PODCAST · society
Temporada 2 | Zeta
by AGalegaAudio
Espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que preocupan á xeración Zeta.
Episodes
-
Inés Vázquez, o French Dispatch, Ortiga e cen ferrados de alegría
Neste novo episodio do novo DCZ, conversamos coa emerxente autora de cómic Inés Vázquez, sometemos a unha exhaustiva, que non racional, análise 'A Cronica Francesa' de Wes Anderson, sometemos a un novo Cuestionario Zeta a Ortiga e tentaremos reconectar cos nosos maiores fiando outro dos seus…
more -
Somos precarios, entrevistamos a Mariagrep e poñémonos románticos coa lúa de xaneiro
Celebramos que non nos despediron en dez programas falando do precarios que son as artistas novas. A música Maríagrep pasa airosa o noso cuestionario e a romántica de Silvia ouvéalle á lúa de xaneiro. E xa en serio, a colaboradora Ana Abad preséntanos á compañía Vicus Teatro e Tamara Andrés fala...
-
A fotografía, 'O poder do can', Alba Mancebo e (non) espiñarse no monte
Novo episodio no que Lucía Junquera profunda no queé unha das súas disciplinas preferidas, a fotografía; Celia Riande examina 'O poder do can'; a xornalista Alba Mancebo supera conéxito o noso cuestionario e Silvia López aconséllanos: "se non queres espiñarte, non vaias ao monte". Ademais,...
-
Reflexión final
Na recta final dos 21 Días co Galego e máis fixemos resumo con centros participantes de Lugo, Ponte Caldelas, A Coruña e A Rúa.
-
Reflexións e lecturas
Analizamos as dúas semanas con centros de Cambre, Lugo, Marín e O Barco.
-
O mellor galego é o que se fala!
O mellor galego é o que se fala! Cantamos e contamos"
-
Viaxe ao redor do mundo co galego
No día 11 dos 21 Días co Galego e máis coñecimos o traballo do CEIP Sequelo (Marín).
-
Análise da primeira semana
Unha semana xa dos 21DCGemais! Analizámola con alumnado de Albeiros de Lugo, Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, Grande Obra de Atocha da Coruña e Manuel Respino da Rúa.
-
CEIP do Carballal de Marín
Nos 21 Días co Galego e Máis do Galicia por Diante coñecemos a proposta do CEIP do Carballal de Marín.
-
Os 21 días comezan moito antes!
Comezamos edición 2025 do 21 Días co Galego e Máis con tres CEIP, que rapazada máis espelida!
-
Guísomo Eu, desEncanto, Blanco Palamera e afalar con privilexios
Polos micros do Diario Cultural Zeta pasa Xiana Fole, integrante do colectivo Guísomo Eu, que se define como un "patio de xogo e espazo de creación". No Cineclub Z, queda patente o desencanto coa película 'Encanto'. Xoán Domínguez de Blanco Palamera trata de superar o Cuestionario Z e no Meu Dito...
-
Ariadna Silva, que faría mal Liliana Torres, Lidia Cao e a feira de Castroverde
Oitavo Zeta que iniciamos falando coa fotógrafa Ariadna Silva, analizando "Que hicimos mal?", a película dirixida por LIliana Torres; Lidia Cao afronta o Cuestionario Z e logo falamos da feira segundo nos foi nela tal como reza o dito deste episodio. Corren os coñecementos a cargo de Brais…
more -
Os NFT, 'Maridos e mulleres', Fer Areal e que non che escapen as ovellas
Novo episodio do Diario Cultural Zeta no que Lucía Junquera resolve os misterios arredor dos NFT; Celia Riande fálanos da súa serie favorita da TVG, 'Maridos e mulleres'; Fer Areal de Mundo Prestigio supera conéxito o noso cuestionario e Silvia López trae un refrán que ten que ver con ovellas....
-
Alberto Cernadas, Lady Di en 'Spencer', Xoana e unha reserva de risas para as choras
Comezamos o sexto Zeta falando co músico e produtor musical crnds, Alberto Cernadas, que nos guía entre os fíos que unen a electrónica co trad no panorama galego e na súa música en particular. No CineClub sometemos a exame 'Spencer', o retrato que fai Pablo Larráin dos días que Diana de Gales…
more -
Especial festa fin de curso
Diario Cultural Zeta número 31 (xa hai que ser desgraciadas para rematar unha temporada no número 31). Neste especial fin de curso, Lucía non tiña ganas de traballar e decide facer un repaso do que significou esta tempada para o equipo. Silvia trae un dos seus 'Meu dito' sobre as despedidas, pero...
-
Abrazar a diversidade, cousas estrañas, Bruno Arias e ter un xuíz na porta do estudio
Diario Cultural Zeta número 30, unha década estraña, se me preguntas. Tan estraña como as cousas que pasan en Hawkins, que entre demogorgons e as opinións de Celia, non levantan cabeza. Pero antes de comentar Stranger Things, Lucía déixanos unha reflexión sobre as etiquetas e facerse visible como...
-
A vida como farsa, Hydn e moitos lobiños que non paran de ouvear
Diario Cultural Zeta número 29 (non acabará nunca esta tortura?). Lucía foi ao teatro e, ademais de ter unha experiencia relixiosa, di que seica a vidaé farsa, teatro, comedia... e ponse intensa. Celia mantén o nivel de intensidade alto e comenta 'Cinco lobitos' no seu cineclube particular. Ser…
more -
Conversacións entre amigos, con Pradorúa, moitos turistas e o tempo que non espera por nós
No Diario Cultural Zeta 28, Lucía Junquera reflexiona sobre a turistificación e o perigo de acabar vivindo nun parque temático. Celia Riande convídanos ao seu cineclub para unhas 'Conversaciones entre amigos' e, de paso, xa chamamos a Pradorúa para sometela ao noso Cuestionario Z. Así, cando nos...
-
Ollos alleos, Heartstopper, Román Varela e tirar da manta
Diario Cultural Zeta número 27, que din os que saben queé a idade para morrer se te dedicas á música. Por sorte para todas, este non vai ser o último Zeta. Lucía Junquera comeza falando de fotografía (parece Silvia con Castroverde), concretamente de como retrataron Galicia as fotógrafas de fóra....
-
Correspondencia non privada, Cris Iglesias e contos de princesas e costureiras
Diario Cultural Zeta número 26 que comezamos falando dos diarios e correspondencias privadas dos escritores. Lucía pregúntase ata que puntoé preciso publicar esas cousas, pero a verdadeé que rexoubeiras somos todas. Pero isto non marca o tono do programa nin moito menos, porque a continuación…
more -
25 anos (programas) do Zeta, Alcarrás, Iris Gestoso e redes de peixes
25 PROGRAMAS DO DIARIO CULTURAL ZETA, DÁDENOS MAIÚSCULAS MÁIS GRANDES. Estamos emocionadas por chegar ao podcast número 25. Temos que comezar a celebrar estas cousas porque non sabemos canto máis imos durar. Neste importante aniversario contamos de novo con Anxo Fariñas (non hai quen se desfaga...
-
Carreiras de drags, Sara Riveiro e outra vez cos refráns de carros
Diario Cultural Zeta número 24, co que proximamente nos podería caer unha demanda dos Javis por difamación (nunca se sabe cando está no micro Celia Riande). Facémoslle o cuestionario Z á encantadora, marabillosa e talentosa Sara Riveiro. Silvia López conta o seu refrán número 199 sobre carros. E…
more -
Libros inútiles, Batman, Nico Carreira e apoloxía das aldeas
Diario Cultural Zeta número 23. Lucía Junquera ten moi claro cales son os libros imprescindibles para ser Lucía Junquera (a ver quen o sabe mellor ca ela). Celia Riande disponse a ver Batman, unha película na que non lle pagaron a Fenosa. No Cuestionario Zeta entrevistamos ao compañeiro…
more -
Censura, 'West Side Story', Anxo Fariñas sen cancelas e caldo de pitas vellas
Diario Cultural Zeta número 22. Lucía Junquera reflexiona sobre a censura, Celia Riande critica a nova versión de 'West Side Story' (sentímolo, Spielberg) e Silvia López fai caldo coa pita máis vella que ten na casa. No que vén sendo o Cuestionario, tristemente, contra a nosa vontade…
more -
A voltas coa filosofía, Camera Café, Brais Romero e linguas afiadas
Diario Cultural Zeta número 21 no que Lucía Junquera se perde filosofando sobre a vida, coma nos outros programas... Celia Riande comenta a película de Camera Café e provoca unha adicción ao café de avelá. Anxo Fariñas pon en cuestión ao excolaborador Brais Romero e Silvia López, a verdadeira...
-
AldraxeFest, Euphoria, Dani Costas e un dito sobre algo dun forno nun muíño, creo? Algo así era, si. Non? Si, si.
Lucía Junquera viña cunha cunca ben quente de té e non dubidou en derramalo na súa disertación sobre o certame de Benidorm, Eurovisión e todo o que o rodea. No Cineclub tocou serie, a serie de moda, Euphoria, e, ademais, na resaca do episodio máis cómico da tempada. Unha que non sae na banda…
more -
César Guerra, 'Vórtex', Esther Estévez e os demais piando tarde
César Guerra, 'Vórtex', Esther Estévez e os demais piando tarde
-
Míriam Fernández, os Jókeres do mundo, Olaxonmario e as cancelas do falar
Iniciamos o 4º episodio deste novo Diario Cultural Zeta tecendo a #EntrevistaZ á artesá do liño Míriam Fernández.; Celia continúa o seu #CineclubZ falando dos Jókeres (exacto, nós tampouco sabemos canto disto inventa sobre a marcha), e o creador de contido máis afamado de Boiro, Olaxonmario,...
-
Aaron Siebert, Dune, Afra Torrado e escatoloxía popular
Desta volta, achégase `polo Zeta o músico galego Aaron Siebert, provocamos ó equipo legal de Denis Villeneuve coa crítica de 'Dune', sometemos ó Cuestionario Zeta a Afra Torrado e mergullamos no máis escatolóxico do refraneiro popular galego para comprobar en que cancións, libros ou películas da...
-
Espazo Brétema, A peor persoa do mundo, Cibrán García e mollar o cu
Neste episodio exploramos a plataforma de artistas Espazo Brétema; coñecemos á peor persoa do mundo no filme de Joachim Trier, sometemos a Cibrán García, dos Boyanka Kostova, ó noso particula cuestionario e, na nosa ración semanal de refraneiro, mollamos o cu para gañarnos o peixe (gustarannos de...
-
Paula Pequena, cuestionando a Alex Arnoso e andar nas verzas
No programa número 11 do Diario Cultural Zeta coñecemos á pintora (e música) Paula Pequena, sometemos ao cuestionario z ao rapeiro Alex Arnoso e andamos nas verzas pero sen ver a horta. O colaborador Brais Romero preséntanos ao cineasta Jorge Boquete, e Sara Donoso lévanos á Fundación Igualarte....
-
Músicas Z galegas do 2021, crítica de sofá a "Don't look up" e a Tanxugueira Aida Tarrío
No noveno Zeta comezamos facendo un repaso das nosas músicas preferidas de todo o que o panorama zeta galego sacou neste 2021, recibimos no Cuestionario Z a Aida Tarrío e miramos ao ceo a ver se nos cae algo e nos leva a todos por diante dunha vez. Os coñecementos, menos mal, chegan da banda de...
-
Helena Salgueiro, 'Ons', Nuno Pico e o ben que nos sabe o mal
Este é o programa número 50, e ao mesmo tempo o primeiro. 50 programas escoitando a xente nova moi talentosa de todas as disciplinas artísticas. Pero tamén é o primeiro, porque queremos que este espazo sexa máis diverso, que sexa un lugar para a reflexión, e tamén para pasalo ben. Comezaremos...
-
Perder a voz, 'Turning red', Sabela e non durmir coa ansia
Vixésimo Diario Cultural Zeta! Lucía Junquera reflexiona sobre a voz, ou, mellor escrito, A Voz. A perda da propia, a perda das nosas voces preferidas, as voces amigas e alleas, as voces perfectas ou imperfectas e, o máis importante: todo o que poden transmitir. Celia Riande viu 'Turning Red'…
more -
O Día da Poesía, 'Nais paralelas', High Paw e apoloxía da honestidade
Lucía Junquera detense nas profundidades da poesía na celebración do seu Día Mundial. Celia 'Boyero' Riande enfróntase ó resto do equipo coa película de Pedro Almodóvar, 'Madres paralelas, que non lle gustou (indignante isto). High Paw afronta o Cuestionario Zeta de Anxo Fariñas, deixándonos en...
-
Lucía Junquera vs. Mark Zuckerberg, 'Belfast', Pauliña e 'Ós ricos ata lles paren os bois'
Lucía pechou a súa páxina de Facebook. Fíxoo, pero tívoa que volver abrir para poder usar Spoti. E como non lle saíu ben esa primeira actuación contra Mark Zuckerberg, chegou ós estudios da Radio Galega e sentou cátedra. Na sesión de Cineclub, Celia Riande acudiu unha vez máis ás salas para ver...
-
A cultura vs a guerra, 'Licorice Pizza', Alvite e desmontando refráns machistas
Poñémonos profundas reflexionando sobre as respostas que a cultura nos pode dar sobre situacións de conflicto. Celia foi ao cine a ver 'Licorice Pizza' e veu un pouco impactada e Anxo (dende o inframundo) cuestiona a Alvite, de Fo Records. En canto a Silvia, ven a desmontar todo o refraneiro...
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
Loading similar podcasts...