Skip to content
Temporada 3 | Zeta podcast artwork

PODCAST · society

Temporada 3 | Zeta

by AGalegaAudio

Espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que preocupan á xeración Zeta.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Apr 16, 2024 · Source feed

Episodes

  1. Heroes, viláns ou como construír un incel

    Como se constrúe un vilán? Era Sharpay a mala da película? Canto hai de incel material en Rick y Morty? Hoxe falamos da representación da maldade a través da televisión e da cultura popular, e no sistema de valores a sustentan. Colle un té e únete a reprobación da túa propia infancia.

  2. Especial dende o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto

    Diario Cultural Zeta 3x05: Cambiamos o Estudio 5 pola rúa neste programa especial dende o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. O primeiro en poñerse diante dos micros colocados ás portas do Teatro Principal (Santiago de Compostela) foi Pela del Álamo, director artístico do festival....

  3. Podcasteando que é xerundio, caimáns que saben a polo e o Pokemon español

    Diario Cultural Zeta 3X06: Cibrán Tenreiro volve triunfante ao Zeta como convidado. É o coordinador do curso de Podcasting que organiza a USC e axúdanos a descifrar un pouco mellor o medio. Debe de ser o Zeta dos reencontros, porque en 'Máis alá do Padornelo' atopamos unha muller que sobreviviu…

    more
  4. Unha pianista en Cracovia, xogos de mesa para romper a cabeza e 20 anos do Prestige

    Diario Cultural Zeta 3x10: Neste programa viaxamos a Ourense, onde está pasando uns días de vacacións Salomé Garrido. Veu comer castañas e logo marcha de volta para Cracovia, onde está estudando piano. Marta segue a voltas cos xogos de mesa e vainos poñer a partida complicada. 20 anosé toda unha...

  5. O Diario Cultural Zeta que vai mutando paseniño nun Pensando en ti Zeta

    Diario Cultural Zeta 3x12: ou teriamos que dicir Pensando en ti Zeta 1x01? É o que pasa cando Silvia advirte de que temos que escoitar máis á nosa xeración, e iso pasa por abri o noso whatsapp, os nosos micros, aos Zetas. Mentres artellamos iso, falamos de Hitchcock e Trouffaut nos Clázicoz con Z…

    more
  6. Avelaneiras frolidash e prestatgeria: vocabulario zeta que non vas deixar de empregar

    Diario Cultural Zeta 3x13: Neste programa viaxamos ata o máis profundo do universo Lamontagne & Pico Amperio. Alex Gándara convida ao dúo a conversar sobre a súa música e mesmo a tocar unha peza en directo en exclusiva para o Zeta. E Jesús Silva non se afasta dese mundo, e convida a Alba…

    more
  7. Troia e Lusco na gran pantalla, refráns que non son refráns e os mellores xogos indies do ano

    Diario Cultural Zeta 3x14: Poden os cans e os gatos levarse ben? Temos moitas opinións, pero Lucía conta nos seus Clázicoz con Z sobre a supremacia canina poñendo datos sobre a mesa: que Troia e Lusco son dous cans fantásticos. Silvia volve aos seus refráns pero ela di que non son refráns, máis…

    more
  8. Viaxes de ida e volta con Brais Lamela e Lucía Rodríguez e só unha certeza: algo queda

    Ás portas do Nadal e o lema de volver á casa, falamos con Lucía Rodríguez, pandereteira de Navia de Suarna residente en Barcelona que ten unha cousa clarísima, ela quere volver. Outro que volve polo Nadalé Brais Lamela. O autor de Vilalba e residente en Nova York está de xira en Galicia…

    more
  9. Surfeando libros (de Stefan Zweig) e o duro queé ser nós mesmas

    Comezamos o ano cunha longa recomendación de libros que nos fai Irene Pérez Lis, tamén coñecida en redes como Surfeando Libros. Con ela descubrimos as ferramentas para ser a perfecta bookstagramer. Nos Clázicoz con Z miramos o autor vienés Stefan Zweig, do que se fan 80 anos da súa morte e polo...

  10. Hackeo para dummies e a morte como estratexia de marketing

    Esta semana os de seguridade estaban de vacacións e deixaron pasar ao estudio do Zeta a unha hacker. Elaé Helena Castro, e en dous minutos revoluciona o programa coas súas habilidades para mercar cousas por internet e "saltar" o pagamento (cousa que non fai, claramente, porqueé unha hackerética.)...

  11. Sororidade, fungos asasinos e arte en Bristol (esa cidade a medio camiño entre Lugo e Ourense)

    As nosas saídas do Padornelo lévannos esta semana ata Bristol con Julio Pérez Ferreira, estudante de música. Pensabamos que Bristol estaba no Reino Unido, pero calquera que escoite a Silvia sae coa idea de que está na provincia de Lugo, incluíndo a Banksy e familia (coñecida novela de Álvaro...

  12. Conversas interxeracionais, galerías con moita luz e música en alta fidelidade

    Diario Cultural Zeta 3x19: Nunca sabes o que podes aprender escoitando aos demais. Andrea Maseda dirixiu o proxecto "(Re)conexión" e puxo diante da cámara a mulleres maiores da provincia de Lugo, e detrás da cámara a adolescentes dos mesmos concellos. As conversas interxeracionais non teñen…

    more
  13. ASMR pintando muros, resitadoras de rave, viaxe a Manchester e músicas mutantes

    Diario Cultural Zeta 3x20: Esta semana foi o Día da Ilustración e ademais de mirar para as pioneiras como María Antonia Dans, coñecemos a ilustradoras zetas como Lidia Cao e Helena de @cousasrarismas. Unha pendúrase das paredes polo mundo adiante e a outra fai ASMR cos lapis cada tintubro. Se...

  14. Pequeno álbum do Zeta en inverno: Ancoradas, Alcatrán, NY, Acariño e Maruja Roca

    Diario Cultural Zeta 3x21: Un pequeno álbum (dunha hora), zeta (por motivos evidentes) e en inverno (semi evidente vendo as temperaturas). Con cada entrevista, cada sección deste programa, conformamos un álbum fotográfico que quedará para o recordo, para as nosas netas, se a vida nos chega a…

    more
  15. O mellor croissant está en Portugal. Eseé o titular

    Non poderiamos resumir mellor o programa que anunciando que os mellores croissants do mundo están no Algarve portugués. Non o dicimos nós, senón Lucía Salceda (en quen confiamos plenamente), lectora no Centro de Estudos Galegos do Algarve e a quen visitamos esta semana en 'Máis alá do Padornelo'....

  16. De Alba Doval a The Rapants: como o "Unité d'Habitation" de Le Corbusier se transforma en Área Central

    Diario Cultural Zeta 3x25: O certoé que nos gusta pensar que o Zetaé como o "Unité d'Habitation", o concepto de Le Corbusier que concentra todos os servizos básicos que unha persoa pode precisar nun so edificio. Aquí temos de todo. O tema vén do libro 'Unidade' da poeta e tradutora Alba Doval…

    more
  17. Unha tempada delirante do A ao Z

    Todo o bo ten un final, e con este programa remata a terceira tempada do Zeta. Pero como foi un ano delirante, non baixamos o nivel nin o último día. Delirio Sketches presenta o seu proxecto e crowdfunding (a poñer cartiños) e Mercedes Pezón invade o estudio para falar do famoseo underground…

    more
  18. Banda sonora para novas rutinas, comics fotográficos e o novo de Zelda que non dá chegado

    Diario Cultural Zeta 3x02: Comezamos falando da chegada de setembro, do novo curso e da rutina. Estamos todos moi tristes, pero Silvia contactou cos mellores picadiscos para poñerlle banda sonora, desde os primeiros cafés no Maycar ata acordarse dos caseiros. Lucía trae un novo Clázico con Z, o...

  19. Músicas rarísimas, locutoras galas e un Tamagotchi para gobernalas a todas

    Diario Cultural Zeta 3x24: Comezamos marzo con tantas novidades no universo cultural zeta que Silvia intenta resumilas todas nunha novas sección, a sección das "Novazz", e aquí falamos de convocatorias para residencias literarias ou para ser xurado dun festival de cine. Alex Gándara vén para…

    more
  20. A utilidade dun Zeta inútil

    Hai quen di que a cultura non vale para nada, que non dá cartos basicamente. As millonarias que presentamos o Zeta aseguramos que noné certo. Vaia, cartos non dará, pero fainos máis felices. Neste Zeta coñecemos moitas cousas inútiles e felicísimas: nos Clazicoz con Z lemos a Nuccio Ordine e o…

    more
  21. Parecidos razoables: as Letras Galegas 2023 e a Fórmula 1

    Na semana das Letras Galegas, os Clázicoz con Z achégannos de xeito diferente á figura de Francisco Fernández del Riego. Viaxamos 'Máis aló do Padornelo' con Paula e Silvia Vilaverde, das que poderiamos dicir que viven en Polonia, pero máis ben andan encadeando viaxe tras viaxe. Non faltan…

    more
  22. Un programa de premio(s)

    Diario Cultural Zeta 3x27: Somos finalistas no Celtic Media Festival! Estamos moi contentas e algo incrédulas. Algo así lle pasa tamén á convidada de Sica Romero, porque cando a chamaron (dúas veces!) para anunciarlle que era a gañadora de dous concursos literarios pensou que era broma. Elaé…

    more
  23. O toque galego de Bruxelas e algún xogo de mesa mentres escoitamos música en euskera ou catalán

    Diario Cultural Zeta 3x09: Viaxamos ata Bruxelas con Cristina Amosa, que no 'Máis alá do Padornelo' pinta algo de cor unha cidade que parecía gris. E non abandonamos a diversidade cultural, porque traemos un monte de recomendacións de música, podcast e creadoras de contido en euskera ou catalán....

  24. Un fiandón zeta no Bierzo, os Sims 5 e críticas musicais tan alucinantes como despiadadas

    Diario Cultural Zeta 3x07: Neste programa montamos un fiandón xusto no Padornelo. Alíé por onde se move O Fiandón Berciano, unha asociación de xente moza que axita a cultura e o ocio da comarca. Están deste lado dos marcos?, eles nos dirán! Nos Clázicoz con Z, alucinamos con 'Auambabuluba...

  25. Un relato de relatos, videoxogos para o outono e conversas clásicas para espantar o fascismo

    Diario Cultural Zeta 3x04: Que pasaría se xuntamos os títulos de Arancha Nogueira, Antía Yáñez, Carlos Lixó, Sleepy Spice e moitas outras? A Silvia López aparecéuselle un relato. Pero, para as cousas importantes, acudimos aos 'Clázicoz con Z'. Lucía Junquera recorre ás 'Entrevistas con historia'…

    more
  26. Unicornios lingüísticos, o hacker do GTA VI e falar galego en Londres

    Diario Cultural Zeta 3x03: Unicornios lingüísticos son Inaciu Galán e Iruñe Arkakuso, dous youtubeiros e creadores de contido na rede en linguas non hexemónicas. El en asturiano e ela en euskera. E para lingua non hexemónica, o inglés. Chamamos a Sol Mussa, artista viguesa en Londres, que nos di...

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que preocupan á xeración Zeta.

HOSTED BY

AGalegaAudio

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Temporada 3 | Zeta have?

Temporada 3 | Zeta currently has 34 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Temporada 3 | Zeta about?

Espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que preocupan á xeración Zeta.

How often does Temporada 3 | Zeta release new episodes?

Temporada 3 | Zeta has 34 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Temporada 3 | Zeta?

You can listen to Temporada 3 | Zeta on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Temporada 3 | Zeta?

Temporada 3 | Zeta is created and hosted by AGalegaAudio.
URL copied to clipboard!