Skip to content
Radio Manoplas podcast artwork

PODCAST · society

Radio Manoplas

by Radio Manoplas

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Oct 9, 2026 · Source feed

Episodes

  1. 6×10 #RadioManoplas: “Pornografías, adolescencias e educación sexual”

    O décimo episodio da sexta tempada leva por título: “Pornografías, adolescencias e educación sexual". Aproveitando a charla «A pornografía dominante a golpe de clic», organizada por Andaina o pasado 6 de outubro en Compostela, conversamos con dúas das poñentes. Comezamos con Vanessa Rodríguez...

  2. 6×9 #RadioManoplas: Sandra Fernández Carrera

    A novena entrevistada da sexta tempada é Sandra Fernández Carrera. Vive en Santa Cristina (Oleiros), aínda que medrou pasando moito tempo nas rúas, nun contexto de forte pertenza comunitaria. Estudou INEF en Bastiagueiro e desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito da actividade física e...

  3. 6×8 #RadioManoplas: Sandra Lamelas Trasancos

    A oitava entrevistada da sexta tempada é Sandra Lamelas Trasancos. Vive en Navia, aínda que é orixinaria do Vicedo, municipio da Mariña Lucense. Traballa como directora de márketing nunha empresa do sector da construción, tras estudar en Pontevedra. Namorada dos idiomas, Sandra manifesta a súa...

  4. 6×7 #RadioManoplas: Javier Erro

    A sétima entrevistada da sexta tempada é Javier Erro. Conversamos co psicólogo valenciano que estivo na III Feira do Libro Anarquista de Pontevedra presentando o seu libro El malestar es otra cosa. A entrevista naceu, porén, a partir da publicación Saldremos de esta. Guía de salud mental para el...

  5. 6×6 #RadioManoplas: “Airea líderes, creando comunidades diversas”

    O sexto episodio da sexta tempada leva por título: “Airea líderes, creando comunidades diversas”. Este programa recolle parte do vivido o 14 de marzo de 2026 nunha das xornadas de Airea Líderes, un programa de formación en liderado baseado en competencias para persoas adultas con discapacidade e...

  6. 6×5 #RadioManoplas: “Detencións policiais ás portas da casa”

    Quinto episodio da sexta tempada, titulado: “Detencións policiais ás portas da casa”. Neste programa unímonos a Radio Pimienta para presentarvos un episodio especial. A través das voces de María González Reyes, veciña de Serigne Mbaye, e de Sergio García García, membro de Sin Poli, escoitaremos…

    more
  7. 6×4 #RadioManoplas: Anna Gabriel i Sabaté

    A cuarta entrevistada da sexta tempada é Anna Gabriel i Sabaté. Gústalle falar de Sallent, un pobo do interior de Catalunya cunha forte tradición de loitas obreiras, onde Anna medrou. Lembra a súa infancia e a súa formación na escola pública, marcadas polos valores de solidariedade e compromiso...

  8. 6×3 #RadioManoplas: Alejandra Morán Tenreiro

    A terceira entrevistada da sexta tempada é Alejandra Morán Tenreiro. Naceu e medrou en Fene, concretamente no barrio de San Valentín. Estudou Terapia Ocupacional e, desde hai dez anos, traballa no CAI (Centro de Atención Infantil e Xuvenil) de APAMP en Vigo, onde atenden crianzas con parálise...

  9. 6×2 #RadioManoplas: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”

    Segundo episodio da sexta tempada titulado: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”. Na primeira tempada entrevistamos a Eva Pallás Figueira, e tras máis de cinco anos, volve pasar polos micros deste falangullo. Xunto con Lorena García Nantes, avogada do sindicato CUT, debullan a sanción imposta…

    more
  10. 6×1 #RadioManoplas: Leticia Castro Torres

    Iniciamos a sexta tempada coa entrevista a Leticia Castro Torres. Medra en Boqueixón, entre as mesas do bar Casa Castro, unha iniciativa familiar que resiste no rural e evoluciona da man de tres xeracións. Leti traballou dous anos e medio na súa cociña, tarefa que compaxinou co seu emprego como...

  11. 5×13 #RadioManoplas: “Construírmos un mundo sen prisións”

    Pechamos a quinta tempada cun faladoiro titulado: “Construírmos un mundo sen prisións”. O episodio foi gravado no Centro Social A Nubeira, no marco das xornadas anticarcerarias. Nesta conversa contamos coas voces de Xandra Táboas (Coordinadora Anticarceraria da Galiza), Alicia Alonso Merino...

  12. 5×12 #RadioManoplas: “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?”

    O duodécimo programa da quinta tempada é un especial titulado “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?” Con este episodio ampliamos o equipo deste falangullo coa incorporación de Martín. Xunto a el, iniciamos Radio Manoplas Accións Comunitarias, da que podedes saber máis na nosa web. Ambos...

  13. 5×11 #RadioManoplas: Manolo S. Bayona

    A undécima entrevistada da quinta tempada é Manolo S. Bayona. Nace e medra no barrio da Sagrada Familia, na cidade da Coruña, mais a súa vida moveuse —e móvese— por diversos territorios acompañando a súa tarefa en Baladre, coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión…

    more
  14. 5×10 #RadioManoplas: Elisabeth Matute

    A décima entrevistada da quinta tempada é Elisabeth Matute. Naceu en Honduras e leva xa máis de catro décadas vivindo na Galiza. Daquela, cando chegou, non existía a lei de estranxeiría e nestes lares a súa presenza causaba estrañeza. Elisabeth participa en SINTRAHOCU, sindicato de traballadoras…

    more
  15. 5×9 #RadioManoplas: Zaida Jiménez Jiménez

    A novena entrevistada da quinta tempada é Zaida Jiménez Jiménez. Filla de "Mili", referente para Zaida de muller xitana. Lembra unha infancia moi feliz, nunha casa co tendeiro máis limpo de Castrelos. O dobre apelido Jiménez xa daba pistas da súa orixe dentro do sistema educativo, do mesmo xeito...

  16. 5×8 #RadioManoplas: Mar Cendón

    A oitava entrevistada da quinta tempada é Mar Cendón. Mar viviu en Candeán, pero fixo a maior parte da súa infancia en Covelo. Durante anos tivo claro o seu interese polo Dereito, mais finalmente estudou Ciencias Políticas en Compostela, formación regrada que logo completou cun mestrado en…

    more
  17. 5x7 #RadioManoplas: "Sabemos morrer?"

    O sétimo programa da quinta tempada é un faladoiro gravado con público no salón de actos da comunidade do "Cristo da Vitoria", titulado "Sabemos morrer?". Para tal reto, falar da morte, contamos con: Marta, Irene e Mari Mar. Un auditorio ateigado de xente con idades e vivencias diversas acolleu a...

  18. 5x6 #RadioManoplas: Pura González Carnero

    A sexta entrevistada da quinta tempada é Pura González Carnero. Naceu nunha parroquia de Sober hai 100 anos, mais cedo mudouse a Coia coa súa familia. No Turreiro de Coia despachou na tenda familiar até que casou. Recorda Pura que no turreiro facíanse "as mellores festas de todo Vigo". Foi...

  19. 5x5 #RadioManoplas: Alberte Cea Rodríguez

    O quinto entrevistado da quinta tempada é Alberte Cea Rodríguez. Naceu no seo dun fogar da Coia tradicional. Medrou nunha familia de "clase obreira con conciencia de clase" nos anos de expansión do polígono. Na súa casa lembran como superaron o intento de expulsión do territorio: a súa nai e…

    more
  20. 5x4 #RadioManoplas: Irene Esperón Rodríguez

    A cuarta entrevista da quinta tempada é Irene Esperón Rodríguez. Irene naceu e medrou en Marín, pero aos trece anos chegou a Vigo, onde reside. Chega recomendada pola anterior entrevistada, Conchi, coa que comparte tarefa no seminario de comunicación en situacións difíciles que realizan co…

    more
  21. 4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo

    A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo. Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear…

    more
  22. 5x3 #RadioManoplas: Conchi Estévez Villar

    A terceira entrevista da quinta tempada é Conchi Estévez Villar. Conchi estudou Enfermaría en Compostela. En Portugal atopou emprego ao rematar a carreira, como tantas da súa xeración. Daqueles anos lembra ter adquirido a necesidade de formarse para ser unha profesional máis competente. Lembra...

  23. 2x12 #RadioManoplas: Estefanía Rodrigues Araujo

    A entrevistada no falangullo número doce da segunda tempada é Estefanía Rodrigues Araujo, máis coñecida por Fani. Abrimos a entrevista falando sobre Educación Social, estudos universitarios que esta moza cursou no campus de Ourense. Grazas a este grao exerce de educadora na mini residencia de...

  24. 3x5 #RadioManoplas: Avelino Da Rocha Pérez

    Avelino Da Rocha Pérez pasa polos micros de Radio Manoplas nun reencontro entre entre alumno e profesor da escola infantil. O entrevistado medrou en Tui, nun internado onde máis tarde comezou a súa andaina laboral como educador en anos nos que Educación Social non existía como título…

    more
  25. 1x3 #RadioManoplas: Eva Gil Rodríguez

    Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, mais segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich. Xente que viña participando nese...

  26. 1x7 #RadioManoplas: Ana Pardo Fernández

    No séptimo falangullo de Radio Manoplas a entrevistada é Ana Pardo Fernández. Veciña de Vigo mais dise de Pesqueiras, municipio lugués de o Saviñao. Logo de rematar os estudos de Traballo Social na Uvigo leva anos exercendo a profesión en diferentes entidades. Na actualidade o fai en Provivienda,...

  27. 2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez

    A entrevistada no noveno falangullo desta tempada é Sandra Senra Gómez. Nada en Sanxenxo onde pasou a súa infancia. Viviu en varias cidades galegas e tras estudar Psicoloxía chega a Vigo, onde desde hai 19 anos traballa na libraría "Libros para soñar". Gravamos a entrevista na libraría onde a...

  28. 5x2 #RadioManoplas: Mari Mar Revuelta Álvarez

    A segunda entrevistada da quinta tempada é Mari Mar Revuelta Álvarez. Mari Mar naceu en Turón, na cunca mineira de Asturias, en 1944. Con 18 anos ingresou na congregación das ⁠Dominicas da Anunciata⁠. Eran tempos de transformación na Igrexa: Concilio Vaticano II, Teoloxía da Liberación... e foi…

    more
  29. EXTRA #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico"

    Compartimos contido adicional do faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Tras pechar a parte "formal" da sesión, continuamos unha conversa aberta co público. Esta segunda parte non foi gravada cos micros, senón cun dispositivo TASCAM. Durante estes 30 minutos…

    more
  30. 5x1 #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico"

    Iniciamos a quinta tempada de Radio Manoplas co faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Inma, Ramiro, Ian e Marta compartiron con xenerosidade as súas reflexións e experiencias diante dunha sala da “parro” ateigada de xente. O encontro xirou arredor do malestar...

  31. 4x13 #RadioManoplas: Dixtinta, Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas

    Pechamos a cuarta tempada conversando con Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas, socias de Dixtinta. María e Itziar abríronnos as portas de Dixtinta, a imprenta dixital que rexentan desde o verán de 2022. A María o negocio vénlle de familia xa que medrou na imprenta familiar. Itziar...

  32. 4x12 #RadioManoplas: "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas"

    O duodécimo programa da cuarta tempada é un faladoiro gravado con público en A Morada, titulado "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas". Compartimos o audio da conversa que tiveron Sergio, Eva e André o pasado xoves 21 de novembro en A Morada. Tres persoas cunha conexión...

  33. 4x11 #RadioManoplas: "A bandeira vermella"

    O undécimo programa da cuarta tempada é un especial titulado "A bandeira vermella". Recuncamos cunha nova historia sobre Coia. Guiadas pola voz de Noa Covelo Lores, achegámonos a comprender como unha das tantas parroquias rurais da cidade transformouse -en moi pouco tempo- nun barrio ateigado de...

  34. 3x13 #RadioManoplas: Especial "A Casa da Quintán"

    Especial fin da 3ª tempada "A Casa da Quintán". Levamos os trebellos até Pontecaldelas para gravar un programa moi especial en “A casa da Quintán”. Entramos neste centro de menores no que viven sete adolescentes de entre 12 e 17 anos. Rapazas tuteladas pola Xunta que residen nun centro...

  35. 4x9 #RadioManoplas: "O híper de Coia"

    O noveno programa da cuarta tempada é un especial titulado "O híper de Coia". Neste episodio, mudamos o formato habitual de entrevistas para contar unha pequena historia. A través da voz de Noa Covelo Lores, adentrámonos no relato sobre o "híper" de Coia. En pouco máis de catro minutos, non só...

  36. 4x8 #RadioManoplas: Esther Lora Rodríguez

    A octava entrevistada da tempada é Esther Lora Rodríguez. A nosa avogada favorita pasa polos micros de Radio Manoplas. Filla de Antonia (Cádiz) e José (Bouzas). O traballo no mar do seu pai condicionou a vida familiar, José pasaba a maior parte do ano embarcado. Esther lembra a Antonia "facendo...

  37. 4x7 #RadioManoplas: Noa Covelo Lores

    A sétima entrevistada da tempada é Noa Covelo Lores. Infancia e adolescencia feita a medio camiño entre Ponteareas e Vigo, en concreto en Coia. Familia primeiro e logo amizades vinculan a Noa a un barrio onde pasou pola escola infantil “Rosalía de Castro” e polo instituto. En Ponteareas, vila…

    more
  38. 4x6 #RadioManoplas: Marisa Andrade Pérez

    A sexta entrevistada da tempada é Marisa Andrade Pérez. Veciña da Coia, foi testemuña da transformación da vella parroquia no polígono de vivendas. A construción do novo barrio levou por diante as formas de vida dos seus habitantes. As leiras convertéronse en lameiras durante un tempo, a moitas...

  39. #RadioManoplas: Especial "Nuno entrevista a Diego"

    Programa especial gravado en directo nunha escola do barrio. Nesta ocasión o entrevistador fai de entrevistado, Diego responde ás preguntas de Nuno. O luns 6 de maio cargamos coa mochila de Radio Manoplas para montar o equipo na clase de 4º de primaria do CEIP Escultor Acuña. Alí gravamos este...

  40. 4x5 #RadioManoplas: Lara Boubeta Bamio

    A quinta entrevistada da tempada é Lara Boubeta Bamio. Esta canguesa comezou a xogar ao fútbol cos veciños nas rúas da vila, alí foi onde coñeceu a Maruchi. Unha "muller marabillosa" que lle amosou que o fútbol era tamén das mulleres. Lara inicia en fútbol sala, pero pronto fáiselle pequeno e…

    more
  41. 4x4 #RadioManoplas: Andrea Nunes Brións

    De Coia a Compostela para conversar con Andrea Nunes Brións. Nada en Marín, nunha familia chea de cultura onde literatura e música tiñan moita presenza. Andrea lembra o impacto -sendo unha rapaza- que lle provocou escoitar “Corazón Coraza” de Benedetti, versos que están nos inicios da súa…

    more
  42. 4x3 #RadioManoplas: Silvia Penas Estévez

    A persoa que estrea o rocho de Eduardo como estudo é Silvia Penas Estévez. Veciña de Balaídos, moi preto de Citroën onde traballaba o seu pai. Logo do primaria estudou no "Coia 2" e máis tarde -tras moitas dúbidas- fixo Filoloxía Galega. Título que posibilitou anos de traballo como docente en...

  43. 4x2 #RadioManoplas: Especial "Falan as presas"

    O segundo programa da cuarta tempada é un especial que leva por título "Falan as presas". Nos meses de febreiro e marzo de 2024 fixemos entrevistas a catro persoas que viven ou viviron privadas de liberdade en prisións galegas. Tres homes e unha muller que falaron sobre a vida na cadea e sobre as...

  44. 4x1 #RadioManoplas: María Reimóndez Meilán

    A entrevistada coa que iniciamos a cuarta tempada é María Reimóndez Meilán. Nada en Lugo, mais os estudos de Tradución e Interpretación a trouxeron a Vigo onde reside desde hai anos e na que di encaixar moi ben. Dende cativa comezou a escribir alentada pola súa nai. A escrita é fundamental na súa...

  45. 3x12 #RadioManoplas: Gabriela Legaspi Fernández

    Gabriela Legaspi Fernández pasa polo micro de Radio Manoplas no duodécimo falangullo da terceira tempada. Naceu no Perú e aos dous anos e medio chegou a Galiza en adopción. Na actualidade dinamiza Manaia Moza, sección xuvenil da asociación Manaia "formada por mozos e mozas adoptadas e/ou…

    more
  46. 3x10 #RadioManoplas: Haydée Agras Moral

    Haydée Agras Moral pasa polos micros de Radio Manoplas no décimo falangullo da terceira tempada. Veciña de Coia en concreto do barrio do Rocío, moi preto da súa casa, no “campo rojo”, pasou horas xogando ao fútbol. Nos 90 as nenas non eran benvidas neste deporte, mais como Haydée dicía vivía nun...

  47. 3x9 #RadioManoplas: Raquel Doval Carregal

    Raquel Doval Carregal pasa polos micros de Radio Manoplas na novena entrevista da terceira tempada. Medrou no centro de Vigo, mais desde hai dez anos residen no barrio de Teis. Estudou Traballo Social e xa desde os inicios apostou por facer desta profesión unha ferramenta de transformación social...

  48. 3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva

    Iria Vázquez Silva achégase aos micros de Radio Manoplas na oitava entrevista da terceira tempada. Veciña da Travesía de Vigo onde medrou xogando nos descampados no seo dunha familia numerosa. Logo de repasar a súa infancia que Iria lembra con agarimo entramos na etapa universitaria marcada polos...

  49. 3x6 #RadioManoplas: Cintia Micaela Fresenga Araújo

    Cintia Micaela Fresenga Araújo pasa polos micros de Radio Manoplas na sexta entrevista da terceira tempada. Chegou a Vigo con 14 anos desde Uruguai. Primeiro pai, logo ela xunto a nai e irmáns, deixaron o chiquito país latinoamericano na procura dun futuro mellor. Na Galiza padeceron a violencia...

  50. 3x4 #RadioManoplas: Mariló Fernández Besada

    Mariló Fernández Besada abriunos as portas da súa casa para gravar unha nova entrevista. Medrou en Coia até os seis anos para logo xogar en Alcabre. Tiña vontade estudar Medicina mais a vida a levou a ser enfermeira. En 1984, anos nos que a heroína facía unha desfeita entre a mocidade, Mariló…

    more

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

HOSTED BY

Radio Manoplas

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Radio Manoplas have?

Radio Manoplas currently has 74 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Radio Manoplas about?

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

How often does Radio Manoplas release new episodes?

Radio Manoplas has 74 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Radio Manoplas?

You can listen to Radio Manoplas on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Radio Manoplas?

Radio Manoplas is created and hosted by Radio Manoplas.
URL copied to clipboard!