PODCAST · music
Tempada 3 - Folk in Trío
by folkintrio
Cuac FM é unha emisora de radio comunitaria que emite dende 1996 no dial 103.4 da cidade da Coruña, dende 2006 na web www.cuacfm.org, e dende 2011 en diversas aplicacións para dispositivos móviles, no Google Play, na Apple Store e no Nokia OVI.
-
20
Folk in Trío - Programa 3.43 - Fin de tempada. Repaso axenda setembro.
Rematamos a terceira tempada do programa cun gran repaso ós festivais, festas e curso de setembro, entre eles: - Falamos con Iago das festas da Poboanza. - Bruno presentounos a V Xornada de Música Popular de San Sadurniño que organizan os Berros do Castros. - Festival folk e romería Catalmibre no Burgo - Festival folk Aturuxo - Festival de la Luz Moita música neste remate!
-
19
Folk in Trío - Programa 3.42 - Post-Lorient, Budiño e Carlos Núñez... novidades festivaleiras!
Pois si, tocou volver á normalidade, e con isto falamos un anaco do Festival de Lorient, tamén dos concertos de Budiño e Carlos Núñez da Coruña e repasamos moreas de festas e festivais, como as de Noia, Río Belelle, Guísamo folk...
-
18
Folk in Trío - Programa 3.39 - Lorient 2013 e repaso a festivais
Estivemos falando co delegado galego do Festival Interceltique de Lorient, Pablo Seoane, da programación deste ano e do seu novo cargo. Logo falamos do vivido en Ortigueira e en Abellá co concerto de treixadura, tamén do Festigal, Revenidas e Festa da Fraga, estes días hai festa en todo o país!
-
17
Folk in Trío - Programa 3.38 - Conexión Ortigueira
Programa no medio do Festival de Ortigueira, do que falamos e co que conectamos para que nos contasen como se vivíu a xornada inaugural e que estivemos dando un repaso ós pratos fortes das noites de venres e sábado. Ademáis, máis anuncios e música.
-
16
Folk in Trío - Programa 3.37 - Baile, canto e música, Patrimonio da Humanidade. Romería do Lecer 2013
Acompañounos Álex Ávila, membro da A.C. Xacarandaina, para contarnos a proposta que se creou para que o baile, canto e música tradicional galego acade o recoñecemento de Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Tamén falamos con el das propostas de Xacarandaina para este fin de semana, a ROmería do Lecer, día da Muiñeira e a foliada. Ademáis, repasamos o cartaz de grandes festivais como o de Ortigueira, que comeza o vindeiro xoves 11 de xullo, e demos a axenda para este fin de semana.
-
15
Folk in Trío - Programa 3.36 - Logo do San Xoán... comeza a época festivaleira!
Moita música e moi variada neste programa. Terrabieita, Coanhadeira, Amancio Prada, bOnOvO, Session A9, Julio Pereira, Värttinä, Gaiteiros de Lisboa, Oysterband, De Dannan e Raparigos.
-
14
Folk in Trío - Programa 3.35 - San Xoán
Moita música nesta previa ó San Xoán, do que repasamos algúns concertos, pero sen esquecernos doutras citas como as Festas do Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela. Música de Radio Cos, LInho do Cuco ou Fuxan os Ventos para comezar un fin de semana dos sinalados.
-
13
Folk in Trío - Programa 3.34 - Festivais de Pardiñas e Ortigueira
Xa chega o verán, e non hai verán sen festivais! Primeiro falamos coa xente de Xermolos, organizadora dende hai 34 anos do festival de Pardiñas o primeiro fin de semana de agosto. Logo con Alberto Balboa, coordinador do festival de Ortigueira, que ademáis de falarnos da programación, contou o que ten en mente para espazos como Morouzos.
-
12
Folk in Trío - Programa 3.33 - Silvia Pérez Cruz e Javier Colina
Falamos ó comezo do programa con Silvia Pérez Cruz e con Javier Colina de cara ó final. Estes dous músicos forman un proxecto que ten como froito "En la imaginación", reinterpretacións de música popular cubana cun fantástico toque jazz. Silvia Pérez Cruz está en pleno apoxeo logo de gañar o Goya á mellor canción orixinal e publicar "11 de novembre", o seu 1º disco en solitario. Javier Colina é un dos grandes contrabaixistas do mundo, recoñecido por grandes artistas como Bebo Valdés, co que gravou un disco xunto con Diego "El Cigala". Nota: Tivemos erros técnicos, polo que non escoitaredes a axenda e alguns comentarios entre cancións na metade do programa.
-
11
Folk in Trío - Programa 3.32 - "The Tit-chet-teins" e novidades
Pois si, non puidemos deixar pasar por alto ese gazapo de ALberto N. Feijóo ó non saber pronunciar o nome de The Chieftains, Medalla Castelao xunto con Carlos Núñez. Ademáis, moitísimas novidades, concertos, adianto de Ortigueira, gañadores dos Premios Opinión e do concurso de música da A.C. Xacarandaina...
-
10
Folk in Trío - Programa 3.31 - Especial Letras Galegas
Neste especial das letras galegas, soaron: - Xan - Quempallou - Rosalía de Castro - Alalás encadeados - Uxía - Uxío Novoneyra - Danza da lúa en Santiago - Carlos Núñez - Federico García Lorca - Milladoiro - Quen puidera namorala - Álvaro Cunqueiro - Rosalía XXI - Alborada Jazz - Rosalía de Castro - Roi Casal - Din dan - Manuel María - Luis E. Batallán - Aí ven o maio - Florencio Delgado - Xabier Díaz - Pastora - Uxío Novoneyra - Maite Dono - O cravo - Rosalía de Castro - Atreu - Das quentes praias - Eduardo Pondal - Dhais - Pandeiretada de Nebra (Premios Opinión) - Amancio Prada - Adiós ríos, adiós fontes - Rosalía de Castro
-
9
Folk in Trío - Programa 3.30 - Os Feroces da Galgueira
Visítannos dende As Pontes "Os Feroces da Galgueira" para presentarnos os seus cursos e falar un pouco deles.
-
8
Folk in Trío - Programa 3.29 - Adiantos e Xa choveu!
Coñecemos os discos de Quodlibet e Os Carunchos, e ademáis un Xa choveu moi especial adicado ó mes de maio e ás nais!
-
7
Folk in Trío - Programa 3.28 - Linho de Cuco e Foliada de Melide
Chega Pablo "Pacior" de LInho do Cuco a presentarnos "As Alegrías", o terceiro traballo do grupo. Hai tempo para falar da programación da Foliada de Melide, como non!
-
6
Folk in Trío - Programa 3.27 - Fernando Barroso e Luís Peixoto presentan POP
Falamos con José Antonio Ferreira do concerto de Pradairo na Coruña, e logo tivemos en Cuac FM a Fernando Barroso e Luís Peixoto presentando o seu novo proxecto no que saíu o disco "Pop". Sorteo de cinco discos e cinco camisetas de Milesios. E todo en homenaxe a Henrique Otero, como non, unha aperta moi grande alá onde esté botando unha peza!
-
5
Folk in Trío - Programa 3.26 - Milesios presentan "Alén Mar"
Chegan de novo os Milesios a Cuac FM, e nesta ocasión para presentarnos o seu primeiro disco, "Alén Mar".
-
4
Folk in Trío - Programa 3.25 - Novidades e eventos próximos
Este programa foi de novidades e eventos: - Sergio Tannus presenta o seu "Son Brasilego" en FNAC A Coruña. - aCadaCanto actúan en Mera, Ferrol e Ribadeo. - Linho do Cuco presentan "As Alegrías". - Mapi Quintana & Elías García. - Adianto do disco de Radio Cos. - Pradairo volven á carga con concertos en Santiago e A Coruña. - No "Xa choveu!", recuperamos ás Raigañas de Cerqueda! - La Musgaña e Kepa Junkera no Toxos e Frores a finais de mes. - Foliada de Melide 2013, adianto da programación.
-
3
Folk in Trío - Programa 3.24 - Sergio Tannus e CdC Abril
Visítanos Sergio Tannus para presentar o seu disco "Son Brasilego", acompañado de Paulo Silva, percusionista da súa banda e Jéssica Beiroa. Grazas pola visita! Presentamos a programación de Abril da Casa das Crechas con Aitana Eanes.
-
2
Folk in Trío - Programa 3.23 - Os Melidaos
Chegan "Os Melidaos" a Cuac FM a presentar o seu segundo traballo discográfico chamada "Axudádeme a cantar", gravado en Abrigueiro Estudios con Arturo Vaquero.
-
1
Folk in Trío - Programa 3.22 - San Patricio, música irlandesa
No programa desta semana estivemos con música irlandesa, na honra do San Patricio, que unha vez ó ano non fai dano!
-
0
Folk in Trío - Programa 3.21 - Especial de voces de muller
Programa especial o día internacional da muller traballadora con cancións dos nosos oíntes e máis propostas que achegamos nós. Estreamos a sección "Xa choveu" onde amosaremos música que xa case quedou esquecida e non hai tanto tempo dela.
-
-1
Folk in Trío - Programa 3.20 - RIU e CdC Marzo
Estiveron con nós os compañeiros cataláns de RIU, e que ben o pasamos! Ademáis, tocaron en directo un par de temas, un pracer! Repasamos coa Casa das Crechas a programación de Marzo, que con nomes como Kepa Junkera, Pop ou Coetus enche de folk o máis senlleiro local galego.
-
-2
Folk in Trío - Programa 3.19 - Future Folk Orquesta, Erick Feles e moita variedade
Dende Agustín Sánchez a Talabarte, Milesios, Assembly Point, Malvela ou Quempallou, Luar na Lubre... moita música para acompañar as novidades da semana.
-
-3
Folk in Trío - Programa 3.18 - Ton e Son Editorial e Galician Amerika Linie
Falamos con Rafa Crespo da Editorial Ton e Son, que sacou un Cancioneiro Popular ben interesante! Logo conversamos con Quique Peón do novo espectáculo de Xacarandaina, Galician Amerika Linie, que se representará o sábado 16 no teatro Colón da Coruña.
-
-4
Folk in Trío - Programa 3.17 - Música variada e pequena visita de Milesios
Mentres estabamos con música moi diversa, dende KAN a Guadi Galego, pasando por Rumbadeira, Le Bottine Souriante etc, chegaron os compañeiros de Milesios a deixarnos o seu novo disco, e escoitamos un adianto!
-
-5
Folk in Trío - Programa 3.16 - Menaya folk e programación da CdC
Comezamos a falar coa Casa das Crechas, que cada mes nos contará a programación que teñen preparada. Logo Breogán Prego, falounos de Menaya Folk, que están venres 1 no Porriño e sábada 2 na Mardi Gras da Coruña. Luar na Lubre, RIU, Proxecto Sapoconcho, Contrastes, De Cuando las Piedras eran Tañidas, A Banda das Crechas... moita música neste programa!
-
-6
Folk in Trío - Programa 3.15 - Alén Mar, Sondeseu e Cántigas da Terra
Comezamos o programa coñecendo un pouco máis do segredo de Alén Mar, logo falamos con Alfonso Franco do concerto de Sondeseu no Teatro Colón, e dende Cántigas da Terra contáronnos a historia de Bao, homenaxeado no Centro Ágora.
-
-7
Folk in Trío - Programa 3.14 - RIU presentan "Amb Canya!"
Neste programa falamos con Ricard Ros, de RIU. Tamén escoitamos a Pradairo, Os da Ría, Extramonio e moitos máis.
-
-8
Folk in Trío - Programa 3.13 - Novidades e máis música
Artistas que soaron no programa: - Circio - Rui Veloso - Sés - Budiño - Sergio Tannus - Silvia Pérez Cruz - bOnOvO - Aló Django! - DOA - Bellón&Maceiras Quinteto - Marful
-
-9
Folk in Trío - Programa 3.12 - Repaso ao 2012 e recordo a José Marentes
Neste primeiro programa do 2013, quixemos dar un repaso ao vivido no pasado ano 2012, con atención ao Festival Interceltique de Lorient, e música de Quempallou, Maghúa, Vaamonde Lamas & Romero, Mel de Meiga, Buena Vista Social Club, Manran, Dan Ar Braz... e cun especial recordo ao gran gaiteiro José Marentes, que nos deixou o pasado 28 de Decembro.
-
-10
Folk in Trío - Programa 3.09 - Mel de Meiga
Presentamos con "Mel de Meiga" o seu disco Crecente. Formación liderada pola ex-concursante de Operación Triunfo Eva Carreras, chegan para dar moito no panorama folk galego.
-
-11
Folk in Trío - Programa 3.07 - AC Xirandela e moita actualidade!
Falamos con Iago, un dos fundadores da AC Xirandela, que van a impulsar a cultura galega dende terras madrileñas, e por exemplo levan a Maghúa a presentar o seu novo disco. Logo falamos de Mel de Meiga, de Fol de Veneno, Rodrigo Romaní...
-
-12
Folk in Trío - Programa 3.06 - Dez anos do Prestige
O 13 de Novembro de 2002 marcouse como un día negro na historia do país, e quixemos recordalo coas cancións que serviron para loitar o seu mal.
-
-13
Folk in Trío - Programa 3.4 - Queiroa
Estivemos coa Asociación de música e danza tradicional Queiroa de Sada, que nos presentaron a súa V Foliada do 3 de Novembro. Tamén moitas novidades como a xira de Maghúa, Noites de Tasca etc.
-
-14
Folk in Trío - Programa 3.3 - Moitos eventos e Banda Baile Asalto
Falamos con Miguel Tenorio do concerto da Banda Baile Asalto no Teatro Colón; tamén con Faragullas da súa Ruada e con Terra Meiga do seu festival de cantareiras. Sorteamos 3 discos de Maghúa e unha entrada doble para a Banda Baile Asalto.
-
-15
Folk in Trío - Programa 3.2 - Maghúa presenta Corricán e falamos de POP
Chegan os Maghúa a Cuac FM para presentarnos o seu primeiro traballo discográfico, Corricán. Tamén falamos con Fernando Barroso do proxecto Pop.
-
-16
Folk in Trío - Programa 3.1 - Nova tempada
Chegamos de novo ás ondas de Cuac FM con este programa no que presentamos a tempada con moita música que nos chegou nos últimos meses!
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Cuac FM é unha emisora de radio comunitaria que emite dende 1996 no dial 103.4 da cidade da Coruña, dende 2006 na web www.cuacfm.org, e dende 2011 en diversas aplicacións para dispositivos móviles, no Google Play, na Apple Store e no Nokia OVI.
HOSTED BY
folkintrio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...