PODCAST · sports
Todos os podcast | A crónica deportiva
by AGalegaAudio
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
-
1000
A penaltis 09-09-2026
Coa participación de Yelko Pino, un dos capitáns do Pontevedra, con "A Gaivota" Catanha e con Miguel Sanz, escritor de "O renacer do Dépor dende o barro".
-
999
A penaltis 07-09-2026
oa participación do xornalista deportivo Andrés Weiss e de Dani Morenza, creador de contido depotivista que nos expón as sensacións da afección sobre o equipo coruñés.
-
998
Diario cultural fin de semana 05-09-2026
Butaca Zero estrea "A velada de Londres". Falamos co director da obra, Xavier Castiñeira. Interesámonos pola oferta de dous festivais. A do Plataforma de artes performativas cóntanola o seu director Iñaqui Martínez Antelo; a do Festival Rir de curtas de humor, o tamén director Oscar Doviso. Moncho Lemas comenta a preselección de películas españolas para a candidatura dos Oscar. Carlos Meixide fálanos do libro de Siri Hustvedt que traduciu ao galego, "Historia de fantasmas". Afonso Becerra proponnos ver o espectáculo"Ensaio técnico".
-
997
A penaltis 01-09-2026
Con Patricia Cazón, xornalista do diario As que cobre ao Atlético de Madrid, David Bernabeu, xornalista catalán e Gonzalo Ronchim, prestixioso xornalista uruguaio.
-
996
-
995
-
994
-
993
A crónica deportiva 19-08-2026
O xogador do Celta, Hugo Gonzalez, regresa a Valencia , a súa cidade natal: "Non vou a celebrar o gol se marco, pero ogallá marque". Repasamos o resto da actualidade do Celta con Víctor Lopez. No Dépor continua a fenda solcial. Previa do Atlético- Málaga e as presentacións de Rodri no Barça e de Mourinho no Madrid. Entrevista ao director deportivo do Club Ourense Baloncesto, Sergio Perez Angagnostou.
-
992
A crónica deportiva 18-08-2026
O Deportivo non pasou do empate ante o Elx na súa estrea ligueira. Gran debut de Aubameyang ,con gol. Falamos coso noso analista, Jose Angel Salgado "Peli" . Última hora do Celta con Víctor López. Entrevista co director deportivo do Breogán, Tito Díaz. O club lugués celebra esta temporada o seu 60 aniversario.
-
991
A crónica deportiva 13-08-2026
Comentamos o aprazamento do primeiro partido de liga do Celta, que se disputará o 27 de agosto ás 20:30. A Liga decidiu que non se pode xogar este domingo polo mal estado do céspede de Balaidos. O noso analista Jose Angel Salgado "Peli" repasa a actualidade do Dépor. Escoitamos ao técnico do Celta Fortuna,Fredi, antes do partido contra o Cádiz. Adrian Ben e Yulenmis Aguilar dannos as súas impresións antes de competir nos europeos de Atletismo. Entrevistamos a Santiago Picallo, presidente do Cisne e organizador do Torneo Interpontes de balonmán.
-
990
Toponimia: de Cospeito a Viana do Bolo
O especialista en toponimia Vicente Feijoo explícanos nesta entrega de onde proceden os nomes de localidades como Cospeito, Moeche, Vimianzo, Vilanova de Arousa, Toen, Leiro ou Viana do Bolo.
-
989
A crónica deportiva 03-08-2026
Abdooulaye Faye é novo xogador do Celta. O central senegalés de 21 anos chega cedido do Bayern Leverkusen. Falamos co analista da TVG, Tito Ramallo, do amigable do Deportivo ante o St Pauli e da actualidade do conxunto branquiazul. Repasamos as verbas de Rafael Louzán no Tarde Piache da TVG e escoitamos as voces dos amigables da fin de semana dos equipos galegos. Analizamos a fichaxe do Basquet Coruña, Tomas Dinsa, co compañeiro de Gran Canaria Basker News, Carlos Sanchez.
-
988
A crónica deportiva 30-07-2026
O Celta pechará a temporada cunha débeda dedez millóns de euros. Comparece Marián Mouriño. Angeliño Tasende de camiño ao Dépor. Escoitamos aos adestradores do Lugo e do Pontevedra tralos amigables.
-
987
A crónica deportiva 28-07-2026
Aubameyang presentado no Deportivo. As manías do céltico Miguel Rodríguez , agora no Alavés, antes dos partidos Dimite a directiva do Atlético Guardés. Comeza a traballar o BM Cangas. Falamos con Quique Domínguez.
-
986
Camiño do exilio
En xullo de 1936 estala a Guerra Civil e Florencio, destacado republicano e galeguista, debe fuxir de Valdeorras, unha comarca na que a represión falanxista foi moi forte. O seu exilio pasa por Portugal, Cataluña, Francia e finalmente América, onde chega en 1939 no barco Ipanema. Neste capítulo escoitaremos a odisea que supuxo a súa fuxida e como foron os seus primeiros anos en México, nas voces de Ricardo Gurriarán, Alonso Montero, Chus Lama e Víctor Freixanes.
-
985
'Domadora de serpes'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEE Saladino Cortizo
-
984
'De volta en volta'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Manuel Rodríguez Sinde
-
983
'Unha regueifa a Don Florencio'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Milladoiro
-
982
'Poemas Crioulos'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Nicolás del Río
-
981
'A treboada de Corgomófilo'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Plurilingüe As Solanas
-
980
'A hora de Galicia'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEP Dr. Fleming
-
979
'Choiva ou pluie'
Podcast elaborado polos alumn@s da EOI da Coruña
-
978
'Camiño andado'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel
-
977
'Entrevista a Francisco Fernández del Riego'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Víctor Sáenz
-
976
'Paco del Riego e o Galician Program'
Podcast elaborado polos alumn@s do CPI Plurilingüe de Vedra
-
975
'Lembranzas galeguistas'
Podcast elaborado polos alumn@s do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
-
974
'Entre sopas e versos'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEE Saladino Cortizo
-
973
'Teoría do xogo'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP do Foxo.
-
972
'Luísa Villalta. Veladas poéticas'
Podcast elaborado polos alumn@s do CEIP Nicolás del Río.
-
971
'Scherzo_RAP'
Podcast elaborado polos alumn@s do CMUS Profesional de Vigo.
-
970
'Mulleres no Día das Letras Galegas'
Podcast elaborado polos alumn@s do CPI Manuel Suárez Marquier.
-
969
'Luísa Villalta' (II)
Podcast elaborado polos alumn@s de 3º e 4º da ESO do IES Arcebispo Xelmírez.
-
968
'Luísa Villata. Poesía e música'
Podcast elaborado polos alumn@s de 5º e 6º do CPI Manuel Suárez Marquier
-
967
'Luísa Villalta' (I)
Podcast elaborado polos alumn@s de 2º Bacharelato do IES Arcebispo Xelmírez
-
966
Gebreselassie vs Tergat, 10000m en Sidney 2000
Neste epsidio lembramos a mellor oportunidade que tivo o keniano Paul Tergat de superar a Haile Gebreselassie nunha final. Os dous foron os grandes dominadores do fondo na década dos 90 e principios do século XXI. Gebreselassie sempre batía nas grande finais a Tergat. En Sidney Tergat rozou a fazaña, pero Gebre superouno na meta por menos dunha décima, a menor diferencia que houbo en Sidney entre ouro e a prata entre todas as carreiras de volta ao estadio.
-
965
Kip Keino, México 1968 1.500m
Trasladámonos nesta ocasión a uns dos mellores Xogos Olímpicos da historia e tamén a uns dos xogos con máis contido reividicativo. Mexico é lembrada polas protestas dos atletas norteameiranos, polos numerosos récords mundiais e pola innovación na técnica dalgunhas probas, como no salto de altura. Pero neses xogos un keniano intentou levar tres ouros e 10.000, 5.000 e 1.500. Kipchogue Keino chegaba a México coa idea de levar tres ouros pero enfermou días antes, unhas pedras na vesícula frearon a súa fazaña. Non puido co 10.000, foi prata nos 5.000 e, a pesar de que os médicos lle aconsellaron non seguir correndo, apareceu na final dos 1.500 para lograr un dos ouros máis claros da historia do mediofondo mundial
-
964
Maricica Puica, Os Ánxeles 1984, 3.000m
Viaxamos ata os Xogos Olímpicos de 1984. Un xogos marcados polo boicot do bloque dos países do leste. Nese contexto unha atleta rumana, Maricica Puica, levou contra prognóstico a final dos 3.000m femeninos. Unha final chea de drama para os anfitrións trala caída da gran favorita, a estadounidense Mary Decker á metade da carreira.
-
963
David Rudisha, Londres 2012, 800m
Repasamos neste capítulo a mellor final da historia no mediofondo curto. David Rudisha deixou un récord mundial abraiante, baixando de un minuto e 41 segiundos, nunha final na que todos os participantes entraron en menta en menos de 1 minuto e 44 segundos.
-
962
Os catro ouros de Jesse Owens e Carl Lewis en Berlín 1936 e os Ánxeles 1984
Analizamos neste capítulo a fazaña que lograron dous estadounidenses en dous Xogos claramente marcados polo contexto político. Jesse Owens irrumpiu na posta en escena de dominio alemán que planificara Hitler no 36 para levar catro ouros, 100m, 200m, 4x100m e lonixtude. Varias décadas máis tarde outro estadounidense, Carl Lewis. tamén de Alabama, igualou esta fazaña ao levar os catro ouros nas mesmas probas nos Xogos Olímpicos do boicot do Leste, nos Ánxeles 1984.
-
961
Os dous ouros de El Gerrouj en Atenas 2004. Fin da maldición
Neste capítulo repasamos con Ángel Sesar, autor do portal Historias del atletismo, os dous ouros que gañou Hicham El Gerrouj en Atenas 2004. O atleta marroquí tras perder nos anos anteriores só dúas carreiras de 1500, as finais de Atlanta e Sidney, levou a vitoria nos 1.500 e nos 5.000. Con isto rompeu o que parecía unha maldición nos xogos para el e, ademais, reeditou a fazaña do finés Paavo Nurmi, gañar esas dúas probas nuns xogos, 80 anos despois.
-
960
Lee Evans, México 1968, 400m
Neste episodio analizamos con Ángel Sesar, autor do portal Historias del atletismo, unha das finais máis emblemáticas nos 400 metros lisos. Lee Evans levou a vitoria en México 1968 nunha final de récord, cargada de éxito e reivindicación a partes iguais.
-
959
Sydney Maclaughin, Tokyo 2020. 400mv
Neste capítulo repasamos o que foi seguramente a mellor final feminina de 400 metros valados de todos os tempos, a vitoria de Sydney Maclaughin nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020
-
958
Usain Bolt, 9 ouros que quedaron en oito
Analizamos neste episodio os nove ouros de Usain Bolt nos Xogos Olímpicos e como anos máis tarde se converteron en oito. Afondamos no carácter, no carisma e a nas anécdotas vividas polo velocista máis rápido da historia.
-
957
Athing Mu, Tokyo 2020, 800 metros
Neste capítulo volvemos aos Xogos de 2020 para fixarnos nunha das mellores finais de 800 metros feminino de todos os tempos. Repasamos con foi a vitoria abraiante da estadounidense Athing Mu nunha proba sobrada de xuventude e talento.
-
956
Compostela Lírica
Visitamos os ensaios do certame Compostela Lírica, que reúne cantantes menores de 35 anos chegados de todo o mundo. Escoitamos a Inés López e Júlia Arquillo, dúas das participantes., e a Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera de Santiago, a entidade que promove o concurso.
-
955
Astarot e Mileth
Escoitamos con Patty Castro dúas bandas galegas de metal que se inspiran na tradición galega na súa música: os morracenses Astarot e Mileth, afincados en Vigo.
-
954
-
953
A crónica deportiva 23-07-2026
Lorenzo Amatuzzi presentado no Dépor. Fredi Álvarez fala despois do primeiro amigable do Celta Fortuna. Analizamos con Antonio Pérez Caínzos as fichaxes desta mañá no Obra e no Básquet Coruña. Prades colle as rendas do At Guardés.
-
952
A crónica deportiva 22-07-2026
No Celta, Javi Galán sofre unha rotura de fibras. No Deportivo, presentado Alberto Rodríguez á fronte do feminino. No Lugo, Jorge González rompeu unha deda e pasará polo quirófano. Falamos coa central tudense do Guardés , Silvia Leiras.
-
951
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...