San Sadurniño podcast artwork

PODCAST · news

San Sadurniño

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

  1. 127

    Pleno ordinario do 28 de maio de 2026

    Sesión do pleno na que, como principal asunto, quedaron aprobados inicialmente os orzamentos municipais de 2026, que superan os 3.9 millóns de euros.

  2. 126

    Pleno ordinario do 26 de marzo de 2026

    Sesión na que se aprobou unha modificación orzamentaria para acomodar a contía definitiva que achegará o Instituto da Transición Xusta para a mellora ambiental da Cortiña e do contorno da Casa do Concello. Tamén se tratou a adhesión de San Sadurniño ao convenio Xunta-Ecoembes para a recollida e tratamento de envases lixeiros e cartóns e, por último (en canto aos temas principais) tamén saíu adiante unha moción do PP enmendada polo BNG demandando medidas ante a problemática do lobo no rural.

  3. 125

    Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026

    Primeira sesión de carácter ordinario de 2026, na que se aprobaron os proxectos e a distribución do POS+ da Deputación da Coruña, así como adicarlle o nome de Rosalía de Castro á rúa que discorre paralela ao CPI.

  4. 124

    Pleno extraordinario do 12 de xaneiro de 2026

    Sesión na que se abordou, como único punto, a aprobación do reparto dos fondos do POS+ ADI01/2026, coñecido como POS Social. Case 67.000 euros cos que se financiará persoal técnico, o reforzo do SAF e o programa de envellecemento activo "Xuntanzas na eira".

  5. 123

    Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025

    Derradeira sesión ordinaria do ano 2025, na que se trataron dúas declaracións institucionais como principais temas. A primeira referiuse á demanda dun tren do século XXI para a comarca e a segunda estivo centrada nas reivindicacións con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas. Como curiosidade, todos os temas suxeitos a votación saíron aprobados por unanimidade.

  6. 122

    Pleno extraordinario do 21 de outubro de 2025

    Sesión convocada para someter a votación a participación do Concello no cuarto plan adicional do Plan Único da Deputación da Coruña, dotado con cerca de 184.000 euros. Uns fondos que San Sadurniño dedicará a gasto corrente, tal e como votaron por unanimidade os tres grupos municipais.

  7. 121

    Pleno ordinario do 25 de setembro de 2025

    Sesión plenaria na que se abordaron os seguintes asuntos principais: a solicitude á Deputación dunha axuda para a rehabilitación da nave de Obras e Servizos, a aprobación da conta xeral de 2024 e dúas mocións presentadas polo BNG e o PSOE centradas nos incendios forestais e no cambio climático.

  8. 120

    Pleno ordinario do 31 de xullo de 2025

    Sesión que tivo como temas centrais o debate e votación dos orzamentos municipais -que superan os 3,9 millóns de euros- e unha declaración institucional demandando o cesamento do xenocidio en Palestina.

  9. 119

    Pleno ordinario do 27 de marzo de 2025

    Sesión protagonizada polas mocións, relativas ao apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o 6 de abril, ao rexeitamento da maneira en que a Xunta pretende distribuír os fondos da Transición Xusta e, por último, tamén ao rexeitamento da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei.

  10. 118

    Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2025

    Sesión presidida pola aprobación, por unanimidade, dos proxectos que se acollerán este ano ao Plan Único da Deputación da Coruña.

  11. 117

    Pleno extraordinario do 13 de xaneiro de 2025

    Sesión convocada con carácter extraordinario e urxente co obxectivo de axustarse aos prazos dados pola Deputación da Coruña para aprobar a participación municipal no POS+ Adicional 01/2025. No pleno saíu adiante por unanimidade a distribución de algo máis de 58.000 euros, dirixidos ao reforzo do cadro de persoal do SAF e de Servizos Sociais e tamén a programas de prevención da soidade e o deterioramento cognitivo das nosas persoas maiores.

  12. 116

    Pleno ordinario do 28 de novembro de 2024

    Sesión ordinaria do pleno, a última de 2024, cunha ducia de asuntos na orde do día da convocatoria.Coma sempre, a sesión comezou coa aprobación da acta do anterior pleno para, deseguido, meterse nos temas principais: a resolución do expediente de responsabilidade patrimonial dos concelleiros que asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño, a actualización segundo o IPC das ordenanzas municipais de cara ao 2025, a modificación da ordenanza da recollida do lixo e varios cambios na Relación de Postos de Traballo do Concello

  13. 115

    Pleno ordinario do 26 de setembro de 2024

    Sesión na que se aprobaron, entre outros puntos, a Conta Xeral de 2023 e a integración de San Sadurniño na Rede de Municipios pola Agroecoloxía.

  14. 114

    Pleno extraordinario do 13 de setembro de 2024

    Sesión convocada con carácter urxente para aprobar o destino a gasto corrente de 165.000 euros da segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña.

  15. 113

    Pleno extraordinario do 20 de agosto de 2024

    Sesión extraordinaria e de carácter urxente na que se votou desestimar as alegacións presentadas polas dúas concelleiras do PP en relación co procedemento de inicio do expediente sobre a responsabilidade patrimonial dos membros do goberno que votaron a favor do convenio coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño.

  16. 112

    Pleno ordinario do 1 de agosto de 2024

    Sesión na que se aprobou por unanimidade a solicitude dunha axuda financieira para a adquisición da nave de Obras e Servizos -a coñecida como "nave de Carnero", alugada polo Concello desde hai 25 anos-, ademais de votarse unha moción de rexeitamento da suba do canon de SOGAMA. Tamén se aprobaron os días inhábiles de 2025, que serán o 4 de marzo, Martes de Entroido, e o 2 de xullo, Santa Isabel.

  17. 111

    Pleno extraordinario do 22 de xullo de 2024

    Pleno que levaba tres puntos na orde do día: a aprobación da urxencia da convocatoria, a nova denominación da principal praza da zona urbana -que pasará chamarse "Praza Ramón Díaz Raña"- e a votación dos orzamentos municipais de 2024, que saíron adiante cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención da oposición.

  18. 110

    Pleno ordinario do 30 de maio de 2024

    Sesión ordinaria que, como principal punto, aprobou o inicio dun expediente relativo á responsabilidade patrimonial dos edís que en 2007 asinaron un convenio urbanístico coa cooperativa de explotación en común de San Sadurniño

  19. 109

    Pleno ordinario do 4 de abril de 2024

    Sesión breve, de pouco máis dun cuarto de hora, onde o principal asunto que se tratou foi a aprobación dunha moción da CIG reclamando a derrogación da reforma laboral e empregos de calidade.

  20. 108

    Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2024

    Primeiro pleno do ano 2024, no que se someteu a votación unha moción en apoio da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o domingo 4 de febreiro, así como a distribución do plan único de Concellos de 2024.

  21. 107

    Pleno ordinario do 30 de novembro de 2023

    Sesión na que se tratou a modificación do regulamento da EIM A Rolada de cara a incorporar variacións no articulado indicadas pola Xunta de Galicia, así como a actualización das ordenanzas sobre taxas segundo o IPC. Tamén se debateron dúas mocións do grupo municipal do BNG, unha demandando que os orzamentos autonómicos de 2024 inclúan distintos investimentos no municipio, e outra relativa á activación dun plan de desenvolvemento para a comarca das Pontes vinculado á poxa dos dereitos de evacuación de 700MW.

  22. 106

    Pleno extraordinario do 2 de novembro de 2023

    Sesión convocada con carácter urxente para aprobar tres asuntos: a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para levar a cabo varias melloras en infraestruturas e na rede viaria, a incorporación ao orzamento de cerca de 236.000 euros de remanentes de 2022 e a cualificación como de interese municipal das obras efectuadas pola AVV Adiante no local social de Igrexafeita. Todos os puntos saíron adiante por unanimidade.

  23. 105

    Pleno extraordinario do 20 de outubro de 2023

    Sesión na que se aprobou a concorrencia do Concello de San Sadurniño á convocatoria de créditos do IDAE para a renovación de iluminacións públicas, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e ganar en eficiencia.

  24. 104

    Pleno ordinario do 28 de setembro de 2023

    Sesión na que se aprobou a conta xeral do Concello, ademais da designación da xuíza de Paz e o destino dos fondos do Plan Adicional 2/2023 do POS+ provincial. Tamén se debateu unha moción do BNG demandando un transporte público por estrada que responda ás necesidades das persoas usuarias.

  25. 103

    Pleno ordinario do 27 de xullo de 2023

    Primeiro pleno ordinario do mandato corporativo 2023-2027, no que se trataron como puntos principais a aprobación dos festivos locais para o ano que vén, a solicitude dunha subvención á Deputación para mellorar o equipamento do centro de transformación A Fusquenlla e as asignacións económicas aos grupos políticos municipais, que percibirán 50€ fixos ao mes máis un variable de 10€ por integrante.

  26. 102

    Pleno extraordinario do 4 de xullo de 2023

    Sesión de organización do Concello, na que se trataron, entre outras cuestións, a periodicidade dos plenos, a composición da Xunta de Goberno Local ou a distribución das áreas de goberno.

  27. 101

    Pleno de constitución do Concello para o mandato 2023-2027

    Sesión de toma de posesión e constitución da nova corporación municipal para o período 2023-2027.

  28. 100

    Pleno ordinario do 30 de marzo de 2023

    Último pleno de carácter ordinario do mandato, no que se aprobou a proposta de orzamentos municipais para 2023. As cifras ascenden a 3.682.350,25 euros e prevese que acaben superando os 4 millóns de euros ao longo do ano, xa que hai partidas que incrementarán o seu presuposto con achegas doutras Administracións, como por exemplo os 493.000 euros dos fondos da Transición Xusta que se investirán na zona da Cortiña e do paseo fluvial. O Grupo de goberno do BNG votou a favor, mentres que PP e PSOE se abstiveron.

  29. 99

    Pleno extraordinario do 9 de febreiro de 2023

    Sesión na que se aprobaron por unanimidade os proxectos do POS+, do Plan Complementario e os investimentos do Plan Adicional 1/2023, coñecido como "POS Social".

  30. 98

    Pleno ordinario do 26 de xaneiro de 2023

    Primeira sesión do ano, na que se abordaron, entre outras cuestións, a aprobación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o inicio do expediente de desafectación de dous camiños públicos, así como o contido dunha auditoría sobre a xestión da auga municipal. Ademais tamén se aprobou unha moción presentada polo concelleiro do PSOE en demanda de medidas autonómicas a prol da mobilidade.

  31. 97

    Pleno extraordinario do 21 de decembro de 2022

    Última sesión plenaria do ano, na que se aprobou o incremento segundo o IPC das taxas e prezos públicos reflectidos nas ordenanzas municipais que regulan o seu importe anual segundo este indicador de prezos.

  32. 96

    Pleno ordinario do 24 de novembro de 2022

    Sesión na que se aprobou a adhesión do Concello á central de contratación da FEMP, así como a integración de San Sadurniño no programa provincial de prevención da fraude na aplicación das axudas financiadas cos fondos Next Generation. Tamén se aprobou por unanimidade a declaración institucional co gallo do 25N.

  33. 95

    Pleno extraordinario do 31 de outubro de 2022

    Sesión na que se votou e aprobou por unanimidade a solicitude de participación do Concello nos fondos do programa DUS-5000, dirixidos a actuacións integrais en materia de sostenibilidade e eficiencia enerxética. San Sadurniño preparou memorias para executar actuacións por valor de 4,3 millóns de euros que, de ser aceptadas na convocatoria, serían fianciadas polo Estado con fondos europeos Next Generation nun 100%.

  34. 94

    Pleno extraordinario do 26 de outubro de 2022

    Sesión na que saíron adiante por unanimidade tanto a aprobación da Conta Xeral de 2021 como a modificación de créditos que permite incorporar ao orzamento municipal 358.000 euros dos algo máis de 1,2 millóns de remanentes cos que pechou o exercicio do ano pasado.

  35. 93

    Pleno ordinario do 29 de setembro de 2022

    Sesión con tres puntos principais na que se aprobou a ordenanza xeral de subvencións, a inclusión de proxectos no POS+ Adicional 02 e a modificación puntual das normas subsidiarias para converter en chan urbano non consolidado unha parte da parcela que rodea o Centro de Día.

  36. 92

    Pleno extraordinario do 24 de agosto de 2022

    Pleno no que se aprobou por unanimidade a modificación do regulamento da EIM A Rolada, así como a ordenanza reguladora dos prezos públicos, de cara a adaptar a normativa á Orde da Xunta sobre a gratuidade dos servizos educativos prestados polas escolas infantís.

  37. 91

    Pleno ordinario do 28 de xullo de 2022

    Sesión ordinaria con só tres puntos na parte resolutiva da convocatoria: a aprobación da acta anterior, a mudanza da representación municipal no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a fixación dos festivos locais de 2023, que serán o Martes de Entroido e o luns 3 de xullo.

  38. 90

    Pleno ordinario do 26 de maio de 2022

    Na sesión tratáronse dous regulamentos referidos ao persoal municipal e tamén se aprobaron as bases para a convocatoria e concesión das bolsas escolares deste ano.

  39. 89

    Pleno extraordinario do 18 de abril de 2022

    Pleno no que se aprobou a acta da sesión anterior e no que tomou posesión do seu cargo como concelleira electa Araceli Bellas Castro, dentro do grupo municipal do BNG

  40. 88

    Pleno ordinario do 31 de marzo de 2022

    Sesión na que se deu conta da renuncia da concelleira nacionalista Ana Belén Breixo e na que tamén se rexeitou o inicio do expediente solicitado polo PP en relación coas posibles responsabilidades dos membros do grupo de goberno que en 2007 asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño. Noutra orde de cousas, a Corporación deulle o apoio unánime á modificación extraxudicial de créditos para o pagamento de facturas enerxéticas do mes de decembro de 2021.

  41. 87

    Pleno extraordinario do 4 de marzo de 2022

    Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello ao plan de vixiancia e control da avespa asiática suscrito entre a Xunta e a Fegamp, a declaración institucional co gallo do 8M, e o inicio dun expediente informativo sobre a aprobación do convenio urbanístico asinado coa cooperativa de San Sadurniño en 2007. Na sesión, como último asunto, tamén se votaron os orzamentos municipais de 2022.

  42. 86

    Pleno ordinario do 27 de xaneiro de 2022

    Sesión plenaria con 9 puntos na orde do día, entre os que destaca a aprobación dos proxectos do POS+ 2022, a modificación da ordenanza reguladora do ICIO para introducir novas bonificacións e tamén o plan de implantación dos ODS da Axenda 2030 no Concello. A maior parte dos asuntos saíron adiante por unanimidade.

  43. 85

    Pleno ordinario do 10 de decembro de 2021

    Sesión ordinaria de finais de novembro que se adiou para esta data e que levaba como puntos principais a aprobación de representante municipal no Consello escolar do CPI xunto coa modificación puntual da RPT.

  44. 84

    Pleno extraordinario do 4 de novembro de 2021

    Sesión na que se tratou como principal asunto a aprobación do proxecto de rehabilitación da antiga escola de Igrexafeita para acoller obradoiros terapéuticos relacionados co alzhéimer e outras demencias. Neste sentido, a corporación tamén aprobou solicitar colaboración económica da Deputación da Coruña, quen achegará o 80% dos preto de 300.000 euros que requirirán as obras.

  45. 83

    Pleno ordinario do 30 de setembro de 2021

    Sesión á que se levaba como principal punto a aprobación das bases dunha convocatoria extraordinaria de bolsas escolares, ademais da modificación de dúas ordenanzas fiscais.

  46. 82

    Pleno ordinario (adiantado) do 22 de xullo de 2021

    Sesión que levaba como un dos seus puntos centrais o rexeitamento ao proxecto do parque eólico Caaveiro, promovido por Enel Green Power, que tería un serio impacto na zona limítrofe con Neda e A Capela. O asunto foi aprobado por unanimidade. Tamén se aprobou con todos os votos favorables modificar o capítulo orzamentario de axudas a entidades para dispor de fondos cos que contribuír ao traballo da Escola de Fútbol Irmandiños, impulsada polo CF San Sadurniño, o Moeche, o Cebarca e o Somozas con colaboración dos catro concellos.

  47. 81

    Pleno ordinario do 27 de maio de 2021

    Sesión na que se aprobou incorporar ao orzamento municipal un importe de 1 millón de euros para levar a cabo distintos proxectos, ademais de sufragar as indemnizacións polos terreos rústicos da Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e os salarios dun traballador municipal expedientado por cometer unha falta moi grave.

  48. 80

    Pleno ordinario do 25 de marzo de 2021

    Sesión na que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos para o pagamento de 63.000 euros en facturas e tamén unha moción en contra dos "abusos" da banca presentada polo BNG. Tamén se lle deu o prace por unanimidade a unha modificación da convocatoria de bolsas escolares.

  49. 79

    Pleno extraordinario do 3 de marzo de 2021

    Sesión na que se aprobaron as bases dunha primeira achega económica para as entidades de cara a que cubran gasto corrente de 2020 e parte de 2021, pero tamén as que regularán as bolsas escolares e para servizos de conciliación na EIM A Rolada, dotadas con 40.000 euros. Ademais tamén se desestimou unha alegación ao orzamento municipal, o que supón a súa entrada en vigor inmediata. Os grupos tamén aprobaron a declaración institucional do 8M e unha moción solicitando a transferencia da AP-9.

  50. 78

    Pleno extraordinario do 25 de febreiro de 2021

    Sesión cun único punto central na súa orde do día, referido á corrección de erros no inventario de camiños municipais de cara a incorporar o acceso a varias vivendas no lugar da Fraguela, en Naraío.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

HOSTED BY

Concello de San Sadurniño

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does San Sadurniño have?

San Sadurniño currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is San Sadurniño about?

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

How often does San Sadurniño release new episodes?

San Sadurniño has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to San Sadurniño?

You can listen to San Sadurniño on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts San Sadurniño?

San Sadurniño is created and hosted by Concello de San Sadurniño.
URL copied to clipboard!