Skip to content
Tempada 4 - Folk in Trío podcast artwork

PODCAST · music

Tempada 4 - Folk in Trío

by folkintrio

O 4 de outubro do 2013 comezamos a 4ª tempada do programa, nas ondas de Cuac FM.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Apr 28, 2022 · Source feed

Episodes

  1. Folk in Trío - Programa 4.26 - TRIM + Tonecho Castelos e Pablo Esqueira

    Falamos con Fernando Barroso do proxecto TRIM que sacou á luz xunto con Pedro Fariñas e Luis Peixoto. Tamén con Tonecho Castelos e Pablo Esqueira de "Nas Mariñas", o seu primeiro traballo discográfico.

  2. Folk in Trío - Programa 4.25 - Viaxe musical

    - Güintervan - aCadaCanto - The Tannahill Weavers - Xosé Manuel Budiño - Shooglenifty - Xuacu Amieva - Caxade - Marful - Oskorri - Deolinda - Os Cempés - Eliseo Parra

  3. Folk in Trío - Programa 4.24 - aCadaCanto

    Visítanos Xabier Díaz para presentar "a rosa d'Adina", o novo traballo de aCadaCanto. Con el falamos de música, da vida, da Coruña...

  4. Folk in Trío - Programa 4.23 - Andrés Penabad presenta "Crossing"

    Estivemos con Andrés Penabad presentando o seu disco "Crossing", ademáis da compaña de Fernando Barroso (productor do mesmo) e Pedro Fariñas (colaborador).

  5. Folk in Trío - Programa 4.22

    Música de Tabalarte, Sondeseu, Pablo Díaz, Andrés Penabad, Capercaillie...

  6. Folk in Trío - Programa 4.21 - Proxecto "Homenaxe"

    Falamos con Rubén Troitiño do proxecto "Homenaxe" que presentou nos últimos días. Anunciamos os finalistas dos Premios Opinión, axenda semanal... e música, coma sempre!

  7. Folk in Trío - Programa 4.20 - Festival solidario e premios da Pousada

    Falamos con Luis da Fundación Jóvenes y Desarrollo, que organiza un festival solidario con Tiruleque e César de Centi o venres 28 no Teatro Salesianos da Coruña. Falamos tamén con Suso da Pousada das Ánimas de Boiro, que nos contou a idea dos premios da sala.

  8. Folk in Trío - Programa 4.19 - Especial romántico

    Pois si, coincidindo o programa co San Valentín, especial romántico, que as cancións románticas son ben bonitas eh! Nordestin@s, Ardentía, Coanhadeira, Os Cempés, Rumbadeira, Xochilmica, Leilía, Berrogüetto, Sílvia Pérez Cruz, Marful e Paulinho Moska.

  9. Folk in Trío - Programa 4.18 - Variedade musical

    Xa que soaron dende Nelson Quinteiro a aCadaCanto, sen deixar de lado como é lóxico a Berrogüetto, que anunciaron a disolución nesta semana.

  10. Folk in Trío - Programa 4.17 - Seisporoito

    Presentáronnos os Seisporoito a súa proposta, que se estreará o vindeiro venres no Ágora.

  11. Folk in Trío - Programa 4.16 - Andrés Penabad e Samarúas

    Falamos con Andrés Penabad do seu disco "Crossing" que sairá en marzo. Logo enlazamos con Fernando Barroso, productor do mesmo e quen gravou os temas de Samarúas, grupo folk que nos presentou a súa proposta, cunha peza en exclusiva estreada no programa. Ademáis, chamadas que deron para conversar…

    more
  12. Folk in Trío - Programa 4.15 - Amunoga

    Falamos con Álvaro de Amunoga, interesante asociación de apoio á música novel galega. Coma sempre, moita máis música, novidades... e non tanto!

  13. Folk in Trío - Programa 4.14 - Resumo do 2013

    Comezamos o 2014 cun repaso a discos do pasado ano. Caxade, Tiruleque, Os Carunchos, Os Melidaos, Budiño, Radio Cos...

  14. Folk in Trío - Programa 4.12 - Nadal

    Pois chegou o nadal, como quen non quere a cousa... Falamos dos proxectos gañadores dos Premios Galegos da Música entregados o pasado venres 13 en Pontevedra, tamén escoitamos música diversa de Susana Seivane, Tiruleque... e non deixamos a oportunidade de reivindicar a nosa postura fronte a...

  15. Folk in Trío - Programa 4.11 - Nova Galega de Danza

    Falamos dos Premios Galegos da Música, tamén música de Toc Toc, Agasallo.eu... e conversa con Pedro Lamas e Jaime Pablo Dïaz, de Nova Galega de Danza.

  16. Folk in Trío - Programa 4.10 - Pablo Díaz presenta "Toc Toc"

    Recibimos a Pablo Díaz, que ven de sacar o seu novo libro-disco "Toc Toc", da Ed. Galaxia.

  17. Folk in Trío - Programa 4.9 - X Orgullo Gaiteiro, decembro en Crechas, Cultur.gal...

    Falamos con Lucía das actividades do X día do Orgullo Gaiteiro (Ourense), tamén con Aitana das actividades da Casa das Crechas e logo demos outro repaso ó Cultur.gal 2013. Houbo temo a anunciar concertos coma a presentación de Tiruleque en Fnac ou Espido no NCG dos Cantóns.

  18. Folk in Trío - Programa 4.9 - X Orgullo Gaiteiro, Cultur.gal, Crechas decembro...

    Neste programa falamos con Lucía das actividades do Orgullo Gaiteiro 2013. Tamén analizamos distintas actividades do Cultur.gal e falamos con Aitana Eanes da programación da Casa das Crechas para decembro. Máis actividades coma a presentación en Fnac de Tiruleque e Espido no NCG dos Cantóns.

  19. Folk in Trío - Programa 4.8 - Kepa Junkera presenta "Galiza"

    Recibimos a Kepa Junkera en Cuac FM para presentarnos o seu novo proxecto "Galiza", con selo FOL Música.

  20. Folk in Trío - Programa 4.7 - Elelelos e Oscar Ibáñez con Alen do Mar

    Falamos con Rubén Bastón, membro de Retrouso de Cela, da proposta de Elelelos, que xusto esa mesma tarde, e logo de menos dunha semana, chegou ó mínimo en Verkami. Tamén con Oscar Ibáñez, que nos presentou o Alén do Mar que o está a levar por tantos recunchos ca súa música.

  21. Folk in Trío - Programa 4.6 - Cultur.gal'13, e novidades discográficas

    Desfiamos un pouco a programación do Cultur.gal 2013, que será o 29 e 30 de novembro e 1 de decembro no pazo da Cultura de Pontevedra. Música de Tanxedoras, Tuenda, Carlos Núñez, Caxade, Solas, Radio Cos...

  22. Folk in Trío - Programa 4.5 - Foliada de Sada, Crechas novembro, Womex'13...

    Moita música neste día festivo. Falamos con Miguel Abad da VI Foliada de Sada dos Queiroa e con Aitana Eanes da programación da Casa das Crechas para novembro e tamén nos contou como se vivíu o Womex'13 en Gales e que se celebrará en Santiago no 2014. Música: - Eliseo Parra - O Fiadeiro - Fred...

  23. Folk in Trío - Programa 4.4 - Faragullas e Premios Galegos da Música

    Estivo con nós Patricia da AC Faragullas que fixo festa en Teixeiro o venres e sábado, e logo falamos dos Premios Galegos da Música, con música dos mesmos, das categorías tradicional, músicas do mundo, folque e infantil.

  24. Folk in Trío - Programa 4.3 - Programación da semana

    Escoitamos dende Milladoiro a Susana Seivane, pasando por Luis Emilio Batallán, Xiradela ou Berrogüetto, posto que este fin de semana está cargado de boa música!

  25. Folk in Trío - Programa 4.2 - Tiruleque

    Estiveron con nós Álex Fente e Luis García de Tiruleque, grupo coruñés que presenta o seu novo disco, "Mu!!"

  26. Folk in Trío - Programa 4.1 - RCFM, O Amanexo e Crechas

    Comezamos a 4ª tempada falando con Antonio Martínez de Radio Crónica Folk Musical sobre a súa nova tempada, logo estivemos ca A.C. O Amanexo que nos contou cousiñas da súa asociación, da Festa Amanexa e tamén tocaron un par de pezas en directo. Por último falamos con Aitana da programación da…

    more

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

O 4 de outubro do 2013 comezamos a 4ª tempada do programa, nas ondas de Cuac FM.

HOSTED BY

folkintrio

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Tempada 4 - Folk in Trío have?

Tempada 4 - Folk in Trío currently has 26 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Tempada 4 - Folk in Trío about?

O 4 de outubro do 2013 comezamos a 4ª tempada do programa, nas ondas de Cuac FM.

How often does Tempada 4 - Folk in Trío release new episodes?

Tempada 4 - Folk in Trío has 26 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Tempada 4 - Folk in Trío?

You can listen to Tempada 4 - Folk in Trío on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Tempada 4 - Folk in Trío?

Tempada 4 - Folk in Trío is created and hosted by folkintrio.
URL copied to clipboard!