PODCAST · society
Todos os podcast | A tarde
by AGalegaAudio
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
-
619
A tarde 03-07-2026
Trasladámonos a Sergude, concello de Boqueixón, para asistir a oitava edición de GALIFOREST Abanca, un certame centrado no sector da madeira que nesta oitava edición conta coa participación de 125 expositores e na que están representadas case 400 empresas de 31 países. O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos, acláranos que non se debe demonizar ningunha especie, que a superficie do eucalipto está acorde coa demanda aínda que avoga por valorizar outras especies, como as frondosas. Fernández Ríos suliña os avances en automatización e robotización, o que mellora o rendemento do sector e as condicións de traballo. Falamos con varios expositores e tamén con autónomos do sector e con alumnos de obradoiros do forestal, que observan e comproban o manexo da maquinaria máis moderna: dende procesadoras a grúas intelixentes. Moita xente prevé viaxar ó estranxeiro este verán e, dependendo do destino, resulta crucial contratar un seguro de cobertura sanitaria. O voceiro da OCU, Enrique García, aconsella contar cunha cobertura de ata medio millón de euros se nos desprazamos a países como Estados Unidos ou Xapón, onde non existe asistencia pública e a sanidade privada ten elevados custes. Recomenda revisar a letra pequena e comprobar a cantidade destinada a repatriación. Pablo Vázquez, colaborador e autor dun blog de viaxes, fálanos do éxito de Galicia como destino turístico, con 8 millóns de viaxeiros o pasado ano. Vázque recomenda ós visitantes cambiar horarios e madrugar, buscar paraisos alternativos ós lugares máis trillados, descubrir recunchos do interior e, sobre todo, coidar os lugares que visitan.
-
618
A tarde 29-06-2026
Os piercings seguen estando de moda? Hai moita xente que se arrepinte e pide que lle quiten esas pezas metálicas? O profesional de Ethan Clay, un negocio que funciona en Santiago de Compostela, resolve moitas dúbidas: o mellor método para facer un piercing, agulla ou pistola; os puntos do corpo máis sensibles...Klay Cornejo ofrécenos recomendacións para que non haxa infeccións nin rexeitamento. Coincidindo co Mundial de Fútbol falamos dun modelo estatístico denominado "goles esperados". Carlos Lago, catedrático e director do Instituto de Investigacións de Ciencias do Deporte de Vigo, explica cómo as análises de deceas de lanzamentos e o cruce de datos sobre a súa calidade permiten facer estimacións sobre a probabilidade de gañar ou perder, e axudan a tomar decisións durante os partidos. Lago asegura que tamén hai que contar coa sorte. Conversamos con Gabri Fuentes e Carlos de Castro, dous dos integrantes de Acougo, unha banda de post hardcore nada en Pazos de Borbén que mestura pop, metal, guitarras, berros e letras sobre a nostalxia. Descubrimos cómo é o traballo dun localizador de exteriores en conversa con Daniel Villalba, que iniciou a súa traxectoria con películas rodadas en Galicia: A lingua das volvoretas e Mar adentro. Achegámonos ó Castelo de Vimianzo, a súa historia e ó pasado da comerca co noso colaborador Manuel Rial. Sabemos máis sobre o polvo, a súa producción, os prezos e os trucos na súa elaboración con Javier Barba, na sección "Enchemos o bandullo". Moncho Lemos axúdanos a repasar as cancións do verán.
-
617
A tarde 26-06-2026
Aumenta o número de rapaces e mozos que reciben clases particulares. No curso 23-24 os españois gastaron 2.800 millóns de euros en axudar ós fillos a levantar as notas e evitar suspensos. Son necesarias as pasantías? Raquel Hermida, da academia A Mariña de Burela, argumenta que as familias non teñen tempo para axudar ós rapaces e, ademais, queren nenos máis preparados de cara o futuro. Hermida comenta que tamén hai clases de reforzo durante o verán en distintas materias co fin de incrementar a preparación dos alumnos e a súa confianza para o próximo curso. Achegámonos á traxectoria da científica galega María Tarsi Carballas, falecida en maio. Con retazos de varias entrevistas, coñecemos a paixón desta investigadora nada en 1934, que foi referente internacional no estudo dos solos; as súas críticas á falta do coidado dos montes galegos; e tamén os seus consellos ás novas xeracións. En conversa co seu director, Antón Lopo, coñécemos as razóns polas que pecha a editorial Chan de Polvora e o balance que fai deste 10 anos publicando poesía. Un fin de ciclo que celebrará a editorial en Compostela, cun recital de 20 poetas e a presentación dun novo título de poesía LGTBI+. Este verán lanzarase ó espazo o telescopio Nancy Grace Roman, que suporá o inicio dunha nova era de observación do universo ó ter un campo de visión cen veces superior ó Hubble. O colaborador e astrónomo Borja Tosar adiántanos as potencialidades deste aparello para estudiar a enerxía escura e cazar tanto exoplanetas como novas galaxias.
-
616
A tarde 24-06-2026
Estamos de resaca trala festa de San Xoan, polo que lle pedimos ao noso boticario de confianza, Iago Regueira, que nos recomende algúns remedios para levala mellor. Falamos con Alfonso Criado, químico da Universidade da Coruña que participa nun proxecto dirixido a desenvolver ferramentas capaces de identificar sinais tempranas da endometriose, unha enfermidade que sofre unha de cada dez mulleres. O profesor compostelán Jacobo Santoro preséntanos o seu libro "El superchute de Enzo". Facemos un rota no Courel polo río Lor con Guillermo Díaz para coñecer á antiga mina de ferro de Paradela. Acudimos a Tinta Vella, o refuxio creativo de Alex Guillén en Vigo, para tomar algo e descansar pintando. Marcos Vázquez, do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, explícanos como combater os fungos nos cultivos. Escoitamos "Bla, bla bla", o novo disco de Zenzar, a banda de Cerceda que canta en galego e ten xa 37 anos de vida. Ademais, Nusca Chousa proporciónanos os seus consellos para coida-la horta.
-
615
A tarde 23-06-2026
A normativa europea sobre os smartphones que entrará en vigor no 2027 vai provocar cambios importantes ou non? Abelardo Carvajales, técnico de móbiles de Phone Factory, expón que a batería, seguida da pantalla, é o principal problema dos móbiles e considera que case sempre compensa arranxala en lugar de comprar un aparello novo. Este técnico deíxanos algún consello para lograr que dure máis tempo. Falamos dun gasto moi importante na economía doméstica, a factura do gas e da luz, co secretario da Unión de Consumidores de Galicia. Miguel López asegura que os prezos se ven moi afectados pola guerra de Irán e pola vaga de calor. Este experto recomenda a Tarifa Regulada para o gas, pero aconsella acudir á comparadora da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia para analizar qué tarifa de electricidad nos interesa máis tendo en conta os nosos hábitos de consumo. Coñecemos cómo funciona un Punto Limpo Móbil no concello de Valga. O seu responsable, Joel Castro, explica que se recollen ata 14 tipos diferentes de refugallos e salienta que facilitar esta tarefa ós veciños supón un paso máis no coidado do medio ambiente. A colaboradora Mónica Maneiro preséntanos a mostra que se pode ver este verán na Fundación MOP, unha exposición sobre a fotografía de moda tan personal do italiano Paolo Roversi. Achegámonos ó traballo audiovisual realizado por 20 adolescentes do Milladoiro para cambiar a narrativa sobre este núcleo do concello de Ames en conversa cun dos participantes, Manuel Verde, e con Sonia Díaz, da asociación Agareso.
-
614
A tarde 22-06-2026
Coas altas temperaturas apetece levar un calzado fresco e moitas persoas apostan polas chanclas. Son saudables? Pódense levar sempre? A podóloga Sara Touceda explica que en praias e piscinas protexen os pes de infeccións e feridas, pero non se debe abusar. A falta de estabilidade e a escasa suxección deste calzado pode provocar tensións e mesmo patoloxías se hai un uso excesivo nos meses de verán. É o Día Mundial da Muller Sen Roupa Interior e María Luisa Ríos, que ven de xubilarse tras 44 anos na mercería Luisa de Santiago de Compostela, expón con qué prendas resulta mellor non levar roupa interior. Tamén nos comenta os diferentes tipos de tangas e bragas, o material máis axeitado para estas prendas e as recomendacións de lavado. Conversamos na distancia con Esteban Batallán Cons, primeiro trompeta na Chicago Symphony Orchestra, recoñecido cunha das medallas Castelao 2026. Batallán cóntanos o seu día a día e a súa traxectoria dende que entrou, con 6 anos, na Escola de Música de Barro, animado polo seu pai. A colaboración entre a marca Pull&Bear e o Concello de Camariñas deu como resultado unha colección cápsula de roupa e complementos con encaixe de Camariñas, posta a venda o pasado venres. Dolores Lema, directora da mostra presentada en Madrid, cóntanos esa simbiose entre o liño e o encaixe e o seu obxetivo prioritario: achegar o traballo artesán á xuventude.
-
613
The Warsh Era Begins
On this episode of Power and Market, Ryan, Connor, and Tho discuss the first FOMC meeting under new Fed Chair Kevin Warsh. Out? Forward Guidance. In? Task forces! What should we take away from Warsh's first time addressing the financial press, and will his tenure be an improvement from the past, or present new dangers to the public?
-
612
A tarde 12-06-2026
As verbenas e os festivais multiplícanse en Galicia coa chegada do bo tempo e especialmente coa entrada no verán. O director do Combo Dominicano, Cirano Núñez, fálanos do boom da verbena galega fora da nosa comunidade e da experiencia desta banda nos 20 anos transcorridos dende a súa chegada a Galicia. Coñecemos tamén as novidades da xira "Energy Tour", que levará os ritmos caribeños por toda Galicia este verán. O artista Mondra e Tome, un dos 7 integrantes da banda De Ninghures, preséntanos o resultado da súa colaboración, a canción "Que se nos faga de día", un tema que se pode escoitar nas plataformas dixitais e se albisca como un dos éxitos do verán galego. O libro "Los fabuladores" cabalga entre a realidade e a ficción para rememorar un suceso da historia do século XX extraordinario pero esquecido: o secuestro dun trasatlántico no Caribe por un grupo de exiliados españois en 1961. O seu autor, José Ignacio Carnero, expón as peculiaridades desta acción e de 2 galegos protagonistas, o poeta Pepe Velo e o comandante Jorge de Sotomaior. O director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, expón ó éxito de sincronizar unha bailarina e un brazo robot para montar unha peza de baile, encargo dunha empresa tecnolóxica. O coreógrafo quere ampliar esta experienca, pero de momento traballa no espectáculo "Ritu", inspirado no Entroido, que se estreará tra-lo verán.
-
611
A tarde 11-06-2026
Coa chegada do calor intenso moita xente opta pola praia pero outra moita soña con ter unha piscina na casa. Nesta altura do ano ainda é posible contratar a construcción dunha piscina para o verán? Cánto nos pode custar? O xerente do Grupo Spazi Aguasport, de Carral, respóndenos e lanza recomendacións sobre o seu mantemento. A banda coruñesa Apolo 18 preséntanos o seu primeiro EP, titulado "Intentos de facer vida". O seu baixista, Antón Lorenzo, coméntanos a experiencia dos concertos e da súa nominación como "Mellores artistas emerxentes" nos premios Martín Codax. Entramos na granxa de porco celta CienPorCel, situada nunha pequena aldea do concello ourensán de Cenlle. Martín Touceda, impulsor desta explotación xunto a súa parella, cóntanos cómo xurdiu a idea de trasladarse e vivir do rural. Con este produtor aprendemos curiosidades do porco celta, a aportación deste animal ó coidado do territorio e o método artesanal co que elaboran distintos produtos que están no mercado: embutidos, carnes, afumados, crema de queixo, pates... Coñecemos os proxectos de cooperación internacional que desenvolven persoas da comunidade universitaria galega coa estudante da UDC Elena Casal, que nuns días viaxará a Honduras para traballar en dúas áreas rurais. O escritor e guionista Manuel Darriba preséntanos o seu novo libro, "A identidade", un conxunto de relatos que falan sobre os conflitos, circunstancias e relacións que nos forman como individuos.
-
610
A tarde 10-06-2026
As excavacións no castro de Montes Claros, en Laracha, ofrece novas sorpresas. Puri Soto, responsable do estudo arqueolóxico, coméntanos os traballos realizados na última campaña, como a excavación nun barrio extramuros e a aparición dun edificio grande circular con tumbas. Esta arqueóloga asegura que Montes Claros cobre o baleiro existente ata agora na investigación de castros dos ártabros e brigantinos. Paula Núñez, coñecida en Instagram como @paupoesia preséntanos o seu primeiro libro, "Te echo de menos. Ven y hazme poesía". Desvélanos que este poemario ten como fío condutor "o sentir pola vida" e que transita pola feminidade, a vulnerabilidade, o roce, a senbilidade e todalas emocións. No Día Internacional da Miopía achegámonos a este problema da vista, que sofren 4 de cada 10 persoas e que aumenta cada vez máis na poboación moza. O médico e colaborador Norberto Proupín explica os tipos de miopía e os factores que poden influir e sumarse á xenética: a lectura con luz e distancia inadecuadas, o uso masivo de pantallas e a falta de tempo ó ar libre. Proupín fai fincapé nos controis ós pequenos e comenta as diversas opcións para corrixir a miopía.
-
609
A tarde 09-06-2026
As lambetadas tamén poden ter beneficios para a saúde. Falamos con Mercedes Toscano, cofundadora da fábrica Milimelis de Nigrán, a única empresa galega de elaboración de lambetadas funcionais. Ela explícanos as vantaxes destes produtos, que incorporan fungos, vitaminas, melatonina e outros suplementos para o noso corpo. Coñecemos detalles da segunda edición de XoGal en conversa con Cintia Lomba, a directora de Escapeo. Esta empresa xunto a Concellos e GDRs desenvolven este programa de "escape room" ó ar libre, un xogo que serve para incentivar as visitas e coñecer mellor o patrimonio, a historia e a cultura de diferentes lugares. Este ano levarase a cabo en localidades da provincia de Lugo. Achegámonos á figura de Isabel Zendal, a única muller na expedición sanitaria iniciada en 1803 para erradicar a variola nos territorios de Ultramar. As historiadoras María e Laura Lara Martínez preséntannos o seu libro sobre a vida e o labor desta enfermeira coruñesa, recoñecida internacionalmente. A poeta Eva Veiga reflexiona sobre a súa obra e transmítenos os sentimentos que esperta nela a homenaxe que recibirá da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e da xente da súa terra, xunto ás Fragas do Eume.
-
608
A tarde 08-06-2026
Orientarse ben é algo natural ou tamén podemos entrenar esta capacidade? A presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez, cóntanos o tipo de probas e os instrumentos que se poden utilizar nas carreiras polo monte ou nas cidades. Non se trata só de correr, senon de concentrarse e focaliza-la atención. En Galicia xa se fabrica kombucha e a iniciativa parte de Casa Grande Xanceda, a granxa ecolóxica situada en Mesía, que ofrece dende leite a xeados ou mermeladas. Sara Torreiro, responsable de Marketing desta empresa familiar explica a razón e o modo en que elaboran esta bebida fermentada, tan de moda. Anxo Otero e o seu fillo Caetano preséntannos o seu libro "Cóntocho con palabras", escrito en galego dende Pensilvania, EEUU. Unha historia, metade ficción e metade realidade, sobre as experiencias e a convivencia familiar dun rapaz de 14 anos que cada ano volve a Bueu. Coa colaboradora Andrea Jamardo conversamos con Antonio Manuel Fraga sobre o seu último libro, "Criaturiña", unha novela de aventuras para rapaces. Coñecemos Anthropic, unha empresa de IA que aplica normas ó seu modelo, da man de Ivan Carril, formador da Garda Civil.
-
607
A tarde 29-05-2026
A ría de Vigo, fronte a praia de Samil é escenario da parada naval celebrada na véspera do Día das Forzas Armadas, coa participación dun portavións, varias patrulleiras e outras embarcacións. Contamos cómo o Rei pasaba revista a bordo do buque Audaz e despois baixaba ó areal de Samil. Dende alí a súa Maxestade, acompañado de altos mandos do exército e autoridades, asistiu a unha exhibición de manobras dos distintos medios militares. Igual que o numeroso público presente na praia, podemos seguir as intervencións da unidades da Armada, do Aire, Ume e Garda Civil: dende unha abordaxe no mar, unha operación de rescate, con atención a feridos, asi como exercicios dos paracaidistas. Falamos de ciruxías en cans e gatos, coa ciruxana e directora de Anicura Abro Hospital Veterinario. Sofía Portugal indica que a estirilización das femias é a cirurxía máis habitual, pero tamén se realizan moitas cesareas e intervencións no aparello dixestivo. Avanzamos detalles da Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces, que este domingo chega a súa 32 edicións. Evaristo Rodriguez, presidente da Asociación de Criadores, explícanos as características desta ave e os incentivos da súa cría. Coñecemos "Barco fantasma", o novo disco do grupo Néboa, cun dos seus integrantes, Lucas de Centi, e conversamos co xornalista deportivo Luís García Rey sobre a súa última novela, "Chantaje". ¿Seremos quen de instalar unha estación espacial permanente na Lúa? O astrónomo Borja Tosar explícanos as difíciles condicións que presenta este satélite e os traballos que se fan para logralo.
-
606
A tarde 28-05-2026
A saúde do sistema dixestivo está intimamente relacionado cos procesos emocionais. A bióloga e terapeuta nutricional Rosana Alonso asegura que na maioría das veces a fame que sentimos é fame emocional. Culpa, ira, estrés, ledicia ... calquera estado emocional desencadea unha resposta hormonal, que afecta a distintas partes do corpo, por exemplo, o estomago ou o intestino, considerado xa coma outro cerebro máis. A concelleira de Cultura e Turismo de Friol, Ángeles Buján, avanza cómo serán as III Olimpiadas Rurais de Galicia, que se celebrarán a finais de xuño. Os equipos compiten en xogos tradicionais, dende a chave e a cucaña ata a silla da reina. Serán tamén xornadas de gastronomía e convivencia con xente chegada de toda Galicia e doutros puntos de España. A vilagarciana Gabriela González, coñecida como Malaherba nas redes sociais, presenta o seu debut literario. "Casi adultos" compila reflexións sobre as experiencias, os momentos vitais e os cambios no paso á adultez. A escritora afirma ser partidaria do estado "case adultez permanente" e insiste na necesidade de manter a ilusión e certa inocencia.
-
605
A tarde 27-05-2026
¿ Á hora de mercar calzado hai que fixarse unicamente na estética ou debemos ter en conta as características do zapato? O podólogo Nabor Pereira, recoméndanos optar por zapatos respetuosos coa forma do pé, unha altura máxima de tacón e unha amortiguación lixeira. Este podólogo fala dos inconvenientes das chanclas, dos "barefoot" e da laca permanente nas unllas dos pes. Conversamos con Jaime Rey, un artesán de zapatos de 80 anos, que manten vivo o taller que fundou o seu pai en 1931. Él é o último zapateiro de Betanzos. Moitos rapaces e rapazas viven os nervos previos ós exames da PAU e a coordenadora de Academia Salgado, de Vigo, lánzalles algúns consellos como facer esquemas de cada tema e, xa na proba, ler ben os enunciados. Asegura que estes días os mozos e mozas queren apoio especial en matemáticas, lingua galega e castelán. Esta semana estréase na plataforma Agalega.gal o documental "Aurora". A sua directora, a cineasta viguesa Area Erina, comeéntanos a orixe desta longametraxe, que plasma a vida ó longo de varios anos dunha muller do rural de As Neves. A autora catalá con raices galegas Brigitte Vasallo presentanos o seu libro "La fosa abierta", unha mirada sobre os miileiros de labregos, moitos galegos, que marcharon ás cidades industriais entre 1955 e 1975.
-
604
A tarde 22-05-2026
Quen é Marasmo? Falamos con este cantante e productor galego que se mantén no anonimato e que actúa oculto tras unha máscara. Cantometrix presenta o seu disco "Efémeras". Acompáñannos para falar del duas das compoñentes deste quinteto, Marina Fernández Vigo e Sandra Pérez. Visitamos en Vilalba unha fábrica de fariña que mantén Eduardo Carreira, terceira xeración de muñeiros. A farmacéutica Ana Muñoz, danos consellos para previr problemas causados polas altas temperaturas. O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, convídanos á Romaxe Artesá da Chaira, a festa que celebra os oficios tradicionais. Enrique Vázquez cóntanos como a parroquia de Tuiriz, en Pantón, recuperou o seu local social. Falamos sobre os problemas laborais da hostelería con Jesús Soriano, autor do blog Soy Camarero. O astrónomo Borja Tosar explícanos o paradoxo de Fermi, por que non atopamos vida extraterrestre?
-
603
A tarde 21-05-2026
Na casa debemos ter sempre ferramentas, ou non?. Preguntámoslle a un veterano ferreteiro ferrolán, Luis Rey, se os mozos mercan ferramentas ou se é certo o tópico de que as mulleres nunca as utilizan. Imos ata Lugo para que Carmen Fuenteseca nos explique en que consiste o proxecto educativo alternativo Bosquea. En Pontevedra revisamos o mobiliario urbano do futuro que se expón na praza de Barcelos: bancos feitos con cana de azucre ou iuca ou céspede artificial bioplástico. O mago Pedro Volta preséntanos o seu espectáculo Magic Space. Lemos o libro "Señoras en bicicleta" coas súas autoras, Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos. Asistimos na Coruña á primera edición de (IN)VISUAL, un ciclo de concertos audiovisuais inmersivos. Ademais, temos as seccións de Tito Lesende e de Nusca Chousa.
-
602
A tarde 20-05-2026
Como mellorar o noso tránsito intestinal? Preguntámosllo á farmacéutica e nutricionista Patricia Alonso. Visitamos en Silleda as instalacións de Trasdeza Natur, unha empresa que elabora froita deshidratada. O escritor Arturo del Burgo preséntanos a súa novela "Malditos". Celebramos o nacemento da compañía teatral Torta Torta, creada porAreta Bolado e Ailén Kendelman. Mondoñedo quere ser patrimonio da humanidade. Dinos por que o presidente da Asociación Pedregás, Valentín Insua. O apicultor Manuel Outón explícanos como previr as picadas da vespa velutina. Gonzalo García cóntanos a historia das covas de Seadur, en Larouco. Christian Miller, director da Casa das Linguas, fálanos da importancia de aprender idiomas e o doutor Proupín dunha enfermidade que todos padecemos algunha vez, a conxuntivite.
-
601
A tarde 18-05-2026
Que hai de certo na afirmación de que os cans son sempre leais aos seus donos? Responde Octavio Villafala. Suso Liste, da Asociación Cultural Insua de Viastela, cóntanos a historia do pecio afundido fornte á praia de Arnela, en Corme. Presentamos un festival da canción dirixido ás persoas xordas, un certame en lingua de signos que se desenvolve en Tui e que se denomina "A túa voz nas miñas mans". Falamos coa súa coordinadora, Iria Márquez. Isabel San Sebastián tráenos o seu novo libro, "La venganza del apostol" e Andrea Jamardo proponnos a lectura de duas obras dedicadas ao público infantil: "O misterio dos gatos rosas", de Marta Villar, e "Latexos", de Beatriz Dourado e Irene Sanjuan. Visitamos o Museo da Catedral de Santiago acompañados do seu conservador, Ramón Izquierdo. Interesámonos pola ocupación hoteleira de cara á celebración do Arde Lucus conversando con José Manuel Pereira. Aprendemos a usar correctamente as pinzas para tender a roupa e facémonos eco das queixas dos veciños das Paredes, en Mondariz, polo mal estado do acceso ao lugar. Rematamos co antropólogo Rafael Quintiá repasando os escritores galegos que se ocuparon nas súas obras dos mitos e as lendas do país.
-
600
A tarde 15-05-2026
Falamos cos oíntes de compras compulsivas, da necesidade irrefrenable que algunhas persoas senten de gastar cartos nas tendas, da adquisición irracional de produtos que non necesitamos. Coñecemos da man de Alejandro Pena a Festa das Carrozas de San Cidre que se celebra en Boqueixón . Na Semana do Patrimonio Invisible da Coruña percorremos o IES Eusebio da Guarda. Visitamos a Feira do Libro de Lugo co escritor Francisco Narla. Presentámoslles a Nieves Vázquez, a condutora máis veterana de Galicia, Ten 101 anos. Imos ata as illas Cíes no comezo da tempada de visitas ao Parque Nacional. A académica María López Sande analiza a obra de Begoña Caamaño. O astrónomo Borja Tosar dinos que conteñen os arquivos desclasificados da NASA. Exploramos a Bienal Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón coa súa comisaria, María José Sánchez e recibimos ao ilusionista Mag Lari uns días antes da súa actuación en Vigo
-
599
A tarde 14-05-2026
Os coches ás veces convértense nun almacén de trapalladas. Maximino Pérez explícanos que é o que sempre debemos levar e o que non podemos gardar no vehículo e a organizadora profesional Ana Borja axúdanos a ordenalo. Temos o programa cheo de música. Silvia Rábade e Carlos Tajes, Escuchando Elefantes, preséntannos o seu tema en galego "Arder". Tito Lesende traenos novidades de música pop cantada en galego e Vituco Neira vai ata Vigo para falar con Frank e Cris Nervo, compoñentes de Rebeliom do Inframundo. Dende Ourense cóntannos como funciona Mobyfy, a plataforma galega de mobilidade. Falamos con Jesús Nieto, autor de "Que la fuerza te acompañe", un libro sobre a influencia de Star Wars na cultura popular. A historiadora Encarna Otero ensínanos a Compostela de Begoña Caamaño. Pedímoslle a Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñería Informática de galicia, que nos fale sobre o impacto da tecnoloxía no noso día a día. Escoitamos as queixas dos veciños de Moaña polo estado da senda peonil entre Meira e Domaio e Nusca Chousa axúdanos a preparar a nosa horta.
-
598
A tarde 13-05-2026
Coñecemos a Pilar Alonso, unha muller que convertiu as obleas nun produto gourmet creando en Meis a marca Xacobleas. Falamos dunha empresa galega que deseña satélites, Kreios Space. O seu director de proxectos, Yago Recarey, cóntanos que están probando aparellos que empregan partículas atmosféricas como combustible. No capítulo musical debullaremos o programa do Festival Cidade de Lugo coa axuda do secretario da Sociedade Filarmónica luguesa, Juan Luis Díaz, e o da decimosegunda edición do +QJazz da Coruña co seu director Pepe Doré. Conversamos con Paula Cons co gallo da emisión pola TVG da súa película "O meu ilustrísimo amigo". Ataulfo Cortizo explícanos como se fan alfombras florais con cunchas. Conversamos coa xornalista e crítica literaria Tensi Gesteira sobre eses libros que nos custa rematar. Rafael Veiga preséntanos o labor da ONG Taller de Solidaridad e preséntanos a Jessy Castillo e Lidia Inga Cruz, duas peruanas que traballan nun proxecto de empoderamento económico de mulleres rurais no seu pais. O doutor Norberto Proupín fálanos da asma.
-
597
A tarde 12-05-2026
Imos ao Festival de Títeres de Redondela co seu director Luis Crespo. Homenaxeamos aos profesionais da enfermería e coñecemos a súa realidade con Juan Pablo García, enfermeiro do CHUAC. Comer san non ten por que ser aburrido. Explícanolo Pablo Iserte, que elabora menús especiais para levar en NUTaway, na Coruña. Cada vez hai menos xogueterías. En Lugo acaba de pechar Bazar 095, un establecemento que funcionaba dende 1934. O seu responsable, Juan Viñas, dinos por que se pasa ao comercio en liña. Charo Calvo fálanos dos novos servizos de Correos para os peregrinos. Convidamos ao noso estudo ao grupo coruñés Apolo 18 para que nos toque os seus temas. Comentamos con Félix Fernández a súa exposición na Fundación Granell que se titula "Atención plena"
-
596
PRIÈRE DE GUERISON ET PROTECTION À L'ARCHANGE SAINT RAPHAËL
Fête de Saint Raphaël Archange le 24 octobre.Fête des Archanges le 29 septembre.Prière de protection :Glorieux Archange Saint Raphaël,grand prince de la cour céleste,illustre par les dons de la sagesse et de la grâce,guide des voyageurs sur terre et sur mer,consolation des malheureux et refuge des pécheurs,je vous supplie de m'assister dans toutes mes nécessitéset les peines de cette vie comme vous avez secouru le jeune Tobie dans ses pérégrinations.Puisque vous êtes le remède de Dieu,je vous prie humblement de guérir mon âme de ses nombreuses infirmités,et mon corps des maux qui l'affligent,si cette grâce me convient.Je vous demande en particulier une angélique puretéafin de mériter ainsi d'être le temple vivant du Saint-Esprit.Ainsi soit-il.*****Cette prière a été enrichie de 100 jours d'indulgence par le pape Léon XIII, à gagner une fois le jour. (Rescrit du 21 juin 1890).*****QUE DIEU VOUS BÉNISSE !****#raphael #prière #priere #archange #jesus #guérir #guerir #guérison #guerison #saint #protection #protectiondivineSoutenez-nous sur PayPal !
-
595
A tarde 08-05-2026
Serven para algo os filtros amarelo e vermello das lentes? Explícanolo o óptico Alexander Dubra. Convidámoslles a facer un roteiro en bicicleta. Guíanos Belén Calahorro, a coordenadora de Eurovelo, a rede transfronteiriza de rotas ciclistas de longa distancia. Imos ata esgos para proibar as conservas artesanais Mareterra. Beatriz Arias preséntanos a súa primeira novela, "Soy la nueva". Sabemos máis dunha enfermidade pouco común, o lupus, con Sarta Nieto, da Asociación Galega de Lupus. Véndense moitas caixas fortes? Preguntámosllo a Miguel Rodríguez. En Vigo comprobamos con que ánimo afrontan as xogadoras do Lavadores de Balonmán a fase de ascenso a primeira división nacional. Asistimos á VI edición das Xornadas poéticas "Rosalía en camiño". Borja Tosar fálanos dos buratos negros.
-
594
A tarde 07-05-2026
Buscamos o mellor bocata e pedímoslle consello a Virtudes, aos oíntes e ao cociñeiro coruñés Javier Barba. Na Pobra do Caramiñal atopamos a Mario Fariña, un profesional da ebanistería que fabrica guitarras eléctricas personalizadas. O naronés Adrián López, "Lode", preséntanos a versión da súa canción "Malo será" que lle dedica ao Dépor. Juan Rodríguez, da empresa Nortempo, explícanos por que oferta un posto de traballo de "testeador de festivais". As bailarinas viguesas Eva Comesaña e Marcia Vázquez convídannos a participar na XI Batalla de Baile que organizan na Sala Mondo. Escoitamos as queixas das veciñas de Almoite, en Baños de Molgas, pola tardanza en reparar a cuberta da igrexa parroquial e as dos veciños da Coruña polos problemas que xeran as obras da estación intermodal. Falamos da exposición "Masides", que reune na Fundación Granell de Santiago obras de Carlos Maside e o seu sobriño Xulio. Ademais Tito Lesende traenos as súas novidades musicais e Nusca Chousa os seus consellos para a horta.
-
593
A tarde 06-05-2026
Os oíntes cóntannos como son os plans que fan cos seus amigos e nós propoñemoslles un, pintar cerámica. Marta Sobral dirixe un establecemento que nos permite facelo. Achégase o Día das Letras Galegas e queremos afondar na figura de Begoña Caamaño, a escritora á quen se homenaxea este ano. Falamos con Lucía Junquera, a directora do podcast "Poñer a voz", no que se reivindica o labor de Begoña como xornalista. Tamén escoitamos a canción que Uxía e Malvela lle dedicaron a Begoña. Visitamos en Santiago Disco Precio, unha das poucas tendas nas que se continúan vendendo discos de vinilo. Coñecemos as propostas do festival de teatro e danza Escenas de Cambio da man da súa directora, Kirenia Martínez. Catamos na Coruña o mellor bocata tradicional de España, o "Terra Chá" que elabora Juan Gómez. Escoitamos as queixas que lle trasladou á Valedora do Pobo un vigués, José Manuel Tubío, pola presenza de fumadores na contorna do Complexo Hospitalario da cidade. Susana López, da Fundación Santa María La Real, preséntanos o proxecto de divulgación "Redescubre o románico de Galicia". O doutor Norberto Proupín fálanos do cancro de colon.
-
592
A tarde 05-05-2026
Quen non tivo unha raiada no coche? Imos a un taller para que nos expliquen como se arranxa e canto pode custar a reparación. Falamos con Enrique Cuquejo sobre a escola de parapente que acaba de montar en Baltar, na serra de Larouco. Pulsamos o ambiente na meta da etapa que remata na Coruña da Vuelta Ciclista a España feminina. Raul Villares vai ata Torroña, no municipio de Oia, para asistir a unha xornada de divulgación dedicada ao destino Starlight que serve tamén para preparar a zona para a eclipse do 12 de agosto. Visítanos no estudo o pianista Juan Carlos Cambas. Conversamos con Begoña Feijoo, unha galega que vive en Suiza e escribe en italiano. Unha obra súa, "Un anaco de mazá seca", acaba de publicarse en galego. Mónica Maneiro comenta a exposición "Antifémina" da fotógrafa Colita, que se pode ver no Auditorio de Santiago. Maximino Pérez dinos como debemos actuar cando nos pide paso unha ambulancia ou un camión de bombeiros.
-
591
A tarde 28-04-2026
Pasou un ano dende a gran apagada, o día en que toda España quedou sen electricidade. Preguntámoslle aos oíntes como viviron aquela xornada. Cóntanolo tamén o bombeiro da Coruña David Hermida. O historiador e divulgador David Gesteira explícanos como vencellamos os nosos recordos a acontecementos históricos. Visitamos en Vilaboa o obradoiro do luthier Martín González. O autor de libros xuvenís Francisco de Paula, Blue Jeans, preséntanos a súa nova obra, "Los 15 de Fosbury". Falamos da película "Así chegou a noite" co seu director, o marinense Ángel Santos, e cunha das súas protagonistas, Violeta Gil. O derrube dunha casa a carón dunha porta medieval de Monforte lévanos a analizar o estado do patrimonio histórico da vila co historiador Felipe Aira. Mónica Maneiro comenta a exposición de Antón Patiño na galería Luisa Pita da Coruña.
-
590
A tarde 27-04-2026
Antonio Ulloa, director dunha escola de formación de emerxencias, danos unha clase de primeiros auxilios. Asistimos na Coruña ao Campionato de Galicia de Tortilla de Patacas. Falamos co seu organizador, Rafael García, e con participantes. Visitamos en Vigo La Canalla, o obradoiro integral de creación téxtil onde os irmáns Soto, Fran e Patricia, deseñan roupa con material reciclado. Andrea Jamardo tráenos a reedición en galego de "Reencontro", a novela de Fred Uhlman. No apartado musical recibimos a Carlos Eirís, ou o que é o mesmo, Eris Mackenzie, o mozo de Carral que fusiona a música tradicional galega coa electrónica e que acaba de sacar un novo EP. De mestura tamén vai o festival Miña Ruliña, que se celebra na localidade salmantina de Escurial de la Sierra e que unirá a música tradicional galega coa de Salamanca. Conversamos co seu organizador Sergio Grande. Dende Lugo Francisco Luengo explícanos en que consisten os cursos de interpretación de música medieval "O son dos camiños". Iván Carril advírtenos sobre os calotes que sofren pequenas empresas e autónomos mediante o envío de correos falsos ou a clonación da voz de xefes da compañía. O profesor do Colexio Sagrado Corazón de Celanova, Lucas Núñez, e unha das súas alumnas preséntannos o certame escolar ParqueVibras, que busca dar a coñecer os parques naturais de Galicia. Interpretamos a paisaxe galega co antropólogo Rafael Quintiá.
-
589
A tarde 24-04-2026
Temos un programa moi doce porque falamos en Narón coas irmás Ana e Beatriz, que acaban de abrir unha tenda especializada en gofres belgas, e porque estaremos en Sugaryclub, un establecemento da Coruña dedicado á repostería creativa. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, convídanos á Festa da Lamprea. Escoitamos as queixas dos veciños da parroquia de Cedeira, en Redondela, sobre a chapuza realizada polo ADIF na reconstrución dunha ponte. O secretario xeral da Asociación de Consumidores Acouga, Xosé Antón Pérez Lema, explícanos que documentación necesitamos para denunciar un roubo ou un calote. Silvia Iglesias descúbrenos os cambios que experimentan os fondos mariños en cada estación. Claudia Abril e Marina Carpente, o dúo Abril, preséntannos o seu disco "Medrar". Imos á Estación Fitopatolóxica do Areeiro para coñecer como lle afecta ás viñas o mildeo.
-
588
A tarde 22-04-2026
Manuel Capeans, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra, explícanos como un helicóptero rescatou seis tripulantes dun veleiro a 300 kilómetros da costa galega. Visitamos o Museo Galego do Entroido en Xinzo. Guíanos o seu responsable, Carlos Martínez, e César Fernández fálanos da exposición de cornamusas que acolle estes días. A xornalista Marta Coira coméntanos comportamentos pouco axeitados que se poden ver nos concertos de pop e rock. De xira anda estes días por Galicia o cántabro Jaguayano. Recibímolo Na Tarde. Máis música. O director do Festival Resis da Coruña , Hugo Gómez Chao, preséntanos o cartel deste encontro de música contemporánea e artes vivas. Falamos tamén cunha das súas participantes, a directora do Gallaecia Ensemble, María José Pámpano. Sofía Ramos, da Cámara de Comercio da Coruña, coméntanos como son os cursos que organizan para parados de máis de 45 anos. Lembramos grandes xestas da aviación española co tenente coronel do exército do ar Marcelino Sempere. Mercedes Prado cóntanos como decorreu a derradeira sesión do xuizo no que se pretende determinar a quen lle corresponde cobrar o boleto premiado con catro millóns de euros na primitiva. A presidenta da Asociación de Veciños do Parque Rosalía de Lugo, Marta Fernández, dinos por que propoñen que se apadriñen bancos ou árbores. Coñecemos ao estudante vigués Antón Álvarez, gañador do concurso Parnaso por unha tradución dun texto do grego clásico. O doutor Proupín fálanos dos síntomas e o tratamento do estrés.
-
587
A tarde 20-04-2026
É boa a comida que ofrecen os colexios? Preguntámosllo a María Lois, responsable de Jardonay, unha empresa da Coruña que elabora cada día 9 mil menús escolares. Falamos con Andrea Nunes e Leticia Citoula, as coordenadoras do libro colectivo "Razóns de peso", unha denuncia da gordofobia. O presidente dos hostelerios de Vigo, César Sánchez Ballesteros, danos a súa opinión sobre a taxa turística implantada polo Concello. A coruñesa Sibila Freijo preséntanos o seu último libro, "Ponme otro vino, que aún te veo feo". Asistimos ao Campionato Galego de Coctelería e falamos con participantes, organizadores e membros do xurado. O podólogo Nabor Pereira dinos como preparar os pes para facer o camiño de Santiago. Comentamos con Iván Carril os esforzos dalgúns gobernos para controlar a idade dos usuarios das redes sociais. Coñecemos a Manuel Borrajo, un veciño de Baños de Molgas de 92 anos que segue facendo labores de carpintería. Andrea Jamardo traenos o album ilustrado "Virxinia e Castelao", de Diego Bará e Bea Gregores. Juan Campos cóntanos a historia do pirata galego Benito Soto e o antropólogo Rafael Quintiá explícanos que é o "mal de pezoña"
-
586
A Tarde 17-4-2026
O artesán Borxa Neves explícanos como forxa espadas no seu obradoiro de Vedra. Pepe Cabo convídanos á Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. Mercedes Prado descríbenos o ambiente que se vive na Coruña coa arribada de 8 mil cruceiristas. Visitamos en Ourense a exposición dedicada ao fotógrafo José Suárez da man do comisario da mostra, Carlos López Bernárdez. A presidenta da cooperativa Bico de Grao, de Lugo, cóntanos en que consiste o Mercado do Troco que organizaron. O xefe da Udyco de Vigo, Iago García, fálanos da operación desenvolvida no barrio da Florida para desaloxar unha casa ocupada por pequenos traficantes. O secretario xeral de UGT Galicia, Cristobal Medeiros dinos por que é razopnablke reducir a xornada de traballo. Comentamos co astrónomo Borja Tosar a película de ciencia ficción "Proxecto salvación".
-
585
A tarde 14-04-2026
Narramos a primeira etapa da proba ciclista O Gran Camiño. Felicitamos a Ismael Ramos, flamante gañador do prestixioso premio O. Henry para relatos breves. Pulsamos o estado de ánimo da cantante Sabela Ramil tras coñecer que é candidata dos premios da Academia da Música de España. Presentámoslles a Abel Sotelo, un mozo de 22 anos que dirixe unha explotación agrícola de 60 hectáreas na Limia. Cristian Álvarez explícanos en que consiste ser carpinteiro hoxe en día. Preguntámoslle a María Mato, xestora dunha papelería de Compostela, se é certo que volven estar de moda as axendas en papel. Mónica Maneiro comenta a exposición "Natureza das cousas", do fotógrafo Chema Madoz. Iago Varela fálanos do seu documental "Mulleres da reconversión", centrado na transformación industrial de Ferrolterra. Maximino Pérez aborda o problema dos accidentes de tractores en Galicia.
-
584
A tarde 10-04-2026
Madrugas ou trasnoitas? Falamos con oíntes que teñen horarios de traballo pouco comúns e preguntámoslle aos nosos compañeiros Pepe Capelán e Alexandra Tojo como conseguen conciliar a súa vida coa súa xornada laboral nocturna. Coñecemos a un percebeiro Tiktoker, Raul Patiño, "Chiño". Achegámonos á figura de Ramón Otero Pedrayo da man da profesora Patricia Arias. A escritora Nerea Pascual preséntanos a súa novela romántica "Amor fuera de serie". Preparámonos para dous eventos da fin de semana: a gala do "Talentiño" en Ferrol e o partido de baloncesto entre o Basket Coruña e o Obradoiro. Paseamos polas mesas instaladas en Vigo pola Asociación Parkinson. Interesámonos polos efectos da suba de prezo dos fertilizantes conversando con Antonio Balado, vendedor de produtos agrícolas. Seguimos a evolución da misión espacial Artemis 2 co astrónomo Borja Tosar
-
583
A tarde 09-04-2026
Temos moita música no programa. A do pianista de Cangas Xan Campos, que nos presenta en primicia o seu disco "Amorodios"; a de Laura Lamontagne, que nos trae o seu novo tema "Cuidado"; ou a do dúo navarro Iseo and Dodosound, que nos fala da súa xira por Galicia. Ademais Tito lesende reflexiona sobre o panorama musical nestes momentos. O profesor Jorge Mira explícanos como ver ben o eclipse total que teremos en agosto. Nusca Chousa ofrécenos os seus consellos para coidar a horta. En Vigo coñecemos A Casa Rodante, a marca de productos de artesanía elaborados nos obradoiros da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral. Imos a Abadín para que os veciños nos conten os problemas que lles causan os xabaríns. En Marín visitamos o Museo do Mar e en Pereiro de Aguiar a un criador de ocas. Falamos da sorte cos nosos oíntes e conversamos con Arturo Varela, propietario dunha funeraria de Barbadás que leva anos sorteando un cadaleito cheo de agasallos.
-
582
A Tarde 08-04-2026
Que se regala hoxe en día nas comuñóns? Preguntámosllo a Xosé Manuel Quevedo, propietario dunha cadea de tendas de xoguetes. Virtudes cóntanos a súa frustrante experiencia cos agasallos da súa comuñón e os oíntes comparten anécdotas sobre esa festa infantil. O presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez, fálanos das vantaxes e riscos da incorporación de internet aos aparellos que usamos de xeito cotiá.
-
581
A tarde 03-04-2026
Programa especial na XXXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas
-
580
A tarde 02-04-2026
Temos que declararlle a Facenda os préstamos ou doazóns que lle facemos a un familiar? A experta en dereito civil Mercedes de la Puente explícanos como debemos actuar. Paula Freire guíanos polos muiños industriais do río Xuvia. A concelleira de Monforte Gloria Prada convídanos á Feira Medieval. Visitamos en Nigrán o aparcadoiro de caravanas máis grande de Galicia. Marcos Dapía, da Armería Jardín de Ourense, cóntanos como equiparnos para comezar a pescar no río. Valeria Romero, do clube de piraguismo Cidade de Lugo, danos consellos para navegar polo Miño. Coñecemos a Paula Blanco, unha moza que creou en Ponteceso un lugar de encontro para maiores de 65 anos. Blanca González, vogal do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, dinos por que debemos acudir á farmacia cunha receita médica oficial. Anxos Sumai preséntanos o seu album ilustrado "A nena de xeo". Tito Lesende traenos a actualidade musical de Galicia e Nusca Chousa os seus consellos para coidar a horta.
-
579
A tarde 01-04-2026
Os recentes cambios dalgúns topónimos galegos causaron certa polémica. Sobre os topónimos e as súas variacións no tempo falamos con Borxa González. Felicitamos á pallasa Natalia Outeiro "Pajarito", galardonada co premio Maruxa Villanueva de interpretación. No Día Internacional da Diversión no Traballo conversamos con Alba Polo, responsable de Júpiter, unha tenda de Ourense que busca divertir e entreter. Mateo Rodríguez cóntanos todo o que queremos saber sobre os petróglifos de Mogor. O concello de Avión reúne a maior concentración de canastros de Europa. Sobre eles falamos co profesor Antonio Doval e co presidente da asociación Vive Avión, Amancio Bruquet. Conversamos con Raul Bartolomé, director da gala especial de lembranza a Pucho Boedo que se pode ver en Agalega.gal. Julio Gosende convídanos á XVIII Feira de Oportunidades e Gastronomía de Celanova. Juan Blanco cóntanos como é o traballo dun viaxante de comercio. O doutor Norberto Proupín explícanos que é a andropausa.
-
578
A tarde 30-03-2026
O actor Adam Prieto cóntanos como foi o seu proceso de transición de muller a home. Conversamos con María Martinón, a paleoantropóloga ourensá que dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana e acaba de ingresar na Academia Galega de Ciencias. Coñecemos a historia do Aeroclub de Lugo falando co seu presidente, Fran Abelleira. Sara Fernández, propietaria de A Cova Mel, preséntanos os envoltorios que fabrica con tea e cera de abella. A que lle chamamos brunch? Contesta Fran Domínguez, da cafetería Pacífico de Ourense. En Vigo, na confitería El Molino, comprobamos se están de moda as monas de Pascua. Falamos con Nerea Pallares, autora de "Punto de araña", porque a súa obra xa se publicou en castelán. Iván Carril avísanos do aumento de prezo dos dispositivos dixitais de almacenamento externo e Andrea Jamardo recoméndanos lecturas para a Semana Santa
-
577
A tarde 27-03-2026
No Día Mundial do Teatro falamos con Luma Gómez, unha veterana actriz galega que vai recibir este ano o premio de Honra Marisa Soto. Tamén coñecemos como é o traballo do tramoista. Explícanolo Elixio Vieites que leva tempo desenvolvéndoo no Centro Dramático Galego. Imos á Coruña para catar a mellor torrada da cidade na Mundiña. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, guíanos pola Festa da Reconquista. Outra rexedora, a de Boimorto, María Xesús Novo, fálanos da Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos que se celebra no municipio. En Vigo atopamos a Miriam Barbosa, que nos ensina a elaborar palmas para o Domingo de Ramos. Fernando Rueda preséntanos o seu libro "No mellames traidor", inspirada no caso dun espía español condenado por traizoar a España traballando para Rusia. Facémonos eco das queixas dos veciños de Muras pola tardanza en reconstruir unha ponte caida durante os temporais do inverno. O astrónomo Borja Tosar cóntanos por que as grandes compañías tecnolóxicas proxectan poñer en órbita centros de datos de intelixencia artificial.
-
576
A tarde 26-03-2026
Programa especial dende A Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, onde percorremos Enerxétika 2026, un certame no que empresas e profesionais conflúen en torno ao presente e o futuro de la enerxía
-
575
A tarde 25-03-2026
Só ou acompañado? Os oíntes cóntannos como prefiren viaxar ou ir a un espectáculo. As xornalistas Ana Pérez e Celeste Seoane cóntannos a súa experiencia viaxando soas. O compoñente máis veterano de Brath, Eloy Caldeiro, preséntanos o disco "45 Old", co que o grupo celebra 45 anos de vida. Na web Agalega.gal pódese ver o documental "Ennio, o mestre". Falamos sobre Ennio Morricone con outro compositor de bandas sonoras, Sergio Moure. Asistimos en Vigo aos preparativos da Festa da Reconquista. En Verín a arqueóloga Nieves Amado cóntanos a historia da presa Nai, no río Támega, esborrallada polos temporais deste inverno. O veterinario Marcos Fernández explícanos como pode afectar o cambio de hora ás mascotas e o doutor Proupín que é a rinite alérxica. Conversamos con Helena Salgueiro, autora, directora e intérprete do espectáculo escénico "Nortear". Comprobamos como funciona en Vilagarcía un negocio pioneiro dedicado ao aluguer de trasteiros.
-
574
A tarde 24-03-2026
Poden pensar as máquinas? Preguntámosllo ao físico e profesor Senén Barro. Xa existen "lavadoras para cans". Falamos con Arturo Díaz, propietario do establecemento Lavacán. na Coruña. Santiago Pîñeiro cóntanos a historia do seu pai Olimpio, un fotógrafo que comezou sendo zapateiro e que cambiou de oficio tras comprobar que podía ser rendible retratar aos turistas en Sanxenxo. Ten sentido facer unha exposición de arte contemporánea nunha aldea da Costa da Morte? Tomás Lijó pensa que sí. Coñecemos unha empresa da Guarda, Xorxios, que importa café verde de especialidade para tostalo. Manuel Carrera, presidente da comisión de festas do barrio de Coia, en Vigo, explícanos por que este ano non haberá atraccións. Recollemos as queixas dos veciños da avenida de Portugal, en Ourense, polas interminables obras que sofren. Preparámonos para a Semana Santa. En Viveiro Mari Carmen López dinos como funcionan as irmandades da vila e na Coruña Sara Coto introdúcenos no mundo das monas de Pascua. Tamén nos preparamos para presentar a declaración da renda coa axuda do asesor fiscal Francisco Lens. Maximino Pérez fálanos dos radares invisibles da DGT e das normas que debemos cumprir cando conducimos autocaravanas.
-
573
A tarde 20-03-2026
Celebramos o Día da Narración Oral coa escritora Soledad Felloza e coa profesora Camiño Noia. Falamos de paternidade co presentador Arturo Fernández. Visitamos o obradoiro de xoiería de Odile Cano na Coruña. O músico Alex Pazos, "Silee", traenos o seu novo éxito "Milajros de Amil". A deseñadora Ío Morales ensínanos a darlle unha segunda vida ás nosas prendas de roupa. Asistimos aos preparativos da Semana Santa de Viveiro con Carmen López e Isabel Méndez. Conversamos coas luguesas Raquel Lamas e Amanda Pérez, gañadoras do Premio ás mellores fotógrafas de recén nados. O astrónomo Borja Tosar explícanos en que consiste ao paradoxo de Fermi.
-
572
A tarde 18-03-2026
Falamos cun dos escritores máis lidos e tamén máis polémicos do momento, David Uclés. Raul Villares cóntanos os prolegómenos da Festa das Pepitas de Ferrol. A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, explícanos como afrontar as picadas de animais como medusas, fanecas, abellas... Imos a Beade para que Pablo Oitavén nos diga como loitan nese concello contra a invasión de mimosas. Conversamos cun mozo de 22 anos de Sigüeiro, Martín Arosa, que axuda a grandes empresas a mellorar o seu posicionamento en LinkedIn. Presentamos a Salvador Pallares, un rapaz de 15 anos de Bóveda que se proclamou campión Galego de Columbicultura. Moncho Lemos fálanos da próxima gala de entrega dos premios Mestre Mateo. Talía Teatro estrea "Artur Ui, O ovo da serpe". Entrevistamos o seu director Quico Cadaval, e a un dos actores, Dani Trillo. O doutor Proupin explícanos o que é a endiometrose.
-
571
A tarde 17-03-2026
Son as nosas festas demasiado ruidosas? Escoitamos a opinión de Xosé Luis Méndez, vicepresidente da Federación Galega de Loita contra a Contaminación Acústica. Asistimos en terras de Pontevedra aos preparativos da romaría de San Bieitiño de inverno. Falamos co párroco de Lérez, Manuel Chouciño, que nos anuncia o lanzamento dunha marca de viño co nome d Mosteiro de Lérez, que está elaborado pola adega Lagar da Condesa. No Día Mundial da Banda Deseñada falamos co ferrolán Abel Alves, guionista e humorista gráfico. Fernando Méndez preséntanos a súa novela "La clave de Mozart". Conversamos coa cantante Alejandra Pais sobre a súa colaboración con DJ Sonic. Contamos a historia dun vigués a quen lle devolveron unha carteira con 500 euros que perdera nun centro comercial. Mónica Maneiro comenta a exposición de Eduardo Gil Alsina na Galería Néboa e Maximino Pérez contesta as preguntas dos oíntes sobre cuestións relacionados co tráfico e os coches.
-
570
A tarde 16-03-2026
Os morcegos poden ser os nosos aliados. Explícannos por que Pancho de la Barrera e Begoña Castiñeiras, que promoven a colocación de refuxios para estes animais na comarca do Umia. Falamos do problema da alitose co odontólogo Simón Pardiñas. Antonio Claro cóntanos como a empresa de Carballo Costumes Galicia pretende vender empanadas en Europa. Ivan Carril oriéntanos sobre como podemos borrar a nosa pegada dixital. Temos varias estreas musicais: o novo do vigués Pikete e o debut do grupo Unto Vello, que forman Bieito Pereira e Xavi Gómez. Buscamos reaccións á decisión do Concello da Coruña de renunciar a ser sede do mundial de fútbol. A criadora de porco celta Cristina Díaz preséntanos a nova Plataforma de Porcino de Cría Tradicional. O antropólogo Rafael Quintiá fálanos do culto popular a lúa.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
HOSTED BY
AGalegaAudio
Loading similar podcasts...