primeira palabra é besbello, o alumnado pensa que significa unha cousa e, na realidade, significa o que ides escoitar. Besbellos, escoitade! A música é de Audionautix. www.laboratorioderadio.com

  9. 142

    A miña bisa no cole

    Julia é a bisavoa de Iria, alumna de 5º de Primaria. Ela ten moitos anos de experiencia e moitas historias que compartir, por iso Iria conseguiu que a súa bisavoa viñera ao cole a contalas. O formato escollido foi unha conversa radiofónica na que o alumnado preparou unha serie de preguntas e curiosidades para coñecer unha desas historias: o entroido de Ambroa, unha parroquia de Monfero. Ademais, Carmen, a titora do grupo, participou como unha alumna máis na gravación do podcast xa que tamén é veciña da parroquia de Julia. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción, Fundación Repsol e Fundación La Caixa

  10. 141

    O entroido de Samede

    Samede (Paderne) é unha vila moi próxima ao CPI Virxe da Cela de Monfero. Dende fai uns anos, a Asociación do Entroido de Samede promove a recuperación do entroido típico da zona. Para coñecer esta fermosa tradición, o alumnado de 2º de Primaria preparou unha entrevista ao membro da asociación, Anxo Caxiao, que trouxo tódolos elementos que forman parte do entroido. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción, Fundación Repsol e Fundación La Caixa.

  11. 140

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 realizando un programa especial con entrevistas a referentes como Gorka Zumeta ou Nazaret López, unha reportaxe a La Radio de los Gatos ou reflexións arredor da radio escolar e a solidariedade. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  12. 139

    Radio Ferouta: diálogo, tolerancia e paz

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 falando sobre as diferentes iniciativas solidarias feitos polos dous centros participantes deste programa radio. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  13. 138

    Por que non escoita a radio a xuventude? en Radio Ferouta

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 respostando a unha pregunta con moitas variantes: por que a xuventude non escoita a radio? Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  14. 137

    Radio Ferouta e a radio escolar

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 lembrando o importante papel que ten este medio no eido escolar. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  15. 136

    Radio Ferouta presenta A Radio Máxica

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 creando un conto arredor da radio e a súa maxia. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  16. 135

    Radio Ferouta e La Radio de los Gatos

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 coñecendo de preto un fermoso proxecto: La Radio de los Gatos, unha radio inclusiva promovida por Aspace Coruña. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  17. 134

    Radio Ferouta entrevista a Nazaret López

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 entrevistando á presentadora de Somos Ames, Nazaret López. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  18. 133

    Radio Ferouta entrevista a Gorka Zumeta

    Radio Ferouta celebra o Día Mundial da Radio 2019 entrevistando a un profesional e referente do medio: Gorka Zumeta. Esta coprodución radiofónica realizada entre o CEIP Barouta (Ames) e o CPI Virxe da Cela (Monfero) é o resultado da participación de dez alumnos/as de ambos centros a través da aportación de ideas e a creación e produción do guión. Unha produción do Laboratorio de Radio coa colaboración de Fundación La Caixa, Fundación Repsol e Axuda en Acción.

  19. 132

    Doando Boas Ondas

    A radio do CPI Virxe da Cela de Monfero desprázase ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) para facer un programa de radio sobre a doazón de órganos coa presenza do Coordinador de Transplantes de Órganos do CHUAC, o doutor Fernando Mosteiro; o secretario da Federación Galega de Doantes de Sangue, José Manuel Otero e o vicepresidente da Asociación Galega de Transplantes Airiños, Juan Graíño, entre outros. O programa, titulado Doando Boas Ondas, está presentado polo alumnado de 5º de Primaria do Virxe da Cela e conta cos testemuños de pacientes que recibiron unha doazón e porque é importante doar. Ademais, ao longo do programa, haberá reportaxes e varias entrevistas. Un programa que antecederá á charla didáctica que o Dr. Mosteiro ofrecerá aos escolares para explicarlles a importancia de doar. Músicas que soan neste programa: Podington_Bear_-_09_-_Sunset_Stroll_Into_The_Wood Podington_Bear_-_08_-_Stages_Of_Awakening Podington_Bear_-_10_-_Budsbursting Podington_Bear_-_12_-_Kitty_In_The_Window Podington_Bear_-_10_-_Get_Happy_Now Podington_Bear_-_05_-_Raccoon_Family_Robinson Podington_Bear_-_12_-_Yip_Yop Podington_Bear_-_Do_Better VJ_Memes_-_Blind_Love_Dub

  20. 131

    Entrevista a Álvaro e Marisa, conserxe e cociñeira

    O conserxe e unha das cociñeiras do CPI Virxe da Cela, marchan de vacacións indefinidas: é tempo para a xubilación. Por iso, queremos que pasen polos micrófonos da nosa radio e contesten unhas preguntiñas e atendan a unha suxerencia fundamental: volvede de cando en cando a vernos. Música: Archipelago e Sweet life de Ryan Andersen_ CC BY-NC en freearchivemusic

  21. 130

    Ciencia solidaria en Radio CPI Virxe da Cela

    Ciencia e solidariedade nun mesmo programa? Correcto, en Ciencia Solidaria celebramos os dez anos de Monfero Solidario cunha das responsables, Yolanda Castro. Ademais, pasaron polo cole Margarita Vidal e Antonio Quintela, ACNUR para contarnos o seu labor humanitaria. E ciencia por que? Porque aproveitamos a semana da ciencia coa visita da profesora da UDC, Ana González e Lucía Mato, doutoranda. E, por suposto, os experimentos que fixemos da man e voz das nosas reporteiras invitadas Ariadna, Nerea e Andrea. Un programa feito polo alumnado de 4º de Primaria. Todo isto e máis en: http://www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  22. 129

    Educación para o desenvolvemento_Fundación Repsol e Ayuda en Acción

    O 7 de marzo de 2018 o alumnado de 4º de primara fixo o seu primeiro programa en directo coa presenza de Ignacion Egea, Lola Zamarra de Fudación Repsol e Marta Marañón de Ayuda en Acción. Tamén entrevistaron a Camino Pereiro, directora do centro e unha das mellores profesoras de España e Jorge Pena (APA CPI Virxe da Cela). A música de Audionautix. www.laboratorioderadio.com

  23. 128

    Rosalía de Castro a través dos seus poemas

    "Quen se lembra dos mortos? Si inda non poden recordarse os vivos?" Contradicindo a Rosalía de Castro, queremos recordala como o que é, unha das máis grandes das letras universais. Percorremos a súa vida a través dos versos máis celebres da poeta galega. Todo iso, da voz do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero. Unha producción do Laboratorio de Radio. Música: Kevin MacLeod - As I Figure

  24. 127

    Programa pola Paz_CPI Virxe da Cela

    Un ano máis, o CPI Virxe da Cela, celebra o día da Paz dende a radio. Neste caso o grupo interxeracional, conformado por primeiro da ESO e veciños/a maiores da zona, fan este podcast. A música é de Audionautix. Este e outros audios en: www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  25. 126

    Panxoliña de Nadal por Radio CPI Virxe da Cela

    Como cada ano, chega o Nadal e na redacción do CPI Virxe da Cela tiña ganas de interpretar a famosa 'Panxoliña de Nadal', de Charles Dickens. Por iso, púxemonos máns a obra e fixemos esta libre adaptación na que o alumnado de 3º e 4º de Primaria coñecen de primeira voz a historia de Scrooge. Radio Itinerante Creativa é un proxecto de www.laboratorioderadio.com

  26. 125

    As mulleres tamén xogan_Programa pola igualdade

    O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller pero todas coincidimos nunha cousa: un só día non chega. Por iso, trazamos neste podcast un camiño para falar de igualdade, de visibilizar as mulleres deportistas, de coñecer unha asociación que promueve o papel das mulleres no deporte, MUDEGA. Coa participación de 4º de Primaria, 1º de ESO e dirección e locución de 5º e 6º de Primaria, arrancamos este manifesto sonoro. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  27. 124

    Rosa Caramelo_Un conto pola igualdade

    O cadro de actores e atrices de 4º de Primaria do CPI Virxe da Cela adaptaron a historia de Adela Turín e Nela Bosnia, un conto que fala sobre a igualdade entre elefantes e elefantas e a necesidade de rachar cos estereotipos actuais. Unha adaptación libre do Laboratorio de Radio. Escoita, escoita, coas orellas ben abertas. www.laboratorioderadio.com

  28. 123

    Xuízo por asasinato de Charles Dickens

    Esta ficción sonora é unha adaptación radiofónica en galego do conto de Dickens, realizada polo Laboratorio de Radio e o CPI Virxe da Cela. As voces son do alumnado de cuarto de primaria. A música : El_misterio_del_gorgonoxeo de Nicolás Chientaroli La_Bambina_Evoca_Misteriose_Visioni de Alessandra Celletti www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  29. 122

    Radio Leiteira no CPI Virxe da Cela

    Radio CPI Virxe da Cela desenvolve coa colaboración do Laboratorio de Radio, e dentro do proxecto multidisplinar A vaquiña polo que vale, un programa de radio que xira arredor do mundo leiteiro. O alumnado de 5º e 6º de primaria, coa aportación do alumnado de 1º e 3º de primaria, elaboran un programa de radio no que se recolle a visita a unha queixería, a unha granxa e a conversa cun veterinario, dúas gandeiras xubiladas e unha gandeira en activo. Escoita xa o programa e serémolo leite! www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  30. 121

    Desaparición_Historias de Deleite

    A vaquiña polo que vale é un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite desenvolto no CPI Virxe da Cela. Este proxecto xurde da colaboración ca Universidade da Coruña e as ongs Solidariedade Internacional e Cooperación Galega. O Laboratorio de Radio aporta o toque radiofónico e precisamente nunha visita de primaria á Universidade de Santiago de Compostela o proxecto foi unha inspiración para estas historias de deleite. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  31. 120

    Historais de Deleite: Lamidos por unha vaca

    A vaquiña polo que vale é un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite desenvolto no CPI Virxe da Cela. Este proxecto xurde da colaboración ca Universidade da Coruña e as ongs Solidariedade Internacional e Cooperación Galega. O Laboratorio de Radio aporta o toque radiofónico e precisamente nunha visita de primaria á Universidade de Santiago de Compostela o proxecto foi unha inspiración para estas historias de deleite. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  32. 119

    La palabra podcast para los peques

    La palabra podcast de momento no significa nada para los/las más pequeños/as. Esta es una muestra de ello. A la pregunta, ¿Qué significa la palabra podcast? mucha incertidumbre, mucha duda, pero...si los más peques no saben de la existencia del podcast....deben descubrirlo por sí mismos/as. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com ¡Experimenta la Radio!

  33. 118

    Radio Infernal_A cabana da morte_Tomás, Manel e Brais

    Hai contos que dan...medo! As veces a mellor maneira de fuxir é...non fuxir. Por moito que te agoches, a mala sorte che atopara... Un aterrador relato da Radio Infernal nas voces de Tomás, Manel e Brais. A radio no cole, a radio no CPI Virxe da Cela. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com Un proxecto de laboratorioderadio.com

  34. 117

    Radio Infernal_A firma_Brais, Andrea, Alicia e Pablo

    Hai contos que dan...medo! Drácula, un demo negro, unha chave e milleiros de persoas mortas. Só con iso, non tes medo xa? Un aterrador relato da Radio Infernal nas voces de Brais, Andrea, Alicia e Pablo. A radio no cole, a radio no CPI Virxe da Cela. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  35. 116

    Radio Infernal_Williams o asasino_Miguel e Iker

    Hai contos que dan...medo! Manuel ten un veciño chamado Williams que resulta que é un asasino. Non parece o comezo dunha historia que vaia rematar ben. Un aterrado relato da Radio Infernal nas voces de Miguel e Iker. A radio no cole, a radio no CPI Virxe da Cela. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com Un proxecto de laboratorioderadio.com

  36. 115

    Chegou por fin o gran día

    O CPI Virxe da Cela segue apostando pola radio como unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado, incentivar a creatividade e aprender. Este é o primeiro conto do alumnado de 1º de primaria. O seu primeiro encontro co micro. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  37. 114

    Como facer radio no cole_ CPI Virxe da Cela

    Viaxamos aos interiores da radio. Nesta viaxe, atopamos a historia, a súa vinculación social e a súa presenza nos colexios. Todo elo, nolo contan os/as alumnos/as do CPI Virxe da Cela. Esta radio está integrada na radio sobre rodas Radio Itinerante Creativa. Se che interesou este programa: www.radioitinerantecreativa.blogspot.com Música: By By Baby Stefan Kartenberg admiralbob77_-_Funky_Bots.mp3 260809 Funky Nurykabe spinningmerkaba Rafael Guillermo Vox Vs. Uke unreal_dm

  38. 113

    Soño Rural no CPI Virxe da Cela

    CPI Virxe da Cela. Soñamos que o rural está poboado, que a xente valora o que ten de especial. Soñamos cunha asociación que dinamice a nosa contorna. A asociación Soño Rural nace ao abeiro do proxecto Móvete. Porque sí, hai que moverse. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  39. 112

    O CPI Virxe da Cela cumpre 40 anos

    40 anos non son nada. Ou si...Son moitos recordos, anécdotas, excursións, clases, mestres e mestras e sobre todo alumnos. Moitos alumnos que estivieron, están e estarán nun colexio cheo de historias. E por elo, para celebrar este aniversario tan especial, os alumnos de 5º de Primaria, elaboran un percorrido radiofónico pola traxectoria do cole da mán do primeiro director, Manuel Couce e da actual directora, Camino Pereiro. Ademais, haberá seccións, viaxes no tempo, reportaxes e moito máis. Parabéns CPI Virxe da Cela! Escoita máis en www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  40. 111

    Programa Interxeracional Manuel María CPI Virxe da Cela

    3º da ESO e 4º de Primaria unidos pola radio. Traballan xuntos temáticas relacionadas con Manuel María, homenaxeado neste 2016 nas Letras Galegas. Isto da como resultado o seguinte programa que poden escoitar premendo no play. ¡Experimenta a radio! outros contidos :www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  41. 110

    O bigote de Mimí de Manuel María

    O alumnado de 2º de primaria do CPI Virxe da Cela pon voz a esta pequena achega ao conto do poeta Manuel María. Chairego ao que este ano se lle adican as Letras Galegas. Literatura e Radio no CPI Virxe da Cela. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com ¡Experimenta a Radio!

  42. 109

    Eu son Manuel María

    CPI Virxe da Cela. A radio no rural. Falamos de Manuel María, poeta chairego, que fixo un poema do seu eu. Así, o grupo interxeracional de 3º da ESO e 3º e 4º de Primaria crean estes poemas para autocoñecerse. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com ¡EXPERIMENTA LA RADIO!

  43. 108

    Vangardas Artísticas en Primaria

    Chegan as Vangardas Artísticas a primaria. Pero ¿que son? ¿son pintura? ¿música? ¿literatura? ¿son abstractas, figurativas? ¿son revolución ou reacción? Dende as aulas do CPI Virxe da Cela investigamos para aclarar dúbidas e contarcho. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  44. 107

    O misterio dos calcetíns salvaxes. Escea 2. Laboratorio de Radio

    Os pequenos de primaria do CPI Virxe da Cela poñen voz ao libro 'Manual de Calcetíns Salvaxes' de Pablo Prestifilippo. A versión radiofónica en galego dividida en esceas para xerar unha serie de capituliños dos que poderás disfrutar. Adaptación do Laboratorio de Radio. www.laboratorioderadio.com www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  45. 106

    Adeus ríos adeus fontes de Rosalía por Primaria

    Adiós ríos, adiós fontes ... seguro que sabes como continúa. Un himno para Galicia e para o resto do mundo. O poema de Rosalía polos alumnos de 1º e 2º de primaria. Experiencia radiofónica enmarcada no proxecto www.radioitinerantecreativa.blogspot. com, organizado polo CPI Virxe da Cela de Monfero e www.laboratorioderadio.com

  46. 105

    Adeus ríos, adeus fontes de Rosalía de Castro

    Adiós ríos, adiós fontes ... seguro que sabes como continúa. Un himno para Galicia e para o resto do mundo. O poema de Rosalía levado a música polos alumnos de 1º e 2º de primaria. Experiencia radiofónica enmarcada no proxecto www.radioitinerantecreativa.blogspot. com, organizado polo CPI Virxe da Cela de Monfero e www.laboratorioderadio.com

  47. 104

    Como se inventou a radio? Parte II #DíaMundialDeLaRadio

    Os redactores de 5º de Primaria elaboran teorías sobre como se inventou a radio.Un dos redactores poñese a imaxinar de onde ven a palabra radio e dende logo, ten sentido o que elabora fronte o micro. Todo isto e máis imaxinación neste audio e en www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  48. 103

    Como se inventou a radio? Parte I #DíaMundialDeLaRadio

    Os redactores de 1º e 2º de Primaria elaboran teorías sobre como se inventou a radio. Por exemplo: un elefante rompeu unha noz e así xurdiu a radio, ou todo comenzou nun monte e un señor dando unha patada a unha pedra. Todo isto e máis imaxinación neste audio e en www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  49. 102

    A guerra dos mundos no CPI Virxe da Cela

    Celebramos o Día Mundial da Radio no CPI Virxe da Cela rendindo homenaxe a Orson Welles e a súa guerra dos mundos. Neste caso os extraterrestres invaden a vila. ¿Veñen por grelos ou por nós? a alcaldesa, unha experta e os testimonios na rúa tentan aclarar a situación. www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

  50. 101

    Matilda_escena radiofónica

    Porque a radio é educación. A novela de Roald Dahl adaptada a formato radiofónico e traducida ao galego polo www.laboratorioderadio.com na voz dos alumnos do CPI Virxe da Cela. Escoita máis en: www.radioitinerantecreativa,blogspot.com ¡Esperimenta a radio!

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Radio Itinerante Creativa leva cinco anos no CPI Virxe da Cela (Monfero) para levar tódolos beneficios da radio ao seu alumnado.Nesta iniciativa participa o alumnado de tódolos cursos de Primaria e de 1º da ESO. Un proxecto de htttp://www.laboratorioderadio.com

HOSTED BY

Laboratorio de Radio

CATEGORIES

URL copied to clipboard!