EPISODE · Jul 3, 2026 · 3H 56M
A tarde 03-07-2026
from Todos os podcast | A tarde
Trasladámonos a Sergude, concello de Boqueixón, para asistir a oitava edición de GALIFOREST Abanca, un certame centrado no sector da madeira que nesta oitava edición conta coa participación de 125 expositores e na que están representadas case 400 empresas de 31 países. O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos, acláranos que non se debe demonizar ningunha especie, que a superficie do eucalipto está acorde coa demanda aínda que avoga por valorizar outras especies, como as frondosas. Fernández Ríos suliña os avances en automatización e robotización, o que mellora o rendemento do sector e as condicións de traballo. Falamos con varios expositores e tamén con autónomos do sector e con alumnos de obradoiros do forestal, que observan e comproban o manexo da maquinaria máis moderna: dende procesadoras a grúas intelixentes. Moita xente prevé viaxar ó estranxeiro este verán e, dependendo do destino, resulta crucial contratar un seguro de cobertura sanitaria. O voceiro da OCU, Enrique García, aconsella contar cunha cobertura de ata medio millón de euros se nos desprazamos a países como Estados Unidos ou Xapón, onde non existe asistencia pública e a sanidade privada ten elevados custes. Recomenda revisar a letra pequena e comprobar a cantidade destinada a repatriación. Pablo Vázquez, colaborador e autor dun blog de viaxes, fálanos do éxito de Galicia como destino turístico, con 8 millóns de viaxeiros o pasado ano. Vázque recomenda ós visitantes cambiar horarios e madrugar, buscar paraisos alternativos ós lugares máis trillados, descubrir recunchos do interior e, sobre todo, coidar os lugares que visitan.
NOW PLAYING
A tarde 03-07-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m