PODCAST · government
Radio Ria do Burgo
by Radio Ria do Burgo
Inauguración da radio do colexio coincidindo co día mundial da radio
Episodes
-
Radio Pitufadas Maio 2026
Radio Pitufadas despídese da programación este curso cun programa con moita información e entretemento. Radio Pitufadas está composto por Anxo, Ainara, Óliver, Ámbar, Roi, Luis e Chloe.
-
Club Burguiña, abril 2026
Derradeiro programa de Radio Burguiña deste curso. O noso equipo está composto por Leo, André, Aroa, Antía, Vera, Olivia e Xoana. Esperamos que vos guste.
-
Club Burguiña. Aventura segreda
Un novo episodio do Club Burguiña. Nesta ocasión tráennos a historia do guión que hai anos querían ter escrito pero non puideran facelo ata agora. Baseado en feitos reais.
-
Pitufadas. Entrevista a Miguel
O equipo de radio Pitufadas acaba de gravar unha preciosa entrevista a Miguel o profe de Judo do colexio. Este é o noso 1º programa radiofónico do curso. Esperamos que vos guste.
-
2º Programa en Radio Culleredo
Neste segundo programa de colaboración con Radio Culleredo, o nosos alumnado de radio do colexio Ría do Burgo presenta un especial de Nadal. Nesta ocasión partipan Pablo, Ethan e Sabela de 6ºA e Aroa, Olivia, Antía e Xoana de 5ºB.
-
Radio Culleredo. PDI Olimpiadas
Neste curso inauguramos as colaboracións coa radio municipal do concello; Radio Culleredo. Nesta primeira visita levamos un programa especial sobre o PDI do colexio para este curso 2024/25 sobre os xogos olímpicos.
-
Entrevista a Alfredo
Alfredo é, sen dúbida, a persoa máis querida por toda a comunidade educativa ademais da que máis tempo leva no colexio. O nosos conserxe concedeunos esta divertida entrevista aos Escapitidudas e foi todo un pracer telo con nós de novo xa que levabamos un tempo sen velo polo colexio. Dedicámoslle...
-
Promo Cullerciencia
O equipo de radio Burguiña formado por Sira, Sara, Pablo, Ethan, Olivia e Xoana crearon este anuncio para promocionar a VI Cullerciencia que organiza o Club de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo o 8 de xuño de 2024.
-
Asasino tras o micrófono
Desta volta exploramos un novo xénero radiofónico: a radionovela. Da man de Laura, Sofía, Lucas, Carlos e Miguel, e con algunha intervención sorpresa, imos vivir un episodio de terror dentro do colexio. Non vos podedes perder o Asasino tras o micrófono.
-
Tolos polo Cine
Os Tolos pola Radio tráennos un novo programa no que fan un repaso ás películas de agora e hai tempo que máis lles gustan. Xabi, Martín e Anxo cóntannos a sinopse de varias películas dun xeito moi dinámico para que pasedes un bo rato escoitándoos. Esperamos que vos guste!
-
Entrevista a Dakidarría
Con motivo do 20 aniversario do grupo de música Dakidarría, tivemos a oportunidade de entrevistalos vía videoconferencia. O luns 18 de marzo falamos con Gabri, o seu cantante, quen respostou a todas as preguntas do nosos equipo formado por Sira e Olivia na parte técnica, Pablo, Xoana, Sara e…
more -
Noticiario Radio Burguiña
O equipo de radio Burguiña preséntannos un noticiario de nadal moi entretido que nos fará gozar un bo cacho. Os seus autores son Sara, Sira Castro, Pablo Pizcueta, Ethan Rodríguez, Olivia Castro e Xoana Muñoz.
-
Noticiario de Escapitidudas
Escapitidudas é o noticiario de radio Ría do Burgo onde as dúbidas van fritir churros. Elaborado por Aroa, Juan, Mario, Kevin e Ámbar coa colaboración da profe Belén, farannos pasar un intre moi divertido.
-
Noticiario Los seis deportivos
Dentro do Proxecto audiovisual do centro, presentamos un noticiario deportivo creado por alumnado de 4º e 6º de primaria. Los seis deportivos farannos un repaso da actualidade deportiva de máis importancia.
-
Magazine de Samaín
Un curso máis voltamos co Proxecto audiovisual de centro. Nesta ocasión, alumnado de 5º de primaria preséntannos un programa de actualidade, entrevistas e crítica cinematográfica sobre o samaín. Baixo o nome de Os chunguis da Radio, estes cinco amantes da radio fannos pasar un anaco divertido.
-
Magazine, Pablo Picasso
Dentro do programa de Radio na Biblio, participamos en Radio Voz na Biblio, polo que tivemos a sorte de contar co asesoramento técnico de radio Voz Coruña para a elaboración deste podcast. O programa que vos presentamos é un magazine dedicado á figura de Pablo Picasso, o cal pasou unha etapa da…
more -
Conflitos no mundo
Este podcast trata sobre os conflitos e desgrazas que están a acontecer acualmente e que afectan aos nenos e nenas deses países. Dende a materia de valores en 6º quixemos chamar a atención destes feitos para ser conscientes do sufrimento que están a apadecer millóns de persoas, con especial...
-
Día Mundial da Radio 2023
Anuncio do día inernacional da radio do ano 2023.
-
Lingüeteiros, programa 2
Chega unha nopva entrega do programa máis divertido da radio. Lingüeteiros. O alumnado do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo elaborou este estupendo programa que nos manterá coas orellas ben pendentes de todo o que nos teñen que contar. A Gozar!
-
Entrevista a Xoán Prieto
Las alumnas de 5ºA entrevistan a Xoán Prieto, profesor de educación infantil de tres años y coordinador del proyecto Voz Natura del centro.
-
Entrevista a Roberto Garea
Claudia, Teo, Lola e Álvaro, alumnos de 6ºA de primaria realizaron unha entrevista a Roberto Garea, colaborador infatigable da radio do noso colexio, para coñecer un chisco as inquedanzas e motivacións deste pai entusiasta da radio.
-
13 de febreio. Día internacional de la Radio 2022
Celebramos el día internacional de la radio con un podcast muy interesante que ha grabado el alumnado de 5º de primaria del CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.
-
Lingüeteiros
Podcast elaborado polo alumnado do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo dentro das actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
-
A raposa e o corvo.
Desta vez as nenas e os nenos de 4ºA tráenvos unha pequena versión teatral da coñecida fábula "A raposa e o corvo ". Voces de: Gabriel. Sara. Marina. Vera.
-
De Cuba quero saber...
O alumnado de 1ºB é moi curioso e ten moitas preguntas sobre Cuba, o país que escolleu para investigar dentro do Proxecto Documantal Integrado (PDI) da biblioteca deste curso, chamado "Unha volta polo Mundo".
-
Anuncios recomendacións
O alumnado de 2º de primaria traballou a publicidade. Aprenderon que pode haber tres tipos de anuncios: os comerciais, de interese e recomendacións. Para demostrar o que aprenderon gravaron estes anuncios que crearon.
-
Anuncios de interese
O alumnado de 2º de primaria traballou a publicidade. Aprenderon que pode haber tres tipos de anuncios: os comerciais, de interese e recomendacións. Para demostrar o que aprenderon gravaron estes anuncios que crearon.
-
Anuncios comerciais
O alumnado de 2º de primaria traballou a publicidade. Aprenderon que pode haber tres tipos de anuncios: os comerciais, de interese e recomendacións. Para demostrar o que aprenderon gravaron estes anuncios que crearon.
-
Cuartoshow. Programa 3.
Neste novo programa poderedes desfrutar das seguintes seccións: - Os monstros de Godzilla. - Sección musical. - Mulleres que fixeron historia. - Mitoloxía. - Manualidades. - Ludoteca. - Curiosidades de Harry Potter.
-
Cuartoshow. Programa 2.
Este segundo programa vén cheo de contidos: - Dúas entrevistas: unha a David, o profe de prácticas que tivemos en marzo; e outra a Daniel, un surfista con moito que contar. - Recomendacións lectoras: nesta ocasión falaremos do libro Diario de Greg e de Mafalda. - Manualidades.
-
Pasapalabra entroido
O alumnado de 4ºB gravou este entretido programa de pasapalabra sobre o entroido. Nel aprenderás unha chea de vocabulario relacionado con eta festa tan nosa.
-
Día mundial da radio 2021
Conmemoramos o día mundial da radio, que se celebra o 13 de febreiro, este ano baixo o lema Nova Radio, novo mundo, evolución, conexión e innovación da radio. O noso alumnado quixo gravar este podcast como contribución a esta importante celebración.
-
Cuartoshow. Programa 1.
Neste primeiro podcast falaremos de: - Conmemoracións. - Ludoteca. - Recomendacións literarias. - Literatura. - Música. Non perdades pista!
-
Este nadal respecta as normas
Anuncio do Nadal realizado polo alumnado de 4ºB para pedir a todo o mundo moito sentidiño neste nadal
-
Poemas de Manuel María
O alumnado de 2º de E.P. gravou os poemas de Os soños na Gaiola, O meu barco e A Estrela sen nome.
-
Consellos sobre o medio ambiente 2
O alumnado de 1º de primaria ten moi claro o que hai que facer para conservar o medio ambiente. Aquí comparten con nós algúns dos seus consellos.
-
Consellos sobre o medio ambiente
O alumnado de 1º de primaria danos uns valiosos consellos para conservar o noso planeta.
-
Entrevista á Conselleira de Medio Ambiente
Entrevista á Conselleira de Madio Ambiente, Territorio e Vivenda con motivo da súa visita ao noso colexio para presentar o programa de compostaxe.
-
Entrevista a Antón Fraguas VI
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a Antón Fraguas V
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a Antón Fraguas IV
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a Antón Fraguas III
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a Antón Fraguas II
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a Antón Fraguas I
O alumnado de 4ª A entrevista a Antón Fraguas, autor homenaxeado nesta ano 2019 co día das letras galegas.
-
Entrevista a José Viñas
Como non podía ser doutra maneira, o día da Feira de Ciencia, visitounos José Viñas, profesor do IES David Buján de Cambre e relevante divulgador científico. Non desaproveitamos a ocasión de contar coa súa presenza e entrevistalo, polo que Iago e Antón, alumnos de 6º de EP prepararon unhas...
-
Entrevista a Celia Martínez da Fundación Paideia
No día da Feira de Ciencia tivemos moitas visitas. Entre elas estivo Celia Martínez, en representación da Fundación Paideia-Galiza que ten a súa sede na Coruña. Fíxonos moita ilusión poder entrevistala porque grazas a un acordo asinado entre o colexio e a Fundación hoxe podemos gozar da radio do...
-
Entrevista ao alcalde de Culleredo
O 20 de xuño celebramos no colexio a 1ª Feira de Ciencias na que participou toda a comunidade educativa. Entre os convidados que nos visitaron estivo o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, polo que as nosas intrépidas reporteiras Candela Touriñán e Yaiza Valiña de 6º de EP aproveitaron para...
-
Rosalia na Radio
O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. O alumnado de 6º de EP investigou sobre a súa vida e gravou algúns datos interesantes sobre a súa biografía.
-
Lenda do Ria do Burgo
Obradoiro de radio do alumnado de 1º de EP. Nesta ocasión é o alumnado da aula de A o que grava a súa lenda.
-
Obradoiro de Radio de 1º de EP
Neste curso traballamos a oralidade do alumnado de 1 de EP empregando a radio. Na aula elaboraron unha historia, unha lenda sobre o colexio e logo foron gravala ao estudio de radio. O proceso creativo e o posterior de lectura e entoación resultou moi enriquecedor.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Inauguración da radio do colexio coincidindo co día mundial da radio
HOSTED BY
Radio Ria do Burgo
CATEGORIES
Loading similar podcasts...