Skip to content
Té con Gotas podcast artwork

PODCAST · news

Té con Gotas

by Té con Gotas

Un podcast de ideas. Presentado por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela. Feito en Galiza.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Aug 15, 2025 · Source feed

Episodes

  1. 68. Galiza, país start-up?

    Nun contexto no que a desigualdade entre ricos e pobres se convertiu nun dos grandes desafíos da nosa época, falamos moito de como repartir a riqueza pero non tanto de como creala. O asunto non é secundario para un país como Galiza, que nas últimas décadas viu pechar ou deslocalizar algunhas...

  2. [Té Sen Gotas] Banca cooperativa e finanzas éticas: que opcións ten o cidadán de a pé?

    Cando falamos de alternativas á banca tradicional, é habitual misturar conceptos e confundir, por exemplo, a banca ética coas cooperativas de crédito ou as seccións de crédito dunha cooperativa. O abano de ofertas que nos ofrecen estas finanzas con vocación máis social é moi amplo e non sempre é...

  3. 67. Un modelo cooperativo para o sector financeiro

    No podcast desta semana exploramos algunhas das formas de finanzas cooperativas que existen en Galiza, no resto do estado, e tamén no Reino Unido. Cooperativas de crédito, mutuas ou seccións de crédito son alternativas que, no sector das finanzas, operan con outros valores e criterios distintos…

    more
  4. [Té Sen Gotas] Entrevista con Edelmiro López Iglesias

    No último Té con Gotas falamos de macrogranxas e de posibles alternativas de producción de alimentos. Tivemos a oportunidade de contar con tres entrevistados que, desde o noso punto de vista, achegaron perspectivas moi interesantes. Para profundizar máis no tema, neste Té Sen Gotas queremos...

  5. Comer carne en tempos de crise climática: cara un futuro sen macrogranxas?

    O último affaire ibérico coas macrogranxas pode pasar á historia dos manuais de Ciencia Política e Xornalismo como un bo exemplo de que, ás veces, hai polémicas que saltan aos medios a lombos das fake news ou, como mínimo, declaracións terxiversadas. Malia iso, o episodio puxo sobre a mesa o…

    more
  6. [Té sen Gotas] Abrir mercado en Portugal: a experiencia de Miguel Penas

    Neste Té sen Gotas falamos con Miguel Penas, expresidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e membro do actual Consello da entidade, que nos falará dunha experiencia profesional recente que tivo no mercado portugués, traballando para unha empresa galega que buscaba vender servizos de...

  7. [Té sen Gotas] O galego é unha oportunidade: entrevista completa con Enrique Sáez, exdirector peral do Banco Pastor

    Neste Té sen Gotas publicamos completa a nosa entrevista con Enrique Sáez, exdiretor xeral do Banco Pastor, e presidente da Fundación Juana de Vega e do grupo Torres & Sáez, unha compañía galega especializada na distribución de equipamentos industriais e ferramentas. Nela fálanos de como…

    more
  8. 65. Aprender portugués en Galiza: un filón por explotar?

    Desde a aprobación da lei Paz Andrade no 2014, o ensino de portugués no sistema educativo galego foi aumentando e hoxe chega a 5000 estudantes, pero, é suficiente? Estamos aproveitando todo o potencial que ten a proximidade do galego e o portugués? Falamos co secretario xeral de política...

  9. [Té sen Gotas] Como financiar unha cooperativa de vivenda?

    A semana pasada, no Té con Gotas, falamos das cooperativas de vivenda en cesión de uso. Un modelo moi establecido en Dinamarca e que está a gañar adeptos en Catalunya. Pero unha cousa que nos quedou no tinteiro foi falar do financiamento e das relacións coas entidades de crédito. Neste Té sen…

    more
  10. 65. Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar asequible?

    No podcast desta semana analizamos a experiencia das cooperativas de vivenda en cesión de uso, un modelo de vivenda social que leva décadas poñéndose en práctica en países como Dinamarca e que no Estado español comeza a dar os seus primeiros pasos en Barcelona. Para comprender esta experiencia e...

  11. [Exclusivo Patreons] Rehabilitación enerxética para o desenvolvemento local

    A semana pasada dedicámoslle un programa completo á cuestión do "retrofitting", é dicir, da rehabilitación enerxética. Para este Té Sen Gotas, queremos pararnos un pouco máis na relación entre un programa ambicioso de modernización do parque de vivenda e o "community wealth building", un concepto...

  12. 64. Rehabilita a túa vivenda para salvar o planeta

    Esta semana falamos do concepto de "retrofit", é dicir, da rehabilitación de vivenda para mellorar a súa eficiencia enerxética. Este tema, que pode parecer moi seco, é unha porta aberta para reducir de xeito significativo as emisións de CO2 e, ao mesmo tempo, aforrar na factura da luz e crear...

  13. 63. Community Wealth Building: crear riqueza con raíces desde o local

    Esta semana falamos do Community Wealth Building, un modelo de desenvolvemento local que continúa a colleitar éxitos aló onde se pon en práctica. A grosso modo, esta estratexia busca frear a concentración da riqueza nos grandes centros urbanos e financeiros, promovendo o gasto público en pequenas…

    more
  14. [Exclusivo Patreons] Perpetual Guardian e Desigual, dous xeitos diferentes de entender a semana laboral de catro días

    No Té sen Gotas desta semana queremos afondar na idea da semana laboral de catro días a través do caso de dúas empresas privadas que tiveron moita repercusión na prensa: o da neozelandesa Perpetual Guardian e o da catalana Desigual. A primeira, que comezou a ensaiar con este modelo aló por 2018,...

  15. 62. A semana laboral de 4 días: unha utopía inevitábel?

    Comeza a nova etapa do Té con Gotas. A primeira gran idea da que imos falar é da proposta da semana laboral de 4 días. Viaxamos a Islandia da man de Jack Kellam, un investigador do think tank británico Autonomy, que escribiu un inform sobre o proxecto piloto de redución de xornada que fixeron na...

  16. 61. Fin de etapa no Té con Gotas (vémonos en setembro)

    Este é o último programa da etapa británica do Té con Gotas. Non só pechamos tempada, senón que cando volvamos despois do verán, farémolo con outro formato non tan centrado na actualidade do Reino Unido. O programa de hoxe está dedicado a facer memoria e lembrar o que aprendimos con este…

    more
  17. 60. O traspés co que Boris non contaba e un anuncio IMPORTANTE do Té con Gotas

    No podcast de hoxe analizamos os resultados da by election de Chesham and Amersham, un feudo tradicional dos conservadores no que, contra o que anticipaban todas as enquisas, gañaron os liberal demócratas. Despois das últimas victorias tories en zonas laboristas, semellaba que os de Boris eran...

  18. 59. A guerra das salchichas

    Estes días celébrase en Cornualles o cumio do G7 e, para disgusto de Boris Johnson, un dos temas a tratar é o conflito entre a Unión Europea e o Reino Unido por mor do comercio de mercadorías en Irlanda do Norte. É o que na prensa británica bautizaron como “sausage war”, a guerra das salchichas.

  19. 58. O ano no que o Reino Unido vendeu os trens

    Esta semana facemos un pouco de historia e revisamos a privatización do ferrocarril británico que tivo lugar a principios dos 90. Tamén entrevistamos ao maquinista do metro de Londres, Carlos Barros.

  20. 57. As eleccións en Inglaterra, Escocia e Gales

    No podcast desta semana comentamos as implicacións políticas das recentes eleccións locais en Inglaterra e das lexislativas en Escocia e Gales. Centrámonos no impacto dos resultados nun debilitado Partido Laborista e dunha unión de nacións tamén nunha situación precaria.

  21. 56. Hai alternativa ás oposicións?

    No Té con Gotas desta semana falamos de modelos de contratación no sector público. En todos os países pasan anos memorizando temarios infinitos ou hai alternativas ás oposicións? Comentamos o caso británico e entrevistamos a Serafín Pazos Vidal, xefe da oficina de Bruxelas da Convención de...

  22. [Exclusivo Patreons] O fútbol inglés contra Florentino

    A Super Liga europea de fútbol terá que esperar. A proposta de cártel futbolístico impulsada polo presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, e outros 11 clubes europeos esfarelou na tarde de onte despois de que as seis equipas inglesas que co-impulsaban a iniciativa comezasen a darse de baixa...

  23. 55. David Cameron, un ‘lobbista’ nos tempos da Covid

    No podcast de hoxe falamos de tráfico de influencias e portas xiratorias. En concreto, das portas que cruzou o exprimeiro ministro David Cameron para chegar do número 10 de Downing Street ao seu posto como lobbysta da empresa financeira Greensill Capital, no foco da prensa económica nas últimas...

  24. 54. A ruptura do independentismo escocés

    Falamos do conflito que enfronta aos dous grandes líderes do independentismo escocés no século XXI: Alex Salmond e Nicola Sturgeon. Unha serie de denuncias de abusos sexuais contra o antigo líder do SNP levaron a un conflito de difícil solución entre estes dous vellos aliados. A pouco máis dun…

    more
  25. [Exclusivo Patreons] A lei mordaza británica

    O parlamento británico está debatendo unha proposta de lei que, entre outras cousas, outogará poderes especiais á policía para disolver protestas que causen demasiados prexuízos a terceiros. No Té Sen Gotas desta semana debullamos esta lei e explicamos os acontecementos que fixeron que estivese…

    more
  26. 53. Cara unha nova política económica conservadora?

    Rematou finalmente a política de austeridade? Estase abrindo unha nova era onde os impostos altos e a intervención pública na economía van ser o habitual? No Té con Gotas desta semana debullamos o orzamento presentado hai un par de semanas polo goberno británico, que inclúe fortes subidas de...

  27. 52. A reforma do voto rogado – entrevista con Pilar Cancela

    Para poder votar desde a emigración, hai que solicitarllo ao goberno español para que envíen a documentación por correo postal. A isto chámaselle voto rogado, e leva sendo un quebradeiro de cabeza desde que se implantou no ano 2011. A semana pasada, o PSOE e Unidas Podemos presentaron unha…

    more
  28. 51. Catro nacións, catro seleccións

    Cando este verán se xogue a Eurocopa de fútbol, Marcus Rashford vestirá a camisola da selección de Inglaterra mentres que Gareth Bale competirá coas cores de Gales. Os dous son cidadáns británicos, pero xogan con seleccións nacionais diferentes. No podcast desta semana falaremos de por que en...

  29. 50. Carlos Durão, un galego de Londres (parte 2)

    Segunda parte da extensa entrevista co lingüísta Carlos Durão. Nesta ocasión falamos da súa aproximación ao reintegracionismo, da súa relación co filólogo e escritor Ernesto Guerra da Cal e do seu papel como embaixador non oficial do galeguismo no Reino Unido.

  30. 50. Carlos Durão, un galego de Londres (parte 1)

    O protagonista do programa de hoxe chámase Carlos Durão. El é un dos galegos máis veteranos da comunidade de emigrantes no Reino Unido e un exemplo de compromiso coa lingua e cultura galegas desde o exterior. Traductor políglota e escritor, foi un dos promotores do Grupo de Traballo de Galego de...

  31. 49. Acordo Reino Unido-UE: e agora que?

    O Reino Unido e a Unión Europea selaron in extremis un acordo comercial na última semana de decembro que regulará a relación entre ambos bloques a partir de 2021. Malia que o sector servizos non se inclúe no tratado, os bens poderán comerciarse sen pagar aranceis, a pesar de que si serán…

    more
  32. 48. Transparencia, fuga de cerebros e entrevista con Sara Fernández

    Esta semana comparamos a cultura da transparencia das institucións públicas en Galiza e no Reino Unido. Neste programa tamén abordamos un tema lixeiramente relacionado, o da fuga de cerebros. Entrevistamos á economista Sara Fernández López, que vén de publicar xunto con outros investigadores do...

  33. 47. O regreso de Lady Di e entrevista coa lingüista Harriet Cook

    No podcast desta semana falamos do regreso da Princesa de Gales, Diana Spencer, á actualidade británica. Por un lado, volta estar na boca da xente pola estrea da cuarta tempada da serie de Netflix 'The Crown', onde se repasan os seus primeiros anos como integrante da familia real británica. Por...

  34. 46. Joe Biden presidente: malas novas para o Reino Unido? Entrevista con Adriana Páramo

    No podcast desta semana analizamos as consecuencias para o Reino Unido da elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos. Suporá ter un demócrata na Casa Branca un obstáculo para o tratado comercial que Boris Johnson prometeu pechar con Washington tras saír da UE? Por que Biden en...

  35. 45. Galego en Londres

    Hoxe falamos dunha auténtica institución da diáspora galega no Reino Unido: o proxecto Galego en Londres. O que comezou como unha proposta educativa para a aula de lingua galega do instituto español Cañada Blanch, rematou por converterse nun punto de encontro para os galegos e galegas emigrados…

    more
  36. 44. Escocia: cara un novo referendo de independencia?

    Malia que un 62% dos escoceses votaron a favor de permanecer na Unión Europea no referendo de 2016, Escocia está sendo arrastrada contra a súa vontade cara un Brexit pilotado en exclusiva desde Londres. A saída da UE e o ascenso como primeiro ministro de Boris Johnson están a reavivar os cantos…

    more
  37. 43. Neno, que pasa co Brexit?

    Con este título con reminiscencias coruñesas abrimos a tempada 2 do Té con Gotas. E facémolo cun tema xa clásico neste podcast: o Brexit. Falamos dos últimos movementos deste verán e do estado das negociacións do tratado de libre comercio.

  38. Juan Carlos á fuga? Entrevista exclusiva co xornalista que desvelou os últimos escándalos da Casa Real

    Esta semana facemos un alto nas nosas vacacións para facer un podcast sobre a Familia Real. O motivo? Temos en exclusiva unha entrevista con James Badcock, o xornalista británico que desvelou nas páxinas do Daily Telegraph algúns dos escándalos da Casa Real que fixeron ao Rei Juan Carlos fuxir do...

  39. 42. Adeus e até setembro!

    Neste podcast despedimos a primeira tempada do Té con Gotas repasando algúns dos mellores momentos deste ano e medio e anticipando algunhas das novidades que chegarán a partir de setembro.

  40. 41. Entrevista con Antonio Rodríguez Miranda, candidato do PP

    Para pechar a nosa cobertura especial das eleccións galegas, entrevistamos a Antonio Rodríguez Miranda, candidato do Partido Popular na provincia de Ourense e Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia desde o ano 2012.

  41. 40. Entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG

    A nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 tráenos hoxe ao presidente do PSdeG e coordinador do seu programa electoral, Xoaquín Fernández Leiceaga, con quen falaremos das súas propostas para a diáspora galega.

  42. 39. Entrevista a Ana Pontón, candidata do BNG

    Continuamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas de 2020 cunha entrevista a Ana Pontón, cabeza de cartel do BNG. Preguntámoslle polas propostas da formación nacionalista para a Galiza exterior.

  43. 38. Entrevista a Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común

    Comezamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas entrevistando a Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Galicia en Común. Nas próximas semanas iremos falando con outros candidatos e representantes de distintas forzas políticas galegas.

  44. 37. Auxe e caída (nas enquisas) de Boris Johnson

    Cando comezou a pandemia global, o goberno de Boris Johnson estaba nunha posición de forza. Mesmo nos primeiros meses da crise do coronavirus, a satisfación coa súa xestión era moi alta. Pero nas últimas semanas a opinión pública comezou a virarlle as costas ao goberno. No podcast desta semana...

  45. Regresar a Galiza este verán? Guía para non perderse

    Comeza o mes de xuño e moitos dos galegos emigrados comezan a planificar o seu regreso á casa polo verán. Loxicamente, este ano non é coma outro calquera. Neste podcast especial de hoxe falamos das recomendacións que fai o Goberno español á hora de organizar as vacacións, aclaramos os prazos e...

  46. 36. Falemos de saúde mental. Entrevista coa psiquiatra Violeta Pérez

    Unha das cousas que nos chamou a atención cando chegamos ao Reino Unido é o tratamento da saúde mental. Fálase dela máis abertamente, hai menos estigma e parece que se lle presta máis atención tanto na política como nas empresas. No podcast desta semana falamos deste tema coa psiquiatra infantil...

  47. 35. A vía británica cara o desconfinamento e entrevista á escenógrafa galega Ana Inés Jabares Pita

    A pesar do elevado número de mortos e infectados de Covid-19 que aínda rexistra por día, o Reino Unido comeza hoxe a levantar o pé do acelerador do confinamento. Farao máis a modo que o resto de Europa e entre críticas á errática política de comunicación do Goberno das últimas semanas. Neste...

  48. 34. Quen raio é Keir Starmer?

    No podcast desta semana falamos de Keir Starmer, o novo líder do partido Laborista. Logo dun logo período de primarias, este xurista londinense foi elixido para substituír a Jeremy Corbyn, pero ao estar o foco de atención no coronavirus, non sabemos demasiado sobre el.

  49. 33. Traballadores clave e inmigración no mundo posCoronavirus

    No podcast desta semana falamos de inmigración e traballadores clave. Por primeira vez en moito tempo, e a raíz da crise do coronavirus, estase recoñecendo o papel esencial de traballos como os de limpadoras, caixeiras, repartidores de comida ou traballadoras sociais en residencias de anciáns,...

  50. 32. Traballar desde a casa despois do coronavirus

    Agora que hai tanta xente traballando desde a casa, no Té con Gotas queremos explorar un pouco máis a cuestión do teletraballo. Falamos das nosas experiencias sen ir á oficina e entrevistamos a Alan Felstead, profesor na facultade de ciencias sociais da Universidade de Cardiff e que ten feitas...

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Un podcast de ideas. Presentado por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela. Feito en Galiza.

HOSTED BY

Té con Gotas

Frequently Asked Questions

How many episodes does Té con Gotas have?

Té con Gotas currently has 86 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Té con Gotas about?

Un podcast de ideas. Presentado por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela. Feito en Galiza.

How often does Té con Gotas release new episodes?

Té con Gotas has 86 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Té con Gotas?

You can listen to Té con Gotas on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Té con Gotas?

Té con Gotas is created and hosted by Té con Gotas.
URL copied to clipboard!